Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Desartellada unha organización dirixida desde Ourense que subministraba lanchas e motores aos narcos que operan no Estreito de Xibraltar e que as empregaban tamén para o tráfico ilegal de inmigrantes | Cada vez é máis difícil atopar vivenda en aluguer, a pesar de que Galicia é a comunidade do estado con máis pisos baleiros. En cambio, dispáranse os pisos turísticos | Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata 2025 | Unha exposición diferente. As protagonistas son usuarias dunha residencia para persoas con discapacidade física de Bóveda, en Lugo. 19-04-2024

Desartellada unha organización dirixida desde Ourense que subministraba lanchas e motores aos narcos que operan no Estreito de Xibraltar | Cada vez é máis difícil atopar vivenda en aluguer, a pesar de que Galicia é a comunidade do estado con máis pisos baleiros. En cambio, dispáranse os pisos turísticos | Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata 2025 | Unha exposición diferente. As protagonistas son usuarias dunha residencia para persoas con discapacidade física de Bóveda, en Lugo. 19-04-2024

Preocupación na ría de Arousa pola caída na produción de marisco, que está a provocar ceses de actividade e redución de persoal nas confrarías | Hoxe puxéronse á venda os billetes para viaxar entre Galicia e Madrid nos novos trens Avril | Case 20.000 alegacións contra a instalación dunha fábrica de celulosa e fibras téxtiles en Palas de Rei. É a estimación da plataforma Ulloa Viva | Radio 5 Todo Noticias cumpre hoxe 30 anos. Tres décadas de servizo público da que foi a primeira emisora en España dedicada integramente á información. 18-04-2024

Preocupación na ría de Arousa pola caída na produción de marisco, que está a provocar ceses de actividade e redución de persoal nas confrarías. Piden a rexeneración dos bancos marisqueiros e o saneamento integral da ría | Hoxe puxéronse á venda os billetes para viaxar entre Galicia e Madrid nos novos trens Avril, que está previsto que comecen a funcionar dentro dun mes, o 21 de maio | Case 20.000 alegacións contra a instalación dunha fábrica de celulosa e fibras téxtiles en Palas de Rei. É a estimación da plataforma Ulloa Viva, que nos explica os motivos polos que se opoñen ao proxecto | Radio 5 Todo Noticias cumpre hoxe 30 anos. Tres décadas de servizo público da que foi a primeira emisora en España dedicada integramente á información. 18-04-2024

Seguimos con ceos despexados, hoxe con algúns cambios nas temperaturas. As nocturnas foron algo máis baixas, con mínimas por baixo dos cero graos en Lalín e con máximas que empezan a subir. Quedarán ao redor dos 20 graos polo norte e polo sur xa poderían pasar dos 25. Segue o nordés, con refachos fortes na costa da Coruña. 18-04-2024

Preocupación na ría de Arousa pola caída na produción de marisco, que está a provocar ceses de actividade e redución de persoal nas confrarías | Hoxe puxéronse á venda os billetes para viaxar entre Galicia e Madrid nos novos trens Avril | Case 20.000 alegacións contra a instalación dunha fábrica de celulosa e fibras téxtiles en Palas de Rei | Radio 5 cumpre 30 anos. Foi a primeira emisora en España dedicada integramente á información. 18-04-2024

Juan Carlos Santorum, no banco dos acusados. É o presunto líder da organización que tentou introducir en Galicia case catro toneladas de cocaína, en 2020, incautadas a bordo dun remolcador | Desde este mediodía, o rei emérito está de novo en Sanxenxo. Segunda visita a Galicia este ano, unha vez máis para participar nas regatas da fin de semana | Vivendas de cen metros e tres habitacións. Son as máis demandadas e din os promotores inmobiliarios que non se poden facer por menos de 250.000 euros | Un paseo pola natureza a través da poesía de Rosalía de Castro. A súa flor favorita era o pensamento, pero a máis citada na súa obra é a rosa. Profesores da Universidade de Santiago reuniron todas as flores e as plantas rosalianas. 17-04-2024

Juan Carlos Santorum, no banco dos acusados. É o presunto líder da organización que tentou introducir en Galicia case catro toneladas de cocaína, en 2020, incautadas a bordo dun remolcador | Desde este mediodía, o rei emérito está de novo en Sanxenxo. Segunda visita a Galicia este ano, unha vez máis para participar nas regatas da fin de semana | Espertar o interese da rapazada pola ciencia ofrecéndolles mesmo a oportunidade de traballar cos investigadores. É o obxectivo dun programa destinado a alumnos de 3º da ESO no que colaboran o CSIC. 17-04-2024    

Juan Carlos Santorum, no banco dos acusados. É o presunto líder da organización que tentou introducir en Galicia case catro toneladas de cocaína, en 2020 | Desde este mediodía, o rei emérito está de novo en Sanxenxo | Vivendas de cen metros e tres habitacións. Son as máis demandadas e din os promotores inmobiliarios que non se poden facer por menos de 250.000 euros | Un paseo pola natureza a través da poesía de Rosalía de Castro. 17-04-2024

Seguimos con tempo seco e solleiro e con ventos do nordés, fortes na costa atlántica. Ceos, en xeral, despexados, agás na Mariña onde poden ter algún orballo e nubes de estancamento. As temperaturas mínimas baixaron e as máximas han quedar en valores semellantes aos destes días. No norte oscilarán entre os 17 e os 20 graos e polo sur roldarán os 25. 17-04-2024

Primeiro incendio forestal de consideración do ano en Galicia. Declarouse onte á tarde en Crecente, en Pontevedra, e arrasou 170 hectáreas de terreo| Outro incendio, este nunha vivenda do Valadouro, en Lugo, cobrouse a vida de dúas persoas, nai e filla, de 77 e 50 anos. A Garda Civil investiga as causas que orixinaron o lume | Pleno de apertura da nova lexislatura esta mañá no Parlamento Galego. O presidente da Cámara reivindicou a cordura política fronte á crispación e os populismos extremistas | Shakira e Fraga. Son os nomes das dúas aguias que está a empregar o Porto de Vigo para loitar contra as gaivotas e que non interfiran nas descargas e na actividade das lonxas. 16-04-2024

Segue a refrescar. Hoxe con máximas que oscilarán entre os 15 graos previstos en Lugo e os 22 graos que agardan en Pontevedra e Ourense, onde están os ceos máis abertos. Máis nubes no norte, con posibilidade dalgún orballo na Mariña e con nordés, que soprará con forza na costa. 16-04-2024

Primeiro incendio forestal de consideración do ano en Galicia. En Crecente, en Pontevedra, e arrasou 170 hectáreas | Outro incendio, nunha vivenda do Valadouro, en Lugo, cobrouse a vida de dúas persoas, nai e filla, de 77 e 50 anos | Pleno de apertura da nova lexislatura no Parlamento Galego. O presidente da Cámara reivindicou a cordura política fronte á crispación e os populismos extremistas | Dúas aguias traballan no Porto de Vigo para que as gaivotas non interfiran nas descargas e na actividade das lonxas. 16-04-2024

Primeiro incendio forestal de consideración do ano en Galicia. En Crecente, en Pontevedra, e arrasou 170 hectáreas | Outro incendio, nunha vivenda do Valadouro, en Lugo, cobrouse a vida de dúas persoas, nai e filla, de 77 e 50 anos | Pleno de apertura da nova lexislatura no Parlamento Galego. O presidente da Cámara reivindicou a cordura política fronte á crispación e os populismos extremistas | Dúas aguias traballan no Porto de Vigo para que as gaivotas non interfiran nas descargas e na actividade das lonxas. 16-04-2024

Primeiro consello da Xunta do novo goberno de Alfonso Rueda, cos 12 conselleiros que hoxe tomaron posesión. Hai catro caras novas, que levarán as competencias de cultura e lingua, medio rural, vivenda e infraestruturas e Sanidade | O sector do mar e as plataformas en defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva alegarán contra o proxecto de celulosa de Altri en Palas de Rei cos argumentos que usou ENCE para non trasladarse | Tráfico desenvolve esta semana unha campaña de especial vixilancia dos excesos de velocidade, que están detrás de case un de cada catro accidentes | Colaboración entre artistas e científicos. Conviviron durante tres meses no centro interdisciplinario de química e bioloxía da Coruña, experimentando con diferentes materiais para facer arte. O resultado será unha exposición itinerante de dez obras. 15-04-2024

Primeiro consello da Xunta do novo goberno de Alfonso Rueda, cos 12 conselleiros que hoxe tomaron posesión. Hai catro caras novas | O sector do mar e as plataformas en defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva alegarán contra o proxecto de celulosa de Altri en Palas de Rei cos argumentos que usou ENCE para non trasladarse | Tráfico desenvolve esta semana unha campaña de especial vixilancia dos excesos de velocidade | Colaboración entre artistas e científicos. Conviviron durante tres meses, experimentando con diferentes materiais para facer arte. 15-04-2024

O vento norte afasta o aire cálido que nos deixou calor durante a fin de semana co que hoxe xa notamos o descenso das temperaturas. As máximas oscilarán entre os 14 graos previstos na Coruña e os 26 que agardan en Ourense. Despois dunha mañá de néboas e algunhas nubes baixas, a tendencia é a que pola tarde os ceos queden despexados. 15-04-2024

Primeiro consello da Xunta do novo goberno de Alfonso Rueda, cos 12 conselleiros que hoxe tomaron posesión. Hai catro caras novas, que levarán as competencias de cultura e lingua, medio rural, vivenda e infraestruturas e Sanidade | Tres bombeiros foron hospitalizados ao intentar sufocar un incendio na empresa madeireira de Vigo Las Cinco Jotas | O Celta caeu derrotado co Betis pero mantense fóra dos postos de descenso. Mentres, na Segunda, o Racing de Ferrol impúxose 2-1 ao Huesca. 15-04-2024

Aperta a calor en toda Galicia, con máximas que superan os 30 graos desde a Mariña de Lugo a Pontevedra ou en Arnoia en Ourense onde teñen arestora a temperatura máis alta de Galicia | Trala semana de investidura, Alfonso Rueda tomará mañá posesión como presidente da Xuntanun acto solemne en San Domingos de Bonaval, en Santiago | A inflación sitúase en marzo en Galicia no tres e medio por cento, tres décimas máis que na media do estado. Débese, principalmente, á suba do prezo da luz, as gasolinas e a vivenda | Un popular xornal británico apunta á Galicia como mellor lugar para vir de vacacións que as habituais Canarias ou a costa mediterránea.Salienta as praias galegas, o animado ambiente nocturno e o barato que é beber e comer. 12-04-2024

Aperta a calor en toda Galicia, con máximas que superan os 30 graos desde a Mariña de Lugo a Pontevedra ou en Arnoia en Ourense | Trala semana de investidura, Alfonso Rueda tomará mañá posesión como presidente da Xunta| A inflación sitúase en marzo en Galicia no tres e medio por cento, tres décimas máis que na media do estado. Débese, principalmente, á suba do prezo da luz, as gasolinas e a vivenda | Un popular xornal británico apunta á Galicia como mellor lugar para vir de vacacións que as habituais Canarias ou a costa mediterránea. 12-04-2024