Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Entre aplausos e como heroes eran recibidos na Coruña trinta dos policías galegos destacados en Cataluña // A empresa de Padrón Aluminios Cortizo segue medrando e vai crear un campus tecnolóxico onde investigarán 350 enxeñeiros e arquitectos // Pontevedra limita a dez quilómetros por hora a velocidade máxima de todo tipo de vehículos nas rúas que compartan cos peóns. (22/10/19)

Xornada solleira, agás no terzo norte, onde os ceos están máis anubrados, e no leste, onde aumentará a nubosidade pola tarde con posibilidade dalgún chuvasco disperso. As temperaturas mínimas foron máis baixas esta noite con xeadas no interior e as máximas han subir. Oscilarán entre os 15 graos previstos en Lugo e os 19 que se agardan en Pontevedra. (22/10/19)

A empresa de Padrón Aluminios Cortizo segue medrando e vai crear un campus tecnolóxico onde investigarán 350 enxeñeiros e arquitectos // Unha empresa funeraria de Becerreá, en Lugo, é a encargada da exhumación dos restos de Francisco Franco do Valle dos Caídos o próximo xoves // Entre aplausos e como heroes eran recibidos na Coruña trinta dos policías galegos destacados en Cataluña // Pontevedra limita a dez quilómetros por hora a velocidade máxima de todo tipo de vehículos nas rúas que compartan cos peóns // Un cento de empresas buscan captar talento en Galicia nun foro no que se ofertan mil postos de traballo de media e alta cualificación // O mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, en Ourense, acolle unha exposición antolóxica de Acisclo Manzano. (22/10/19)

Concentracións nas comisarías de Policía Nacional galegas en apoio aos axentes feridos nos disturbios de Barcelona, na de Vigo participou a nai do axente galego que segue grave // Arranca na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo contra a muller acusada de matar aos dous anciáns que coidaba en Arzúa // O Celta roza os postos de descenso, logo de colleitar unha nova derrota fóra da casa // O Deportivo perde contra o Málaga e queda colista da Segunda División, mentres que o Lugo acada a segunda vitoria no que vai de liga // Comeza en Santiago a semana de cine euroárabe Amal, unha ollada cinematográfica á vida en lugares coma Siria, Líbano ou Arxelia. (21/10/19)

Concentracións nas comisarías de Policía Nacional galegas en apoio aos axentes feridos nos disturbios de Barcelona, na de Vigo participou a nai do axente galego que segue grave // Abren en Lugo as Aulas Newton, unha iniciativa para promover o interese dos estudantes de secundaria polas carreiras tecnolóxicas // Comeza en Santiago a semana de cine euroárabe Amal, unha ollada cinematográfica á vida en lugares coma Siria, Líbano ou Arxelia. (21/10/19)

Concentracións nas comisarías de Policía Nacional galegas en apoio aos axentes feridos nos disturbios de Barcelona, na de Vigo participou a nai do axente galego que segue grave // Arranca na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo contra a muller acusada de matar aos dous anciáns que coidaba en Arzúa // O Celta roza os postos de descenso, logo de colleitar unha nova derrota fóra da casa // O Deportivo perde contra o Málaga e queda colista da Segunda División, mentres que o Lugo acada a segunda vitoria no que vai de liga // Comeza en Santiago a semana de cine euroárabe Amal, unha ollada cinematográfica á vida en lugares coma Siria, Líbano ou Arxelia. (21/10/19)

Comezamos a semana con ventos do norte e aínda certa inestabilidade. Día de ceos parcialmente cubertos con chuvascos, máis frecuentes na metade norte e que poderán deixar algunha folerpa de neve nos cumios máis altos de Galicia. As temperaturas descenden lixeiramente, con máximas que nas cidades oscilarán entre os 18 graos de Vigo e Pontevedra e os 14 de Lugo e Santiago. (21/10/19)

Toyota vai construir na planta de PSA CITROEN de Vigo a sua nova furgoneta Proace City // Cada ano diagnostícanse  en Galicia uns 4.500  casos de cancro de mama, unha doenza que vai padecer unha de cada oito mulleres ao longo da súa vida // Cúmprense trinta anos da concesión do Premio Nobel de Literatura a Camilo José Cela. 18/10/19

Toyota vai construir na planta de PSA CITROEN de Vigo a sua nova furgoneta Proace City // O xurado popular acaba de declarar culpable de asasinato, por unanimidade, ao acusado polo crime machista de Becerreá // Cada ano diagnostícanse  en Galicia uns 4.500  casos de cancro de mama, unha doenza que vai padecer unha de cada oito mulleres ao longo da súa vida // O sector sanitario reflexiona sobre cómo axudar aos lesionados medulares a vencer a sensación de impotencia e tomar o control das súas vidas // Os atletas galegos Ana Peleteiro e Adrián Ben prestarán a sua imaxe para a campaña da Xunta contra a violencia de xénero // Cúmprense trinta anos da concesión do Premio Nobel de Literatura a Camilo José Cela // Mondoñedo celebra as afamadas festas das San Lucas cos cabalos como protagonistas. 18/10/19

A fin de semana chega acompañada dunha fronte fría que xa esta tarde-noite deixará chuvias que serán máis intensas na fachada atlántica. As temperaraturas baixan lixeiramente. As máximas oscilarán entre os 15 graos de Lugo e os 18 da Coruña. Temperaturas que seguirán en descenso durante o sábado e o domingo, cando agardamos chuvascos con saraiba e mesmo neve en cotas altas. 18/10/19

A xunta aproba o proxecto de orzamentos para o próximo ano // Un de cada catro galegos está en risco de pobreza ou exclusión social // A fervenza do Ézaro, a rebordar polas chuvias de récord que se rexistraron no suroeste da provincia coruñesa nas últimas horas. 17/10/19

A xunta aproba o proxecto de orzamentos para o próximo ano // Un de cada catro galegos está en risco de pobreza ou exclusión social // As probas periciais e os testemuños dos gardas civís desmontan a versión do disparo accidental que deu o acusado polo crime machista de Becerreá // A multinacional de venda por internet Amazon abre hoxe no Porriño o seu primeiro centro loxístico para o noroeste de España // En toda Galicia retiráronse 15.000 niños de avespa velutina ete ano e aínda quedan outros dez mil localizados // A fervenza do Ézaro, a rebordar polas chuvias de récord que se rexistraron no suroeste da provincia coruñesa nas últimas horas. 17/10/19

O temporal remitiu e con el as chuvias que aínda tivemos nalgúns puntos durante a mañá. Pola tarde mesmo se poderían abrir algúns claros. O vento arreciará no litoral con algúns refachos fortes ao norte en Bares. As temperaturas máximas soben sobre todo en zonas altas do interior. Oscilarán entre os 17 graos previstos en Santiago e os 21 que agardan en Ourense. 17/10/19

Máis dun milleiro de veciños das Pontes e das comarcas próximas oncéntranse diante do congreso pola continuidade da central térmica de Endesa // O acusado de matar á súa muller en 2016 en Becerreá en presenza dos dous fillos dela di no xuízo que se lle disparou a escopeta // Hoxe póñense á venda en Galicia as viaxes do Imserso para 68.000 persoas maiores. 16/10/19

Máis dun milleiro de veciños das Pontes e das comarcas próximas van cara a Madrid en autobuses para concentrarse esta tarde diante do congreso pola continuidade da central térmica de Endesa // O acusado de matar á súa muller en 2016 en Becerreá en presenza dos dous fillos dela di no xuízo que se lle disparou a escopeta // Ourense revisará a decisión de anular a protección da Policía Local ás vítimas de violencia de xénero // Acordo entre as partes no xuizo a seis membros do clan dos Morons por un altercado ocorrido en Tui hai cinco anos // Hoxe póñense á venda en Galicia as viaxes do Imserso para 68.000 persoas maiores // 14.000 escolares galegos aprenden a reanimar a persoas con paro cardíaco. 16/10/19

Media Galicia está en alerta pola borrasca que nos deixou xa refachos de vento de ata 130 km por hora en Viveiro e moita chuvia. Tanta que boa parte da provincia da Coruña ten aviso laranxa porque se poden acumular ata 80 litros por metro cadrado en doce horas. Ao mediodía en puntos coma Lousame xa superaron os 70 litros. Un temporal que fixo subir as temperaturas e que amainará cara ao final do día. 16/10/19

Máis dun cento de camioneiros parten das Pontes cara a Madrid para participar na concentración de mañá diante do Congreso contra o peche da central térmica // A Xunta preséntalle á patroal e aos sindicatos as liñas xerais dos orzamentos para o ano que vén, que contemplan unha suba salarial do 2,2% para os funcionarios // Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller Rural, que pon en valor o papel das mulleres empresarias nas zonas rurais. 15/10/19