Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Aperta a calor en toda Galicia, con máximas que superan os 30 graos desde a Mariña de Lugo a Pontevedra ou en Arnoia en Ourense onde teñen arestora a temperatura máis alta de Galicia | Trala semana de investidura, Alfonso Rueda tomará mañá posesión como presidente da Xuntanun acto solemne en San Domingos de Bonaval, en Santiago | A inflación sitúase en marzo en Galicia no tres e medio por cento, tres décimas máis que na media do estado. Débese, principalmente, á suba do prezo da luz, as gasolinas e a vivenda | Este domingo estrea disco na Coruña Xabier Díaz. "Axúdame a sentir", once cancións de autor, con instrumentos novos, coma a guitarra eléctrica, e outros de sempre, coma a pandeireta , instrumento fundamental para este compositor. 12-04-2024

É a quenda dos grupos parlamentarios na sesión de investidura do presidente da Xunta. PSOE e BNG propóñenlle a Rueda acordos de país sobre sanidade, vivenda ou enerxía | O Consello Económico e Social de España presentou esta mañá en Vigo un informe sobre o sector pesqueiro e acuícola no que propón medidas para equilibrar o negocio pesqueiro coa sostibilidade ambiental e as condicións laborais | O Nadador paralímpicoChano Rodríguez anuncia a súa retirada tras dar positivo por dopaxe. Asume a sanción e espera que o positivo non afecte ao deporte paralímpico. 11-04-2024

Nuns minutos retómase no Parlamento a sesión do debate de investidura do Presidente da Xunta. Alfonso Rueda vai contestar aos portavoces dos grupos parlamentarios | En Vilagarcía pasou a disposición xudicial o histórico narco Juan Manuel Vidal Padín. Foi detido este martes pola súa presunta implicación no caso do narcosubmarinoPoseidón | Primavera, sinónimo de alerxias | O Nadador paralímpicoChano Rodríguez anuncia a súa retirada tras dar positivo por dopaxe. 11-04-2024

Seguen a subir as temperaturas. Hoxe con máximas que oscilarán entre os 25 e os 30 graos. Temperaturas que contrastan cunhas noites que aínda son frías. Diferenzas entre o día e a noite que poden superar os 20 graos en moitos puntos. Un día máis, os ceos están despexados con algunhas nubes altas. Á noite poden entrar néboas costeiras polo litoral norte. 11-04-2024

Nuns minutos retómase no Parlamento a sesión do debate de investidura do Presidente da Xunta. Alfonso Rueda vai contestar á primeira rolda de intervencións dos portavoces dos grupos parlamentarios | En Vilagarcía de Arousa pasou a disposición xudicial o histórico narco Juan Manuel Vidal Padín, alcumado O Burro. Foi detido este martes pola súa presunta implicación no caso do narcosubmarinoPoseidón | Primavera, sinónimo de alerxias. Cada vez afectan a máis persoas, son máis graves e aparecen a idades máis avanzadas | O Nadador paralímpicoChano Rodríguez anuncia a súa retirada tras dar positivo por dopaxe. Asume a sanción e espera que o positivo non afecte ao deporte paralímpico. 11-04-2024

Entra aire cálido que fai que empecen as subir as temperaturas de xeito notable e que serán de auténtico verán nos próximos días, sobre todo na xornada do venres. De momento hoxe oscilarán as máximas entre os 19 graos previstos na Coruña e os 24 que agardan en Ourense. 10-04-2024  

Con Teresa Portela como bandeira, a xeración de ouro do piragüismo galego saca billete para os xogos olímpicos de París. No selectivo de Pontevedra clasificáronse hoxe Antía Jácome e Carolina García | Tamén os deportistas paralímpicos están na carreira cara a París. Hoxe presentáronse en Santiago os 21 galegos preseleccionados | Na paréntese do debate de investidura de Alfonso Rueda, o PP e os grupos da oposición móstranse abertos a pactos políticos, pero desconfían de que se chegue a acordos | Hoxe é o aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo, que foi coñecido como 'patriarca das letras galegas'. Lembramos o escritor da Xeración Nós, tamén xeógrafo, docente e político galeguista, da man da Fundación Otero Pedrayo, que manten vivo o seu legado na casa museo de Trasalba. 10-04-2024  

A xeración de ouro do piragüismo galego saca billete para os xogos olímpicos de París. No selectivo de Pontevedra clasificáronse hoxe Antía Jácome e Carolina García | Tamén os deportistas paralímpicos están na carreira cara a París | O PP e os grupos da oposición móstranse abertos a pactos políticos, pero desconfían de que se chegue a acordos | Hoxe é o aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo, que foi coñecido como 'patriarca das letras galegas'. Lembramos o escritor da man da Fundación Otero Pedrayo, que manten vivo o seu legado na casa museo de Trasalba. 10-04-2024

Con Teresa Portela como bandeira, a xeración de ouro do piragüismo galego saca billete para os xogos olímpicos de París. No selectivo de Pontevedra clasificáronse hoxe Antía Jácome e Carolina García | Na paréntese do debate de investidura de Alfonso Rueda, o PP e os grupos da oposición móstranse abertos a pactos políticos, pero desconfían de que se chegue a acordos | A Federación Camiño Francés, que agrupa as asociacións de amigos da principal ruta de peregrinación, alerta das graves consecuencias que tería a macro planta de celulosa de Altri. 10-04-2024         

Oferta dun pacto pola industria e a enerxía, anuncios de novas rebaixas fiscais e cambios no organigrama da Xunta. É o discurso co que Alfonso Rueda abriu hoxe, ante o pleno do Parlamento a sesión de investidura | A oposición adiantou xa os motivos do seu voto negativo, por considerar o discurso de Rueda foi decepcionante, centrado en criticar ao goberno central e sen proxecto de país | Nace en Galicia Feeberse, unha nova rede social orientada ao mundo do fútbol. Foi creada por un grupo de emprendedores de Vigo e presentada hoxe en Pontevedra | Santiago é a terceira cidade de España que recicla máis vidro, segundo os datos da entidade xestora Ecovidrio. No conxunto de Galicia, este material reciclado durante o ano pasado ascende a 50.000 toneladas. 09-04-2024

Quedamos baixo a influencia das altas presións centradas sobre o noroeste peninsular. Tan só algún chuvasco residual no norte e néboas en comarcas do interior a primeiras horas, que se foron disipando e quedando os ceos máis abertos no sur. As temperaturas mínimas descenderon durante a madrugada e as máximas van en lixeiro ascenso, ata 17 graos en Vigo e A Coruña e 18 en Ourense. 09-04-2024

Oferta dun pacto pola industria e a enerxía, anuncios de novas rebaixas fiscais e cambios no organigrama da Xunta. É o discurso co que Alfonso Rueda abriu hoxe a sesión de investidura | A oposición adiantou xa os motivos do seu voto negativo, por considerar o discurso de Rueda foi decepcionante | Nace en Galicia Feeberse, unha nova rede social orientada ao mundo do fútbol creada por un grupo de emprendedores de Vigo | Santiago é a terceira cidade de España que recicla máis vidro, segundo de Ecovidrio. 09-04-2024

Oferta dun pacto pola industria e a enerxía, anuncios de novas rebaixas fiscais e cambios no organigrama da Xunta | A oposición considera que o discurso de Rueda foi decepcionante, centrado en criticar ao goberno central e sen proxecto de país | Nace en Galicia Feeberse, unha nova rede social orientada ao mundo do fútbol. Foi creada por un grupo de emprendedores de Vigo | Santiago é a terceira cidade de España que recicla máis vidro. No conxunto de Galicia, este material reciclado durante o ano pasado ascende a 50.000 toneladas. 09-04-2024

A eclipse solar será visible hoxe, de xeito parcial, dende o litoral atlántico, e algo menos na Mariña de Lugo. O fenómeno astronómico comenzará arredor das 21.00 horas e poderá apreciarse apenas unspoucos minutos. | Navéspera da sesión de investidura, Alfonso Rueda di estar disposto a tender a manaos grupos da oposición para chegar a acordos de país. Nacionalistas e socialistas propoñen, polasua parte, que un desesacordos pase por chegar a unha postura común sobre o macroproxecto de Altri en Palas de Rei| As obras de reforma na estación de Chamartín, levan a cambiar os horarios e reducir as frecuencias dos trens de conexión de Galicia con Madrid. Renfe indica que o número total de prazas en oferta será a mesmagrazas á circulación de trens en dobre composición| Na Coruña está abertaunha nova edición do forum gastronómico, punto de encontro entre os profesionais e afeccionados á boa mesa. O eixo central, a despensa atlántica, da que os nososcociñeiros con estrelainvitannos a presumir. 08-04-2024

Na costa atlántica poderase ver un dos fenómenos astronómicos máis atractivos, unha eclipse solar arredor das 21.00 ata que chegueo ocaso. A imaxepoderase apreciar de maneira parcial e algo menos na Mariña. As previsións do tempo son favorables| Alfonso Rueda di estar disposto a tender a manaos grupos da oposición para chegar a acordos de país|As obras de reforma na estación de Chamartín, levan a cambiar os horarios e reducir as frecuencias dos trens de conexión de Galicia con Madrid| Abertana Coruña unha nova edición do forum gastronómico, punto de encontro entre os profesionais e afeccionados á boa mesa. O eixo central, a despensa atlántica. 08-04-2024

O espectáculo da eclipse solar será visible hoxe en Galicia de maneira parcial. O litoral atlántico e a Mariña de Lugo, serán os únicos puntos onde se poderá apreciar o fenómeno astronómico, arredor das 21.00 horas e durante poucos minutos. As previsións do tempo indican que as condicións serán favorables| O servizo de trens entre Galicia e Madrid vaise reorganizar temporalmente por mor das obras que Adif está a realizar en Chamartín, para transformar e modernizar a estación. Durarán ata o mes de xullo| Pendente de pasar a disposición xudicial un veciño do barrio de Coia, en Vigo,detido como presunto autor da mortedoutro home dun disparo na cara a noite do sábado. A policía investiga se ten relación co tráfico de drogas. 08-04-2024

No que vai de ano, en Galicia os accidentes laborais custáronlle a vida a nove traballadores. Unhas mortes que os sindicatos relacionan coa falta de formación e a precariedade laboral | A Fundación Amancio Ortega entrega á Xunta en Lugo unha residencia de maiores de 120 prazas que custou 25 millóns de euros. É a segunda das sete residencias que a fundación lle vai doar á administración autonómica | O primeiro río de España que ten dereitos recoñecidos oficialmente. Trátase do río Tins, no municipio coruñés de Outes. 05-04-2024

Xornada de transición na que chegará unha nova fronte pola noite que vai cubrir os ceos na metade oeste, con algunhas chuvias no litoral. No leste, nubes e claros, con máis nubes pola mañá. Á noite virán as chuvias, máis intensas na franxa atlántica. As temperaturas soben lixeiramente e os ventos serán fortes do sur durante todo o día. 05-04-2024

A Ribeira Sacra, de novo candidata a ser considerada patrimonio mundial. O consello de patrimonio histórico español escolleu este mediodía a proposta galega | No que vai de ano, os accidentes laborais custáronlle a vida a nove traballadores | A Fundación Amancio Ortega entrega á Xunta en Lugo unha residencia de maiores de 120 prazas. É a segunda das sete que a fundación lle vai doar á administración autonómica | O primeiro río de España que ten dereitos recoñecidos oficialmente. Trátase do río Tins, no municipio coruñés de Outes. 05-04-2024

A Ribeira Sacra, de novo candidata a ser considerada patrimonio mundial. O consello de patrimonio histórico español escolleu este mediodía, por unanimidade, a proposta galega | No que vai de ano, en Galicia os accidentes laborais custáronlle a vida a nove traballadores. Unhas mortes que os sindicatos relacionan coa falta de formación e a precariedade laboral | A Fundación Amancio Ortega entrega á Xunta en Lugo unha residencia de maiores de 120 prazas que custou 25 millóns de euros. É a segunda das sete residencias que a fundación lle vai doar á administración autonómica | O primeiro río de España que ten dereitos recoñecidos oficialmente. Trátase do río Tins, no municipio coruñés de Outes. Unha declaración deste concello recoñece o seu dereito a non ser contaminado ou danado por actividades humanas. 05-04-2024