A chuvia débil e a baixada de temperaturas facilita os labores de loita contra o lume no incendio de Ferreira de Pantón logo de arrasar máis de 2.000 hectáreas. Os equipos de extinción contan, sen embargo con poder estabilizalo nas próximas horas | En Monforte continúa aberta a investigación sobre o ataque con cócteles molotov contra o local onde está previsto acoller oitenta menores migrantes. A Xunta anuncia que reforzará a seguridade e mantén a intención de abrir o centro |Os partidos da oposición responsabilizan ao goberno autonómico de crear guetos cos menores e de facer seguidismo dos discursos xenófobos da ultradereita | O Consello da Xunta aproba un programa piloto para vacinar contra a gripe por via intranasal aos estudantes de 55 colexios. A iniciativa comezará o 13 de outubro. Será voluntaria coa autorizacion dos país | Promover os beneficios da música en vivo nos centros de educación especial. Con ese obxectivo comezou hoxe unha nova edición do programa "Música a flor de pel", que promove Afundación. Este curso os concertos chegarán a 500 beneficiarios |
Máis de 2.000 hectáreas queimadas xa no incendio de Pantón, na Ribeira Sacra, que se mantén a situación dous de perigosidade. Os equipos de extinción contan con poder estabilizalo nas próximas horas | En Monforte continúa aberta a investigación sobre o ataque con cócteles molotov contra o local onde está previsto acoller oitenta menores migrantes | A Xunta aproba un programa piloto para vacinar contra a gripe por via intranasal aos estudantes de 55 colexios | Comenza unha nova campaña de vacinación do virus respiratorio sincitial dirixida a tolos bebés nacidos nos hospitais galegos | Promover os beneficios da música en vivo nos centros de educación especial. Con ese obxectivo comezou hoxe unha nova edición do programa "Música a flor de pel"
Situación intermedia entre altas e baixas presións. Alternancia de nubes e claros en xeral, con chuvascos na metade norte, máis intensos no leste da provincia de Lugo. As temperaturas máximas, sen cambios significativos. Quedan en valores baixos para a época do ano, entre os 15 graos da Coruña e os 20 de Ourense
A chuvia débil e a baixada de temperaturas facilita os labores de loita contra o lume no incendio de Ferreira de Pantón, o único que segue activo en Galicia, logo de arrasar máis de 2.000 hectáreas e de queimar varias casas | En Monforte continúa aberta a investigación sobre o ataque con cócteles molotov contra o local onde está previsto acoller oitenta menores migrantes. A Xunta anuncia que reforzará a seguridade e mantén a intención de abrir o centro con 15 menores en espera de ser acollidos | Comenza unha nova campaña de vacinación do virus respiratorio sincitial dirixida a tolos bebés nacidos nos hospitais galegos | A realidade cotiá de atender a unha persoa con alzheimer. É o testemuño de primeira man, que nos ofrece a filla de Olga, diagnosticada hai dez anos. En Galicia son uns 100.000 afectados por esta enfermidade e as familias dedican unhas 70 horas semanais aos seus coidados
A néboa dificulta o traballo dos medios que loitan contra o lume en Ferreira de Pantón. Segue activo o nivel dous de perigosidade. Un brigadista foi atendido por inhalación de fume. Xa se queimaron máis de cen hectáreas e houbo que cortar a vía ferrea entre Lugo e Ourense e a interrumpir o tráfico por estrada | Xornada hoxe de actos en solidariedade co pobo palestino. En Ourense, lectura dos nomes dos cerca de 20.000 nenos contabilizados como vítimas mortais do exército israelí | Empregados da compañía que presta servizo a Ryanair en Santiago piden apoio da Xunta e o Goberno Central, tras a notificación dun ERE que supón o despedimento de cen traballadores. Outros 135 empregados como persoal de cabina serán reubicados noutros destinos | Actividades no rural, Cooperativas sociais ou fórmulas empresariais baseadas na intelixencia artificial. Son as propostas innovadoras que ofrece a feira Pont Up Store, o escaparate dos emprendedores galegos que abre as súas portas en Pontevedra
Os medios loitan contra o lume en Ferreira de Pantón onde segue activo o nivel dous de perigosidade. Un brigadista foi atendido por inhalación de fume. A superficie queimada supera as 150 hectáreas.... e houbo que cortar a vía ferrea entre Lugo e Ourense e interromper o tráfico nalgunhas estradas | En solidariedade co pobo palestino, Concellos como o da Coruña gardaron un minuto de silencio | En Ourense, máis de 100 persoas levan dende as 8 da mañán lendo os nomes dos 18.500 nenos e nenas palestinos que foron matados nos ataques de Israel | A filial de Ryanair que presta o servizo de terra no aeroporto de Santiago anuncia o despedimento mediante ERE dun cento de traballadores, que se suman á reubicación noutros lugares de España doutros 135 empregados como tripulación de cabina |
Incendio en Ferreira de Pantón onde segue activo o nivel dous de perigosidade. A superficie queimada supera as 150 hectáreas | En Ourense, máis de 100 persoas levan dende as 8 da mañán lendo os nomes dos 18.500 nenos e nenas palestinos que foron matados nos ataques de Israel | A filial de Ryanair que presta o servizo de terra no aeroporto de Santiago anuncia o despedimento mediante ERE dun cento de traballadores | En Pontevedra acaba de abrir a súas portas a feira Pont Up Store, un gran escaparate para emprendedores. Son máis de 40 propostas innovadoras e actividades |
Última fin de semana do verán que se despede con calor, aínda que algo menos. Activa alerta por altas temperaturas no Val do Miño en Ourense, onde se poden volver superar os 36 graos. Mañá notable descenso de temperaturas e chuvia
Entrega, en Vigo, do buque oceánico Duque de Ahumada, construido no estaleiro Armón para a Garda Civil. A posta en servizo foi presidida polo ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska. O buque incorporarase ao Grupo marítimo de Cádiz para traballar na loita contra a migración irregular | A Xunta reclama ao Goberno Central a información remitida á Unión Europea sobre a nulidade da prórroga da AP-9. A conselleira de Infraestructuras advirte que está disposta a acudir á vía xudicial | Buscar de solucións contra a degradación dos solos en cultivos permanentes de uva, pero tamén oliveiras, castañas, abeleiras e mazás. É o proxecto de investigación no que participan dúas adegas galegas, que combinan ciencia e práctica para mellorar a estructura do terreo, reducir a erosión e aumentar o almacenamento de auga | O Camiño Portugués na sua variante pola costa, a segunda máis frecuentada nas peregrinacións a Santiago. Duplica o número de camiñantes nos últimos cinco anos
Entrega, en Vigo, do buque oceánico Duque de Ahumada, construido no estaleiro Armón, de 82 metros de eslora, a maior patrulleira posta ata agora a disposición da Garda Civil, nun acto presidido polo ministro do Interior | A Xunta esixille ao Ministerio de Transportes coñecer o documento que presentou ante Bruxelas para dilatar o rescate da Ap.9 e a ameaza con acudir á vía xudicial. As empresas galegas de Transporte piden que se levanten canto antes as peaxes da autoestrada do Atlántico | Dúas adegas galegas participan nun proxecto europeo para mellorar os solos en explotacións de cultivos permanentes como viñedos, castañas ou maceiras. Buscan combinar ciencia e práctica para combater a degradación do terreo, mellorar a estrutura, reducir a erosión e aumentar a retención de auga | Dobre cita de Joaquín Sabina no Coliseum da Coruña. Hoxe e o sábado subirase ao escenario coa última xira da súa carreira
Entrega, en Vigo, do buque oceánico Duque de Ahumada, construido no estaleiro Armón | A Xunta reclama ao Goberno Central a información remitida á Unión Europea sobre a nulidade da prórroga da AP-9 | A autopsia de Matilde Muñoz, a ferrolá asasinada en Indonesia en xullo, revela que morreu por asfixia | Dúas adegas galegas participan nun proxecto europeo para mellorar os solos en explotacións de cultivos permanentes como viñedos, castañas ou maceiras | Dobre cita de Joaquín Sabina no Coliseum da Coruña. Hoxe e o sábado subirase ao escenario coa última xira da súa carreira
Seguimos baixo a influencia anticiclónica, con tempo seco e solleiro, e ceos despexados ou con tan so algunhas nubes altas. As temperaturas en moderado ascenso, con máximas que van dende os 25 graos da Coruña ata os 37 que se agardan en Ourense. Activa no Val do Miño a alerta amarela por calor
O futuro de AP-9 segue no aire. O Goberno alega ao ditame de Bruxelas que declara ilegal a prorroga da concesión da autoestada, buscando atrasar o proceso ante o tribunal europeo de xustiza. Os grupos políticos apostan por aproveitar ese ditame para avanzar na gratuidade das peaxes | 'Sirat', a última película de Óliver Laxe será a que representa a España para competir pola nominación ao Oscar á mellor película internacional. A Academia do Cine escolleu o drama do director galego premiado en Cannes, fronte ao filme de Carla Simón 'Romería', rodado en Vigo, e á película 'Sorda' | Unhas cen mil persoas sofren alzheimer en Galicia, unha enfermidade que actualmente non ten cura. Os investigadores buscan terapias que melloren a calidade de vida dos afectados, mentres a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Alzheimer presenta unha guía para dar apoio ás persoas que os coidan | Remata o verán máis cálido dende o ano 1961 en Galicia, cunha anomalía de 2,2 graos por riba da media. Tamén foi quinto con menos chuvias rexistrado, con precipitacións un 62% por debaixo do habitual. E o luns comeza o outono, que se agarda na mesma liña, máis seco e máis quente
Sirat, a película do lucense Oliver Laxe, será a longametraxe que presentará España na edición número 98 dos Oscar na categoría de Mellor Película Internacional | remata o prazo que a Comision Europea deu a España para que acate o dictame que declara ilegal a ampliación da concesión da AP-9. O Goberno indicou, nunha nota, que enviou unha resposta á Comisión que dilata o proceso e insiste en recordar que a prórroga ata o ano 2048 foi concedida polo goberno de Aznar | A asociación galega de axuda aos enfermos con alzheimer publica unha guía de apoio ás persoas coidadoras. En Galicia hai uns cen mil afectados por esta enfermidade neurodexenerativa, que é a demencia máis común. Actualmente non ten cura e descoñécense as súas causas, polo que a investigación é fundamental | Remata o verán máis cálido polo menos dende o ano 1961 en que comenza a serie histórica en Galicia, cunha anomalía de 2,2 graos por riba da media
Sirat, a película do lucense Oliver Laxe, será a que presentará España na edición número 98 dos Oscar | Remata o prazo que a Comision Europea deu a España para que acate o dictame que declara ilegal a ampliación da concesión da AP-9 | Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Alzheimer presenta unha guía para dar apoio ás persoas que os coidan | Remata o verán máis cálido polo menos dende o ano 1961 en que comenza a serie histórica en Galicia, cunha anomalía de 2,2 graos por riba da media
Nova xornada baixo o dominio das altas presións. Néboas en comarcas do interior e nubes baixas no litoral noroeste, que co avance do día se disipan, quedando os ceos moi despexados en todo o territorio. As temperaturas experimentan un lixeiro ascenso, con máximas que chegan aos 35 graos en Ourense, e quedan en 22 na Coruña
Traballadores de Hospitais e centros de Saúde súmanse, en toda Galicia, as protestas pola negociación do estatuto marco, a norma básica que regula as condicións laborais do persoal sanitario. REclaman melloras salariais e na conciliación familiar | Aumenta a presión para lograr a liberación das peaxes da AP-9, cando falta so un día para que remate o prazo dado pola Unión Europea para que o Goberno Español se pronuncie sobre o ditame que declarou ilegal a prórroga da concesión a Audasa | A Xunta comenza a tramitación da lei contra o acoso e a violencia dixital que pretende protexer nas redes aos colectivos máis vulnerables como os menores, mulleres e as persoas Lgtbi | A música pode ter beneficios na busca de terapias en diferentes enfermidades como autismo e dano cerebral. Son os novos resultados do proxecto Sensoxenoma, unha investigación levada a cabo por científicos galegos, dende hai cinco anos
Traballadores de Hospitais e centros de Saúde súmanse, en toda Galicia, as protestas pola negociación do estatuto marco, a norma básica que regula as condicións laborais do persoal sanitario | Tres detidos polo alixo de 3.600 kilos de cocaína intervidos esta fin de semana na Pobra do Caramiñal pasaron hoxe a disposición xudicial. Son de nacionalidade colombiana. Os investigadores sospeitan que trasladaron a droga a bordo dun narcosumarino e unha vez que tivo lugar a descarga foron descubertos e escaparon a pe ata que foron detidos por axentes da policía local | Adega cifra en 38.000 as hectáreas queimadas este verán en espazos protexidos, o que supón un 11 por cento da superficie galega incluida na Rede Natura | A música modula a microbiota bucal en pacientes con trastorno do espectro autista e deterioración cognitiva. Cinco anos despois do lanzamento do proxecto Sensoxenoma, por investigadores do IDIS de Santiago, novos resultados amosan como o impacto da música pode guiar a procura de terapias en diferentes enfermidades |
Traballadores de Hospitais e centros de Saúde súmanse, en toda Galicia, as protestas pola negociación do estatuto marco | Tres detidos polo alixo de 3.600 kilos de cocaína intervidos esta fin de semana na Pobra do Caramiñal pasan a disposición xudicial | Adega cifra en 38.000 as hectáreas queimadas este verán en espazos protexidos, o 11 por cento da superficie galega da Rede Natura | A música pode ter beneficios na busca de terapias en diferentes enfermidades como autismo e dano cerebral. Son os novos resultados do proxecto Sensoxenoma
Recuperamos a influencia anticiclónica que nos deixará tempo seco e solleiro ata a fin de semana. A mañá veu máis fría con mínimas que caeron ata un grao negativo en Calvos de Randín, en Ourense pero durante o día as temperaturas subirán de xeito importante. As máximas oscilarán entre os 23 graos da Coruña, 27 nas Rías Baixas, 28 en Lugo e ata 33 graos acadaran os termómetros por Ourense. Temperaturas que subirán aínda máis nos próximos días, especialmente o xoves