Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O rastro do lume. As aldeas de Fervenza e San Vicente, en Vilamartín de Valdeorras, sofren as consecuencias do gran incendio que queima a comarca. Duplicou a súa extensión en poucas horas e xa vai por 15.000 hectáreas | Os nove incendios que seguen sen control en Ourense queimaron máis de 62.000 hectáreas en menos dunha semana. Para tentar frealos, desde hoxe traballan no monte 200 efectivos máis da UME que solicitou a Xunta | A Xunta vai celebrar a próxima semana un consello extraordinario en Ourense para poñer en marcha unha primeira liña de axudas para os afectados polos incendios forestais. O presidente do Goberno tamén anunciaba que se vai axilizar o apoio ás vítimas | Quinto día sen conexión ferroviaria con Madrid. Debido á proximidade dos incendios ás vías, os trens seguen sen circular e moitos dos que tiñan previsto viaxar están buscando alternativas para chegar ao seu destino

O rastro do lume. As aldeas de Fervenza e San Vicente, en Vilamartín de Valdeorras, sofren as consecuencias do gran incendio que queima a comarca. Duplicou a súa extensión en poucas horas e xa vai por 15.000 hectáreas | Sanidade reorganiza a atención sanitaria en Ourense. Para as zonas afectadas, a atención médica pasa a realizarse nos centros de cabeceira, onde foi instalada conexión por satélite | A Xunta vai celebrar a próxima semana un consello extraordinario en Ourense para poñer en marcha unha primeira liña de axudas para os afectados polos incendios forestais. O presidente do Goberno tamén anunciaba que se vai axilizar o apoio ás vítimas | Quinto día sen conexión ferroviaria con Madrid. Moitos dos que tiñan previsto viaxar están buscando alternativas

As aldeas de Fervenza e San Vicente, en Vilamartín de Valdeorras, sofren as consecuencias do gran incendio que queima a comarca. Xa vai por 15.000 hectáreas | Os nove incendios que seguen sen control en Ourense queimaron máis de 62.000 hectáreas en menos dunha semana. Desde hoxe traballan no monte 200 efectivos máis da UME | A Xunta vai celebrar a próxima semana un consello extraordinario en Ourense para poñer en marcha unha primeira liña de axudas para os afectados polos incendios forestais | Quinto día sen conexión ferroviaria con Madrid. Moitos dos que tiñan previsto viaxar, están buscando alternativas

Comeza a semana cunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Amencemos con néboas e nubes baixas, máis compactas no litoral norte. Co avance do día están abrindo os ceos e agárdase unha tarde con alternancia de nubes e claros, máis despexados no sur. As temperaturas, en moderado descenso, especialmente as máximas en puntos do interior. En Ourense poden chegar aos 33 graos, na Coruña non se esperan que pasen dos 23. Os ventos, de compoñente norte con intervalos moderados.

Casas e animais arrasados polo lume na aldea de Caridade, en Monterrei. É un dos incendios que manteñen en vilo á provincia de Ourense, e que obrigaron a confinamentos e evacuacións de numerosos veciños | A loita contra os incendios está a ser especialmente intensa nas últimas horas. Uns incendios que afectan tamén ao tráfico ferroviario. A circulación de trens entre Galicia e Madrid está arestora de novo suspendida | Comeza a operación especial da DGT para a ponte de agosto, con movementos ligados ás vacacións e ás numerosas festas por toda Galicia. As previsións de ocupación turística roldan o 90 por cento en destinos como Santiago ou as Rías Baixas | A compositora e intérprete de violonchelo Margarida Mariño, unha das figuras emerxentes da música en Galicia, é hoxe a protagonista de Eu Son, a nosa sección dedicada aos novos creadores

Casas e animais arrasados polo lume na aldea de Caridade, en Monterrei. É un dos incendios que manteñen en vilo á provincia de Ourense, e que obrigaron a confinamentos e evacuacións de numerosos veciños | A loita contra os incendios está a ser especialmente intensa nas últimas horas. Uns incendios que afectan tamén ao tráfico ferroviario. A circulación de trens entre Galicia e Madrid está arestora de novo suspendida | Comeza a operación especial da DGT para a ponte de agosto, con movementos ligados ás vacacións e ás numerosas festas por toda Galicia. As previsións de ocupación turística roldan o 90 por cento en destinos como Santiago ou as Rías Baixas | Os dous avións cisterna enviados por Francia para axudar nos labores de extinción de incendios chegan ao aeroporto de Santiago

Os incendios que manteñen en vilo á provincia de Ourense obrigaron a confinamentos e evacuacións de numerosos veciños | A circulación de trens entre Galicia e Madrid está arestora de novo suspendida | Comeza a operación especial da DGT para a ponte de agosto, con movementos ligados ás vacacións e ás numerosas festas por toda Galicia. As previsións de ocupación turística roldan o 90 por cento en destinos como Santiago ou as Rías Baixas | A compositora e intérprete de violonchelo Margarida Mariño, protagonista de Eu Son, a nosa sección dedicada aos novos creadores

Volve a influencia plenamente anticiclónica, coa entrada dunha masa de aire moi cálido desde o sur. Néboas en comarcas do interior e nubes baixas no terzo norte, sen descartar orballos na Mariña. Co paso das horas quedarán os ceos moi despexados. No interior medrarán nubes de evolución sen descartar algún chuvasco de treboada en zonas altas. As temperaturas máximas en ascenso en todo o territorio, con moito calor nas horas centrais do día. Todas as cidades superarán os 30 graos, agás Coruña, que acadará os 27, e En Ourense o termómetro chegará de novo aos 40 graos.

Xa son máis de 7.000 hectareas queimadas na provincia de Ourense, onde cinco incendios siguen sen control. Os tres brigadistas hospitalizados con queimaduras graves evolucionan favorablemente Mellora a situación logo de horas de angustia | O goberno anuncia un aumento dos medios dispoñibles na loita contra o lume. Un novo avión e máis efectivos da UME para combater os incendios. Xunta e delegación de goberno amosan vontade de colaboración | Os consumidores benefícianse xa do Bono Peixe, implantado pola Xunta para permitir descontos ao mercar produtos do mar de Ata un máximo de 50 euros por persoa. Os vendedores din que empezan a notar a incorporación de novos clientes | O beneficios para a saúde, a gastronomía e tamén cosméticos do mel. É o que oferta a feira A Meleira en Pontevedra, onde se poden descubrir as diferentes varidades e aplicacións a partir deste produto artesanal, e que incluen dende vinagre a caramelos a xelea real

Xa son máis de 10.000 hectareas queimadas na provincia de Ourense, onde cinco incendios siguen sen control. Doce personas necesitaron atención sanitaria en toda Galicia. Os tres brigadistas hospitalizados con queimaduras graves evolucionan favorablemente | Toda a provincia de Ourense segue en alerta 2, que indica perigo para zonas habitadas. En Manzaneda estiveron confinados menores dun campamento de verán e houbo a evacuar a medio cento de anciáns dunha residencia na Mezquita | As traballadoras do servizo de axuda no fogar celebran hoxe unha xornada de folga, anque con servizos mínimos, que en moitos casos alcanzan o 100%. Piden mellores condicións de seguridade nos seus postos de traballo | O IPC interanual sobe en Galicia ao 2´3 por cento no mes de xullo. Son tres décimas máis que o dato do mes pasado | Os consumidores benefícianse xa do Bono Peixe, implantado pola Xunta para permitir descontos ao mercar produtos do mar de Ata un máximo de 50 euros por persoa. Os vendedores que se suman ao programa din que empezan a notar un incremento de vendas e a incorporación de novos clientes

Xa son máis de 10.000 hectareas queimadas na provincia de Ourense, onde cinco incendios siguen sen control | Xornada de protesta das traballadoras do SAF en demanda de máis seguridade nas casas onde desempeñan o seu labor | O IPC interanual sobe en Galicia ao 2´3 por cento no mes de xullo | Os consumidores benefícianse xa do Bono Peixe, implantado pola Xunta para permitir descontos ao mercar produtos do mar de Ata un máximo de 50 euros

Continúa a entrada de aire húmido que despraza transitoriamente cara ó sueste a masa de aire cálido. Xornada de ceo con máis nubes no terzo norte e con apertura de grandes claros pola tarde, quedando máis despexado no sur. A partir do mediodía, nubes de evolución en zonas altas. As temperaturas descenden lixeiramente, con máximas dende os 23 graos da Coruña aos 37 en Ourense

O lume continúa a avanzar no Macizo Central Ourensán, e ameaza novos núcleos habitados. A superficie arrasada en Chandrexa de Queixa supera as 3.000 hectáreas, máis do que ardeu no conxunto de Galicia durante todo ano pasado. A orografía da zona difículta especialmente o traballo dos equipos de extinción. A Xunta pediu axuda á Unidade Militar de Emerxencias | O Partido Popular o que faise coa alcaldía de Touro mediante una moción de censura. O popular Jesús Reboredo accede ao cargo, do que desbanca a Roberto Castro, beneficiado polo voto dun antigo concelleiro dese grupo | En pleno agosto, con Galicia repleta de turistas e festas locais, o marisco convértese nun reclamo e o aumento da demanda dispára os prezos en lonxas, mercados e restaurantes. Algúns produtos acadan valores semellantes aos do Nadal | Volve a Coruña Viñetas desde o Atlántico, o certame que converte á cidade na capital da banda deseñada, este ano descubre a intensa relación do comic co mundo da música.

O lume avanza próximo á cidade de Ourense e obriga a suspender o tráfico ferroviario entre esa cidade e Santiago, o que afecta á comunicación tamén con Madrid, e ao subministro eléctrico. A Xunta decreta o nivel dous de emerxencia en Toda a provincia de Ourense, onde estima que levan ardido máis de 4.300 hectáreas nos últimos días | Terceira moción de censura que se aproba en Galicia trala sentenza do Constitucional que permite que poidan sair adiante coa particiación de edís transfugas. Desta vez foi en Touro, onde o PP acaba de recuperar a Alcaldía. O popular Jesús Reboredo arrebatalle o bastón de mando a Roberto Castro de Movemento Veciñal | A elevada afluencia de turistas fai que a demanda de marisco se dispáre en lonxas, mercados e restaurantes. Tamén os prezos , que no caso dalgúns produtos acadan valores semellantes aos do Nadal | A cita para os amantes da banda deseñada xa está na Coruña: Viñetas dende o Atlántico,con máis de 70 autores nacionais e internacionais. Este ano analiza a relación do cómic coa música.

O lume avanza próximo á cidade de Ourense e obriga a suspender o tráfico ferroviario. A Xunta decreta o nivel dous de emerxencia en Toda a provincia | O maior destes incendios é o de Chandrexa de Queixa, que ameaza núcleos habitados. A superficie arrasada supera as 3.000 hectáreas | A Xunta decreta o nivel dous de emerxencia en Toda a provincia | A elevada afluencia de turistas fai que a demanda de marisco se dispáre en lonxas, mercados e restaurantes | Volve a Coruña Viñetas desde o Atlántico, o certame que converte á cidade na capital da banda deseñada, este ano descubre a intensa relación do comic co mundo da música

Entra unha masa de aire máis húmida dende o Atlántico e aumenta a inestabilidade. Nubes de tipo medio e alto con momentos de alternancia de nubes e claros. Pola tarde medrarán nubes de evolución con posibilidade de chuvascos de tipo treboento no interior. As temperaturas descenden lixeiramente, con as máximas dende oa 24 graos da Coruña aos 35 graos en Ourense

Xa son máis de 1.700 as hectáreas arrasadas polos incendios que seguen activos. O maior, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa. Numerosos Medios terrestres e aereos loitan por estabilizado. O de Maceda, que chegou a poñer en perigo núcleos habitados, dase xa por estabilidado, igual que o que obrigou a desaloxar o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume | A moción de censura que acaba de rematar en Noia da a alcaldía ao socialista Francisco Pérez Caamaño, co apoio dos concelleiros do seu grupo, máis os do BNG, Marea Cidadá e o dun concelleiro non adscrito. Desbanca así ao popular Santiago Freire | A Xunta mantén o rexeitamento a acoller aos menores migrantes acollidos en Canarias. O Goberno Central tiña previsto comenzar hoxe a trasladalos ás distintas comunidades da Península. A previsión é que a Galicia chegen máis de 300 | Remata o Marisquiño, o festival de Deporte e Cultura Urbana de Vigo, que recuperou o espazo da praia de Samil. Os organizadores destacan a elevada resposta do público, nunha edición que na que destacou tamén a aposta pola inclusión

Os incendios que seguen activos superan xa ás 2.000 hectáreas arrasadas. O maior, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa. Numerosos Medios terrestres e aereos loitan por controlalo | En Vilagarcía, os Bombeiros traballan aínda para controlar pequenos focos no incendio que arrasou o sábado a nave de Impex Europa onde se almacenaban insecticidas, raticidas e outros produtos fitosanitarios| O socialista Francisco Pérez Caamaño é xa o novo alcalde de Noia, tras prosperar a moción de censura contra Santiago Freire. A operación pon fin a case dez anos de goberno popular| Hoxe comeza o traslado de migrantes menores solicitantes de asilo dende Canarias á península, por parte do Goberno Central, en cumprimento dunha orde do Tribunal Supremo. A previsión é que a Galicia chegen máis de 300, anque a Xunta mantén o seu rexeitamento| Despedida por todo o alto do Marisquiño, o Festival de Deporte e Cultura Urbana en Vigo, na edición que recuperou a aposta por trasladar practicamente toda a actividade á praia de Samil. A organización fala dunha afluencia histórica de espectadores

Os incendios que seguen activos superan xa ás 2.000 hectáreas arrasadas. O maior, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa | Catro familias desaloxadas polo incendio nunha nave en Vilagarcía| O socialista Francisco Pérez Caamaño é xa o novo alcalde de Noia, trala moción de censura contra Santiago Freire | A Xunta mantén o rexeitamento ao traslado de menores migrantes dende Canarias | Remata a edición do Marisquiño que recuperou a praia de Samil como centro das actividades

Aumenta lixeiramente a inestabilidade atmosférica. Temos ceos despexados en xeral pero con posibilidade de chuvascos de carácter tormentoso no leste do territorio pola tarde. No litoral predominan as brétemas máis mestas nas primeiras e derradeiras horas da xornada. As temperaturas mínimas sen apenas cambios e as máximas en lixeiro descenso, desde os 26 graos en Vigo ou A Coruña aos 39 en Ourense