Plan de Mobilidade afecta as entradas á cidade e restrixe o tráfico no centro a só os residentes e servizos públicos. Tamén moitas rúas mudan de sentido, o que complica a circulación | o BNG volveu esixir hoxe a retirada da cruz do Castro, o máis polémico símbolo considerado franquista que queda nun lugar público da cidade | A Xunta aproba a oferta de emprego público deste ano, coa convocatoria de 1.103 prazas de emprego público, das que 800 son de acceso libre e 300 de promoción interna | Produtores de porcino reclaman un plan de continxencia e o control do xabarín ante o gromo de peste africana rexistrado na provincia de Barcelona |Citación extraordinaria para previr contaxios e hospitalizacions antes de Nadal, xa que se estima que o pico pode producirse entre finais de decembnro principios de xaneiro
Retencións e coches amoreados nas rúas do centro de Vigo, nunha xornada festiva en Portugal | Máis de 30.000 persoas entre 60 e 69 anos participan no plan especial de vacinación contra a gripe e a covid, nos hospitais | Iniciativa do BNG para reclamar a retirada de símbolos franquistas en Vigo como a Cruz do Castro | A Xunta aproba a oferta de emprego público deste ano, coa convocatoria de 1.103 prazas de emprego público | Produtores de porcino reclaman un plan de continxencia e o control do xabarín ante o gromo de peste africana rexistrado na provincia de Barcelona
Unha profunda borrasca localizada no Atlántico norte, cunha fronte activa asociada, trae precipitacións que se irán estendendo pola tarde e serán intensas e xeneralizadas xa pola noite. Nas últimas horas serán de neve nas zonas máis altas do leste. As temperaturas mínimas experimentan un lixeiro ascenso e as máximas sen demasiados cambios
Os traballadores da cerámica de Sargadelos seguen sen poder entrar ás instalacións, logo do ERTE presentado polo propietario da empresa, Segismundo García, que alega causas de forza maior, tras unha inspección de traballo rutinaria | A Consellería de Sanidade pon hoxe en marcha un novo estudo de vacinación, no que están chamadas a participar todas as persoas maiores de 60 anos. O obxectivo é avaliar a efectividade da vacina do virus sincitial para evitar problemas pulmonares graves neste grupo de poboación | Un gasto de 200 euros por persoa. E a estimación da Unión de Consumidores para este Black Friday en Galicia, cunhas vendas que xa superan ás das rebaixas de xaneiro. Advirten de estar alerta ante posibles fraudes | Compón música dende os nove anos e dende os 13 dedícase tamén a investigar sobre a física cuántica. Rakhat-Bi, coñecido como o Mozart de Kazaquistán. Comparte a sua dedicación a música de vangarda coa ciencia máis avanzada. Ofrece hoxe un concerto en Santiago
Desconcerto dos traballadores de Sargadelos, que non poden acceder á fábrica, ante o Expediente de Regulación Temporal de Emprego presentado por sorpresa polo propietario | Terceiro día do paro convocado en Atención Primaria, sumouse o persoal técnico de coidados auxiliares de enfermeria que reclaman un recoñecemento na súa categoria laboral | A partir de hoxe, toda a poboación maior de 60 anos está chamada a participar no estudo SINCIGAL. O obxectivo é avaliar a efectividade da vacina do virus respiratorio sincitial neste grupo de idade | Os galegos gastaremos ao redor de 200 euros por persoa neste Black Friday. Dende que chegou a España, as ofertas destas datas conseguiron superar en vendas a xaneiro |A física cuántica pode transformarse en música tal como demostra o investigador Rakhat-Bi, un pianista de Kazaquistán que explora as conexións entre ciencia e creación artística nunha proposta que une vangarda, investigación e virtuosismo
Desconcerto dos traballadores de Sargadelos, que non poden acceder á fábrica, ante o ERTE presentado por sorpresa polo propietario | Arranca hoxe un novo estudo de vacinación, no que están chamadas a participar todas as persoas maiores de 60 anos | Os galegos gastaremos ao redor de 200 euros por persoa neste Black Friday | Rakhat-Bi, coñecido como o Mozart de Kazaquistán. Comparte a sua dedicación a música de vangarda coa ciencia máis avanzada. Ofrece hoxe un concerto en Santiago
Suben as temperaturas, cunha fronte pouco activa que se vai achegando polo noroeste. Deixa ceos cubertos e algunha chuvia feble no litoral pola tarde. Chuvias que se extenderán o sábado e que poden acadar intensidade forte. Precipitacións que serán de neve nas montañas en cotas superiores aos 1.100 metros. E xa o domingo a chuvia irá remitindo
A vieira, un dos produtos estrela das mesas do Nadal, escasea como nunca antes máis na Ría de Arousa. Os científicos do Centro de Investigacións Mariñas e da Confraría de Cambados tratan de averiguar a causa | A conflictividade no sector sanitario con varios paros convocados nas próximas semanas, preocupa a consellería de Sanidade, ante o aumento de incidencia da gripe. Hoxe continúa a folga na atención primaria apoiada pola CIG e o sindicato médico Omega | Simulacro, na Ría de Ferrol, para poñer a proba unha nave non tripulada capaz de enfrontarse e neutralizar unha embarcación con terroristas a bordo. Tecnoloxía elaborada en Navantia dentro dun proxecto europeo para aumentar a soberanía dixital | A película Los Domingos, acapara nove nominacións aos premios Feroz que se entregarán nunha gala o 24 de xaneiro en Pontevedra. Sirat, do galego Oliver Laxe, entre as favoritas, con sete nominacións. En Series destacan Poquita Fe, e Superestar, con seis nominacións cada unha
A vieira, un dos produtos estrela das mesas do Nadal, escasea como nunca nos últimos anos na Ría de Arousa. Un estudo científico intenta averiguar por qué | Continúa a folga do persoal de atención primaria, malia que catro dos sindicatos pactaron melloras co Sergas e desconvocaron os paros. A CIG e o sindicato Omega, que son os maioritarios manteñen a protesta que rematará mañá | O conselleiro de Sanidade amosou a sua preocupación pola conflictividade laboral, nun momento de aumento da demanda asistencial pola vaga de gripe, anque destacou a baixa incidencia ata agora da folga | Xa coñecemos aos nominados aos Premios Feroz, os galardóns que outorga a crítica audiovisual. 'Los Domingos' é a película favorita con 9 nominacións. Entre as series destacan 'Poquita fe' e 'Superestar' con 6 cada unha. Por segundo ano consecutivo estes premios celebraranse en Pontevedra e poderanse seguir en directo por La 2 desta casa e por RTVE Play
A vieira, un dos produtos estrela das mesas do Nadal, escasea como nunca nos últimos anos na Ría de Arousa | A conflictividade no sector sanitario con varios paros convocados nas próximas semanas, preocupa a consellería de Sanidade | Simulacro, na Ría de Ferrol, para poñer a proba unha nave non tripulada capaz de enfrontarse e neutralizar unha embarcación con terroristas a bordo | A película Los Domingos, acapara nove nominacións aos premios Feroz que se entregarán nunha gala o 24 de xaneiro en Pontevedra
Perdemos progresivamente a influencia anticiclónica, con ventos do suroeste que traerán moita humidade á franxa atlántica con orballos na metade oeste e máis claros máis ao leste. As temperaturas máximas apenas chegan os 11 graos en Lugo e ata 16 poderían ter en Vigo
Usuarios de centros de saúde, afectados hoxe pola folga nos servizos de Atención Primaria, convocada pola CIG e o sindicato médico Omega, unha vez que o resto de centrais chegaron a un acordo coa dirección do Sergas. A Xunta rebaixa a incidencia do paro ao 6% | Galicia rexistra unha media de 21 denuncias por violencia de xénero cada día. A gran maioría presentadas polas propias vítimas. Unha avogada da quenda de oficio explícanos cómo as tecnoloxías amplifican o dano provocado polo acoso ou a difusión de imaxes íntimas | O Goberno español confía en conseguir próximamente a extradición dende Cuba de Martiño Ramos, o profesor de Ourense condenado a 13 anos de cárcere por abusos sexuais con prácticas sádicas a unha menor que era alumna súa | O restaurante Vértigo, ubicado en Sober, en plena Ribeira Sacra, a cargo do Chef Rafa Centeno, consegue unha estrela Michelin, a primeira da historia para a hostalaría da provincia de Lugo
Usuarios de centros de saúde, vense hoxe afectados pola folga nos servizos de Atención Primaria. A CIG, central maioritaria, e o sindicato médico Omega, quedan como convocantes, unha vez que o resto de sindicatos chegaron a un acordo coa consellería de Sanidade | En Galicia preséntanse unha media de 21 denuncias por violencia de xenero cada día, case unha por hora. Durante o ano pasado rexistráronse 7.602, segundo o Observatorio do Poder Xudicial, son máis que o ano anterior | Por primeira vez un restaurante da provincia de Lugo acada unha estrela Michelin. Trátase do restaurante Vértigo, situado en Sober, na Ribeira Sacra | Galicia recibíu no mes de setembro 1 millón cen mil turistas, dos que cerca de 300.000 procedían doutros países. Así o indican os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística, a partir do posicionamento de teléfonos móviles
Usuarios de centros de saúde, vense hoxe afectados pola folga nos servizos de Atención Primaria convocada pola CIG, central maioritaria, e o sindicato médico Omega | En Galicia preséntanse unha media de 21 denuncias por violencia de xenero cada día, case unha por hora | Galicia recibíu no mes de setembro 1 millón cen mil turistas, dos que cerca de 300.000 procedían doutros países. Así o indican os datos feitos públicos hoxe polo INE, a partir do posicionamento de teléfonos móbiles | O restaurante Vértigo, ubicado en Sober, en plena Ribeira Sacra, a cargo do Chef Rafa Centeno, consegue unha estrela Michelin
Quedamos xa baixo a influencia anticiclónica, ainda que feble. Néboas matinais en zonas de interior, e ceos parcialmente cubertos en xeral, con posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, máis probable na provincia da Coruña. Temperaturas sen cambios
Xornada de cadeas humanas, lecturas de manifestos, charlas e actividades de concienciación nas escolas. Actos contra a violencia machista que continuarán durante todo do día con manifestacións nas principais cidades. Todo para amosar rexeitamento contra os matratadores, e apoio ás vítimas | A violencia machista adoita ser máis dramática en zonas rurais. As mulleres, mais illadas, moitas veces normalizan o maltrato ou non se atreven a denunciar. Raquel, tras sufrir durante dous anos violencia física e psicolóxica, quixo relatarnos a súa experiencia para animar a outras mulleres | A Xunta presenta unha guía para detectar indicios de violencia de xénero dentro das empresas, unha ferramenta para os resposables da xestión empresarial, pero tamén ó resto dos empregados | A muralla de Lugo cumpre 25 anos como ben patrimonio da humanidade. Nós propoñemos unha viaxe pola historia da muralla a través do arquivo de Televisión Española
Cadeas humanas, concentracións, manifestos, música e arte nas rúas. todo para reclamar, neste 25-N, que non haxa ningunha vítima máis | A Xunta presenta unha guía para detectar indicios de violencia de xénero dentro das empresas, unha ferramenta para os resposables da xestión, pero tamén para ó resto dos empregados | | | A violencia machista adoita ser máis dramática en zonas rurais. As mulleres, mais illadas, moitas veces normalizan o maltrato ou non se atreven a denunciar | A muralla de Lugo cumpre 25 anos como ben patrimonio da humanidade o próximo 30 de novembro. Distintos actos culturais celebran ata esa data. Nós propoñemoslles unha viaxe pola historia da muralla a través do arquivo de Televisión Española
Xornada de cadeas humanas, lecturas de manifestos, charlas e actividades de concienciación nas escolas | A Xunta presenta unha guía para detectar indicios de violencia de xénero dentro das empresas | Detido na Habana, en Cuba, Martiño Ramos. Era profesor nun colexio de Ourense e estaba condenado a 13 anos de cárcere por violar e agredir físicamente a unha menor, alumna súa | Os sindicatos Comisións Obreiras, UGT e CSIF desconvocan a folga en atención primaria prevista para esta semana ao chegar a un acordo co Sergas
Intervalos de nubes e claros, con chuvascos máis probables e intensos na metade norte, que remitirán xa ó final do día. A cota de neve, situada nos 1200 metros a primeira hora subindo o longo da xornada. As temperaturas sufren un lixeiro descenso, con máximas entre os 13 graos de Santiago e os 16 de Pontevedra
A Xunta activa unha campaña especial para vacinar da gripe a toda a poboación de entre 60 e 69 anos esta fin de semana. O obxectivo, frear o avance anticipado da vaga e protexer as persoas dese grupo de idade, considerado de especial risco. Serán citadas por SMS nos centros hospitalarios en horarios especiais | A Policía Nacional sitúa en Cuba a Martiño Ramos, o profesor de música condenado a 13 anos de cárcere por violar e agredir físicamente a unha alumna en Ourense. É un dos 10 fuxitivos máis buscados de España | As bandas do leste de Europa son xa o principal reto para as forzas policiais de loita contra o narcotráfico en Galicia. Así o indica o xefe do Grupo Espacial de Crime Organizado nunha Entrevista para Radio Nacional | Calcetíns de Nadal, para a nova campaña de recollida de fondos da Federación Galega de Enfermidades Raras. Buscan apoio para as terapias e a investigación dunhas doenzas que afectan a unhas 200.000 persoas en Galicia