Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O día de Noiteboa está baixo influencia anticiclónica. Será unha xornada seca, pero moi fría e haberá xeadas durante a madrugada. Así que hoxe hai que abrigarse ben. Haberá 15 graos de máxima en Vigo, 14 en Pontevedra e un menos en Ourense. O mercurio quedarase nos 12 graos nas principais cidades da provincia da Coruña e en Lugo non chegarán aos 10 graos. Iso si, a sensación térmica será inferior polo vento, que soprará do nordés. Será moderado en xeral, con intervalos fortes no litoral atlántico.

Folga en Amazon en vésperas de Nadal. Os traballadores do almacén do Porriño, que reparte ao sur de Galicia, tentaron parar a actividade no centro loxístico reclamando melloras laborais. Aseguran que só saíron 7.000 entregas das 20.000 habituais | Hoxe entran en vigor os aranceis de entre o 22 e o 42 por cento que China lle impón aos produtos lácteos da Unión Europea. Galicia é a comunidade máis afectada. Máis que o impacto directo nas exportacións, o sector teme a entrada en España de produtos doutros países europeos | Galicia acadou xa o pico da gripe, polo que o Sergas agarda un descenso progresivo da presión asistencial coa situación xa controlada nos hospitais. Pero anima a seguir vacinándose e a protexerse fronte á gripe nestas festas de reunións familiares, porque podería haber un segundo pico | Só se pode ver cun microscopio, pero convida a pensar en grande. É a aldea máis pequena do mundo, unha idea cultural e científica que se fixo realidade en Vilagarcía

Galicia acadou o pico da gripe, polo que o Sergas agarda un descenso da presión asistencial coa situación xa controlada nos hospitais. Pero anima a seguir vacinándose, porque podería haber un segundo pico | Folga en Amazon en vésperas de Nadal. Os traballadores do almacén do Porriño, que reparte ao sur de Galicia, tentaron parar a actividade no centro loxístico | Só se pode ver cun microscopio, pero convida a pensar en grande. É a aldea máis pequena do mundo, unha idea cultural e científica que se fixo realidade en Vilagarcía

Folga en Amazon en vésperas de Nadal. Os traballadores do almacén do Porriño, que reparte ao sur de Galicia, tentaron parar a actividade no centro | Galicia é a comunidade máis afectada polos aranceis chineses aos produtos lácteos da UE | Galicia acadou xa o pico da gripe, polo que o Sergas agarda un descenso progresivo da presión asistencial coa situación xa controlada nos hospitais. Pero podería haber un segundo pico | A aldea máis pequena do mundo, unha idea cultural e científica que se fixo realidade en Vilagarcía

Seguimos en influencia das baixas presións. Espéranse ceos con intervalos nubrados e con posibilidade de chuvascos na primeira parte do día e, sobre todo, canto máis ao norte. A cota de neve sitúase sobre os mil metros. As temperaturas experimentan un lixeiro ascenso, con 14 graos de máxima en Vigo, un menos en Ourense, Pontevedra e A Coruña. O mercurio queda sobre os 10 graos en Santiago e Lugo. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, con intervalos moderados no litoral noroeste.

A lotaría de Nadal deixa máis de 90 millóns en Vigo do segundo premio, que xogaba a empresa Bimba y Lola. Moi repartido en participacións entre os traballadores, aos que lles deron libre o resto do día e arestora estano celebrando na cidade| A sorte tamén repartiu 20 series dun terceiro premio na Coruña, uns 10 millóns de euros, e houbo afortunados en Lugo, Ourense e Pontevedra. Galicia xogou neste sorteo 226 millóns de euros | Esta tarde pasará a disposición xudicial o mozo que presuntamente atacou á súa compañeira de piso esta fin de semana na Coruña | O Xulgado de Ferrol descarta procesar ao exconselleiro do Mar, Alfonso Villares, por agresión sexual. A maxistrada dá por finalizadas as dilixencias de investigación e pecha o sumario. Agora a causa será remitida á Audiencia Provincial

Nubes e claros e algúns chuvascos illados, ocasionalmente treboentos. Hai alerta amarela en todo o litoral por ondas que poden chegar aos 5 metros. A neve que tinguiu de branco boa parte da comunidade este domingo caerá só nos cumios máis altos, en torno aos 1.000 metros. As temperaturas subiron e nótase sobre todo nas máximas que oscilarán entre os 9 graos previstos en Lugo aos 13 que acadarán na Coruña ou Vigo.

O mal estado do mar complica a campaña do percebe para o Nadal. Nas rochas do Roncudo, en Corme, din que as capturas non acadan o tope de seis quilos diarios | A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, rexeita as acusacións de acoso laboral de dúas exconcelleiras. Os populares no Concello piden que a dirección socialista reclame a sua dimisión como fixeron no caso de Barbadás | Planificar o menú cunha lista da compra estricta, calcular as cantidades en función dos comensais e axustar as racións. Consellos dunha campaña da Xunta, con receitas especiais para reducir o desperdicio alimentario no Nadal | A Irmandade das Estrelas, o álbum de Carlos Núñez que marcaría un fito na súa carreira e que o levou a encher estadios en todo o mundo coa música galega por bandeira, cumpre 30 anos. O gaiteiro vigués celébrao cunha xira que arranca en Ourense

En alerta laranxa por ondas de ata 6 metros, os percebeiros do Roncudo non desbotan que os prezos, que agora rondan os 200 euros o quilo, cheguen a duplicarse | Polémica no Concello da Coruña logo de que dúas exconcelleiras socialistas presentaran denuncias por acoso laboral, vía canle interna do partido, contra a alcaldesa Inés Rey. Ela Di que todo e mentira e que non vai presentar dimisión | A Xunta pon en marcha unha campaña para reducir o desperdicio alimentario no Nadal, con consellos culinarios e receitas para sacar o máximo proveito ás sobras | Carlos Núñez comeza hoxe en Ourense unha nova xira. Antes estivo no noso centro territorial para contarnos as novidades que trae e para celebrar o 30 aniversario do seu mítico disco "A irmandade das estrelas" |

O mal estado do mar complica a campaña do percebe para o Nadal | A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, rexeita as acusacións de acoso laboral de dúas exconcelleiras | A universidade de Santiago aproba o acordo para a descentralización do grao de medicina | A Xunta pon en marcha unha campaña para reducir o desperdicio alimentario no Nadal, con consellos culinarios e receitas para sacar o máximo proveito ás sobras | En Vigo comeza o reparto da campaña "Cada neno un xoguete", que prevé entregar máis de 23.000 agasallos a familias con poucos recursos | A Irmandade das Estrelas, o álbum de Carlos Núñez que marcaría un fito na súa carreira cumpre 30 anos. O gaiteiro vigués celébrao cunha xira que arranca en Ourense

Tempo seco hoxe, con alerta laranxa no mar. A partir de mañá agardamos que volvan as chuvias. Baixarán as temperaturas pola entrada dunha masa polar e tamén descenderá a cota de neve na madrugada do sábado ao domingo. Mesmo poderían nevar en cotas dos 600 a 700 metros

O marisco, cada vez máis caro nos mercados, cara o Nadal. A escaseza dalgúns produtos como é o caso do percebe, ameixa ou a vieira, fai disparar os prezos que se espera sigan subindo ao longo da próxima semana | A incidencia da gripe fai aumentar as hospitalizacións, nuns centros xa sobrecargados pola folga da semana pasada, que empezan a reprogramar intervencións | Protesta de Traballadores de Centros Comerciais e grandes distribuidores contra a sobrecarga de traballo que sofren na campaña de Nadal. Denuncian que as empresas suprimen horas de descanso e de conciliación en vez de contratar máis reforzos | A desfeita na tanda de penaltis contra o Albacete, remata a andaina do Celta na Copa. O Ourense aspira hoxe a unha nova xesta fronte ao Atletic de Bilbao, o segundo equipo con máis títulos nesta competición. Unha cita, no estadio do Couto, con récord histórico de 7.500 entradas vendidas

A incidencia da gripe fai aumentar a presión asistencial nos hospitais, xa sobrecargados pola folga da semana pasada, e que empezan a reprogramar intervencións cirúrxicas| No PSdeG continúa a convulsión interna a consecuencia do caso Tomé. O alcalde de Ares lanza duras críticas e pediu dimisións en bloque na dirección do partido | O persoal dos centros comerciais e grandes distribuidores denuncia sobrecarga de traballo, falla de descanso e non poder conciliar porque as súas empresas non contratan suficientes reforzos para a repunta de actividade destas datas | Queda menos dunha semana para Noiteboa e o prezo do marisco dispárase nos percados. A escaseza dalgúns produtos como é o caso do percebe, ameixa ou a vieira, fai disparar os prezos que se espera sigan subindo ao longo da próxima semana | En Vigo, o colapso administrativo do Concello obriga a moitos usuarios a pasar a noite á intemperie para poder obter unha cita no padrón

A incidencia da gripe aumenta a presión asistencial nos hospitais, xa sobrecargados pola folga da semana pasada | Continúa a convulsión interna no PSdeG-PSOE. O alcalde de Ares lanza duras críticas e pediu dimisións en bloque na dirección do partido pola xestión do caso Tomé | O marisco, cada vez máis caro nos mercados, cara o Nadal. A escaseza dalgúns produtos como é o caso do percebe, ameixa ou a vieira, fai disparar os prezos | Protesta de Traballadores de Centros Comerciais e grandes distribuidores contra a sobrecarga de traballo que sofren na campaña de Nadal | En Vigo, o colapso administrativo do Concello obriga a moitos usuarios a pasar a noite á intemperie para poder obter unha cita no padrón

Entra unha nova fronte atlántica. Toda a costa en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros. En terra tamén avisos por vento e por chuvias que poden descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra

O Secretario Xeral dos socialistas galegos, Gómez Besteiro, sometido a una presión cada vez maior polo caso Tomé. Anuncia accións legais contra o programa de televisión que o acusa de desatender ás denunciantes de acoso sexual. O alcalde de Barbadás négase a dimitir tras outra denuncia na canle interna socialista, por suposto acoso laboral | Cando queda apenas unha semana para a noiteboa, abre hoxe na Ría de Arousa a campaña da Vieira, un dos produtos máis aprezados na mesa do nadal. Unha campaña marcada pola escaseza dese marisco. e durará apenas tres días | Profesores de toda Galicia participan en Santiago nunha multitudinaria manifestación, na segunda xornada da folga do Ensino público non Universitario, convocada pola CIG e STEG. A Consellería de Educación rebaixa o seguemento ao 10 por cento | O Deportivo protagoniza outra fazaña do futbol galego na Copa ao derrotar ao Mallorca en Riazor. Un gol do canteirán NOé Carrillo vale a clasificación para oitavos de final