Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Novo acto en Baiona para amosar a consternación polo asasinato de Estela Blach, de 36 anos, confirmado xa como caso de violencia de xénero, o cuarto no que levamos de ano en Galicia. Mentres, continúa a busca do sospeitoso|Reunión do Consello da Xunta na vila coruñesa deNoia. Alíaproveitou para anunciar investimentos na comarca como a creación dunnovo centro de saúde, ou o desdobramento da vía entre Brión e Noia para convertelanunha autovía|Os grupos da oposición rexeitan que Alberto Núñez Feijóo non sexa incluido entre os citados a comparecer na Comisión de investigación sobre os contratos da Xunta durante a pandemia e o sobrecusto do Hospital AlvaroCunqueiro

Ceos cubertos pola chegada dunha fronte desde o noroeste. Na franxa atlántica, algúns chuvascos durante a mañá que se irán estendedo pola tarde. Chuvias que serán máis probables e intensas no terzo norte pero que remiten ao final do día. O resto da fin de semana baixan as temperturas e as chuvias serán máis probables durante a tarde do domingo

A Garda Civil busca ao presunto autor do asasinato dunha muller, na parroquia de Belesar, en Baiona. O cadaver foi atopado con signos de golpes, á entrada da casa del | Paro en todolos centros de traballo simbólico para expresar as condolencias polas persoas falecidas na catástrofe de Valencia| Segue a negociación entre os representantes dos partidos sobre quen será citado a comparecer na comisión de investigación dos contratos da Xunta sospeitosos de irregularidades | Abre en Santiago o centro Mestrelab, dedicado á investigación avanzada no deseño de ferramentas dixitais para os sectores farmacéutico e biotecnolóxico | Un referendum para decidir a futura ubicación da farola da Estrada. É o que se está a celebrar hoxe na localidade pontevedresa

A Garda Civil busca un home de 38 anos como presunto autor do asasinato da su ex parella, na parroquia de Belesar, en Baiona. Sobre él pesaba unha orde de afastamento da vítima. O cadaver foi atopado de madrugada, con signos de golpes, á entrada da casa del | Todos os traballadores estaban hoxe chamados a participar nun paro simbólico para expresar as condolencias polas persoas falecidas na catástrofe de Valencia. Os sindicatos e organizacións empresariais reclaman tamén apoio para salvar os empregos nunha zona devastada | Abre en Santiago o centro Mestrelab, dedicado á investigación avanzada no deseño de ferramentas dixitais para os sectores farmacéutico e biotecnolóxico. A empresa, con clientes entre os principais laboratorios e universidades do mundo, conta con crear uns 300 postos de traballo de alta cualificación | Un referendum para decidir a futura ubicación da farola da Estrada. É o que se está a celebrar hoxe na localidade pontevedresa. Os veciños participan no chamamento ás urnas para pronunciarse ante o polémico proxecto de trasladar o que moitos consideran un dos seus sinais de identidade

A Garda Civil busca a un home de 38 anos como presunto autor do asasinato da su ex parella, na parroquia de Belesar, en Baiona. Sobre él pesaba unha orde de afastamento da vítima. O cadaver foi atopado de madrugada, con signos de golpes, á entrada da casa dél | As organizacións empresariais e os sindicatos UGT, Comisións Obreiras e Uso convocan conxuntamente un paro de 10 minutos polos afectados pola DINA. Ademáis das condolencias polos falecidos piden axudas para evitar despidos e que as empresas que o perderon todo poidan recuperar a súa actividade | Os veciños da Estrada están chamados ás urnas hoxe e mañá. Van facer un referendum para decidir o futuro emprazamento da recoñecida coma "Farola da Estrada”

Seguimos baixo dominio anticiclónico. Néboas en comarcas do interior que deixan paso a ceos con intervalos de nubes de tipo alto que non impiden completamente o paso do sol. Cara á noite e durante a madrugada irán entrando nubes medias e baixas desde o oeste. As temperaturas sofren un lixeiro descenso, ainda así con máximas altas para época do ano

Material escolar, produtos de limpeza e xogos educativos. E o que reclaman dende os colexios que quedaron arrasados pola riada de Valencia. No colexio de Palas de Rei abordan unha iniciativa solidaria de recollida | Enfrontamento no concello de Vigo, entre os representantes do goberno municipal e os da oposición, a conta da reclamación de que as obras para conectar o AVE coa cidade de Porto estean rematadas para 2030 | A Xunta medirá os niveis de radon en centros sanitarios e educativos e fomentará o rexistro en vivendas e centros de traballo privados| Xuízo en Pontevedra ao mozo que en 2015 agrediu a Mariano Rajoy durante un paseo electoral | A poboación de Galicia suma máis de 5.000 novos residentes dos últimos tres meses. É o maior crecemento dende a crise económica de 2008

Material escolar, produtos de limpeza e xogos educativos. E o que reclaman dende os colexios que quedaron arrasados pola riada de Valencia. No colexio de Palas de Rei profesores e alumnos atenden o chamamento e abordan unha iniciativa solidaria de recollida, a que se están a unir dende outros centros da provincia de Lugo | Tenso enfrontamento hoxe, no pleno do concello de Vigo, entre os representantes do goberno municipal e os da oposición, a conta da reclamación de que as obras para conectar o AVE coa cidade de Porto estean rematadas para 2030. O alcalde Abel Caballero pedía ao PP e ao BNG que se disculpasen por anteriores posicionamentos para poder sumarse á iniciativa | A Xunta medirá os niveis de radon en centros sanitarios e educativos e fomentará o rexistro en vivendas e centros de traballo privados. E parte da estratexia para reducir a exposición a ese gas, un elemento radiactivo e que abunda na nosa comunidade, polo elevado contido en granito do subsolo e está considerado como unha das principais causas de cancro de pulmón | A poboación de Galicia suma máis de 5.000 novos residentes dos últimos tres meses. É o maior crecemento dende a crise económica de 2008, segundo os datos que hoxe publica o Instituto Nacional de Estatística. A evolución positiva débese á chegada de inmigrantes emigrantes retornados e descendentes que adquiren a nacionalidade

En Palas de Rei o colexio recolle material escolar e de limpeza para enviar aos centros educativos da zona da catástrofe de Valencia. Outros dez colexios da provincia de Lugo sumáronse á iniciativa solidaria | O Concello de Vigo aproba, cos votos do grupo de goberno e a abstención do BNG, unha proposta para reivindicar o AVE Vigo-Porto en 2030 e a conexión directa a Madrid por Cerdedo. Unha sesión marcada polos reproches entre os grupos e o abandono da sala dos populares | Xuízo en Pontevedra ao mozo que en 2015 agrediu a Mariano Rajoy durante un paseo electoral. Está acusado de tentar asasinar cun coitelo a un xornalista de La voz de Galicia |

Recuperamos a influencia anticiclónica con ceos despexados e temperaturas en valores altos para esta época do ano, que non baixan dos 18 graos nas Rías Baixas. As máximas oscilarán entre os 22 graos de Santiago aos 25 de Ourense

O acendido das luces de Nadal de Vigo, será o sábado 16, as oito da tarde. O alcalde presentou os carteis que anuncian o Nadal vigués en distintas cidades de España, Europa e, por primeira vez, en Nova York | Galicia conta cun sistema de predición capaz de alertar do nivel ao que poden chegar as inundacións con ata tres días de antelación | A Xunta vai elevar en 5.000 euros os limiares de renda para acceder ás vivendas de promoción pública e estenderá a vacina contra o papiloma humano aos homes ata os 21 anos | Máis do 90 por cento dos ciberdelitos prodúcense debido á falta de información por parte dos usuarios. Así o advirten os expertos, que participan en Santiago no encontro galego de ciberseguridade | Bica é a primeira cadela da raza can de palleiro que presta servizo nas forzas de seguridade, ao ingresar na garda civil para buscar desaparecidos

Presentados os carteis en varios idiomas para anunciar o Nadal vigués por distintas cidades de España, Europa e, por vez primeira, en Nova York. O alcalde anunciou que as luces se van acender dentro de dez días, o sábado 16, as oito da tarde, nun acto menos festivo do habitual por respecto aos damnificados pola DINA en Valencia | A Xunta asegura que os seus medios de predición están capacitados para alertar do nivel ao que poden chegar as inundacións con ata tres días de antelación. O sistema opera so na demarcación Galicia-Costa, que cubre un 40 por cento do territorio, mentres o resto e competencia do Goberno Central | Máis do 90 por cento dos ciberdelitos prodúcense debido á falta de información por parte dos usuarios. Así o advirten os expertos, que participan en Santiago no encontro galego de ciberseguridade. Reclaman campañas de concienciación, sobre todo para as persoas maiores, ainda que din que calquera pode caer na trampa | E hoxe imos coñecer a Bica, a primeira cadela da raza can de palleiro que presta servizo nas forzas e corpos de seguridade. Acaba de ingresar na garda civil para buscar desaparecidos, Un fito que pon de manifesto as virtudes dunha raza dedicada tradicionalmente ao coidado da casa no rural galego, pero que agora está en risco de extinción

Presentados os carteis, en varios idiomas,  para anunciar o Nadal vigués por distintas cidades de España, Europa e, por vez primeira, en Nova York. O alcalde anunciou que as luces se van acender dentro de dez días | Galicia conta cun sistema de predicción avanzada que alertaría 48 horas antes dunha posible inundación.  Meteogalicia ten 160 estacións de medición e Augas de Galicia dispón de 95 | A Xunta vai elevar en 5.000 euros os limiares de renda para acceder ás vivendas de promoción pública e estenderá a vacina contra o papiloma humano aos homes ata os 21 anos | Bica é a primeira cadela da raza autóctona galega can de palleiro que traballa nas forzas e corpos de seguridade en todo o mundo. Acaba de ingresar na garda civil para buscar desaparecidos en Galicia

Xornada de transición cunha mañá de ceos cubertos e algúns chuvascos, máis intensos na franxa atlántica. Esas chuvias que remiten co avance da xornada. O vento do sur axudou a suba das temperaturas, especialmente das mínimas e con máximas que oscilarán entre os 19 graos previstos en lugo e os 22 que agardan en Vigo

Un novo continxente, composto por 200 efectivos da Policía Nacional, súmase á axuda enviada dende Galicia cara a Valencia | Galicia perdeu case 2.500 empregos en outubro, e o paro rexistrado subiu en 1.200 persoas, coincidindo coa fin da temporada turística | O persoal das residencias privadas comeza en Pontevedra a mobilización pola mellora do seu convenio | No Xuízo polo crime, os forenses declaran que Samuel Luíz non pudo defenderse da agresión | A cova máis profunda de Galicia e a Sima das Aradelas, nas montañas do Courel, en Lugo. Ata hai poco apenas se coñecían uns 200 metros de cavidade pero as últimas exploracións descubriron máis de dous quilómetros de novas galerías

Un novo continxente, composto por 200 efectivos da Policía Nacional, súmase á axuda enviada dende Galicia cara a Valencia, para colaborar na zona devastada pola DINA. Alí, os afectados reclaman máis medios humanos e maquinaria, pero polo momento non necesitan produtos como alimentos ou roupa | Galicia perdeu case 2.500 empregos en outubro, e o paro rexistrado subiu en 1.200 persoas, coincidindo coa fin da temporada turística. Os datos feitos públicos hoxe son considerados, de todos xeitos, os mellores nese mes dende hai 17 anos | O persoal das residencias privadas comeza en Pontevedra a mobilización pola mellora do seu convenio. No Día Internacional dedicado aso coidadores de persoas maiores, denuncian unhas condicións laborais moi inferiores as do sector público, con retribucións por debaixo do salario mínimo | A cova máis profunda de Galicia e a Sima das Aradelas, nas montañas do Courel, en Lugo. Ata hai poco apenas se coñecían uns 200 metros de cavidade pero as últimas exploracións descubriron máis de dous quilómetros de novas galerías

200 policías galegos para axudar en Valencia | O paro sube en 1.200 pesoas en outubro | Novos descobrementos na cova máis profunda de Galicia

Telexornal Galicia 05-11-2024

200 axentes da Policía Nacional partían esta mañá do cuartel de Lonzas, na Coruña, en dirección a Valencia. Van traballar nas zonas afectadas pola DINA para axudaren á reconstrución | O paro sobe por terceiro mes consecutivo. O fin da tempada turística explica que o desemprego aumentase en Galicia en máis de 1200 persoas. Malia esta suba, estamos ante os mellores datos nun mes de outubro desde o ano 2007 | No Xuízo polo crime de Samuel Luiz os médicos encargados de realizar a autopsia declaran que, en ausencia de feridas defensivas, non parece que Samuel se puidese defender da agresión | Novos descubrimentos na cova máis profunda de Galicia, a sima das Aradelas, nas montañas do Courel en Lugo. Os espeléologos exploran máis de dous quilómetros de novos treitos, con variadas formacións xeolóxicas

Un grupo de cinco bombeiros de Vigo, sae cara Valencia. Alí sumaranse aos compañeiros que xa están na zona. Dende os concellos afectados reclaman medios para achicar auga, de rescate acuático e maquinaria de limpeza | O Delegado do Goberno pide que se suspendan as recollidas de alimentos e medicamentos para enviar a Valencia, porque neste momento non fan falta. Os envíos de persoal e maquinaria deberán ser organizados desde as administración | Desde hoxe xa se pode descargar o bono activa comercio, con descontos de ata trinta euros para gastar en comercios locais. A Xunta destina dous millóns e medio de euros, co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela ao sector

Bombeiros de Vigo saen cara Valencia, onde se sumarán aos compañeiros que xa están na zona devastada pola DINA, xunto con efectivos doutros concellos galegos. Tamén chegan alí os profesionais da Axencia Galega de Emerxencias, que inclúen mergulladores e equipos de rescate. En total son cerca de 200 as persoas enviadas dende Galicia para axudar na catástrofe, coa previsión de que estarán alí polo menos durante os próximos sete días | Medios para achicar auga e maquinaria de limpeza. Esas son, agora mesmo as principais necesidades de axuda nas zonas afectadas, segundo solicitan as propias autoridades locais, e non comida ou medicamentos. Por iso os concellos paralizan a recollida deses produtos que viñan organizando. Os Bancos de Alimentos recomendan facer doazóns en metálico | Comeza unha nova campaña de vacinación contra o virus respiratorio sincitial nos centros de saúde, para os nenos nacidos desde o un de abril que non recibirán a dose nos hospitais. As autoridades sanitarias recomendana pola súa efectividade e tamén pra evitar os efectos respiratorios máis graves, coma bronquiolite ou neumonía | Xa se pode descargar o Bono activa comercio, con descontos de ata trinta euros para gastar en comercios locais. Cada persoa pode descargar un único bono, que consta dun código QR. Máis de 6.000 establecementos de toda Galicia participan nesta nova edición, para a que a Xunta destina dous millóns e medio de euros. Con esa partida prevé incentivar ata doce millóns en vendas no comercio tradicional

Aproxímase unha borrasca polo Atlántico fronte a Lisboa. Os chuvascos empezarán polo sur e estenderanse polo resto do país conforme avance a xornada con menos probabilidade no norte. As temperaturas máximas baixan algo. Con todo, os termómetros superarán os 20 graos en moitos puntos