Ana Pontón, reelexida con algo máis do 84 por cento dos apoios na Asamblea Nacional do BNG para seguir liderando a organización. Márcase como obxetivo mellorar os resultados nas eleccións autonómicas de 2028 e conseguir un goberno nacionalista na Xunta | O consello da Xunta aprobou na súa xuntanza de hoxe o plan sanitario deste inverno para atender a gripe e outras patoloxías respiratorias, que habitualmente supoñen un aumento do traballo asistencial | Sorpresa no grupo automobilístico Stellantis trala renuncia do Conselleiro Delegado, Carlos Tavares. O principal executivo tiña contrato ata 2026 pero a súa saída acelerouse polas diferencias co Consello de Adminsitración
Suben as temperaturas cos ventos do sur e co paso dunha fronte a primeira hora que deixou algúns chuvascos polo oeste e no sur. Situación moi parecida mañá con máximas que volverán rozar os 20 graos. O domingo baixaran algo as temperaturas e continuaremos con chuvascos máis probables na franxa atlántica
Alfonso Rueda nega calquer irregularidade ante a comisión do Parlamento que investiga os contratos públicos con empresas vinculadas a familiares de dirixentes do PP | O alumeado de nadal apodérase da paisaxe urbana. Hoxe chega hoxe a cSantiago, mentres Vigo, leva xa quince días. O contraste atopámolo en Allaríz, que aposta pola decoración de baixo presuposto |Galicia acollera a máis migrantes na primeira quincena de decembro. Crearanse novos centros de acollida en Burela, Valga e Padrón con trescentas cincuenta prazas en total | Ubicado nunha costa de Santa Comba que lle deu o seu nome hai xa 85 anos, o restaurante Retiro da Costiña recíbenos na súa casa para que poidamos coñecer de primeira man as razóns polas que foi distinguido estes días cunha segunda estrela Michelin
Esperada comparecencia do presidente da Xunta na comisión de investigacion sobre os contratos suscritos polo goberno autonómico durante a pandemia e o sobrecuste do Hospital Álvaro Cunqueiro. Rueda negou calquer tipo de irregularidade fronte ás acusacións que os grupos da oposición centraron na xestión do goberno de Núñez Feijóo | O alumeado de nadal vaise apoderando estes días da paisaxe urbana. Hoxe chega hoxe a cidades como Santiago, mentres Pontevedra e Lugo esperan ata o próximo día 5. Vigo, en cambio, leva xa quince días presumindo da mellor iluminación do planeta. O contraste atopámolo en concellos como Allaríz, que aposta por ser exemplo de decoración con materiais sostibles e de baixo presuposto | Un ano máis, a empresa de Muros 'Fresco y del Mar', lider na comercialización por internet de productos pesqueiros frescos a toda España, desmárcase do Black Friday. Pecha a súa tenda este venres en defensa dun consumo responsable e da pesca artesanal. E, lonxe de vender menos, esta semana duplicou pedidos | Uns fogóns que abriron as súas portas da man dos seus avós hai máis de oitenta anos. Co paso do tempo convertiríase nun templo culinario que acaba de conseguir unha segunda estrela Michelin. O chef Manuel Costiña, ábrenos as portas do seu restaurante en Santa Comba, xunto co seu equipo, para amosarnos o menú de hoxe
Alfonso Rueda responde ante a comisión do Parlamento que investiga os contratos públicos con empresas vinculadas a familiares de dirixentes do PP. Ante as críticas da portavoz do BNG Ana Pontón, e do socialista Gómez Besteiro, Rueda asegura non se cometeu ningún tipo de irregularidades | Galicia acollera a máis migrantes na primeira quincena de decembro. Segundo a delegación do goberno, crearanse novos centros de acollida en Burela, Valga e Padrón con trescentas cincuenta prazas en total. Ademais ampliaranse as prazas xa existentes | Algunhas cidades como Vigo levan xa quince días coas luces prendidas, noutras como Santiago a iluminación acéndese hoxe. Hai concellos como o de Allariz nos que prefiren unha celebración sostible, con moita reciclaxe e un gasto mínimo
Continua a situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Néboas en comarcas do interior, e ceos con nubes de tipo medio e alto, que non impeden o paso do sol. Pola noite iranse cubrindo os ceos polo oeste, con precipitacións febles na franxa atlántica. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso e as máximas ascenden ata 18 graos en Lugo e 21 en Vigo
O Rei Filipe participa na Coruña na clausura do Congreso de Confederación Española de Directivos e Executivos | Sen apenas incidencias e cun menor seguemento, transcorre en Galicia a segunda xornada de folga convocada no sector do transporte de Viaxeiros para reclamar a xubilación anticipada dos condutores | Aprobada no consello de Ministros a rebaixa das peaxes da AP-9 | Primera xornada de folga convocada pola CIG na automoción, acompañada de manifestacións en varias cidades, como Vigo | A película 'Casa en llamas' en cine, e 'Querer' en series, acaparan as nominacións aos Premios Feroz, | Un mesmo vehículo eléctrico para uso compartido de tódolos veciños dunha aldea. É a iniciativa posta en marcha en Froxán, no concello de Lousame
O Rei Filipe participa na Coruña na clausura do Congreso de Confederación Española de Directivos e Executivos. Un evento coa presenza da presidenta do Banco Europeo de Inversións, Nadia Calviño, e os responsables das principais empresas do país, que debaten o impacto da Intelixencia Artifical nos seus negocios | Sen apenas incidencias e cun menor seguemento, transcorre en Galicia a segunda xornada de folga convocada no sector do transporte de Viaxeiros para reclamar a xubilación anticipada dos condutores. Os servizos mínimos decretados pola Xunta garanten a metade das viaxes. A mobilización queda só co apoio das Centrais CCOO e CGT tralo desmarque da UGT | Aprobada no consello de Ministros a rebaixa das peaxes da AP-9. Os vehículos pesados verán incrementada a rebaixa ao 50 por cento dende a primeira viaxe. Nos vehículos lixeiros, elévaxe ao 50 por cento o desconto extra ao realizar un mínimo de 20 viaxes ao mes e pagar con telepeaxe | Un mesmo vehículo eléctrico para uso compartido de tódolos veciños dunha aldea. É a iniciativa posta en marcha en Froxán, no concello de Lousame. Organízanse cunha aplicación de móbil para repartir o tempo de uso e tamén fan viaxes conxuntas. Teñen previsto que o aforro sexa ainda maior ao recargar na sua propia planta fotovoltaica común
O Rei Filipe participa arestora, na Coruña, na clausura do Congreso de Confederación Española de Directivos e Executivos. Un evento coa presenza da presidenta do Banco Europeo de Inversións, Nadia Calviño, e os responsables das principais empresas do país | Primera xornada de folga convocada pola CIG na automoción, acompañada de manifestacións en varias cidades, como Vigo. Os convocantes reclaman medidas ante a situación de incerteza por la que, din, atravesa o sector dende a irrupción do vehículo eléctrico | Un coche eléctrico para uso compartido entre os veciños. É a pioneira iniciativa de mobilidade sostible que acaban de poñer en marcha na aldea de Froxán, no concello coruñés de Lousame
Continuamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con néboas en comarcas do interior que van disipándose e ceos con máis nubes no norte e oeste, sen descartar algún chuvasco ocasional, quedando o ceo máis despexados pola tarde. As temperaturas mínimas sen cambios, mentres que as máximas experimentan un lixeiro ascenso, ata os 19 graos en Ourense ou 20 en Vigo
O restaurante Simpar, na zona vella de Santiago, consigue a sua primeira Estrela Michelín | A fórmula de adxudicación do Hospital Ávaro Cunqueiro, de Vigo, analizada hoxe na comisión de investigación no Parlamento | A Coruña, Santiago e Lugo, entran no ranquin das dez cidades españolas onde máis aumentou a renda por habitante dende a pandemia | Hoxe é o día do mestre, unha celebración para honrar aos que se adican á tarefa de ensinar | Unha competición entre escolares para conciencialos sobre os perigos de Internet. E a Ciberliga, organizada pola Garda Civil, e na que participan alumnos de 50 centros de toda Galicia | O Pontevedra medirase ao Vilarreal na segunda rolda da Copa do Rei. Pasarón recibirá a un Primeira nunha eliminatoria que se disputará a partido único na semana do 3 ao 5 de decembro
O restaurante Simpar, na zona vella de Santiago, consigue a sua primeira Estrela Michelín. É un dos establecementos galegos recoñecidos na edición deste ano da gala gastronómica celebrado en Murcia. O Retiro da Costiña de Manuel García, asentado en Santa Comba, logra a segunda estrela | A fórmula de adxudicación do Hospital Ávaro Cunqueiro, de Vigo, analizada hoxe na comisión de investigación no Parlamento. O conselleiro maior do consello de Contas di que a contratación pública podería ser más eficiente, ainda que as obras tardaran máis. Os populares insisten en que non hai indicios de ninguna irregularidade | A Coruña, Santiago e Lugo, entran no ranquin das dez cidades españolas onde máis aumentou a renda por habitante dende a pandemia, Así figura nun traballo da Fundación de Estudos de Economía Aplicada que analiza a evolución do tecido produtivo | Unha competición entre escolares para conciencialos sobre os perigos de Internet. E a Ciberliga, organizada pola Garda Civil, e na que participan alumnos de 50 centros de toda Galicia. Terán que enfrontarse, por equipos, a retos que simulan situacións reais que poden atoparse navegado pola rede
O restaurante Simpar, de Santiago, consigue a sua primeira Estrela Michelín. É un dos establecemento galegos recoñecidos na edición deste ano, xunto co Retiro da Costiña de Manuel García, asentado en Santa Comba, que logra a segunda estrela | Terceira xornada da comisión de contratos da Xunta no Parlemento coa comparecencias do conselleiro maior do consello de Contas, Juan Carlos Aladro, que deu luz verde o informe que cuantifica en 470 millóns de euros o sebrecusto do Hospital Alvaro Cunquerio de Vigo | Hoxe é o día do mestre, unha celebración para honrar aos que se adican á tarefa de ensinar. En toda Galicia son máis de quince mil no ensino público e preto de cinco mil no privado. Boa parte deles prestan un servizo público, esencial nas zonas rurais. Estivemos cun deles para falar da súa profesión |
Volvemos quedar nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, polo que temos Ceos con intervalos nubrados, con máis nubes no litoral atlántico, onde se agardan chuvias de carácter feble e ocasional. As temperaturas non experimentarán cambios significativos
Reapertura oficial do tramo ferroviario entre Ourense e Monforte, despois de dos anos de obras | A Xunta insiste en pedir que as competencias meteorolóxicas dependan das prediccións de Meteogalicia, en lugar das da Aemet, por consideralas máis precisas | As enfermeiras galegas sitúanse entre as que máis estrés profesional sofren, Segundo unha enquisa do Colexio Oficial de Enfermeiría, so por detrás das de Ceuta | Entra en funcionamento o túnel de acceso directo dende a AP9 ao centro comercial Vialia de Vigo. Con dous anos de retraso, a infraestructura chega na época de máis tráfico para a cidade, o Nadal | Un dron dun tamaño superior ó dun coche, capaz de cargar 600 litros e de realizar un cortalumes de cen metros nunha soa descarga. É unha das propostas que optan a recibir apoio da Unión Europea para un proxecto transfronteirizo de loita de contra os incendios
Reapertura oficial do tramo ferroviario entre Ourense e Monforte, despois de dos anos de obras. Son 46 quilometros de liña convencional do corredor atlántico, aos que se engadirá o seguinte tramo, entre Monforte e a cidade de Lugo, aínda en obras, e sen data de finalización | A Xunta insiste en pedir que as competencias meteorolóxicas dependan das prediccións de Meteogalicia, en lugar das da Aemet, por consideralas máis precisas. Unha reclamación da que Alfonso Rueda di non te recibido ainda resposta por parte do Goberno Central | As enfermeiras galegas sitúanse entre as que máis estrés profesional sofren, Segundo unha enquisa do Colexio Oficial de Enfermeiría, so por detrás das de Ceuta. Sete de cada dez recoñecen episodios de ansiedade ou insomnio, e Máis da mitade barallou a posibilidade de abandonar a profesión | Un dron dun tamaño superior ó dun coche, capaz de cargar 600 litros e de realizar un cortalumes de cen metros nunha soa descarga. É unha das propostas que optan a recibir apoio da Unión Europea para un proxecto transfronteirizo de loita de contra os incendios para o que España e Portugal reciben máis de tres millóns de euros
Ourense recupera a sua conexión ferroviaria con Monforte de Lemos e Valdeorras sen necesidade de transbordo en autobús. Polo de agora só nunha das liñas, a do Alvia que comunica A Coruña con Barcelona, progresivamente sumaránse outras conexión | A Xunta volve a reclamar as competencias en Meteoroloxía, ante o bo servicio que considera que desenvolve Meteogalicia |As enfermeiras galegas están ao límite. Así o indica unha unha enquisa do Colexio Oficial, que as sitúa como as que máis estrés refiren de toda España, so por detrás das súas compañeiras de Ceuta | O Marco de Vigo relaciona a pintura de Benjamín Palencia e Manuel Colmeiro nos anos 30 do pasado século
Tralo paso da borrasca Bert, quedamos na zona de chuvascos, con aire frío en superficie. Ceos con intervalos nubrados e chuvias intermitentes xeneralizadas que se irán facendo máis ocasionais co paso das horas. A cota de neve sitúase nos 1.400 metros, subindo progresivamente, As temperaturas sofren un notable descenso, con máximas que van dende os 12 graos en Lugo aos 17 en Vigo
Mobilizacións en toda Galicia, con moitos actos reivindicativos a prol da eliminación da violencia contra as mulleres | Dous casos de homes detidos por agresión ás suas parellas, ambos na provincia de Lugo | A Xunta anuncia unha liña de axudas por valor de 50 millóns de euros para apoiar a investigación e os avances no vehículo elécrico nas as empresas auxiliares da automoción | Logo do veredicto emitido polo xurado, a xuiza do caso Samuel ten que ditar sentenza, sen prazo prefixado. Os nove membros do xurado consideraron culpables de asasinato con aleivosía a tres dos cinco acusados | Trala victoria do venres en Bratislava, España volve medirse hoxe a Eslovaquia na clasificación para o Eurobasket 2025. O partido disputaráse no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense
Panos Bordados por mulleres que levan gravadas mensaxes contra a violencia machista. Unha das iniciativas levadas a cabo neste 25 de Novembro, nun taller, na Coruña, dirixido pola ilustradora Bea Lema, A partir dunha idea xurdida en México, para protestar polos feminicidios | Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres, que chega con dous casos de homes detidos por agresión ás suas parellas, ambos na provincia de Lugo. Un deles, en Vilalba, un home de máis de 80 anos, que golpeou cun martelo na cabeza a súa muller, de 78, e quedou en libertade provisional despois de prestar declaración xudicial | A Xunta anuncia unha liña de axudas por valor de 50 millóns de euros para apoiar a investigación e os avances no vehículo elécrico nas as empresas auxiliares da automoción. O sector, que xenera 25.000 empregos en Galicia recibirá 230 millóns ata o 2027 | Logo do veredicto emitido polo xurado, a xuiza do caso Samuel ten que ditar sentenza, sen prazo prefixado. Os nove membros do xurado consideraron culpables de asasinato con aleivosía a tres dos cinco acusados, e apreciaron homofobia no crime. Establecen que o cuarto foi cómplice, e absolven á muller acusada