Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia está en influencia das altas presións. Os ceos estarán, en xeral, despexados e as temperaturas en tendencia ascendente. Espéranse máis de 30 graos en Pontevedra, Vigo e Ourense e máis de 25 en Lugo e Santiago. Ferrol e A Coruña quedaranse nos 23. Os ventos soprarán do nordés, moderados en xeral. Para a fin de semana, espérase que o mercurio supere os 25 graos nas principais cidades galegas.

Recuperar a credibilidade das institucións ante a corrupción e non usar os migrantes e refuxiados como arma política. Nisto coincidiron o presidente da Xunta, que actuou como delegado rexio na ofrenda ao Apóstolo Santiago, e o arcebispo na súa resposta | Os líderes políticos da oposición acudiron as súas citas habituais nesta data. Ana Pontón encabezou a manifestación do BNG en Santiago. Mentres, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, fíxolle a ofrenda floral a Castelao, en Rianxo | O festivo trae consigo moita celebración e turismo, especialmente na capital galega. Os peregrinos converxen cos visitantes que elixen Santiago para gozar desta fin de semana | Galicia é unha das principais portas de entrada da droga, especialmente da cocaína, en España e en Europa. Hoxe acompañamos ao Servizo de Vixilancia Aduaneira pola ría de Pontevedra

Recuperar a credibilidade das institucións ante a corrupción e non usar os migrantes e refuxiados como arma política. Nisto coincidiron o presidente da Xunta, que actuou como delegado rexio na ofrenda ao Apóstolo Santiago, e o arcebispo na súa resposta | Os líderes políticos da oposición acudiron as súas citas habituais nesta data. Ana Pontón encabezou a manifestación do BNG en Santiago. Mentres, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, fíxolle a ofrenda floral a Castelao, en Rianxo | O festivo trae consigo moita celebración e turismo, especialmente na capital galega. Os peregrinos converxen cos visitantes que elixen Santiago para gozar desta fin de semana | Máis do 30 % dos peregrinos que chegan a Santiago comezan a súa andadura en Sarria. Ser o punto mínimo de percorrido para obter a Compostela fai que moitos o escollan. A ruta francesa supón unha actividade económica cada vez máis importante para esta vila de Lugo

Recuperar a credibilidade das institucións ante a corrupción e non usar os migrantes e refuxiados como arma política. Nisto coincidiron o presidente da Xunta, que actuou como delegado rexio na ofrenda ao Apóstolo Santiago, e o arcebispo na súa resposta | Os líderes políticos da oposición acudiron as súas citas habituais nesta data | O festivo trae consigo moita celebración e turismo, especialmente na capital galega | Hoxe acompañamos ao Servizo de Vixilancia Aduaneira pola ría de Pontevedra

Os alcaldes de Porto e Braga, Rui Moreira e Ricardo Rio, reciben as medallas de Galicia deste 2025, un recoñecemento da Xunta pola contribución das súas cidades á defensa dos intereses compartidos por Galicia e o Norte de Portugal | A EPA sitúa a taxa de paro en Galicia no 8,3 %, a máis baixa dos últimos 17 anos. Aínda así, aquí hai máis de 11.000 postos de traballo para os que as empresas non atopan empregados. Por iso, moitas contratan a man de obra noutros países | A doce anos do sinistro do tren Alvia en Angrois, no que morreron 80 persoas, vítimas e familiares pasan páxina. Non volverán manifestarse en Santiago, como facían en cada aniversario, pero van seguir reclamando unha investigación independente e responsabilidades políticas | Lúa Gándara, unha figura pouco convencional da arte contemporánea galega, é a protagonista hoxe da nosa sección ‘Eu Son’, dedicada a novos creadores

Os alcaldes de Porto e Braga, Rui Moreira e Ricardo Rio, reciben as medallas de Galicia deste 2025, un recoñecemento da Xunta pola contribución das súas cidades á defensa dos intereses compartidos por Galicia e o Norte de Portugal | A EPA sitúa a taxa de paro en Galicia no 8,3 %, a máis baixa dos últimos 17 anos. Aínda así, aquí hai máis de 11.000 postos de traballo para os que as empresas non atopan empregados. Por iso, moitas contratan a man de obra noutros países | A doce anos do sinistro do tren Alvia en Angrois, no que morreron 80 persoas, vítimas e familiares pasan páxina. Non volverán manifestarse en Santiago, como facían en cada aniversario, pero van seguir reclamando unha investigación independente e responsabilidades políticas | Os transportistas piden no Supremo a nulidade das prórrogas da AP-9 e a devolución das peaxes pagadas dende o 2013

Os alcaldes de Porto e Braga reciben as medallas de Galicia 2025, un recoñecemento á cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal | A EPA sitúa a taxa de paro en Galicia no 8,3 %, a máis baixa dos últimos 17 anos | A doce anos do sinistro do tren Alvia en Angrois, no que morreron 80 persoas, vítimas e familiares non volverán manifestarse en Santiago, pero van seguir reclamando | Lúa Gándara, unha figura pouco convencional da arte contemporánea galega

Van entrando as altas presións. Mentres o norte de Galicia amence nubrado con, incluso, orballos na Mariña Lucense, no sur será un día solleiro en xeral. Temperaturas mínimas en descenso con madrugadas frescas. As máximas... en aumento. Vigo e Pontevedra roldarán os 30 graos, temperatura que se superará en Ourense. No resto das principais cidades galegas non se chegarán aos 25 graos. Ventos moderados do nordés con intervalos fortes no litoral da Coruña.

Polémica entre as universidades de Santiago e a Coruña pola docencia de Mediciña. A Universidade de Santiago aproba un convenio co Sergas para agregar os hospitais e os centros de saúde de todas as áreas sanitarias de Galicia. Unha decisión que a da Coruña considera unha apropiación de recursos para impedir o seu proxecto de crear unha nova facultade de medicina | Vigo convértese na terceira cidade galega en implantar unha taxa turística. A nova medida, que gravará con ata dous euros e medio por viaxeiro e noite, afectará a hoteis, vivendas turísticas e aos viaxeiros que chegan en cruceiros| Os traballos de demolición da central das Pontes avanzan ca reciclaxe de ata o 90 por cento dos residuos xerados. Os responsables conta con rematar os traballos en xullo de 2028 | O Concello de Vilagarcía cancela o concerto de Mago de Oz do próximo 19 de agosto por tratar con frivolidade a prostitución e as drogas. Tamén houbo polémicas por outros concertos como o de Juan Luis Guerra en Sanxenxo

Vigo convértese na terceira cidade galega en implantar unha taxa turística. A nova medida, que gravará con ata dous euros por viaxeiro e noite, afectará a hoteis, vivendas turísticas e aos viaxeiros que chegan en cruceiros | Os hoteis galegos superaron o millón de estancias en xuño, cun crecemento do 5%, pero a estancia e a facturación seguen por baixo da media estatal | A Universidade de Santiago aproba un convenio co Sergas para agregar os hospitais e os centros de saúde de todas as áreas sanitarias de Galicia. Unha decisión que a da Coruña considera unha apropiación de recursos | Os traballos de demolición da central das Pontes avanzan ca reciclaxe de ata o 90 por cento dos residuos xerados. Os responsables conta con rematar os traballos en xullo de 2028 | O Concello de Vilagarcía cancela o concerto de Mago de Oz do próximo 19 de agosto por tratar con frivolidade a prostitución e as drogas. Tamén houbo polémicas por outros concertos como o de Juan Luis Guerra en Sanxenxo |

Tensión entre a Universidade da Coruña e a de Santiago, tralo convenio co Sergas para integrar todos os hospitais e centros Sanitarios na docencia de Santiago | Vigo convértese na terceira cidade galega en implantar unha taxa turística, que gravará dende un ata dous euros e medio por noite | Os traballos de demolición da central das Pontes avanzan ca reciclaxe de ata o 90 por cento dos residuos xerados | O Concello de Vilagarcía cancela o concerto de Mago de Oz do próximo 19 de agosto por tratar con frivolidade a prostitución e as drogas

A partir de hoxe, recuperamos a influencia das altas presións. Nubes pola mañá, pero os ceos abertos co paso das horas. As temperaturas mínimas experimentan un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenden, excepto nas Rías Baixas. Vigo e Pontevedra superarán os 25 graos. Vento frouxo de compoñente norte. Pola tarde aumentará a moderados no litoral atlántico

Aumenta o número de persoas que deciden seguir traballando despois dos 65 anos, xa sexa por necesidade, por vocación ou para manterse activas. En Galicia superan os 30.000, unha cifra que non deixou de aumentar nos últimos 15 anos, mentres a Xunta presenta un plan de loita contra a discriminación por idade | Os camiños de Santiago seguen pulverizando records.Os peregrinos rexistrados Son máis de 270.000, un oito por cento máis que ao ano anterior. Espérase que antes de que remate o 2025 a cifra podería superar o medio millón | Detido en Murcia un mozo de 25 anos considerado responsable do accidente ocurrido no corredor do Baixo Miño, no Rosal. Causou a morte a un motorista, co que chocou frontalmente, e posteriormente deuse á fuga| O concello de Sada celebra a declaración do Museo Carlos Maside como Ben de Interese Cultural. A decisión, adoptada pola Xunta, permitirá poñer en valor un centro que forma parte do proxecto de Sargadelos de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane.

Aumenta o número de persoas que deciden seguir traballando despois dos 65 anos. A Xunta presenta a Estratexia Galega contra o Idadismo, unha iniciativa para eliminar a discriminación por motivo de idade | Os camiños de Santiago seguen pulverizando records.Os peregrinos rexistrados Son máis de 270.000, un oito por cento máis que ao ano anterior | Prisión provisional con fianza de 150.000 euros para o mozo Murcia de 25 anos que provocou o accidente no Rosal no que faleceu un motorista. Está investigado por homicidio imprudente e abandono do lugar do accidente | O concello de Sada celebra a declaración do Museo Carlos Maside como Ben de Interese Cultural. O seu fondo artístico conta con obras dos principais autores galegos, dende Castelao a Maruja Mallo, Laxeiro ou Urbano Lugrís

Aumenta o número de persoas que deciden seguir traballando despois dos 65 anos | Os camiños de Santiago seguen pulverizando records. Os peregrinos rexistrados Son máis de 270.000 | Prisión provisional con fianza de 150.000 euros para o mozo Murcia de 25 anos que provocou o accidente no Rosal no que faleceu un motorista. Está investigado por homicidio imprudente e abandono do lugar do accidente | O concello de Sada celebra a declaración do Museo Carlos Maside como Ben de Interese Cultural

Segue a situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Amenceu con ceos nubrados, pero a medida que avance o día, abriranse claros. As temperaturas mínimas continuan con poucos cambios, pero as máximas están en ascenso. O mercurio roldará os 25 graos nas principais cidades galegas, a excepción de Ourense onde se podería chegar aos 30. O vento seguirá sendo frouxo

Tres cruceiros na Coruña e un en Vigo trouxeron hoxe a Galicia a preto de 6.000 visitantes. Un tipo de turismo que non para de aumentar nos nosos portos, mentres que en cidades como Barcelona tratan de limitalo | Unha representación de veciños de Sanabria protestan ante o Concello de Vigo pola supresión de paradas do tren de alta velocidade na súa vila. Perderon as dúas primeiras conexións diarias con Zamora, por, denuncian, reducir un cuarto de hora o tempo da viaxe entre Vigo e Madrid | En Rodeiro, un concello de Pontevedra de 2.300 habitantes, o 11 % da poboación son estranxeiros. Desde os anos 70, a chegada de migrantes fixo posible revitalizar a veciñanza e a actividade económica do municipio, que hoxe é un exemplo de integración | Un dos símbolos da cultura galega dos anos noventa. A Sala Nasa, en Compostela, foi punto de encontro e de reivindicación da música e da escena. Agora están dixitalizando os arquivos de toda aquela actividade para que sexan de acceso libre na rede

Tres cruceiros na Coruña e un en Vigo trouxeron hoxe a Galicia a preto de 6.000 visitantes. Un tipo de turismo que non para de aumentar nos nosos portos | Veciños de Sanabria protestan en Vigo pola supresión do AVE na súa comarca| Visitamos a queixaría Crisanto, en Vilalba. O seu queixo Don Crisanto, da denominación San Simón da Costa, acaba de ser escollido como o mellor queixo de España deste ano. Foi nos premios Alimentos de España, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

Tres cruceiros na Coruña e un en Vigo trouxeron hoxe a Galicia a preto de 6.000 visitantes. Un tipo de turismo que non para de aumentar nos nosos portos | Veciños de Sanabria protestan en Vigo pola supresión do AVE na súa comarca| En Rodeiro, un concello de Pontevedra de 2.300 habitantes, o 11 % da poboación son estranxeiros. É un exemplo de integración | Un dos símbolos da cultura galega dos anos noventa. A Sala Nasa, en Compostela, dixitaliza os seus arquivos para que sexan de acceso libre na rede

Galicia atópase nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Polo tanto, o tempo estará cambiante. O día amenceu cos ceos nubrados e, incluso, con algún chuvasco no litoral atlántico. A medida que avance a xornada, abriranse claros. As temperaturas máximas comezan a ascender. Alcanzaranse os 22 graos na Coruña, un máis en Vigo e os 24 en Lugo e Pontevedra. So en Ourense se superarán os 25 graos. Soprará o vento frouxo de compoñente oeste, máis intenso no litoral norte.