Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Marisquiño, o certame vigués de deporte e cultura urbana, cumpre este ano un cuarto de século. O evento, que se localiza de novo na súa maior parte en Samil, aposta por facer desta edición a máis inclusiva da súa historia | A Confederación Hidrográfica do MIño Sil presenta un plan para poñer orde na navegación e as actividades náuticas nos encoros da Ribeira Sacra. Contempla Limitar a velocidade e regular o uso dos embarcadoiros deses auténticos mares da Galicia interior | Investigadores da Facultade de Veterinaria de Lugo cuantifican a caída de produción de leite das vacas debido á calor. Un fenómeno que se multiplica cando a vaga dura máis de tres días. Aconsellan medidas para mitigar as altas temperaturas nas granxas | Comenzan os traballos arqueolóxicos no xacemento do Castro Alobre, en Vilagarcía. O recinto acolle unha necrópole, unha cetárea e a antiga porta mariña de entrada á cidade. NUna ubicación estratéxica na Ría de Arousa

Disciplinas como BMX, Skate ou Grafitti invaden xa rúas e prazas de Vigo. O Marisquiño, convertido no maior festival de deporte e cultura urbana de Europa, Chega coa sua edición máis inclusiva | A vaga de calor continuará durante a fin de semana cando se agarda a peor parte, o pico máximo de temperatura chegará este domingo. Ese día Meteogalicia activa unha alerta vermella por temperaturas que podería superar os 42 graos en Valdeorras e no val do Miño en Ourense | As medidas de restrición de agua para encher piscinas ou regar aumentan o interese na construción de pozos particulares ou de traballos relacionados co autoabastecemento deste recurso. En Galicia hai rexistradas unhas 25.000 instalacións deste tipo | A Confederación Hidrográfica do MIño Sil presenta un plan para poñer orde na navegación e as actividades náuticas nos encoros da Ribeira Sacra. Contempla limitar a velocidade e regular o uso dos embarcadoiros deses auténticos mares da Galicia interior | Comenzan os traballos arqueolóxicos no xacemento do Castro Alobre, en Vilagarcía. O recinto acolle unha necrópole, unha cetárea e a antiga porta mariña de entrada á cidade. NUna ubicación estratéxica na Ría de Arousa, que podería convertirse en museo

Continua a masa de aire cálido en superficie pero con presenza de aire frío en altura. Néboas matinais e brétemas no litoral atlántico que deixan paso a ceos pouco nubrados ou despexados. Pola tarde, nubes de evolución que poden deixar chuvascos de tipo treboento, máis probables nas montañas do leste de Lugo. As temperaturas, sen cambios significativos, por riba dos 35 graos no interior e máis suaves na costa

O Marisquiño, o certame vigués de deporte e cultura urbana, cumpre este ano un cuarto de século, coa edición máis inclusiva da súa historia | A vaga de calor continuará durante a fin de semana no val do Miño e Valdeorras | As medidas de restrición de agua para encher piscinas ou regar aumentan o interese na construción de pozos particulares | Plan para ordenar a navegación nos encoros da Ribeira Sacra | Comenzan os traballos arqueolóxicos no xacemento do Castro Alobre, en Vilagarcía

Estabilizados os incendios en Salceda e As Neves, na provincia de Pontevedra, Nos que quedou desactivado o nivel dous de emerxencia. Son os que concentran agora mesmo máis efectivos. A mellora das condicións meteorolóxicas permite tamén avanzar na loita contra o lume nos incendios activos da Fonsagrada e As Pontes| A Xunta activa a situación de prealerta por escaseza de auga en 20 municipios, que deberán adoptar medidas de aforro. Son os integrados nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra e do Río Grande en Camariñas. É unha decisión da Oficina Técnica da Seca, ante o descenso dos caudais | A poboación de Galicia mantense por riba dos 2.700.000 habitantes, segundo os últimos datos do INE. A chegada de preto de 5.000 persoas procedentes doutros países, compensa a perda de 1.500 habitantes con nacionalidade española no último trimestre | O artista valdeorrés Iván Prieto, destacado pola sua persoal linguaxe escultórica, é hoxe o protagonista de EU SON, a nosa sección dedicada a novos creadores galegos. Fala dos secretos da súa técnica, da súa paixón pola arte, do seu pasado e do que espera do porvir

Activada a situación de prealerta por escaseza de auga en 20 municipios, que . Son os integrados nos sistemas dos ríos Lérez, en Pontevedra e Grande en Camariñas. Os concellos afectados terán que adoptar medidas de aforro | Unhas 130 hectareas arderon nas últimas horas nos concellos das Neves e Salceda de Caselas. Unhs incendios que están xa estabilizados, despos de que se desactivase o nivel 2 de emerxencia | Máis da metade dos concellos galegos están en alerta por altas temperaturas nesta segunda vaga de calor. Unha alerta que é máis elevada, de nivel laranxa no Val do Miño e Valdeorras onde os termómetros de novo poderían superar, de novo, nesta xornada os 39 graos | A sociedade Impulsa Galicia, participada principalmente pola Xunta e Abanca, anuncia a súa disolución | A poboación de Galicia aumentou en 3.200 habitantes no segundo trimestre, case quince mil veciños máis nos últimos doce meses

Activada a situación de prealerta por escaseza de auga en 20 municipios, integrados nos sistemas dos ríos Lérez, en Pontevedra e Grande en Camariñas | Unhas 130 hectareas arderon nas últimas horas nos concellos das Neves e Salceda de Caselas. Están xa estabilizados, despos de que se desactivase o nivel 2 de emerxencia | A sociedade Impulsa Galicia, participada principalmente pola Xunta e Abanca, anuncia a súa disolución | A poboación de Galicia mantense por riba dos 2.700.000 habitantes, grazas a chegada de preto de 5.000 persoas procedentes doutros países |

Continúa a influencia das altas presións con presencia dunha masa de aire moi cálida en superficie. Xornada de ceos pouco nubrados en xeral ou despexándose con presenza de brétemas costeiras. As temperaturas sen apenas cambios, con máximas entre os 25 graos da Coruña e os 40 de Ourense. O vento, frouxo de dirección variable, con brisas pola tarde e nordés moderado no mar entre Bares e Fisterra

Mantense o nivel dous, por precaución, agardando que non aumente a forza do vento. O incendio que obrigou a desaloxar veciños de Corme Aldea, en Ponteceso leva queimadas unhas 60 hectáreas | Hoxe mércores estamos no cuarto día dunha vaga de calor que se vai prolongar. Un colectivo que sofre especialmente estes episodios de altas temperaturas é o das persoas sen fogar. En Vigo propoñen que o Concello habilite un polideportivo municipal para que se poidan refuxiar | Polémica entre o Concello de Santiago e a Xunta, tras rexeitar a administración autonómica a petición municipal de declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado. O Concello di que non hai razóns técnicas nin xurídicas que xustifiquen o rexeitamento | A editorial Galaxia cumpre 75 anos coa consigna da defensa do idioma e a cultura galega. Repasamos a súa historia cos seus protagonistas, desde a época escura da represión franquista ata os desafíos actuais, coa ollada posta no futuro

O incendio que obrigou a desaloxar veciños de Corme Aldea, en Ponteceso leva queimadas unhas 60 hectáreas | En Vigo, propoñen que o Concello habilite un polideportivo municipal para que se poidan refuxiar as persoas sen fogar | Polémica entre o Concello de Santiago e a Xunta, tras rexeitar a administración autonómica a petición municipal de declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado | A editorial Galaxia cumpre 75 anos coa consigna da defensa do idioma e a cultura galega

O incendio que obrigou a desaloxar veciños de Corme Aldea, en Ponteceso, leva queimadas unhas 60 hectáreas | Hoxe mércores estamos no cuarto día dunha vaga de calor que se vai prolongar. Un colectivo que sofre especialmente estes episodios de altas temperaturas é o das persoas sen fogar. En Vigo propoñen que o Concello habilite un polideportivo municipal para que se poidan refuxiar | Polémica entre o Concello de Santiago e a Xunta, tras rexeitar a administración autonómica a petición municipal de declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado. O Concello di que non hai razóns técnicas nin xurídicas que xustifiquen o rexeitamento

Galicia continúa na influencia das altas presións, con cunha masa de aire moi cálida en superficie, pero afrouxa o vento do nordés. Temos ceos despexados en xeral. A primeiras horas houbo intervalos de nubes baixas na Mariña e co avance da tarde entrarán brétemas costeiras polo oeste. Vento frouxo do nordés, só como brisa ao sur de Fisterra, moderado no litoral norte e con intervalos fortes arredor de Bares. As temperaturas soben de novo, con máximas superando os 35 graos en toda a metade sur, agás nas Rías Baixas, onde baixan un pouco.

Media Galicia vai estar esta tarde en aviso por altas temperaturas, que serán especialmente elevadas no sur, no val do Miño e no litoral de Pontevedra. Na provincia de Ourense rexistráronse onte as temperaturas máis altas de España, preto de 43 graos | A Xunta elevou a nivel vermello o aviso, polas consecuencias que pode ter a calor para as persoas máis vulnerables. En Pontevedra, as fontes ornamentais que estaban pechadas para aforrar auga, volven funcionar para que contribúan a baixar a temperatura | Os transportistas de mercadorías inician os trámites para que lles devolvan as peaxes pagadas na AP9, tralo pronunciamento da Unión Europea que cuestiona a legalidade das prórrogas da concesión da autoestrada | A DGT agarda controlar durante esta semana a velocidade de 120.000 vehículos en Galicia. Ir máis rápido do debido causa un de cada cinco accidentes de tráfico mortais. Na mesma operación especial de Tráfico do ano pasado, puxeron máis de 900 denuncias ao día

Media Galicia vai estar esta tarde en aviso por altas temperaturas, que serán especialmente elevadas no sur, no val do Miño e no litoral de Pontevedra | En Pontevedra, as fontes ornamentais que estaban pechadas para aforrar auga, volven funcionar para que contribúan a baixar a temperatura | Os transportistas de mercadorías inician os trámites para que lles devolvan as peaxes pagadas na AP9 | A DGT agarda controlar durante esta semana a velocidade de 120.000 vehículos en Galicia. Na mesma operación especial de Tráfico do ano pasado, puxeron máis de 900 denuncias ao día

Media Galicia vai estar esta tarde en aviso por altas temperaturas, que serán especialmente elevadas no sur | En Pontevedra, as fontes ornamentais volven funcionar para baixar a temperatura | Os transportistas de mercadorías inician os trámites para que lles devolvan as peaxes pagadas na AP9 | A DGT agarda controlar durante esta semana a velocidade de 120.000 vehículos en Galicia. Na mesma operación especial de Tráfico do ano pasado, puxeron máis de 900 denuncias ao día

Galicia continúa na influencia das altas presións e con aire cálido en superficie, aumentando o vento do nordés. A primeiras horas tivemos intervalos de nubes no terzo norte para quedar cos ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con nubes de estancamento na Mariña. As temperaturas tiveron lixeiros descensos, sobre todo na metade norte. Nas comarcas do interior e nas Rías Baixas as máximas estarán agora pola tarde por riba dos 35 graos. Os ventos, moderados do nordés, con refachos fortes no litoral entre Bares e Fisterra.

Primeiras visitas do público á Casa Cornide. Remata así o enfrontamento entre o concello da Coruña e a familia Franco, que ostenta a propiedade, e que se viu obrigada, por orde da Xunta, a permitir o acceso a un inmoble histórico declarado ben de interese cultural | Estabilizados os tres incendios declarados en Ponteceso tras calcinar 470 hectáreas. En total son máis de 1.300 hectáreas arrasadas polo lume en Galicia nos últimos días | Os votos da maioría absoluta do Partido Popular aproban hoxe, no Parlamento, o teito de gasto da Xunta para 2026. É o máis alto da historia autonómica, por riba dos 14.000 millóns de euros | A reflexión sobre os conflitos bélicos a través da arte. É un dos temas centrais da Bienal de Pontevedra, que acolle estes días obras de máis de 60 artistas contemporáneos de distintos países

Estabilizados incendios declarados en Ponteceso e en Vilardevós, os maiores rexistrados este verán. En total son máis de 1.300 hectáreas arrasadas polo lume en Galicia nos últimos días | Os votos da maioría absoluta do Partido Popular aproban hoxe, no Parlamento, o teito de gasto da Xunta para 2026. É o máis alto da historia autonómica, por riba dos 14.000 millóns de euros | A reflexión sobre os conflitos bélicos a través da arte. É un dos temas centrais da Bienal de Pontevedra, que acolle estes días obras de máis de 60 artistas contemporáneos de distintos países

Primeiras visitas do público á Casa Cornide. Remata así o enfrontamento entre o concello da Coruña e a familia Franco, que se viu obrigada permitir o acceso a un inmoble declarado ben de interese cultural | Unha masa de aire procedente de África deixa estes días boa parte do país nunha situación de altas temperaturas, que na nosa comunidade afecta principalmente ao sur | Os votos do Partido Popular aproban o teito de gasto da Xunta para 2026 | A reflexión sobre os conflitos bélicos a través da arte, na Bienal de Pontevedra

A segunda vaga de calor do verán activa a alerta en practicamente toda Galicia agás o litoral norte. O mercurio seguirá a subir nesta xornada na que o peor estará na metade do sur e no interior cos termómetros oscilando entre os 35 e os 40 graos. A vaga de calor durará polo menos ata o xoves aínda que mañá as temperaturas poderían baixar algo sobre todo polo norte.