Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Protesta de traballadores do servizo de extinción de incendios forestais, no día no que preto dun milleiro deles, fixos discontinuos, cesan no seu traballo. Din que pese a vaga de lumes deste verán, a Xunta segue a rexeitar as sua demanda de ampliar os contratos de oito a doce meses | O servizo ferroviario entre Vigo e Ourense segue suspendido tralo descarrilamento sufrido esta fin de semana por un tren de mercadorías a altura do concello das Neves. O accidente foi debido, segundo Adif, a un desprendemento polas fortes choivas | A Xunta anuncia a oferta de emprego público para este ano de 700 novas prazas de acceso libre e 300 de promoción interna. No Parlamento, o PP rexeita as enmendas de devolución dos Orzamentos | A película La Casa de la Troya cumpre cen anos. Dirixida por Alejando Pérez Lujín, a partir da novela que él mesmo escribíu, dez anos antes, sobre as súas propias vivencias como estudante universitario en Santiago. Un auténtico éxito internacional de taquilla no seu tempo, que hoxe é obxeto dunha homenaxe no ciclo Cineuropa

Os profesionais din que pese a vaga de lumes deste verán, a Xunta segue a rexeitar a súa demanda de contar cun servizo activo durante todo o ano e non limitado a oito meses| A Xunta anuncia a convocatoria de 700 prazas de acceso libre para a administración xeral. Foi durante a presentación dos orzamentos para o vindeiro ano | | Renovación a fronte da fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O cargo e ocupado primeira vez por unha muller, a ourensá Carmen Eiró. Na toma de posesión estivo Álvaro García Ortiz, Fiscal Xeral do Estado | Un desprendemento de terras polas intensas choivas. Esa é a causa que apunta ADIF sobre o descarrilamento dun tren de mercadorías o sábado á noite no concello pontevedrés das Neves. O maquinista, o único ocupante, resultou ferido

Protesta de traballadores do servizo de extinción de incendios forestais, no día no que preto dun milleiro deles, fixos discontinuos, cesan no seu traballo | O servizo ferroviario entre Vigo e Ourense, suspendido tralo descarrilamento dun tren de mercadorías | A Xunta anuncia a oferta de emprego público para este ano de 700 novas prazas de acceso libre e 300 de promoción interna |A película La Casa de la Troya cumpre cen anos. Dirixida por Alejando Pérez Lujín, a partir da novela que él mesmo escribíu, dez anos antes, sobre as súas propias vivencias como estudante universitario en Santiago

Aumento da influencia anticiclónica. Ceos parcialmente cubertos e chuvascos máis probables no terzo norte. As temperaturas mínimas descenden lixeiramente, mentres que as máximas tun lixeiro ascenso. A partir do mércores, baixada das temperaturas.

Granxas campeiras e ecolóxicas e produtores de autoconsumo adaptan os galiñeiros para cumprir a normativa de confinamento para evitar a grive aviaria. Unha situación que se nota, sobre todo, na venda de redes para facer os peches | O prezo dos ovos segue subindo anque o conxunto dos alimentos rexistra unha lixeira moderación no mes de outubro. Os datos do IPC falan dunha inflación interanual do 2´7 por cento, duas décimas por debaixo do mes anterior. A vivenda a auga e a electricidade experimentan subas por riba do sete por cento | Doce millóns de luces led esperan en máis de 400 rúas de Vigo para ser acendidas, e dar inicio ao alumeado de NAdal, que se extende a novos barrios como Bouzas, Coia ou O Calvario | Premio Grammy Latino para a pianista compostelá Isabel Dobarro, na categoría de mellor álbum de música clásica. Recoñece o seu disco Kaleidoscope, no que recolle obras de compositoras de todo o mundo

As mallas avícolas para manter illadas as galiñas de curral da aves salvaxes, son dos produtos máis demandados, a raíz do confinamento decretado para evitar a propagación da gripe aviaria | Os prezos subiron un 0,6 % en outubro respecto a setembro, aínda que a inflación interanual baixou dúas décimas, está no 2,7 % |Incautados no Porto de Vigo máis de 60.000 bolsos falsificados de marcas de luxo agochados en contedores procedentes de China | Vigo acende mañá a embemática iluminación de Nadal con 12 millóns de leds. A celebración leva este ano mercadiños e atraccións a barrios como o de Bouzas | A pianista compostelá Isabel Dobarro, gañadora do Grammy Latino ao mellor álbum de música clásica. O seu disco Kaleidoscope, reune obras dalgunhas compositoras contemporáneas ás que admira en todo o mundo

Granxas campeiras e ecolóxicas e produtores de autoconsumo adaptan os galiñeiros para cumprir a normativa de confirnamento para evitar a gripe aviaria | Os prezos subiron un 0,6 % en outubro respecto a setembro, aínda que a inflación interanual baixou dúas décimas | Doce millóns de luces led esperan en máis de 400 rúas de Vigo para ser acendidas, e dar inicio ao alumeado de Nadal | Premio Grammy Latino para a pianista compostelá Isabel Dobarro, na categoría de mellor álbum de música clásica. Recoñece o seu disco Kaleidoscope, no que recolle obras de compositoras de todo o mundo

A borrasca Claudia mantén en alerta a boa parte de Galicia por chuvascos localmente treboentos sobre todo canto máis ao oeste. Alerta tamén por ventos de forza sete en todo o litoral atlántico, con ondas de ata catro metros. Principia así unha fin de semana chuviosa e sen cambios nas temperaturas

Ríos en risco de desbordamento. O Tambre ao seu paso por Pontemaceira aumentou considerablemente o caudal, logo das precipitacións caídas nas últimas horas, igual que outros como o Xallas ou o Ulla. A Xunta ten Activado o plan Inungal |O goberno decreta o confinamento de todas as galiñas, para frear a gripe aviaria. E unha medida que xa estaba en vigor para corenta concellos galegos e que se extende agora a todalas aves de corral que se crían ao aire libre. En Galicia hai contabilizadas unhas 150.000 explotacións, anque non se ten rexistrado ata agora ningún caso de contaxio | Vigo acolle o Global Summit un evento para reflexionar sobre os desafíos económicos e tecnolóxicos do mundo actual, entre os que destaca a implantación da Intelixencia Artificial | Bandeiras suízas en Carballo. E un establecemento montado por Fillos de emigrantes. Agora reciben a moitos galegos que emigraron cando era novos e botan de menos o país de acollida, un fenómeno coñecido como a morriña inversa

Seguen as alertas pola borrasca Claudia por chuvias intensas sobre todo na fachada atlántica e na metade sur. As súas consecuencias xa se están a notar nesta suba dos caudais o que propiciou a activación do Plan Inungal | Confinadas todas as aves de curral para previr a gripe aviaria. Ante o aumento da expansión da enfermidade, o Goberno decidiu ampliar a partir de hoxe a medida a todas as granxas onde as aves se crían ao aire libre en España | Vigo acolle o Global Summit un evento para reflexionar sobre os desafíos económicos e tecnolóxicos do mundo actual, entre os que destaca a implantación da Intelixencia Artificial | A selección sub 21 de futbol está xa concentrada en Lugo para preprepar a cita de mañá contra San Marino. Un encontro valedeiro para aclasificación do europeo de 2027 |

O Tambre aumenta considerablemente o caudal, logo das precipitacións caídas nas últimas horas, igual que outros ríos como o Xallas ou o Ulla. A Xunta activa o plan Inungal | Confinadas todas as aves de curral para previr a gripe aviaria. En Galicia hai contabilizadas unhas 150.000 explotacións | | Vigo acolle o Global Summit un evento para reflexionar sobre os desafíos económicos e tecnolóxicos do mundo actual | A selección sub 21 de futbol está xa concentrada en Lugo para preprepar a cita de mañá contra San Marino | Un establecemento en Carballo, recibe a moitos galegos que emigraron de novos a Suíza, e botan de menos o país de acollida, no que se coñece como a morriña inversa

Segue a alerta por chuvias sobre sobre todo na fachada atántica e no sur. Precipitacións que poden ser localmente fortes nestas zonas. E no mar, na Costa da Morte as Rías Baixas, aviso por mar de vento de forza 7 e ondas de ata 4 metros

Os prezos dos produtos de orixe animal dispáranse nos mercados. A tenreira, ata cinco euros máis por quilo. Tamén o polo e os ovos, a catro euros e medio a ducia. Unha suba que recolle os efectos das medidas para previr enfermidades como a dermatose nodular ou a gripe aviaria | Chamamento ao diálogo por parte do Conselleiro de Sanidade ante a folga convocada na Atención primaria. Di que está disposto a negociar as medidas para facer fronte a carencia de profesionais que, advirte, será inda maior nos próximos anos ata 2029 | A aplicación Aldealista, premiada como iniciativa de emprendemento no rural, permite que máis de 60 casas abandonadas volvan ter vida en localidades de menos de 5.000 habitantes. Promovida dende o concello ourensán de San Xoan de Río, está actualmente activa en 52 países | Ilusionismo e física cuántica únense na Casa das Máquinas de Santiago, nun espectáculo de cartas para achegar ao público os misterios desta ciencia

Media Galicia en alerta pola borrasca Claudia, cunha fronte moi activa e ventos fortes con refachos que superan os 130 quilómetros por hora en Cervantes, nos Ancares, en Lugo | Os prezos dos produtos de orixe animal dispáranse nos mercados polas medidas para previr a dermatose nodular ou a gripe aviaria | O conselleiro de Sanidade ofrece “diálogo” e negociar cos sindicatos para evitar a folga en Atención Prímaria | | A aplicación Aldealista, premiada como iniciativa de emprendemento no rural, permite que máis de 60 casas abandonadas volvan ter vida en localidades de menos de 5.000 habitantes. Promovida dende o concello ourensán de San Xoan de Río, a coñecida como o Tinder das aldeas, está actualmente activa en 52 países e en 112 concellos galegos

Os prezos dos produtos de orixe animal dispáranse nos mercados polas medidas para previr a dermatose nodular ou a gripe aviaria | O conselleiro de Sanidade ofrece “diálogo” e negociar cos sindicatos para evitar a folga en Atención Prímaria | A cantidade de residuos xerados en Galicia equivale a 416 quilos por persoa ao ano, o que supón case 50 quilos por debaixo da media española | Éxito interncional do Portal Aldealista para pobos de menos de 5.000 habitantes | Ilusionismo e física cuántica unense na Casa das Máquinas, de Santiago, nun espectáculo de cartas para achegar ao público os misterios desta ciencia

Media Galicia en alerta pola borrasca Claudia, cunha fronte moi activa e estacionaria. Chove sobre todo na fachada atlántica e na metade sur. Vento con refachos que superan os 130 km por hora. As temperaturasas máximas sufren un descenso, dende os 15 graos de Santiago ata os 19 de Pontevedra

Primeiros exemplares da centola, que volve hoxe aos mercados, logo de cinco meses de veda. Con prezos altos para esta época, entre os 25 euros o quilo os machos e a 30 as femias | A factoría de Ence, en Pontevedra, parada por completo, na segunda xornada de folga, en protesta polo despedimento de 39 traballadores. Unha mobilización secundada polas empresas auxiliares, pero cuestionada dende o persoal das oficinas centrais | A poboación de Galicia segue en aumento, con 5.600 habitantes máis no último medio ano. A chegada de máis de 7.000 residentes procedentes de outros paises compensa a perda de poboación autóctona. Os extranxeiros son case o sete por cento do total | Son auténticos templos da cultura que tentan sobrevivir nun mundo marcado polas pantallas. alamos das librarías, que hoxe celebran o seu día internacional. Amosámoslles a máis antiga de Galicia e a unha xove libreira de tan só 25 anos

A nova borrasca, Claudia, deixa notar os seus efectos en forma de ventos fortes de compoñente sur, con refachos que xa teñen superado os 100 quilómetros por hora | A factoría de Ence, en Pontevedra, parada por completo, na segunda xornada de folga, en protesta polo despedimento de 39 traballadores | O Consello da Xunta aproba un proxecto de lei de saúde para evitar a violencia sobre os sanitarios. Contempla multas de entre 300 e 1.500 euros | A centola está de volta. Tras o inicio da campaña este luns, logo de cinco meses de veda, nos mercados víamos xa esta mañá os primeiros exemplares | O Ourense xogará contra o Girona na segunda volta da Copa do Rei. O Celta contra o Sant Andreu. Ó Pontevedra co Éibar, o Deportivo co Sabadell e o Rácing de Ferrol medirase co Huesca | Galicia e unha das comunidades con maior densidade de librarías por habitante. Hoxe, no Día das Librarías, quixemos coñecer a dúas novas librarías que abriron recentemente

A nova borrasca, Claudia, deixa notar os seus efectos en forma de ventos fortes de compoñente sur, con refachos que xa teñen superado os 100 quilómetros por hora | A factoría de Ence, en Pontevedra, parada por completo, na segunda xornada de folga | O Consello da Xunta aproba un proxecto de lei de saúde para evitar a violencia sobre os sanitarios | A poboación de Galicia segue en aumento, con 5.600 habitantes máis no último medio ano | O Ourense xogará contra o Girona na segunda volta da Copa do Rei. O Celta contra o Sant Andreu. Ó Pontevedra co Éibar, o Deportivo co Sabadell e o Rácing de Ferrol medirase co Huesca

Unha nova borrasca, Claudia, deixa notar os seus efectos en forma de ventos fortes de compoñente sur. Na franxa atlántica o ceo está cuberto con precipitacións, máis xeneralizadas pola tarde e persistentes e intensas pola noite. As temperaturas máximas, sen cambios