Xornada de volta ao cole en tódalas etapas educativas, dende infantil á secundaria. Son máis de 300 mil alumnos, case 4.000 menos ca o curso pasado, debido á caída da natalidade. A Xunta fala, en cambio, de récord no número de profesores, máis de 31.000. Ainda que varios centros denuncian carencias sobre todo no persoal de atención a necesidades especiais | Xa están en liberdade as persoas detidas nos incidentes durante a etapa da Volta Ciclista en Monforte. Unha protesta contra a participación dun equipo israelí mentras dura a sanguenta operación militar dese país en Gaza. Entre os participantes, unha concelleira do BNG que foi atendida no hospital | As Meninas volven ao barrio ferrolán de Canido. Xa son máis de 1.000 as imaxes creadas nun certame que foi concebido hai 17 anos para revitalizar unha paisaxe urbana degradada a través da recreación da icónica obra de Velazquez |
Xornada de volta ao cole en tódalas etapas educativas, dende infantil á secundaria. Son máis de 300 mil alumnos, case 4.000 menos ca o curso pasado, debido á caída da natalidade. A Xunta fala, en cambio, de récord no número de profesores, máis de 31.000 | Xornada de descanso na Volta despois da accidentada entrada en terras galegas polas protestas contra a presenza dun equipo israelí no pelotón. Houbo un ciclista ferido, Javi Romo e dez persoas detidas en Morforte e O Corgo por desorde pública que xa foron postas en liberdade | Estabilizado o incendio en Casaio, Carballeda de Valdeorras. Un lume que se producía na zona oriental de Ourense, unha das máis afectadas polo vaga incendios de agosto | As piragüistas galegas Tania Álvarez e Tania Fernández proclamáronse campioas na modalidade de K2 no Mundial que se celebrou en Hungría. Foi unha carreira emocionante porque conseguiron impoñerse por só 89 décimas as rivais húngaras en vintecinco kilómetros e medio de percorrido | As Meninas volveron encher o barrio ferrolán de Canido esta fin de semana. Xa son máis de 1.000 as imaxes creadas por máis de 700 artistas, nun certame que foi concebido hai 17 anos para revitalizar unha paisaxe urbana degradada a través da recreación da icónica obra de Velazquez
Máis de trescentos mil os alumnos de infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional que volven hoxe ás clases en Galicia | A plataforma Lugo por Palestina considera desproporcionada a actuación policial ante as protestas pola participación dun equipo israelí no percorrido da volta ciclista a España, con dez persoas detidas que quedaron en liberdade | Estabilizado o incendio en Casaio, Carballeda de Valdeorras, unha das máis afectadas polo vaga incendios de agosto | As piragüistas galegas Tania Álvarez e Tania Fernández proclamáronse campioas na modalidade de K2 no Mundial de Hungría | As Meninas volven ao barrio ferrolán de Canido. Xa son máis de 1.000 as imaxes creadas nun certame concebido hai 17 anos
A semana comeza cunha situación intermedia entre o anticiclón das Azores. Día con bancos de néboa e nubes baixas nas primeiras horas que dan paso a ceos despexados. Posibilidade dalgún chuvasco illado máis proable no terzo norte. As temperaturas baixan, con máximas entre os 20 graos da Coruña e os 25 de Ourense
O Sistema Copérnicus da Unión Europea eleva a máis de 143.000 as hectareas queimadas en Galicia polos incendios do mes de agosto. Os datos supoñen un 23 por cento máis que a cifra estimada pola Xunta, dunhas 110.000 hectáreas | Operación Olimpia, da Garda Civil na comarca do Salnés contra unha rede á que interveu máis e dúas toneladas de cocaína. A droga era importada a través de contedores marítimos descargados en Portugal. Os alixos viaxaban ocultos en envíos legais de pel de bovino procedentes de Sudamérica | Os concellos de Santiago e a Coruña encabezan o gasto en servizos culturais por habitante en Galicia. Vigo e Ourense sitúanse no extremo oposto. Así o indica un informe do Consello da Cultura Galega que destaca o investimento cultural de pequenos concellos como Larouco | Carmen, a célebre obra composta por Georges Bizet hai século e medio, chega por primeira vez a Galicia. Unha versión dirixida por Calixto Bieito, que reinterpreta a historia en clave contemporánea, abre esta noite a temporada lírica no Pazo da Ópera da Coruña
O Sistema Copérnicus da Unión Europea eleva a máis de 143.000 as hectareas queimadas en Galicia polos incendios do mes de agosto. Os datos supoñen un 23 por cento máis que a cifra estimada pola Xunta, dunhas 110.000 hectáreas | Máis de dúas Toneladas de cocaína apreixadas no marco da Operación Olimpia. Agochaban a cocaína en contedores, no medio de pel de bovino |Reducir a burocracia nos centros escolares. A consellería de Educación vaino intentar neste inicio de curso. Unha simplificación coa que pretende tamén que os profesores poidan adicar máis tempo ás súas clases e menos ao papeleo | Vigo comeza os trámites para a posta en marcha das zonas de baixas emisións, un requisito da Unión Europa de obrigado cumprimento para as cidades con máis de 50.000 habitantes | Os concellos de Santiago e a Coruña encabezan o gasto en servizos culturais por habitante en Galicia. Vigo e Ourense sitúanse no extremo oposto. Así o indica un informe do Consello da Cultura Galega
O Sistema Copérnicus da Unión Europea eleva a máis de 143.000 as hectareas queimadas en Galicia polos incendios do mes de agosto | Máis de dúas Toneladas de cocaína apreixadas no marco da Operación Olimpia. A cocaína era agochada en contedores, no medio de pel de bovino | Vigo comeza os trámites para a posta en marcha das zonas de baixas emisións | Os concellos de Santiago e a Coruña encabezan o gasto en servizos culturais por habitante en Galicia. Vigo e Ourense sitúanse no extremo oposto | Carmen, a célebre obra composta por Georges Bizet hai século e medio, chega por primeira vez a Galicia
Fin de semana con tempo seco e solleiro polo anticiclón. Mañá entra unha nove fronte cara a última hora do día que deixará precipitacións intensas sobre todo na franxa atlántica. Chuvias que tamén caerán durante a mañá do domingo cando se producirá un un lixeiro descenso térmico con máximas que apenas superarán os 20 graos
Preocupación dos empregados de Ryanair, polo anuncio de recorte drástico das operacións da compañía aérea irlandesa en Galicia, que supón, de momento a perda de cen postos de traballo. Os concellos de Santiago e Vigo reclaman un plan e que se abran negociacións con compañías alternativas | Tras un mes de agosto no que se rexistraron o maiores incendios forestais da historia, o ministro do Interior pide no Congreso dos Deputados o consenso das forzas políticas para un pacto fronte a emerxencia climática. En Galicia, a oposición intensifica ás críticas á xestión da Xunta | Inaugurado oficialmente o curso nas tres universidades galegas, que contan cun total de 12.000 estudantes de nova incorporación e cunhas 400 novas prazas de aloxamento en residencias. As clases comenzarán a partir do próximo luns | A presenza de máis de 200 exemplares de carabela portuguesa obriga a pechar ao baño as 17 praias do concello de Sanxenxo. A especie, semellante á medusa pode provocar urticarias e problemas graves, especialmente a persoas vulnerables
Preocupación dos empregados e usuarios de Ryanair, polo anuncio de recorte drástico das operacións da compañía aérea irlandesa en Galicia. Os concellos de Santiago e Vigo e abren negociacións con compañías alternativas | Sobre a catástrofe dos incendios forestais deste verán intervíu na comisión de interior do congreso o ministro Fernando Grande-Marlaska. Insistiu en que o goberno central puxo a disposición das comunidades autónomas todos os seus medios desde o principio. Segundo os populares, en cambio, a xestión foi un fracaso | Pechadas ao baño as 17 praias de Sanxenxo pola presenza da carabela portuguesa, unha especie semellante à medusa que pode provocar urticarias e outros problemas mais graves. Nalgunhas praias contabilizaron mais de 200 exemplares, unha situación insólita, din os responsables de emerxencias
Preocupación dos empregados de Ryanair, polo anuncio de recorte drástico das operacións da compañía aérea irlandesa en Galicia, que supón, de momento a perda de cen postos de traballo | Debate no Congreso sobre a xestión da vaga de incendios de agosto | Inaugurado oficialmente o curso nas tres universidades galegas, que contan cun total de 12.000 estudantes de nova incorporación | A presenza de máis de 200 exemplares de carabela portuguesa obriga a pechar ao baño as 17 praias do concello de Sanxenxo
Unha nova fronte cruza Galicia durante a mañá con chuvias que foron avanzando dende o litoral da Coruña cara o interior. Pola tarde abrense algúns claros pero aínda pode haber algún chuvasco illado. As temperaturas sen cambios á éspera de que suban mañá. Este venres recuperemos a influencia anticiclónica, xa cun día de tempo seco e solleiro en toda a comunidade
A liña de baixo custo Ryanair anuncia o peche da súa base de operacións en Santiago e o cese das operación no aeroporto de Vigo. É consecuencia da súa disputa con AENA polas taxas, que vai encarecer os traxectos en avión desde Galicia | Na Rúa, avanzan as obras para apagar as brasas neste vertedoiro, que arde desde o 15 de agosto. Van precisar un milleiro de camións de terra, pero confían en esta semana deixe de botar fume tóxico| Na conta atrás para o inicio do curso escolar o próximo luns, hoxe recibían a benvida por parte da Xunta, algúns dos máis de 1.100 mestres funcionarios que se incorporan este ano as aulas. Un curso no que haberá 4.300 alumnos menos e con novidades no ensino dixital e tamén na formación profesional na que nunca houbo tantos alumnos matriculados | As illas de San Simón e San Antón, na ría de Vigo, tamén serán Lugares de Memoria Democrática. Igual que o pazo de Meirás, o goberno daralles esta declaración que promove a súa publicidade e coñecemento. Estas illas foron un campo de concentración franquista polo que pasaron máis de 5.600 presos
A liña de baixo custo Ryanair anuncia o peche da súa base de operacións en Santiago e o cese das operación no aeroporto de Vigo. É consecuencia da súa disputa con AENA polas taxas, que vai encarecer os traxectos en avión desde Galicia | Na Rúa, avanzan as obras para apagar as brasas neste vertedoiro, que arde desde o 15 de agosto. Van precisar un milleiro de camións de terra, pero confían en esta semana deixe de botar fume tóxico| As illas de San Simón e San Antón, na ría de Vigo, tamén serán Lugares de Memoria Democrática. Igual que o pazo de Meirás, o goberno daralles esta declaración que promove a súa publicidade e coñecemento. Estas illas foron un campo de concentración franquista polo que pasaron máis de 5.600 presos
A liña de baixo custo Ryanair anuncia o peche da súa base de operacións en Santiago e o cese das operación no aeroporto de Vigo | Na Rúa, avanzan as obras para apagar as brasas neste vertedoiro, que arde desde o 15 de agosto | Na conta atrás para o inicio do curso escolar o próximo luns, hoxe recibían a benvida da Xunta, algúns dos máis de 1.100 mestres funcionarios que se incorporan este ano as aulas | As illas de San Simón e San Antón, na ría de Vigo, tamén serán Lugares de Memoria Democrática, igual que o pazo de Meirás
Ata o xoves as borrascas seguirán a deixarnos chuvias que hoxe caeron especialmente na metade oeste con rexistros de ata case 35 litros por metro cadrado en Lousame. Tamén con refachos fortes que no Penedo do Galo en Viveiro superaron os 122 km por hora. Pola tarde iranse abrindo algúns claros, con chuvascos illados e ocasionais na provincia da Coruña. As temperaturas máximas oscilarán entre 22 graos en Santiago e os 26 graos de Ourense.
O pazo de Meirás, declarado Lugar de Memoria Democrática. Foi residencia de verán de Franco e centro de poder do franquismo entre finais da guerra civil e 1975. A declaración vai promover a súa publicidade e coñecemento | Hoxe coñecemos o dato do desemprego en agosto, que habitualmente aumenta polo remate dos contratos do verán. En relación a xullo, a cifra de parados rexistrados subiu en algo máis de 1.800. Pero se o comparamos con agosto do ano pasado, o número de desempregados descendeu en case 9.000 | Reunión da Xunta cos alcaldes dos municipios afectados pola vaga de incendios. Desde os concellos piden non perder tempo para reparar os efectos dos lumes. A Xunta comprométese a axilizar os trámites para a recuperación e a adiantar o posible as axudas aos afectados | Unha das principais preocupacións tralos incendios son os efectos que poden ter as chuvias sobre o queimado e o posible arrastre das cinzas aos ríos. Nalgúns concellos xa se están preparando por se a auga se contamina e deixa de ser potable para os veciños
O pazo de Meirás, declarado Lugar de Memoria Democrática. Foi residencia de verán de Franco e centro de poder do franquismo entre finais da guerra civil e 1975. A declaración vai promover a súa publicidade e coñecemento | Hoxe coñecemos o dato do desemprego en agosto, que habitualmente aumenta polo remate dos contratos do verán. En relación a xullo, a cifra de parados rexistrados subiu en algo máis de 1.800. Pero se o comparamos con agosto do ano pasado, o número de desempregados descendeu en case 9.000 | Reunión da Xunta cos alcaldes dos municipios afectados pola vaga de incendios. Desde os concellos piden non perder tempo para reparar os efectos dos lumes. A Xunta comprométese a axilizar os trámites para a recuperación e a adiantar o posible as axudas aos afectados
O pazo de Meirás, declarado Lugar de Memoria Democrática. Foi residencia de verán de Franco e centro de poder do franquismo entre finais da guerra civil e 1975 | Hoxe coñecemos o dato do desemprego en agosto, que habitualmente aumenta polo remate dos contratos do verán. En relación a xullo, a cifra de parados rexistrados subiu en algo máis de 1.800 | Reunión da Xunta cos alcaldes dos municipios afectados pola vaga de incendios. Desde os concellos piden non perder tempo para reparar os efectos dos lumes | Unha das principais preocupacións tralos incendios son os efectos que poden ter as chuvias sobre o queimado e o posible arrastre das cinzas aos ríos
A chuvia coa que espertou a mañá en boa parte de Galicia vai desaparecendo nesta segunda metade da xornada. Choveu sobre todo pola franxa atlántica, con ao redor de 20 litros por metro cadrado en puntos de Pontevedra ou en Rianxo, na provincia da Coruña. As temperaturas soben lixeiramente. As máximas oscilarán entre os 22 graos de Lugo ou Santiago aos 25 que agardan en Ourense. As borrascas atlánticas deixarannos mañá de novo un día de chuvascos e chuvias xeneralizadas sobre todo na tarde noite.