Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Accidentada estrea da alta velocidade entre as cidades galegas e Madrid. O primeiro AVE que saía de Vigo ás nove e media da mañá quedou parado durante máis dunha hora en Ourense pola falta de tensión na liña | Hoxe botou a andar en Vigo a gran feira dos estaleiros e as industrias auxiliares | Unha aseguradora terá que pagar 13 millóns de euros a unha familia de Santiago por unha neglixencia nun parto. O bebé naceu con graves secuelas por non facer a tempo unha cesárea | No Día Europeo da Rede Natura 2000, visitamos o concello de Porqueira

Intervidos máis de mil quilos de cocaína ocultos no interior de froitas e zumos, nunha Operación conxunta das forzas policiais de España e Portugal. A investigación permitíu detectar no porto de Vigo un contedor procedente do Brasil, con melóns valeirados e recheos con bolsas que contiñan preto de 500 quilos de droga | A Xunta presenta un plan de axudas as empresas auxiliares para a fabricación dos coches eléctricos, por 18 millóns de euros. O Presidente Rueda xustificao como unha forma de consolidar uns 25 mil postos de traballo | O Celta certifica a permanencia sufrindo case ata o final, tras gañarlle 1 a 2 ao Granada. En nove partidos Claudio Giráldez conseguiu colocar ao equipo no posto 14 a falta dun encontro

Intervidos máis de mil quilos de cocaína ocultos no interior de froitas e zumos, nunha Operación conxunta das forzas policiais de España e Portugal. A investigación permitíu detectar no porto de Vigo un contedor procedente do Brasil, con melóns valeirados e recheos con bolsas que contiñan preto de 500 quilos de droga | Nova coincidencia das forzas políticas galegas en reclamar a gratuidade da AP9. Os socialistas afirman que hai dificultades técnicas para a transferencia das competencias á Xunta, pero que a seguen apoiando, igual que o BNG, que o considera a liberación da peaxe un compromiso de investidura. Rueda di que insistirá a Sánchez en que cumpra a promesa | Sanidade dá por estabilizado o foco de gastroenterite no concello de Ames, que deixa Máis de cen afectados entre os nenos usuarios do comedor de dous colexios e os seus familiares. A falla de averiguar se a causa e vírica ou alimentaria, os Sergas indica que Os casos son todos leves, sen requerir hospitalización | O Celta certifica a permanencia na primeira división, sufrindo case ata o final, tras ganarlle 1-2 ao Granada, e certifica a boa marcha do equipo con Claudio Giraldez como adestrador. O Racing de Ferrol queda as portas de cumprir o soño de entrar no play off de ascenso ao empatar en Zaragoza

Intervidos máis de mil quilos de cocaína ocultos no interior de froitas e zumos, nunha Operación conxunta das forzas policiais de España e Portugal. No porto de Vigo, atopado un contedor procedente do Brasil, con melóns valeirados e recheos con bolsas que contiñan preto de 500 quilos de droga | As forzas políticas coiciden en reclamar a gratuidade da P-9. Os socialistas admiten dificultades técnicas para a transferencia das competencias á Xunta, pero que a seguen apoiando a liberación da peaxe igual que o BNG e o presidente Rueda | Sanidade dá por estabilizado o foco de gastroenterite no concello de Ames, que deixa Máis de cen afectados entre os nenos de dous colexios e os seus familiares | O Celta certifica a permanencia na primeira división, sufrindo case ata o final, tras ganarlle 1-2 ao Granada, e certifica a boa marcha do equipo con Claudio Giraldez como adestrador

Intervidos máis de mil quilos de cocaína ocultos no interior de froitas e zumos, nunha Operación conxunta das forzas policiais de España e Portugal. A investigación permitíu detectar no porto de Vigo un contedor procedente do Brasil, con melóns valeirados e recheos con bolsas que contiñan preto de 500 quilos de droga | A Xunta presenta un plan de axudas as empresas auxiliares para a fabricación dos coches eléctricos, por 18 millóns de euros. O Presidente Rueda xustificao como unha forma de consolidar uns 25 mil postos de traballo | O Celta certifica a permanencia sufrindo case ata o final, tras gañarlle 1 a 2 ao Granada. En nove partidos Claudio Giráldez conseguiu colocar ao equipo no posto 14 a falta dun encontro

Día das Letras Galegas adicado a voz reivindicativa de Luisa Villalta, falecida en 2004, con apenas 46 anos, anque deixando detrás unha importante obra | Homenaxe na Coruña Real Academia Galega, que destacou a sua sensibilidade artística e o seu caracter comprometido. a Xunta chama a manter o consenso sobre o fomento da nosa lingua| En Santiago, manifestación da plataforma Queremos Galego, que asegura que estamos nunha situación de "emerxencia linguística", e que as estatisticas de mozos galego-falantes son cada vez peores |Segunda xornada de folga do persoal de Iberia no aeroporto de Santiago. Entre os dous días, coa que ascenden a un total de 17os voos cancelados. Os traballadores denuncian unha sobrecarga de traballo, agravada tralo peche de Peinador e piden un reforzo de persoal. 17-05-2024

Seguimos con con intervalos moinubrados e con chuvascos localmente fortes que agora pola tarde serán máis activos ao sur de Lugo en Ourense. Mañá agardamos unha situación intermedia entre altas e baixas presións, con chuvias que irán remitindoco avance do día. E o domingo, chuvascos que serán máis probables nas provincias do interior. 17-05-2024

Día das Letras Galegas adicadoa voz reivindicativa de Luisa Villalta, falecida en 2004, con apenas 46 anos, anquedeixando detrás unha importante obra |Homenaxe na Coruña Real Academia Galega, que destacou a suasensibilidade artística e o seucaracter comprometido. a Xunta chama a manter o consenso sobre o fomento da nosalingua|En Santiago, manifestación da plataforma Queremos Galego, que asegura que estamos nunha situación de "emerxencialinguística", e que as estatisticas de mozos galego-falantes son cada vez peores | Segunda xornada de folga do persoal de Iberia no aeroporto de Santiago. Entre os dous días, coa que ascenden a un total de 17os voos cancelados. 17-05-2024

Día das Letras Galegas adicadoa voz reivindicativa de Luisa Villalta, falecida en 2004, con apenas 46 anos, anquedeixando detrás unha importante obra |Ao longo da historia, o Día das Letras Galegas foille dedicado a 58 homes e a 6 mulleres. Cada vez, máis voces poñen de relevancia esa evidente desproporción que din carece de argumentos |En Santiago, manifestación da plataforma Queremos Galego, que asegura que estamos nunha situación de "emerxencialinguística", e que as estatisticas de mozos galego-falantes son cada vez peores. 17-05-2024

O tren Avril de alta velocidade chega a Coruña, co ministro Óscar Puente e o Presidente da Xunta. É un dos aparatos de nova xeración, que entrarán en servizo comercial o próximo día 21, e que permite reducir o tempo das viaxes entre Galicia a Madrid en 15 minutos | Mañá caótica no aeroporto de Santiago, onde traballadores de Iberia inicia unha folga de dous días pra denunciar sobrecarga de traballo por falta de persoal, agravada tralo peche de Peinador o pasado día 6 de maio. 8 vóos foron cancelados| A comunidade budista confía en comenzar este verán as obras para restaurar o templo ubicado no concelloourensán de San Amaro, único dedicado a esta crenza en Galicia, e que foi destruido polo lumehai tres meses. Calculan en máis de 700.000 euros o custo da rehabilitación |A intelixencia artificial como ferramenta para tratar, úlceras, queimaduras e feridas de difícil curación. É o proxecto que lidera un equipo de enfermaría da área sanitaria de Pontevedra, na súa parte clínica, con software desenvolvido no centro Gradiant de Vigo. 16-05-2024

Continuamos na influencia da borrasca situada no Cantábrico. Ceos parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto. As temperaturas sen cambios significativos, quedando de novo en valores baixos para a época do ano. 16-05-2024

O tren Avril de alta velocidade chega a Coruña, co ministro Óscar Puente e o Presidente da Xunta. É un dos aparatos de nova xeración, que entrarán en servizo comercial o próximo día 21|No aeroporto de Santiago opersoal de Iberia inicia unha folga de dous días pra denunciar sobrecarga de traballo, con 8 vóos cancelados|A comunidade do único mosteiro budista de Galicia estima en máis de 700.000 euros o custe de rehabilitar o edificio que destruía un incendio hai case tres meses | O Celta, camiño da salvación, trala remondada ante o Atlectic de Bilbao. Con dous goles en tres minutos Balaídos celebrou un trunfo decisivo que mantén ao Celta a cinco puntos do descenso e seis en xogo. Foi decisivo o papel do canteirán Hugo Álvarez.16-05-2024

O tren Avril de alta velocidade chega a Coruña, co ministro Óscar Puente e o Presidente da Xunta, a bordo. É un dos aparatos de nova xeración, que entrarán en servizo comercial o próximo día 21, e que permite reducir o tempo das viaxes entre Galicia a Madrid en 15 minutos | No aeroporto de Santiago opersoal de Iberia inicia unha folga de dous días pra denunciar sobrecarga de traballo, agravada tralo peche de Peinador o pasado 6 de maio. Esta primeira xornada de folga deixa un total de 8 vóos cancelados, coincidindo coa ponte do día das Letras Galegas | A comunidade do único mosteiro budista de Galicia estima en máis de 700.000 euros o custe de rehabilitar o edificio que destruía un incendio hai case tres meses. 16-05-2024

Continuamos baixo a influencia da borrasca, nun día de intervalos nubrados e chuvascos intermitentes, localmente treboentos. Precipitacións en forma de neve en cotas superiores aos 1200 metros. As temperaturas, con lixeiros descensos, especialmente as mínimas, que acadan valores moibaixos para a época do ano. 15-05-2024

Actos de apoio á causa do pobo palestino e contra a matanza de civís en Gaza, convocados para conmemorar o aniversario da Nakba, a catástrofe de 1948| |O Concello da Coruña e Abanca-Deportivo chegan a un acordo sobre o uso do estadio de Riazor | Alfonso Rueda replica a Ana Pontón coa xestión dos seus socios en Cataluña, derrotados na seleccións. Taménlembra a promesa de Pedro Sánchez da gratuidade da AP-9 |Unha marca chinesa de coches eléctricos de luxo desembarca no porto de Ferrol para exportar a toda Europa. Stellantis chega a un acordo con outra compañía para comercializar modelos asequibles | na semana das letras galegas sucédense as homenaxes a Luísa Villalta. 15-05-2024

Apoio dende Galicia á causa do pobo palestino e contra a matanza de civís en Gaza. Distintos actos, coma este en Santiago, convocados para conmemorar o aniversario da Nakba, a catástrofe de 1948, que supuxo a fuxida de miles de palestinos dos seusfogares coa creación do estado de Israel|Polémica a conta da situación da Sanidade, na sesión de control do Parlamento, onde Alfonso Rueda replicou a Ana Pontón coa xestión dos seus socios en Cataluña, derrotados na seleccións. Tamén lembrouaos socialistas a promesa do goberno de Pedro Sánchez da gratuidade da AP-9 |Unha marca chinesa de coches eléctricos de luxo desembarca no porto de Ferrol para exportar a toda Europa. Stellantis chega a un acordo con outra compañía para comercializar modelos asequibles, a partir de setembro e non descarta fabricar vehículos chineses en plantas do grupo coma a de Vigo | na semana das letras galegas sucédense as homenaxes a Luísa Villalta. En Vigo dous artistas pintan no escaparate dunha libraría versos acompañando a sua biografía. O consello da cultura publica unha obra na que distintos autores dialogan cos textos e co legado da escritora coruñesa. 15-05-2024

Actos de apoio á causa do pobo palestino e contra a matanza de civís en Gaza, convocados hoxe dende Galicia para conmemorar o aniversario da Nakba, a catástrofe de 1948, que supuxo a fuxida de miles de palestinos dos seusfogares| O presidente Rueda replicaás críticas socialistas sobre bonificacións na autoestrada lembrando a promesa de Pedro Sánchez de facer gratuita a AP-9. O Bng, polasúa parte, propón que o 25% do gasto do Sergas vaia a atención primaria| Stellantis anuncia que a filial conxunta que ten co fabricante chinés Leapmotor comezará a comercializar coches eléctricos asequibles en Europa a partir de setembro|O Concello da Coruña e Abanca-Deportivo chegan a un acordo sobre o uso do estadio de Riazor. Abanca renuncia á ter a cesión por 40 anos, e quedan en 25, como quería o Concello. 15-05-2024

Os prezos soben de novo en abril, e Galicia convértese na comunidade coa maior suba, catro décimas por riba da media. Ademáis dos alimentos, hoteis, restaurantes, electricidade e vivenda tiraron para arriba o IPC | O partido popular rexeita no Parlamento a iniciativa do BNG para crear unha comisión de investigación sobre os contratos de emerxencia para compra de material sanitario feitospola Xunta durante a pandemia | Polémica na Coruña entre o Concello e o club Deportivo pola cesión do estadio de Riazor. Haipendente de asinar un novo convenio no que Abanca pide novas concesións. Por ese motivo, onte, os do Depor non foron á recepción oficial de María Pita | Rubén Domínguez, o técnico do Ourense, convértese nun caso insólito no fútbol español. Vén de ascender o equipo a Primeira Federación, coa que serán cinco as categorías diferentes nas que leva á fronte do vestiario. 14-05-2024

Día de chuvascos intermitentes que, a noite, poderían ser en forma de neve nos cumios de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas máis baixas e as máximas entre 15 graos en Santiago e 18 en Ourense. No mar, hai alerta en todo o litoral galego por ondas de ata cinco metros. 14-05-2024

Galicia encabeza o aumento da inflación en abril, cun IPC interanual do 3,7 por cento, catro décimas por riba da media do conxunto de España. A principal causa, a repunta dos prezos dos alimentos, entre os que sobresae o caso do aceite, que é case un 47 por cento máis caro que hai un ano|Novo rexeitamento do Partido Popular á que se investiguen os contratos sanitarios da Xunta durante a pandemia. No Parlamento, o grupo maioritario desbotou crear unha comisión de Investigación, e di que non hai motivo de sospeita, mentres os grupos da oposición falan de posibles irregularidades en base aos informes do Consello de Contas |O Concello da Coruña asegura que a cesión de Riazor para que o Deportivo participe na Segunda División está asegurada. O club negouse a asistir a recepción ofrecida en María Pita para celebrar ascenso, por discrepancias sobre a xestión do estadio municipal | Rubén Domínguez, o técnico do Ourense, convértese nun caso insólito no fútbol español. Vén de ascender o equipo a Primeira Federación, coa que serán cinco as categorías diferentes nas que leva á fronte do vestiario. O seu segredo, di, o equilibrio entre a defensa e o ataque, ao lograr que o seu equipo fose o menos goleado e o segundo máximo anotador. 14-05-2024