Un peregrino recibe a compostela número 500.000 deste ano. Un fito histórico, que recae en Jairo Forero, colombiano, de 70 anos, que chegou a Santiago despois de facer o camiño portugués dende Baiona, xunto ao seu fillo, en recordo da súa muller falecida de cancro en decembro pasado | O proxecto de presupostos da Xunta xa está no Parlamento. Unhas contas que aumentan un 2´1 por cento respecto as deste ano, A oposición critica que é un incremento que non cubre nin sequera a inflación prevista e son insuficientes para afrontar as necesidades de gasto social | Ryanair afronta unha nova xornada de folga do persoal en Santiago, en protesta contra o peche da base do aeroporto Rosalía de Castro. Denuncian que suporá o despedimento de máis de cen empregados | Abre en Vilagarcía unha nova tenda de roupa da cadea promovida por Cáritas. Unha iniciativa creada hai dez anos para ofrecer oportunidades de emprego e convertir os residuos textis en moda sostible
Novo récord para o Camiño, coa chegada do peregrino que recibe a compostela número 500.000 deste ano: Jairo Forero, colombiano, de 70 anos | O 30% dos propietarios que perderon vivendas na vaga de incendios deste verán xa recibiron as axudas da Xunta | Conselleiro de Facenda entrega o proxecto de orzamentos para o vindeiro ano ao presidente do Parlamento | Xornada de folga do persoal de Ryanair no aeroporto de Santiago. Protestan polo peche da base da compañía que suporá o despedimento de máis de cen empregados | Cúmprense dez anos da creación da empresa de inserción impulsada por Cáritas para transformar o residuo téxtil en moda sostible, ofrecendo ademais oportunidades de emprego. Hoxe inauguraron a súa nova tenda en Vilagarcía, a quinta aberta en Galicia
Chega o peregrino que recibe a compostela número 500.000 deste ano: Jairo Forero, colombiano, de 70 anos | A Xunta entrega no Parlamento o proxecto de presupostos do próximo ano | O 30% dos popietarios que perderon vivendas na vaga de incendios deste verán xa recibiron as axudas da Xunta | Xornada de folga do persoal de Ryanair no aeroporto de Santiago. Protestan polo peche da base da compañía que suporá o despedimento de máis de cen empregados | Abre en Vilagarcía unha nova tenda de roupa da cadea promovida por Cáritas
Comeza unha semana marcada polas chegada de borrascas. Hoxe agardamos chuvascos illados, máis probables nas comarcas atlánticas. As chuvias serán máis xeralizadas e intensas de cara a noite cando se aproxima unha fronte activa. As temperaturas baixan. As máximas apenas chegaran aos 20 graos
A prohibicion de novas plantacións de eucalipto durará ata 2030. A Xunta anuncia que amplía a moratoria, en vigor dende 2021, e que remataba a finais deste ano, ainda que introduce algunhas excepcións | A Xunta aprobou hoxe o proxecto de presupostos para o ano que ven, que ascenden a 14.240 millóns de euros. Sons uns 300 millóns máis que os deste ano, dos que a principais partidas, corresponden a gasto social | Ata o 22 de febreiro do ano que vén, pódense cazar os xabarís sen límites. A Xunta acaba de declarar a emerxencia cinexética contra estes animais en 38 comarcas da comunidade. Unha medida que pretende reducir o número de exemplares e frear os danos en cultivos e os accidentes de tráfico | Inaugurada en Santiago a Quimioteca Pública Española, unha iniciativa coordinada polo Centro de Investigación de Medicina Molecular para reunir e dar unha nova vida a compostos químicos desenvolvidos en universidades e centros de investigación. Unha maneira de axudar a descubrir novos fármacos
As novas plantacións de eucalipto seguirán prohibidas ata 2030. A Xunta anuncia que amplía a moratoria, en vigor dende 2021, e que remataba a finais deste ano | A Xunta aproba o proxecto de presupostos para o ano que vén, que ascenden a 14.240 millóns de euros. Sons uns 300 millóns máis que os deste ano, dos que a principais partidas, corresponden a gasto social | Declarada a emerxencia cinexética contra o xabaríl en 38 comarcas. Concretamente, en 254 concellos de Galicia |Ferrol rende hoxe homenaxe a Pablo Iglesias, fundador do PSOE e a UGT, no seu 175 aniversario, cun acto que reúne a altos cargos da familia socialista | Usuarios dunha vivenda de maiores no concello da Pontenova queixánse do que consideran mala calidade da comida | Oportunidade para ver en directo ao Ballet de Kiev que está de xira por Galicia, esta noite en Ferrol coa Bela durminte
A Xunta anuncia que amplía a moratoria do eucalipto ata 2030, anque contempla excepcions | Aprobado o proxecto de presupostos autonómicos para o ano que ven, que ascenden a 14.240 millóns de euros | Declarada a emerxencia cinexética que permite a caza de xabaril, sen límites, ata o 22 de febreiro | Ferrol rende hoxe homenaxe a Pablo Iglesias, fundador do PSOE e a UGT, no seu 175 aniversario | Inaugurada en Santiago a Quimioteca Pública Española, dar unha nova vida a compostos químicos desenvolvidos en universidades e centros de investigación
Continúa o tempo seco, con algunhas nubes de tipo alto. Maña, a retirada das altas presións permitirá a aproximación dunha fronte, que entrará a última hora polo oeste e que deixará precipitacións xeneralizadas. O domingo a xornada xa será de chuvias persistentes e localmente intensas, cun descenso notable das temperaturas
A cidade de Ferrol será declarada polo Goberno lugar de Memoria Democrática. Unha decisión anunciada polo Ministro Ángel Víctor Torres, e que xustifica por razóns históricas de loita pola liberdade e a democracia. O procedemento será igual que o que se empregou coa localidade vizcaína de Guernika | A Xunta anuncia novas rebaixas de impostos para compra de vivenda a colectivos como familias monoparentais e menores de 35 anos. Así o indicou o presidente Alfonso Rueda nun acto en Madrid | Medidas nos centros escolares, pero tamén en ámbitos como o deporte e os medios de comunicación son as propostas do Consello da Cultura Galega para reverter a situación de tendencia á baixa no uso da lingua | A escritora compostelá Ángela Banzas, resulta finalista na edición do Premio Planeta deste ano. A súa obra 'Cuando el viento hable', conta a historia dunha muller da posguerra na Galicia rural
A cidade de Ferrol será declarada polo Goberno lugar de Memoria Democrática. Unha decisión que xustifica por razóns históricas de loita pola liberdade e a democracia | O presidente da Xunta anuncia en Madrid a baixada de cinco puntos no imposto de transmisións patrimoniais para colectivos coma menores de 35 anos ou familias numerosas e monoparentais | Os estranxeiros mercaron un 14% máis de vivendas en Galicia na primeira metade do ano, situando á comunidade como a terceira con maior incremento, despois de Asturias e Castela e León | Hoxe é o día internacional do Pan. De media en Galicia cada persoa consume 32 quilos deste alimento ao ano, sobre todo pan fresco non industrial, unha cifra superior a media estatal | A escritora compostelá Ángela Banzas, finalista do Premio Planeta pola súa novela "Cuando el viento hable"
O Ministro de Política Territorial e Memoria Democrática anuncia en Vigo a declaración de Ferrol como cidade da Memoria Democrática | Rueda anucia novas rebaixas de impostos para compra de vivenda a colectivos como familias monoparentais e menores de 35 anos |O Consello da Cultura Galega propón 96 medidas para revertir o declive do uso do galego |De media en Galicia cada persoa consume 32 quilos deste alimento ao ano, sobre todo pan fresco non industrial, unha cifra superior a media estatal | A escritora compostelá Ángela Banzas, resulta finalista na edición do Premio Planeta deste ano
Nova xornada baixo a influencia das altas presións, o que supón un predominio de ceos con nubes altas que non impiden, en xeral, o paso do sol. Néboas nos vales do interior e brétemas costeiras no litoral atlántico. As temperaturas máximas en lixeiro descenso, pero con todo, oscilarán entre os 23 graos na Coruña ata os 30 en Ourense
Conmoción no barrio de Monelos, na Coruña, entre os veciños da que se sospeita última vítima de Remedios Sánchez. A coñecida asasina múltiple de anciás, Cumpre condena no cárcere de Teixeiro por tres crimes anteriores. Os investigadores cren que puido aproveitar un permiso penitenciario para acabar aquí coa vida doutra muller | Xornada de mobilizacións en solidariedade co pobo palestino. As centrais CCOO, UXT e CIG convocaron protestas na rúa e paros parciais, mentres a CGT chamou á folga xeral, igual que o sindicato de Estudantes | A Xunta decreta o peche dunha vivenda comunitaria de maiores en Xinzo de Limia, de titularidade privada, ao detectar graves irregularidades e deficiencias na alimentación dos usuarios. É o segundo peche dunha residencia deste tipo, tralo doutra no concello de Amoeiro | Homenaxe da Real Academia Galega a Paco Martín, primeiro autor en galego en recibir o premio nacional de literatura hai catro décadas, pola sua obra Das Cousas de Ramón Lamote
Detida na Coruña Remedios Sánchez, a asasina de aciáns que cumpre condena no cárcere de Teixeiro por crimes anteriores cometidos en Barcelona. Os investigadores cren que puido aproveitar un permiso penitenciario para acabar aquí coa vida doutra muller, de 91 anos, que vivía soa | A consellería de Política Social pecha una residencia de maiores en Xinzo de Limia tras detectar deficiencias nos coidados en aspectos sociosanitarios e de alimentación | Diversas concentracións sucederánse ao longo do día en mostra de solidariedade con Palestina, tralas folgas e paros convocados polos principais sindicatos. Todos coinciden no rexeitamento do acordo de paz, por non contemplar a resposta israelí coma un xenocidio. Pero, con discrepancias entre eles | A Garda Civil investiga a unha persoa e ten outras dez identificadas polos disturbios tralo Pleno da Mancomunidade do Morrazo do pasado luns, que aprobou a subida da taxa do lixo, conxelada dende 2008, ata os 126 euros | A Real Academia Galega rende hoxe homenaxe, en Lugo, a Paco Martín, primeiro autor en galego en recibir o premio nacional de literatura, hai catro décadas, pola sua obra Das Cousas de Ramón Lamote
Investigación no barrio de Monelos, na Coruña, dun posible crime de Remedios Sánchez. A coñecida asasina múltiple de anciás, cumpre condena no cárcere de Teixeiro | Xornada de mobilizacións en solidariedade co pobo palestino. As centrais CCOO, UXT e CIG convocaron protestas na rúa e paros parciais, mentres a CGT chamou á folga xeral, igual que o sindicato de Estudantes | A Xunta decreta o peche dunha vivenda comunitaria de maiores en Xinzo de Limia, de titularidade privada, ao detectar graves irregularidades e deficiencias | A Real Academia Galega rende hoxe homenaxe a Paco Martín
Suben as temperaturas mínimas, por riba dos 20 graos en puntos da costa coma Vigo ou Vimianzo, mentres no interior apenas chegan aos 3 graos, en Calvos de Randín en Ourense. As máximas repiten valores que superan os 25 graos. En Ourense podería chegar os 33
O encoro de Baíña, que abastece a Baiona, ao 25´8 por cento da sua capacidade. E un dos niveis máis baixos rexistrados na serie histórica, segundo os datos publicados hoxe por Augas de Galicia. Os encoros de Eiras e Zamáns que subministran a Vigo están ao 50 por cento | O Parlamento da luz verde, coa maioría do PP, a tramitación da normativa para prohibir a venta a menores de bebidas enerxéticas e vapeadores. Tamén sai adiante o proxecto de lei do Clima que busca acadar o equilibrio de emisións en 2040, dez anos antes do que marca a Unión Europea | A Educación centra a maioría das máis propostas presentadas por colectivos e cidadáns para fomentar o uso da lingua galega no novo Plan de Normalización da Xunta. O prazo para que calquer persoa interesada poda facer achegas a traves dun formulario web remata mañá | Xa se coñece unha das cabezas de cartel do Son do Camiño do próximo ano. E nada menos que Katy Perry, unha das principais figuras do pop internacional. Estará no escenario do monte do Gozo nunha das tres xornadas do festival, entre os días 18 e 20 de xuño
A falta de precipitacións e as temperaturas suaves están a marcar unhas xornadas atípicas a estas alturas do mes de outubro, que está a ser especialmente cálido. Unha situación que da lugar a imaxes como a da actividade na praia de Samil en Vigo | A lei do clima e a lei da protección da saúde de menores seguen a súa tramitaicón no Parlamento pese as criticas da oposición. A equiparación os vapeadores ao tabaco e a prohibición das bebidas enerxéticas a menores centran boa parte do debate | Esta noite a partir das nove menos cuarto a selección española disputa contra Bulgaria o cuarto encontro de clasificación da fase de grupos para o mundial | Rodaxe, hoxe en Lalín, da escena final da ópera prima de Rafa de los Arcos, "O pesadelo das vacas". Unha reflexión sobre o impacto da violencia de xénero nos fillos, que ten prevista a súa estrea a comezos do próximo ano | A norteamericana Katy Perry, primeira cabeza de cartel confirmada para o vindeiro Son do Camiño 2026
O encoro de Baíña, que abastece a Baiona, ao 25´8 por cento da sua capacidade. E un dos niveis máis baixos rexistrados na serie histórica | O Parlamento da luz verde, coa maioría do PP, a tramitación da normativa para prohibir a venta a menores de bebidas enerxéticas e vapeadores | A Educación centra a maioría das máis propostas presentadas por colectivos e cidadáns para fomentar o uso da lingua galega no novo Plan de Normalización da Xunta | Rodaxe, hoxe en Lalín, da escena final da ópera prima de Rafa de los Arcos, "O pesadelo das vacas"| A norteamericana Katy Perry, primeira cabeza de cartel confirmada para o vindeiro Son do Camiño 2026
Segue a influencia das altas presións, con aire frío en capas altas. Ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. Co avance do día, nubes de evolución en zonas do interior. As temperaturas mínimas sufren un lixeiro descenso e as máximas, sen demasiados cambios, entre os 23 graos da Coruña e os 30 en Ourense