Detido un home esta madrugada en Redondela como presunto homicida despois de acoitelar un veciño da vila e a súa parella. A muller foi operada de urxencia e evoluciona favorablemente. O home foi localizado despois dos feitos no seu domicilio. Todos eles eran veciños do municipio | Os traballadores doutros países gañan presenza na flota galega de pesca. Ata o dez por cento dos tripulantes son extranxeiros, anque nalgunhas embarcacións chegan ao 90 por cento. Ante a falta de man de obra local, son especialmente aprezados os procedentes de países como Indonesia Perú ou Senegal | Veciños contrarios á Mina do Touro entregan na Xunta máis de 10.000 alegación para entregar as últimas alegacións ao proxecto de reapertura. Din que e máis contaminante que o que a empresa presentou anteriormente que que recibíu informe desfavorable de impacto ambiental | | Unha instalación inmersiva sobre a evolución da vida no planeta e outra sobre a figura e o universo creativo de Castelao. Son parte da programación prevista para este ano no Museo Gaiás, na Cidade da Cultura en Santiago. O centro que acadou en 2024 o seu record de visitantes, máis de 260.000
Un home morre acoitelado, e a súa parella ferida gravemente, en Redondela. Os feitos ocorreron de madrugada, nunha céntrica rúa. O presunto autor, de 48 anos, foi detido pouco despois no seu domicilio | Os traballadores doutros países gañan presenza na flota galega de pesca. Ata o dez por cento dos tripulantes son extranxeiros, anque nalgunhas embarcacións chegan ao 90 por cento | Veciños contrarios á Mina do Touro entregan na Xunta máis de 10.000 alegación para entregar as últimas alegacións ao proxecto de reapertura | A AEMET retirou xa todas as alertas por temporal. Tralo paso das sucesivas borrascas, a situación permite volver faenar aos mariñeiros | Unha instalación inmersiva sobre a evolución da vida no planeta e outra sobre a figura e o universo creativo de Castelao. Son parte da programación prevista para este ano no Museo Gaiás, na Cidade da Cultura en Santiago
Un home morre acoitelado, e a súa parella ferida gravemente, en Redondela. Os feitos ocorreron de madrugada, nunha céntrica rúa. O presunto autor, de 48 anos, foi detido pouco despois no seu domicilio. Os investigadores apuntan a unha discusión previa nun local de lecer nocturno | O dez por cento dos tripulantes de la frota pesqueira española son estranxeiros, una cifra que foi en aumento nos últimos anos debido a falta de man de obra local. Indonesia, Perú ou Senegal son algún dos países de orixe destes mariñeiros moi aprezados en portos como o de Burela. Alí ata o 90% da tripulación dalgunhas frotas é foránea | A AEMET retirou xa todas as alertas por temporal. Tralo paso das sucesivas borrascas, a situación permite volver faenar aos mariñeiros, que nalgúns casos levaban dende hai dúas semanas en poder saír ao mar.
Xornada de transición, na que as altas presións irán entrando en forma de cuña. Ceos nubrados con chuvascos, sobre todo na metade norte. Pola tarde, tendencia á apertura de grandes claros, nas últimas horas con posibilidade de orballos na metade oeste. A cota de neve, nos 1000 metros. As temperaturas sofren un lixeiro descenso. O vento de compoñente norte, forte no litoral
Repunta dos prezos no arranque do 2025. O IPC de xaneiro sobe dúas décimas, ata situarse no 3 % interanual, o nivel máis alto no último medio ano. O encarecemento da electricidade e, sobre todo, dos carburantes, é o que máis contribúe a aumentar a inflación, mentres baixa o lecer e a cultura | Galicia conta dende hoxe cun novo centro especializado en combater ciberataques, tanto a particulares como a empresas e institucións. É o centro de Talento e Tecnoloxía da compañía Telefónica, ubicado no barrio do Calvario, de Vigo. Conta cun equipo inicial de cen traballadores, e aspira a converterse en referente internacional na protección das operacións dixitais | O Hospital Clínico de Ourense elabora por primera vez en Galicia, un protocolo para que pacientes con ingresos de longa duración poidan recibir a visita das súas mascotas. Deben cumprir Estritas normas sanitarias e de seguridade, e contar con permiso dun médico e do veterinario dos animais | Hoxe celébrase o Día da Ilustración, que a Xunta adica este ano, por vez primeira a un artista vivo. Trátase de Xosé Vizoso. Deseñador, durante catro décadas, da cerámica Sargadelos, cun grafismo poderoso que entronca coa cultura tradicional, e que forma xa parte do noso imaxinario popular. Aos seus 75 anos, segue dedicado a esa paixón polo debuxo que empezou no seu Mondoñedo natal
Repunta dos prezos no arranque do 2025. O IPC de xaneiro sobe dúas décimas, ata situarse no 3 % interanual, o nivel máis alto no último medio ano. O encarecemento da electricidade e, sobre todo, dos carburantes, é o que máis contribúe a aumentar a inflación | Galicia conta dende hoxe cun novo centro especializado en combater ciberataques, tanto a particulares como a empresas e institucións. É o centro de Talento e Tecnoloxía da compañía Telefónica, en Vigo | O paso da borrasca Ivo deixa máis de 300 incidencias, sobre todo caída de árbores e outros obxectos nas estradas, por refachos de vento que superaron os 100 quilómetros por hora | O Hospital Clínico de Ourense elabora por primera vez en Galicia, un protocolo para que pacientes con ingresos de longa duración poidan recibir a visita das súas mascotas | Hoxe celébrase o Día da Ilustración, que a Xunta adica por vez primeira a un artista vivo. Trátase de Xosé Vizoso. Deseñador, durante catro décadas, da cerámica Sargadelos
2025 comeza cunha repunta da inflación. O IPC sitúase no 3 %. Son dúas décimas máis que en decembro, segundo o dato adiantado hoxe polo Instituto Nacional de Estatística. É o nivel máis alto desde o pasado mes de xuño. Sobe polo encaracemento da electricidade e, sobre todo, dos carburantes | O paso da borrasca Ivo deixa máis de 300 incidencias, sobre todo caída de árbores e outros obxectos nas estradas, por refachos de vento que superaron os 100 quilómetros por hora. Onde a situación segue máis complicada é na costa, onde gran parte da frota continúa amarrada | Inaugurado un Novo Centro de Talento e Tecnoloxía de Telefónica en Vigo. E Un dos espazos promovidos pola compañía para levar a cabo iniciativas para o desenvolvemento tecnolóxico.
Barreiras de contención feitas por decenas de veciños de Padrón para evitar que o Río Sar entre nas súas casas. Son as medidas que toman tralo desbordamento do río nos últimos días. É unha das moitas consecuencias que nos deixan as borrascas Herminia e Ivo | Taxistas galegos nas diferentes cidades, como estes de Vigo, súmanse ó parón nacional contra a suba dos seguros. Sen unha convocatoria oficial das asociación locais, foron os propios conductores os que se movilizaron nunha marcha lenta pola cidade, paralizando o servizo durante toda a mañá. Quéixanse do incremento nos presupostos das aseguradoras, que poden chegar aos 8.000 euros anuais por vehículo | A fundación Abanca o sector pesqueiro e marisqueiro retiraron durante o último ano máis de corenta toneladas de lixo mariño e doce de especies botánicas exóticas invasoras. O proxecto plancton leva cinco anos co obxetivo de promover unha conciencia máis sostible da sociedade
Vecinos de Padrón preparan barreiras ante o risco de que o Sar entre nas súas casas ante as intensas chuvias caídas nas últimas horas | Taxistas galegos súmanse con marchas lentas polos centros das cidades á protesta contra o prezo dos seguros. Acusan ás compañías de prácticas abusivas con pólizas ou renovacións de máis de 7.000 euros ao ano | Na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda, cunha capa de ata 10 centímetros de espesor, traballan xa para reabrir as instalacións a partir do venres | Máis de 95 toneladas de lixo mariño retiradas das praias e do fondo do mar. É un dos resultados do proxecto Plancton, una iniciativa da obra social de Abanca e os sectores pequeiro e marisqueiro | O exdiputado de AGE Xabier Ron, detido pola Garda Civil foi levado ao centro educativo onde traballa, como profesor en Pontedeume, para rexistrar o seu ordenador e material informático
Vecinos de Padrón preparan barreiras ante o risco de que o Sar entre nas súas casas, ante as intensas chuvias caídas nas últimas horas. A borrasca Ivo déixa tamén máis de 200 incidencias, clases suspendidas na comarca da Mariña de LUgo e voos cancelados entre Vigo e Madrid | O que trae tamén a nova borrasca é máis neve. Na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda, cunha capa de ata 10 centímetros de espesor, traballan xa para reabrir as instalacións a partir do venres. A previsión é que as condicións para empregar as pistas de esquí se manteñan ata mediados da próxima semana | Taxistas galegos súmanse con marchas lentas polos centros das cidades á protesta contra o prezo dos seguros. Acusan ás compañías de prácticas abusivas con pólizas ou renovacións de máis de 7.000 euros ao ano. Reclaman ao goberno que poña límites a esas subas que, din, poñen en perigo a continuidade do sector | Máis de 95 toneladas de lixo mariño retiradas das praias e do fondo do mar. É un dos resultados do proxecto Plancton, una iniciativa da obra social de Abanca e os sectores pequeiro e marisqueiro, que, ademáis da limpeza, na que en 2024 participaron un milleiro de voluntarios, busca espertar una conciencia sostible na sociedade mostrando o impacto do lixo mariño
A borrasca Ivo desprazase polo Cantábrico. A cota de neve baixará a 800 metros ao final do día. As chuvias que poden vir acompañadas de sarabia serán máis intermitentes agora pola tarde ao tempo que se van desactivando alertas. A que continúa, é a alerta laranxa no mar por ondas de ata 8 metros
O Paro cae en Galicia en 5.500 persoas e remata o 2024 cunha taxa do 8´6 por cento. É a mais baixa dende antes da crise do 2008, e segue dos puntos por debaixo da media do conxunto de España, ainda que o ritmo de creación de emprego é menor | A Garda Civil descobre unha trama de presunta explotación laboral de traballadores de orixe africana nunha finca situada no Concello de Begonte, en Lugo. Tres persoas están investigadas. Os axentes comprobaron que 82 dos traballadores eran inmigrantes en situación irregular, reclutados dende África | O Museo da Catedral de Santiago acada un récord histórico de visitas durante o ano pasado, ata superar as 427.000. O dato supón un aumento do 11 por cento respecto ao ano anterior. Por modalidades, a de máis crecemento é a dos accesos gratuitos ao Portico da Gloria, con preto de 95.000 visitantes
O Paro cae en Galicia en 5.500 persoas e remata o 2024 cunha taxa do 8´6 por cento. É a mais baixa dende antes da crise do 2008, e segue dos puntos por debaixo da media do conxunto de España | Abanca dispara os seus beneficios ata os 1.200 millóns de euros en 2024, case un 70 por cento máis que o ano anterior. É o mellor resultado da historia da entidade | Descuberta pola Garda Civil unha trama de explotación laboral de inmigrantes ilegais, recrutados en África | O Museo da Catedral de Santiago acada un récord histórico de visitas durante o ano pasado, ata superar as 427.000 | Unha capa de ata 20 centímetros de branco da conta da forza con que chega a segunda nevarada do ano en Pedrafita
Continúa a inestabilidade atmosferica pola presenza de aire frío en altura. Ceo parcialmente nubrado con chuvascos, que poden ser localmente treboentos, sobre todo no interior de Pontevedra onde está activada unha alerta amarela. A cota de neve sube aos 1000 metros de altitude. As temperaturas sofren un lixeiro descenso. Pola noite o vento soprará forte do suroeste pola chegada dunha nova fronte durante a madrugada
2024 foi un bo ano para o emprego. Só en Galicia crearonse 17.400 postos de traballo. A cifra total de ocupados supera o millón 153 mil. En canto o paro, caeu case nun 5 %. Unhas cifras que non viamos nun cuarto trimestre desde antes da crise de 2008 | Abanca dispara os seus beneficios ata os 1.200 millóns de euros en 2024, case un 70 por cento máis que o ano anterior. É o mellor resultado da historia da entidade, que cumpre dez anos da súa posta en marcha, trala desaparición das caixas de aforro galegas | Descuberta pola Garda Civil unha trama de explotación laboral de inmigrantes ilegais, recrutados en África. Os axentes identificaron unha explotación de arandos en Begonte, na provincia de Lugo, con 82 traballadores en condicións de extrema precariedade | Unha capa de ata 20 centímetros de branco da conta da forza con que chega a segunda nevarada do ano en Pedrafita. Algunhas complicacións nas estradas nas comarcas de montaña de Lugo e Ourense, onde quedou suspendida a circulación do transporte escolar. A cota sobe ao longo do día ata sitúase arredor dos 1.000 metros de altitude
A caída dunha cheminea a causa do vento, provoca o afundimento do tellado dunha casa, en Lalín. En Noia, estragos nas instalacións dunha piscina municipal. O Tráfico ferroviario e aéreo víuse tamén afectado | O Consello da Xunta abordou hoxe un informe no que contabiliza uns 1.400 incidencias polo temporal | O Tribunal Supremo condena a José Manuel Baltar, senador do PP e expresidente da Deputación de Ourense, a unha multa de 1.800 euros e un ano de retirada do carnet, por un delicto contra a seguridade vial por conducir a máis de 200 quilómetros por hora | Morreu o escultor César Lombera autor de obras tancoñecidas, comas as icónicas Marías que presiden á entrada a Alameda de Santiago ou o Valle Inclán sentado nun banco no paseo da Ferradura, xunto con obras en moitas outras vilas e cidades galegas
A caída dunha cheminea a causa do vento, provoca o afundimento do tellado desta casa, en Lalín, con dous ocupantes feridos, que xa foron dados de alta. É unha das cerca de 1.400 incidencias que deixa a borrasca Herminia | O Tribunal Supremo condena a José Manuel Baltar a pagar 1.800 euros de multa e un ano de retirada de carnet, por delito contra a seguridade vial | Grupos veciñais e ecoloxistas critican o intento de reapertura da Mina de Touro |A película "La casa en llamas" e a serie "Querer" con tres premios cada unha foron as grandes triunfadoras da duodécima edición dos premios Feroz. "Salve María" deu a sorpresa e impúxose como mellor filme dramático e "Celeste" foi a mellor serie de comedia | Falece aos 72 anos o escultor César Lombera, autor de obras tan icónicas como As Marías que presiden á entrada a Alameda de Santiago
A caída dunha cheminea a causa do vento, provoca o afundimento do tellado dunha casa, en Lalín, con dous ocupantes feridos, que xa foron dados de alta. É unha das cerca de 1.400 incidencias que deixa a borrasca Herminia, que levantou tamén a cuberta dun edificio en Salvaterra. Ademáis, cancelacións de voos e 13.000 fogares sen luz | O Tribunal Supremo condena a José Manuel Baltar a pagar 1.800 euros de multa e un ano de retirada de carnet, por delito contra a seguridade vial ao conducir a máis de 200 quiómetros por hora na A 52. O presidente da Xunta descarta pedirlle que abandone o escano de Senador pola provincia de Ourense | Grupos veciñais e ecoloxistas critican o intento de reapertura da Mina de Touro. Din que o novo proxecto é similar ao que xa foi rexeitado pola Xunta por incumplir a normativa medioambiental, e considerano unha bomba de reloxería para a saúde dos veciños da contorna | Falece aos 72 anos o escultor César Lombera, autor de obras tan icónicas como As Marías que presiden á entrada a Alameda de Santiago, obxeto de ou tamén o Valle Inclán sentado nun banco no paseo da Ferradura. A sua morte causa especial pesar en Catoira onde tiña o seu estudo e onde chegou a ser concelleiro de cultura
Cara a noite a cota de neve pode descender ata os 700 metros. No litoral atlántico durante todo o día aviso vermello por ondas que poden chegar aos 12 metros. Tamén no interior de Pontevedra e no litoral norte segue a alerta por ventos. Todo nun día de chuvascos treboentos que puntualmente poden vir acompañados de sarabia e con máis frío
Toda a costa atlántica está en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros. Agardanse precipitacións moi intensas especialmente na Costa da Morte onde se poderían acumular ata 80 litros por metro cadrado en doce horas. Así principia unha fin de semana na que teremos de novo temporal o domingo, con outra borrasca das que teñen nome, esta será Herminia