Panos Bordados por mulleres que levan gravadas mensaxes contra a violencia machista nunha das iniciativas, neste Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller | No mar, a AEMET ten activada a alerta laranxa por temporal en toda a costa, por ondas de ata seis metros. A Xunta lembra a recomendación de afastarse de diques, rompentes ou paseos marítimos, e extremar as medidas de precaución | Dous homes, detidos na véspera deste día internacional contra a violencia machista por agredir as súas parellas. En Vilalba un home de máis de 80 anos golpeou cun martelo a súa muller e en Lugo un veciño atacou cunha navalla a súa parella | Comeza a conta atrás para que a xuiza do caso Samuel dite sentenza, logo de que o xurado popular emitise o seu veredicto este domingo. Considera culpables de asasinato con aleivosía a tres dos cinco acusados, e aprecia homofobia.
Exhumación en Salvaterra do Miño dunha foxa na que se sospeita que están soterrados cinco veciños de Moaña fusilados en 1936 polos franquistas. De momento os arqueólogos destaparon dous corpos | No Parlamento, primeira sesión de traballo da Comisión de investigación dos contratos da Xunta durante a pandemia que a oposición considera irregulares, con empresas relacionadas con familiares de membros do PP | Galicia e o Norte de portugal melloran a saúde cardiovascular a través do proxecto europeo New Heart, que busca optimizar a atención cardiovascular mediante a medicina personalizada| A retrospectiva máis importante de Irving Penn, o gran fotógrafo da revista Vogue, xa está no espazo de exposicións da Fundación Marta Ortega da Coruña
Exhumación de la fosa común de San Miguel de Cabreira, parroquia del municipio de Salvaterra do Miño (Pontevedra). En ella se encontraron los restos de dos vecinos de Moaña asesinados en 1936 por los franquistas. Emitido el 22 de noviembre de 2024 en el informativo territorial Telexornal Galicia.
Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias
Tralo paso da borrasca Caetano, Volve a influencia anticiclónica, nunha xornada de tempo seco e estable, e descenso das temperaturas mínimas. Xa pola noite haberá precipitacións febles e ocasionais máis probables na metade oeste. Mañá chegará un corredor de ventos do sur, con refachos moi fortes , e Durante o domingo unha fronte deixará chuvias pola tarde
Aparecen dous corpos e un casquillo de bala na Exhumación en Salvaterra do Miño dunha foxa na que se sospeita que están soterrados cinco veciños de Moaña fusilados en 1936 polos franquistas. Serán as probas de ADN as que determinarán se corresponden aos nomeados como os cinco descoñecidos da Cabreira | Arranca no Parlamento a comisión de investigación sobre supostos contratos irregulares da Xunta. O presidente da Sociedade Pública de Investimentos e o ex Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, defenderon as contratacions feitas na pandemia, e tamén a fórmula pola que se adxudicaron as obras do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo, no que o Consello de Contas apreciou un sobrecusto | O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a pasarela de Moda Debut 2024, O desfile, no que presentará as súas coleccións o alumnado do Mestrado en Deseño e Moda do campus | A retrospectiva máis importante de Irving Penn - o gran fotógrafo da revista Vogue- xa está no espazo de exposicións da Fundación Marta Ortega da Coruña. Instantáneas de moda e celebridades, e tamén arte reinvidicativa da condición humana, a igualdade, a multiculturalidade ou que o tabaco mata. A mostra máis ampla dun dos fotógrafos máis importantes do século XX
Chega unha fronte moi activa que atravesa Galicia de norte a sur. Será pola tarde cando as chuvias irán xeneralizándose e gañando máis intensidade, sobre todo nas zonas altas do interior das provincias atlánticas. As temperaturas, sen apenas cambios, con máximas dende os 13 graos de Ferrol aos 17 de Vigo
Un viveiro de Boqueixón é o maior produtor da flor de pascua, unha especie orixinaria de México e especialmente ben adaptada ao noso clima que estes días ten a sua principal saída ao mercado | O BNG terá que elexir entre tres candidaturas para renovar a sua dirección. A actual Portavoz Nacional, Ana Pontón, que opta a repetir no cargo, contará coa competencia da deputada autonómica Noa Presas e do portavoz municipal en Mos, Gustavo Barcia | O paso da Borrasca Caetano trae consigo aviso por ventos con refachos superiores aos 80 km/h en zonas altas das montañas de Lugo e Ourense, e tamén no litoral norte | O Banco de Terras da Xunta abre unha nova convocatoria na que dispón unhas 12.000 parcelas para alugar | A compañía teatral Valacar, composta por actores e actrices invidentes, volve esta noite ao escenario con "Pervertimento"
Traballo a contrareloxo para dar saída ao mercado das Flores de pascua. Este viveiro, cerca de Santiago, cultiva máis de 40.000 plantas da poinsettia, unha especie orixinaria de México e especialmente ben adaptada ao noso clima, e destinadas a decorar os fogares polo nadal | O BNG terá que elexir entre tres candidaturas para renovar a sua dirección. A actual Portavoz Nacional, Ana Pontón, que opta a repetir no cargo, contará coa competencia da deputada autonómica Noa Presas e do portavoz municipal en Mos, Gustavo Barcia. A elección terá lugar na Asamblea Nacional, en Santiago, o próximo día 1 de decembro | O Banco de Terras da Xunta abre unha nova convocatoria na que dispón unhas 12.000 parcelas para alugar. A maioría son de titularidade pública, procedentes de concentracións parcelarias. Son moi demandandas por explotacións agrarias e gandeiras | A compañía teatral Valacar, composta por actores e actrices invidentes, volve esta noite ao escenario con "Pervertimento", unha obra que a través da farsa e o humor do absurdo deixa profundas reflexións, e derruba estereotipos sobre as persoas con discapacidade. A estrea no salón de actos da sede da Once da Coruña
Flores de pascua para decorar os fogares polo nadal. Un viveiro de Boqueixón, cerca de Santiago, é o maior produtor en Galicia da poinsettia, unha especie orixinaria de México e especialmente ben adaptada ao noso clima. Cultivan máis de 40.000 plantas, que estes días teñen a sua principal saída ao mercado | O paso da Borrasca Caetano trae consigo aviso por ventos con refachos superiores aos 80 km/h en zonas altas das montañas de Lugo e Ourense, e tamén no litoral norte. E aí onde tamén está activada a alerta laranxa por mar de vento | Máis da metade dos peregrinos que chegan a Santiago fan o Camiño Francés. A mancomunidade dos concellos desa ruta presentan unha guía dixital que amosa as súas singularidades turísticas
Seguimos nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, con ventos do oeste que traen moita humidade. Ceos parcialmente cubertos con chuvascos ocasionais máis probables no norte e oeste. As temperaturas mínimas experimentaron un lixeiro ascenso, mentres que as máximas quedan sen cambios significativos entre os 13 graos de Lugo e os 17 na Coruña e Vigo
A Garda Civil identifica ao presunto autor dos maiores incendios do ano pasado en Galicia, con máis de 2.000 hectáreas arrasadas, na Mariña de Lugo | O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa do PP para reclamar ao goberno central que revise o sistema Viogén, ao que están acollidas en Galicia máis de 5.600 mulleres | Renfe anuncia a recuperación do tren directo entre Lugo e Madrid, a partir do 18 de decembro | Os produtos derivados do leite son unha das principais claves na dieta atlántica, que nos sitúa entre as poboacións máis lonxevas do mundo. Así o destaca o libro branco dos lácteos | En Vigo arranca a Semana de Cine Submarino, a cita coa beleza do mundo asolagado, que pon o acento na preservación dos ecosistemas
A Garda Civil cre ter identificado o autor dos maiores incendios do ano pasado en Galicia, con máis de 2.000 hectáreas arrasadas, nos concellos de Trabada e Barreiros, na Mariña de Lugo. Trátase dun mozo de 27 anos, membro dunha brigada do servizo de loita contra o lume. Logo de ser detido, quedou en liberdade á espera de pasar a disposición xudicial | O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa do PP para reclamar ao goberno central que revise o sistema Viogén, ao que están acollidas en Galicia máis de 5.600 mulleres. A Xunta comprométese tamén a elaborar unha nova lei contra a trata, e a incluir a educación sexual e afectiva nos contidos educativos dende o vindeiro curso. | Os produtos derivados do leite son unha das principais claves na dieta atlántica, que nos sitúa entre as poboacións máis lonxevas do mundo. Así o destaca o libro branco dos lácteos, unha guía de referencia elaborada por expertos en nutrición, que abogan por recuperar os hábitos dietéticos tradicionais fronte á estandarización alimentaria | En Vigo arranca a Semana de Cine Submarino, a cita coa beleza do mundo asolagado, que pon o acento na preservación dos ecosistemas. Entre as propostas de hoxe, unha viaxe polos santuarios que acollen agunhas da criaturas máis raras do planeta, e un documental sobre a práctica desaparición da lagosta dos mares galegos. Nesta edición, tamén, a Universidade e Vigo renderá homenaxe ao que fora impulsor do certame, José Luis Gonzalez
En liberdade tras ser detido pola Garda Civil o presunto autor dos incendios de Trabada e Barreiros, na Mariña de Lugo, os máis grandes de Galicia o ano pasado con máis de dúas mil hectáreas queimadas. O detido de 27 anos, traballa nas cuadrillas dos servizos contraincendios | Polémica no Parlamento polas críticas da Conselleira de Política Social e Igualdade ao funcionamento do sistema Vioxen, de protección ás vítimas da violencia de xénero | Renfe anuncia a recuperación do tren directo entre Lugo e Madrid, a partir do 18 de decembro | A pouco máis dun mes para o Nadal, algúns xa van preparando o ambiente. É o caso dun matrimonio de Camposancos, no concello da Guarda, inspirados na tradición dos seus antigos veciños en Estados Unidos, onde viviron varios anos
Diego Montaña, principal sospeitoso do crime, recoñece a agresión a Samuel Luiz, aquela noite. Xunto a él, no xuizo, dan a súa versión do ocorrido Alejandro Freire e Kaio Amaral os outros acusados que permanecen en prisión, e que se declaran inocentes | A Garda Civil investiga o incendio ocorrido nunha vivenda no concello do Grove, co resultado dunha muller falecida. O seu marido puido ser rescatado de entre o lume, e quedou ingresado na UCI. Outras catro persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume | A viguesa Laura Fernández, doente cun cancro terminal, reclama recibir a eutanasia. A Comisión de garantías do Sergas estuda a sua solicitude dende finais de outubro. Dende a unidade de paliativos do Hospital do Meixoeiro Laura anima a facer o testamento vital | Hoxe imos achegarnos ao traballo de Chago Martínez, coñecido ferreiro de Compostela, que traballou durante máis dunha década na restauración da catedral de Santiago, un labor que lle permitiu descubrir técnicas tradicionais para tratar o ferro antigo, e que lle valeron recoñecementos como un premio do colexio de arquitectos
Quedamos nunha zona de transición entre as altas presións e unha profunda borrasca ao noroeste con ventos que traen moita humidade. Ceos parcialmente cubertos, especialmente na metade oeste, onde se podería rexistrar algún orballo pola tarde e estendéndose nas últimas horas. As temperaturas sofren un moderado descenso.
Laura, a viguesa enferma terminal que reclamou públicamente acelerar a súa eutanasia, morreu esta mañá no hospital, da maneira que ela elixiu | Sesión de control no Parlamento, cun novo cruce de acusacións entre Rueda e a portavoz do BNG a conta da comisión de investigación dos contratos supostamente irregulares durante a pandemia | Máis de 60 mil empregados públicos están asegurados actualmente en Galicia a través de Muface. Pasarían a ser trasvasados ao Sergas, segundo a proposta do Goberno Central | Hai hoxe xusto 22 anos que o Prestige, cargado con máis de 70.000 toneladas de fuel, partía en dous, e afundía a 28 millas de Fisterra | No hospital de Lugo, exposición dos traballos de arte e artesanía que realizan os pacientes das unidades de saúde mental
Laura, a viguesa, enferma terminal, que reclamou públicamente á Xunta acelerar a súa eutanasia, morreu esta mañá no hospital, da maneira que ela elixiu e cunha espera menor da habitual. Valedora do tesatmento vital e a morte digna reclamou máis medios para as unidades de coidados paliativos | Novo enfrontamento entre Alfonso Rueda e Ana Pontón no Pazo do Hórreo, pola comisión de investigación sobre contratos da Xunta que os grupos da oposición consideran irregulares. O presidente acusa á lider do BNG de pretender un xuízo paralelo aos dirixentes do PP e os seus familiares | Máis de 60 mil empregados públicos, a maioría docentes, están asegurados actualmente en Galicia a través de Muface. Pasarían a ser trasvasados ao Sergas, segundo a proposta do Goberno Central despois de que as aseguradoras deixasen deserto o concurso para seguir prestando o servizo. A Consellería de Sanidade reclama máis información e un aumento dos recursos para atendelos | Hai hoxe xusto 22 anos que se producía fronte á nosa costa unha imaxe que daría a volta ao mundo. Despois de varios días de rumbo errático, o Prestige, cargado con máis de 70.000 toneladas de fuel, partía en dous, e afundía a 28 millas de Fisterra. Daba lugar á maior vertedura da nosa historia e propiciaba unha marea de voluntarios e protestas pola xestión da catástrofe, que volven á actualidade
Hai hoxe xusto 22 anos da imaxe que daría a volta ao mundo: despois de varios días de rumbo errático, o Prestige, cargado con máis de 70.000 toneladas de fuel, partía en dous, e afundía a 28 millas da costa de Fisterra | Sesión de control no Parlamento, cun novo cruce de acusacións entre Rueda e a portavoz do BNG a conta da comisión de investigación dos contratos supostamente irregulares durante a pandemia | No hospital de Lugo pódese visitar desde hoxe a exposición dos traballos de arte e artesanía que realizan os pacientes das unidades de saúde mental. Obras con beneficios terapéuticos e de socialización para os enfermos, que piden non ser estigmatizados pola súas doenzas |
Continúa a influencia das altas presións aínda que vai entrando aire frío nas capas altas da atmosfera que deixa algo de inestabilidade. Deste xeito predominan as nubes de tipo medio e alto, con posibilidade dalgún chuvasco moi illado e ocasional no interior pola tarde. As Temperaturas, sen cambios ou con lixeiros descensos, máximas entre os 18 graos de Lugo e os 21 de Pontevedra
Silencio polas vítimas dos accidentes de tráfico no Día Mundial que chama a atención sobre este problema | O histórico narcotraficante Sito Miñanco volveu hoxe a xuízo na Audiencia Nacional, xunto a 47 membros da súa organización. Están acusados do transporte de case 4 toneladas de cocaína | Comeza en Ourense un xuízo no que por primeira vez nesta provincia se pide para un a un acusado a prisión permanente revisable. Trátase dun enfermo mental que matou a unha moza a coiteladas e que intentou asasinar tamén ao seu noivo | A Xunta contempla a convocatoria de 600 prazas para a administración durante o próximo ano | Pacientes de alzheimer elaboran receitas do seu recordo nas cociñas dos mellores chefs de Galicia