Despois de tres semanas de lume continuo, Galicia espertou hoxe sen ningún incendio descontrolado. Os dous últimos, os de Avión e A Pobra do Brollón permanecen estabilizados, e o resto, ata dez grandes incendios xa están controlados ou extinguidos | Desde que un incendio se estabiliza ata que se considera extinguido, as brigadas traballan detectando e refrescando puntos quentes no medio do queimado para evitar reactivacións | A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, pide contratos estables durante todo o ano para o persoal que loita contra os incendios. E un Consello da Xunta extraordinario aproba en Ourense as primeiras axudas para os afectados | Última fin de semana de agosto e fin das vacacións para moitos. Outros optan pola tranquilidade de collelas en setembro. Comeza a operación retorno na que se prevén máis de 430 mil desprazamentos polas estradas galegas
Despois de tres semanas de lume continuo, Galicia espertou hoxe sen ningún incendio descontrolado. Os dous últimos, os de Avión e A Pobra do Brollón permanecen estabilizados | Desde que un incendio se estabiliza ata que se considera extinguido, as brigadas traballan detectando e refrescando puntos quentes | A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, pide contratos estables para o persoal que loita contra os incendios. A Xunta aproba as primeiras axudas para os afectados | Última fin de semana de agosto e fin das vacacións para moitos
Esa operación retorno estará pasada por auga porque agosto vaise despedir con tempo de outono. Ceos cubertos e chuvias febles hoxe sobre todo na costa atlántica aínda que tamén poderían caer en puntos illados de Ourense e Lugo. Na tarde noite do sábado esas chuvias poden ser xeneralizadas. As temperaturas seguen frescas e mesmo poden volver baixar o domingo.
A partir de hoxe, os afectados pola vaga de incendios xa poden pedir as axudas habilitadas pola Xunta. Acaban de abrir as 16 oficinas nos lugares que sufriron o lume para asesorar e apoiar aos veciños | O Consello da Xunta aproba as primeiras medidas para protexer os terreos afectados polos incendios e tentar evitar que a cinza acabe nos ríos. Xa se están aplicando nas concas da demarcación Galicia Costa | Con varias semanas de adianto sobre o habitual, vai comezan a vendima nas denominacións de orixe galegas. Esta é no Rosal, da denominación Rías Baixas, que agarda una colleita un vinte por cento superior á do ano pasado | Coñecemos o servizo dos helicópteros medicalizados. Hoxe cumpre 35 anos en Galicia, convertido en indispensable para salvar vidas de pacientes críticos. Cando comezou foi un servizo pioneiro en España. Agora conta con dous helicópteros e pode chegar a facer 500 traslados urxentes ao ano.
A partir de hoxe, os afectados pola vaga de incendios xa poden pedir as axudas habilitadas pola Xunta. Acaban de abrir as 16 oficinas nos lugares que sufriron o lume para asesorar e apoiar aos veciños | O Consello da Xunta aproba as primeiras medidas para protexer os terreos afectados polos incendios e tentar evitar que a cinza acabe nos ríos. Xa se están aplicando nas concas da demarcación Galicia Costa | Con varias semanas de adianto sobre o habitual, vai comezan a vendima nas denominacións de orixe galegas. Esta é no Rosal, da denominación Rías Baixas, que agarda una colleita un vinte por cento superior á do ano pasado | 15 veleiros sufriron nas tres últimas semanas ataques de candorcas fronte á costa galega. Os donos de embarcacións de recreo están alerta por estes incidentes cada vez máis habituais nesta época do ano
A partir de hoxe, os afectados pola vaga de incendios xa poden pedir as axudas habilitadas pola Xunta. Acaban de abrir as 16 oficinas para asesorar e apoiar aos veciños | O Consello da Xunta aproba as primeiras medidas para protexer os terreos afectados polos incendios e tentar evitar que a cinza acabe nos ríos | Comeza a vendima no Rosal, da denominación Rías Baixas, que agarda una colleita un vinte por cento superior á do ano pasado | Coñecemos o servizo dos helicópteros medicalizados. Hoxe cumpre 35 anos en Galicia, convertido en indispensable para salvar vidas de pacientes críticos.
Estreamos setembro con tempo de outono do que xa tivemos un anticipo esta fin de semana na que baixaron as temperaturas que seguirán en valores moi parecidos estes próximos días. Luns de nubes e claros con chuvascos máis frecuentes na metade oeste. De madrugada agardamos a chegada dunha nova fronte atlántica con precipitacións máis intensas no litoral.
Despois de tres semanas de lume continuo, Galicia espertou hoxe sen ningún incendio descontrolado. Os dous últimos, os de Avión e A Pobra do Brollón permanecen estabilizados, e o resto, ata dez grandes incendios xa están controlados ou extinguidos | Desde que un incendio se estabiliza ata que se considera extinguido, as brigadas traballan detectando e refrescando puntos quentes no medio do queimado para evitar reactivacións | A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, pide contratos estables durante todo o ano para o persoal que loita contra os incendios. E un Consello da Xunta extraordinario aproba en Ourense as primeiras axudas para os afectados | Última fin de semana de agosto e fin das vacacións para moitos. Outros optan pola tranquilidade de collelas en setembro. Comeza a operación retorno na que se prevén máis de 430 mil desprazamentos polas estradas galegas
A Xunta dá por estabilizado o incendio da Pobra do Brollón. Só queda en Galicia un incendio forestal fóra de control, o de Avión, en Ourense, que tamén está próximo a estabilizarse. A vaga de lumes despídese de Galicia tras queimar en tres semanas case cen mil hectáreas | Os reis Filipe e Leticia están visitando alí aos que loitaron contra o lume e aos veciños que o sufriron. Tamén van estar nunha granxa afectada polos incendios | Preocupación entre os veciños de Petín e a Rúa polo fume tóxico do vertedoiro afectado polo incendio de Larouco. Leva ardendo desde o 15 de agosto | Todo listo para que a partir de mañá volva a música á casa de Luz Casal en Boimorto. O Festival da Luz trae este ano a artistas como Rigoberta Bandini, Rozalén ou Tanxugueiras. Unhas 15.000 persoas asistirán a este festival solidario que xa cumpre 14 anos
A Xunta dá por estabilizado o incendio de Avión, o único en Galicia que quedaba fóra de control. A vaga de lumes despídese tras queimar case cen mil hectáreas, unha cifra de récord no que vai de século en Galicia | Os reis Filipe e Leticia están visitando alí aos que loitaron contra o lume e aos veciños que o sufriron | Preocupación entre os veciños de Petín e a Rúa polo fume tóxico do vertedoiro afectado polo incendio de Larouco. Leva ardendo desde o 15 de agosto | Todo listo para que a partir de mañá volva a música á casa de Luz Casal en Boimorto. O Festival da Luz trae este ano a artistas como Rigoberta Bandini, Rozalén ou Tanxugueiras
A Xunta dá por estabilizado o incendio da Pobra do Brollón. Só queda en Galicia un incendio forestal fóra de control, o de Avión, en Ourense, que tamén está próximo a estabilizarse | Os reis Filipe e Leticia están visitando alí aos que loitaron contra o lume e aos veciños que o sufriron | Preocupación entre os veciños de Petín e a Rúa polo fume tóxico do vertedoiro afectado polo incendio de Larouco. Leva ardendo desde o 15 de agosto | Todo listo para que a partir de mañá volva a música á casa de Luz Casal en Boimorto. O Festival da Luz cumpre 14 anos
Hoxe agardamos o paso dunha nova fronte durante a noite. Durante o día temos ceos nubrados con algunhas precipitacións febles, illadas e ocasionais, máis probables pola mañá e sobre todo polo oeste. As temperaturas seguen descendendo e quedarán en valores baixos para esta época do ano con máximas que oscilarán entre os 21 graos de Lugo ou Santiago aos 24 de Ourense.
Os incendios tenden a estabilizarse. Seguen sen control os de Carballeda de Valdeorras e Avión, en Ourense, e os da Pobra do Brollón e A Fonsagrada, en Lugo, os catro con boa evolución | Polémica política e sindical trala convocatoria de Xunta dunhas 300 prazas de bombeiros forestais en plena vaga de incendios. Os partidos da oposición cualifícana de propaganda electoral. Os sindicatos piden dimisións en Medio Rural | En Vigo, piden que se suspendan a concesión de licenzas ás vivendas turísticas mentres non se alivie o problema de acceso á vivenda, pola baixa oferta de pisos en aluguer convencional. Vigo é cidade española na que máis aumentaron las vivendas turísticas en relación ás construídas | O Celta busca esta noite en Balaídos a súa primera vitoria na liga. Vana disputar co outro representante español na Europa League, o Betis de Manuel Pellegrini
Os incendios tenden a estabilizarse. Seguen sen control os de Carballeda de Valdeorras e Avión, en Ourense, e o da Pobra do Brollón, en Lugo, os tres con boa evolución | Polémica política e sindical trala convocatoria de Xunta dunhas 300 prazas de bombeiros forestais en plena vaga de incendios | Atropelo múltiple en pleno centro da Coruña con seis persoas feridas, entre elas unha nena de catro anos. Todos foron levados ao hospital e estase especialmente pendente da evolución de tres adultos cuxo estado é grave | A Xunta amplía as desgravacións por compra de material escolar de ata 105 euros por fillo
Seguen sen control os de Carballeda de Valdeorras e Avión, en Ourense, e os da Pobra do Brollón e A Fonsagrada, en Lugo, os catro con boa evolución | Polémica política e sindical trala convocatoria de Xunta dunhas 300 prazas de bombeiros forestais en plena vaga de incendios | En Vigo, piden que se suspendan a concesión de licenzas ás vivendas turísticas mentres non se alivie o problema de acceso á vivenda | O Celta busca esta noite en Balaídos a súa primeira vitoria na liga. Vana disputar contra o Betis de Manuel Pellegrini
Unha fronte que empezou a entrar polo noroeste a partir do mediodía vai ir deixando paso a agardada chuvia. Precipitacións que serán máis intensas na metade norte e na franxa atlántica onde poden ser localmente de treboada. As temperaturas, xa o notaron. Baixaron bastante sobre todo durante a noite e tamén agora polo día. As máximas oscilarán entre os 23 graos da Coruña ou Santiago e os apenas 26 de Ourense.
Un incendio na Pobra do Brollón obrigou a pechar estradas e o tráfico ferroviario, e segue en situación dúas por risco en varias aldeas. Segue ardendo nas montañas de Trevinca e en Avión | A Xunta levanta a situación dúas polos incendios forestais que afectaba desde hai dúas semanas a toda a provincia de Ourense | O que queda despois do lume na zona de Trives e Manzaneda. Animais que buscan alimento entre a cinza e unha paisaxe que xa non atrae o turismo, unha das actividades económicas da comarca | Os gandeiros consideran que a ondada de lumes demostra que a xestión dos montes non está a funcionar en Galicia e piden un cambio nas normas. Aseguran que as queimas controladas no inverno, agora non permitidas, axudarían a diminuír os efectos dos incendios | En Galicia gastaremos unha media de 340 euros por alumno neste inicio curso. Material escolar, libros, roupa... que, en xeral, manteñen os prezos do ano pasado
Un incendio na Pobra do Brollón obrigou a pechar estradas e o tráfico ferroviario, e segue en situación dúas por risco en varias aldeas. Segue ardendo nas montañas de Trevinca e en Avión | A Xunta levanta a situación dúas polos incendios forestais que afectaba a toda a provincia de Ourense | O que queda despois do lume na zona de Trives e Manzaneda | Os gandeiros consideran que a ondada de lumes demostra que a xestión dos montes non está a funcionar en Galicia e piden un cambio nas normas | En Galicia gastaremos unha media de 340 euros por alumno neste inicio curso. Material escolar, libros, roupa..., que, en xeral, manteñen os prezos do ano pasado
Un incendio na Pobra do Brollón obrigou a pechar estradas e o tráfico ferroviario, e segue en situación dúas por risco en varias aldeas | A Xunta levanta a situación dúas xeral na provincia de Ourense | O que queda despois do lume na zona de Trives e Manzaneda | Os gandeiros consideran que a ondada de lumes demostra que a xestión dos montes non está a funcionar en Galicia e piden un cambio nas normas | En Galicia gastaremos unha media de 340 euros por alumno neste inicio curso
Volveron as chuvias pero non aínda onde máis se precisan. De momento, choveu moi debilmente na metade oeste sobre todo no litoral da Coruña, consecuencia dos restos da fronte asociada ao exfuracán Erin que mantén en alerta amarela toda costa galega por ondas de ata 4 metros. En terra, as nubes irán avanzando cara o interior mentres se abrirán máis claros na franxa atlántica. As temperaturas máis baixas. As máximas oscilarán entre os 22 graos previstos na Coruña aos 32 que aínda poden ter por Ourense.