Nova convocatoria de Bono Activa Comercio para estimular as vendas de cara ao Nadal | 700 persoas migrantes conseguiron traballo coa axuda da ONG Rescate. Fundamentais para sectores como construción, hostalaría, agricultura e gandaría, á dificultade do idioma súmase tamén a vivenda | A fundación pro dereitos humanos Robert Kennedy invita dende Santiago ás mobilización sociais para defender os dereitos e liberdades | Operación contra o tráfico ilegal de medicinas | Redondela será o primeiro concello de Galicia de menos de 90.000 habitantes en aplicar a taxa turística. Cobrará un euro por noite | Xuntanza de empresarios do noroeste | Máis de 25.000 galegos centenarios en 25 anos | Dépor e Celta gañan suman puntos coa súas vitorias da pasada fin de semana fronte ao Zaragoza e o Levante respectivamente. O Deportivo feminino vai pola sexta derrota | Exposición de Francisco Asorey, seguramente o máis destacado escultor de Galicia e un dos renovadores da arte escultórica española do século vinte
Nova convocatoria do Bono Activa Comercio para estimular as vendas de cara ao Nadal | 700 persoas migrantes conseguiron traballo coa axuda da ONG Rescate. Fundamentais para sectores como construción, hostalaría, agricultura e gandaría, á dificultade do idioma súmase tamén a vivenda | Redondela será o primeiro concello de Galicia de menos de 90.000 habitantes en aplicar a taxa turística. Cobrará un euro por noite | Máis de 25.000 galegos centenarios en 25 anos | O mozo detido esta fin de semana en Ribeira por unha agresión con arma branca ao seu pai permanece hospitalizado e non pasará a disposición xudicial ata que reciba a alta | En Vigo continúan os traballos para recoller as cen toneladas de aceite de palma vertidas ao mar o pasado xoves pola implosión dun tanque en terra. Segundo a Autoridade Portuaria, queda por retirar menos do dez por cento do produto, utilizado en alimentación animal
Nova convocatoria de Bono Activa Comercio para estimular as vendas de cara ao Nadal | Redondela será o primeiro concello de Galicia de menos de 90.000 habitantes en aplicar a taxa turística. Cobrará un euro por noite | Dépor e Celta gañan suman puntos coa súas vitorias da pasada fin de semana fronte ao Zaragoza e o Levante respectivamente. O Deportivo feminino vai pola sexta derrota
O luns comezou con ceos poucos nubrados, con bancos de néboa e sol que irán desaparecendo durante a tarde | Ao final do día agardamos choiva e vento forte na costa atlántica preludio dunha semana marcada por un tren de borrascas | As de mañá e pasado porán a media Galicia en alerta por chuvia, vento e ondas.
Limpeza, flores novas e velas para que os cemiterios luzan nos días do ano nos que reciben máis visitas. A tradición de acompañar os defuntos vívese especialmente este ano nas zonas afectadas polos incendios. En algúns, o lume tamén ameazou os camposantos | En Vigo, seguen recollendo o aceite de palma que ser verteu ao mar tras romper un depósito no porto. Foron parar á auga unhas cen toneladas deste produto que non é tóxico nin contaminante | A Fundación Amancio Ortega entrega á Xunta a quinta das sete residencias de maiores que construíu ou ten en proxecto nas cidades galegas. A de Ferrol. Ten capacidade para 120 residentes e custou 30 millóns de euros | Celta e Deportivo soben un chanzo na Copa do Rei. Ao Celta custoulle derrotar ao asturiano Puerto de Vega, nun partido cun cadro de xogadores pouco habitual. O Dépor, goleou, rompendo a reticencia a gañar que leva na Liga
Limpeza, flores novas e velas para que os cemiterios luzan nos días do ano nos que reciben máis visitas. A tradición de acompañar os defuntos vívese especialmente este ano nas zonas afectadas polos incendios. En algúns, o lume tamén ameazou os camposantos | En Vigo, seguen recollendo o aceite de palma que ser verteu ao mar tras romper un depósito no porto. Foron parar á auga unhas cen toneladas deste produto que non é tóxico nin contaminante | A Fundación Amancio Ortega entrega á Xunta a quinta das sete residencias de maiores que construíu ou ten en proxecto nas cidades galegas. A de Ferrol. Ten capacidade para 120 residentes e custou 30 millóns de euros | Só na nosa comunidade, cada ano morren 2.500 persoas por consumo de tabaco ou exposición ao fume ambiental. Hoxe, día galego sen tabaco, profesionais sanitarios e voluntarios saen á rúa para concienciar sobre os riscos deste hábito
Limpeza, flores novas e velas para que os cemiterios luzan nos días do ano nos que reciben máis visitas | En Vigo, seguen recollendo o aceite de palma que ser verteu ao mar tras romper un depósito no porto. Foron parar á auga unhas cen toneladas | A Fundación Amancio Ortega entrega á Xunta a quinta das sete residencias de maiores que construíu ou ten en proxecto nas cidades galegas. A de Ferrol | Celta e Deportivo soben un chanzo na Copa do Rei
Unha fronte moi activa atravesa hoxe Galicia, así que despedimos outubro con ceos moi nubrados e precipitacións xeneralizadas. Serán localmente fortes, sobre todo, no sur e oeste da Comunidade. As temperaturas mínimas soben e as máximas baixan lixeiramente. O vento vai soprar do sur-suroeste moderado en xeral, pero forte no litoral e en zonas altas.
Bombeiros forestais denuncian descoordinación e mala xestión na vaga de lumes do mes de agosto. Nunha protesta en Santiago, o persoal do Servizo de Protección e Defensa contra os incendios reclama que os seus contratos todo o ano | O IPC interanual remonta ata situarse no 3, 1 % en outubro. É unha décima máis que o mes anterior, que se atribúe ao aumento dos prezos da electricidade, do transporte aéreo e o ferrocarril | A Garda Civil investiga o lanzamento de pedras dende un paso elevado na AP-9, en Vilaboa, que provocou un accidente múltiple, con catro vehículos implicados. Unha persoa foi derivada a un centro hospitalario | A intensa transformación da sociedade galega nos anos 50 e 60, a través da cámara de Nicolás Muller. O fotógrafo húngaro percorreu o norte de España e agora o material é recuperado nunha mostra en Lugo
A Garda Civil investiga o lanzamento de pedras dende un paso elevado na AP-9, en Vilaboa, que provocou un accidente múltiple, con catro vehículos implicados. Unha persoa foi derivada a un centro hospitalario | Bombeiros forestais denuncian descoordinación e mala xestión na vaga de lumes do mes de agosto. Nunha protesta en Santiago, o persoal do Servizo de Protección e Defensa contra os incendios reclama que os seus contratos todo o ano | O IPC interanual remonta ata situarse no 3, 1 % en outubro. É unha décima máis que o mes anterior, que se atribúe ao aumento dos prezos da electricidade, do transporte aéreo e o ferrocarril | A intensa transformación da sociedade galega nos anos 50 e 60, a través da cámara de Nicolás Muller. O fotógrafo húngaro percorreu o norte de España e agora o material é recuperado nunha mostra en Lugo
Bombeiros forestais denuncian descoordinación e mala xestión na vaga de lumes do mes de agosto | O IPC interanual remonta ata situarse no 3, 1 % en outubro polo aumento dos prezos da electricidade, o transporte aéreo e o ferrocarril | A Garda Civil investiga o lanzamento de pedras dende un paso elevado na AP-9, en Vilaboa, que provocou un accidente múltiple | Nicolás Muller percorreu o norte de España nos anos 50 e 60 e agora as fotos móstranse en Lugo
Unha fronte, asociada a unha borrasca centrada ao suroeste de Irlanda, aféctanos hoxe, deixando ceos cubertos e chuvias, máis xeneralizadas e intensas de cara á noite. As temperaturas mínimas continúan sen cambios, mentres que as máximas sofren un lixeiro descenso, entre os 16 graos en Lugo e os 19 en Pontevedra. Os ventos, de compoñente sur, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas.
Taxis chegados dende distintos puntos das provincias da Coruña e Pontevedra, colapsan a cidade de Santiago, nunha protesta contra os Vehículos de Transporte con Condutor. Piden que a Xunta limite a concesión de novas licenzas e que se controle súa actividade | Os usarios da AP-9 poderán recuperar parte das peaxes abonadas durante os traballos de ampliación da ponte de Rande. Así o establece a sentenza do Tribunal Supremo, que condena a Audasa por incorrer, di, nunha práctica abusiva ao manter o cobro íntegro pese aos atascos provocados polas obras | Os especialistas advirten da importancia dunha axeitada hixiene bucal na prevención do ictus, o accidente cerebrovascular, que sofren cada ano unhas 7.000 persoas en Galicia, e do que hoxe se celebra o Día mundial | Sorpresa no estadio do Couto, coa vitoria do Ourense Club de Fútbol que pasa á seguinte rolda da Copa ao eliminar ao Oviedo, de primeira división por 4 goles a dous.O racing de Ferrol superou tamén a eliminatoria, aos penaltis, en Langreo. O Negreira, da Liga Preferente, caeu por cero a tres ante a Real Sociedade
Preotesta duns cincocentos taxis que rodean a sede da Xunta en San Caetano. Os profesionais din que se está a rexistrar unha proliferación de servizos ilegais nos entornos urbanos | Satisfacción entre o colectivo de usuarios da AP9 logo da sentenza do Supremo que condena a Audasa a devolver parte das peaxes cobradas durante as obras de ampliación da ponte de Rande | En Lugo a Garda Civil investiga a catro veciñas de entre 38 e 46 anos, que accederon ás instalación do aeródromo de Rozas, onde se sitúa o polo de investigación aeroespacial, para roubar cables de cobre | A Garda Civil investiga un suposto acoso escolar a un neno de 13 anos por parte de compañeiros do instituto en Baiona | Na xornada da primeira ronda da Copa do Rei, Sorpresa no estadio do Couto, coa vitoria do Ourense Club de Fútbol que elimina ao Oviedo, de primeira división
Taxis chegados dende distintos puntos das provincias da Coruña e Pontevedra, colapsan a cidade de Santiago, nunha protesta contra os VTC | O TS condena a Audasa a devolver parte das peaxes cobradas durante as obras de ampliación da ponte de Rande | Catro veciñas de Lugo, investigadas por roubar cable no polo de investigación aeroespacial das Rozas | Denuncia dun novo caso de suposto acoso escolar a un alumno dun instituto en Baiona | Vitoria do Ourense CF que pasa á seguinte rolda da Copa ao eliminar ao Oviedo, de primeira división, por 4 a 2
Nova xornada de inestabilidade, ceos nubrados con chuvascos máis intensos no sur e a metade oeste, que irán estendéndose cara ao leste. Moderado ascenso das temperaturas mínimas, mentres que as máximas sofren un lixeiro descenso, e quedan entre os 16 graos en Ferrol e os 20 en Vigo
Primeira xornada da folga convocada pola CIG e STEG no Ensino Medio, Bacharelato e Formación Profesional. Piden melloras como un incremento de persoal para acabar coas itinerancias e a baixada de rateos a partir do próximo curso. Unhas reivindicacións que apoian as ANPAS | Como frear o avellentamento e o despoboamento do rural. É o que debaten en Ourense representantes de organismos públicos e investigadores. Baséanse en experiencias de distintas rexións para propoñer unha estratexia para toda a Unión Europea | Ilusión entre os xogadores e a afección do Negreira, equipo que xoga na Liga Preferente, e que fai historia ao enfrontarse esta noite a Real Sociedad, de primeira división, na primeira rolda da Copa do Rei. Un partido televisado, con máis de 3.000 entradas vendidas | Despois de converterse en fenómeno mundial, con cerca de mil millóns de escoitas en Spotify, o cantautor coruñés Iñigo Quintero lanza o seu primeiro álbum
A Xunta cífra o seguemento da folga do Ensino nun 13,6% dos máis de 30.000 docentes galegos. Os convocantes, A CIG e STEG, non facilitan datos sobre incidencia | Centos de estudantes manifestáronse hoxe en cidades coma Vigo contra o acoso escolar e en memoria de Sandra, a nena que se suicidou despois de sofrir acoso no seu colexio en Sevilla | A Xunta denuncia que o Goberno Central non tramitou correctamente os documentos para aceder a 6.800 millóns de euros de axudas europeas dentro do Plan social para o clima | Ilusión entre os xogadores e a afección do Negreira, equipo que xoga na Liga Preferente, ao enfrontarse esta noite a Real Sociedad, de primeira división, na primeira rolda da Copa do Rei | Despois de converterse en fenómeno mundial en Spotify, onde acumula cerca de mil millóns de escoitas, o cantautor coruñés Iñigo Quintero lanza o seu primeiro álbum
Primeira xornada da folga convocada pola CIG e STEG no Ensino. Piden melloras incremento de persoal e baixada de rateos. A Xunta cífra o seguemento nun 13,6% | | Ilusión entre os xogadores e a afección do Negreira, de Preferente, ao enfrontarse esta noite a Real Sociedad, de primeira división, na Copa do Rei | O Museo Centro Gaiá inaugura a mostra "Francisco Asorey, unha recuperación necesaria" | Despois de converterse en fenómeno mundial en Spotify, onde acumula cerca de mil millóns de escoitas, o cantautor coruñés Iñigo Quintero lanza o seu primeiro álbum
Volven as borrascas, con chuvias pola metade sur. Conforme pasen as horas iranse xeneralizando e poden ser localmente treboentas e de intensidade forte na fachada atlántica. Alerta amarela no suroeste da provincia da Coruña e no litoral de Pontevedra porque se poden acumular ata 40 litros por metro cadrado en doce horas