Bombeiros, mergulladores e equipos de rescate, e ata cerca de 200 as persoas enviadas dende Galicia para axudar na catástrofe provocada pola DINA | As autoridades locais non solicitan comida ou medicamentos. Por iso os concellos paralizan a recollida deses produtos que viñan organizando | Comeza unha nova campaña de vacinación contra o virus respiratorio sincitial nos centros de saúde, para os nenos nacidos desde o un de abril que non recibirán a dose nos hospitais | Xa se pode descargar o Bono activa comercio, con descontos de ata trinta euros para gastar en comercios locais. Cada persoa pode descargar un único bono, que consta dun código QR. Máis de 6.000 establecementos de toda Galicia participan nesta nova edición
Aumento da nubosidade especialmente na metade sur con probabilidade dalgún chuvasco illado e de poca intensidade. No norte, nubes e claros e en xeral as temperaturas sen cambios. Con máximas que de novo superarán os 20 graos en moitos puntos. Un tempo anticiclónico que continuará nos próximos días da ponte
Orquídeas, rosas e sobre todo crisantemos. Son flores para lembrar os defuntos, na véspera de Todos os Santos. Nos camposantos é día de adecentar lápidas e tumbas, continuando así unha tradición que pervive no tempo | Arranca unha ponte festiva na que as previsións do sector turístico prevén unha ocupación media do 75 por cento durante os próximos días, que podería incrementarse polo bo tempo e as reservas de última hora. A provincia de Pontevedra é a que maior afluencia espera a nivel nacional, con case o 90 por cento | Seguemento de case o 90 por cento na Primeira xornada de folga no concello de Ourense, segundo os sindicatos convocantes. Reclaman o abono de pagas extraordinarias e protestan contra o que consideran falta de respecto contínuas por parte do alcalde Gonzalo Pérez Jácome | Entre os posibles plans para disfrutar durante a ponte, destacamos o Aquarium Finisterrae, a Casa dos Peixes da Coruña, que está a celebrar o seu 25 aniversario. Con máis de seis millóns e medio de visitantes recibidos neste tempo. Un dos principais centros de divulgación científica en toda España, adicado ao mundo do mar
Na véspera de Todos os Santos, é día de adecentar lápidas e tumbas con flores para lembrar aos defuntos | O sector turístico prevé unha ocupación media do 75 por cento durante os próximos días, que podería incrementarse polo bo tempo e as reservas de última hora. A provincia de Pontevedra é a que maior afluencia espera a nivel nacional, con case o 90 por cento | Seguemento de case o 90 por cento na Primeira xornada de folga no concello de Ourense, segundo os sindicatos convocantes | Multiplícanse os actos en mostra de dor e solidariedade coas vítimas da DINA | A Casa dos Peixes da Coruña, que está a celebrar o seu 25 aniversario. Con máis de seis millóns e medio de visitantes recibidos neste tempo
Institucións e forzas políticas galegas trasladan a súa solidariedade coas vítimas das inundacións nas comunidades de Valencia e Castela a Mancha. A Xunta envía efectivos para colaborar nos traballos de rescate |Os grandes recintos de vacinación volven abrir, dende hoxe, para administrar a inmunización conxunta contra a gripe e a covid. O primeiro grupo en ser convocado é o das preto de 300.000 persoas de entre 70 e 79 anos | A recollida da oliva está en marcha nas plantacións espalladas polas provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra. Os produtores din que, aínda con algunhas árbores derrubadas pola borrasca Kirk, a colleita podería superar o récord de 2021, cando se recolleron máis de 45.000 quilos | Descubriu con só tres anos a súa paixón pola música, e agora, aos 32, é unha das pianistas españolas con maior proxección internacional. A compostelá Isabel Dobarropresenta un primeiro álbum en solitario. 30-10-2024
Mantense a influencia anticiclónica. Ceos con alternancia de nubes e claros en xeral, con orballos no norte da provincia de Lugo e algún chuvasco illado no terzo sur. As temperaturas mínimas experimentaron un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sen cambios significativos, dende os 21 graos na Coruña ata 26 en Pontevedra. O vento soprará moderado do nordés, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra. 30-10-2024
Institucións e forzas políticas galegas trasladan a súa solidariedade coas vítimas das inundacións nas comunidades de Valencia e Castela a Mancha |Os grandes recintos de vacinación volven abrir para administrar a inmunización conxunta contra a gripe e a covid | A recollida da oliva está en marcha nas plantacións espalladas polas provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra. Os produtores din quea colleita podería superar os 45.000 quilos | Descubriu con só tres anos a súa paixón pola música, e agora, aos 32, é unha das pianistas españolas con maior proxección internacional. A compostelá Isabel Dobarropresenta un primeiro álbum en solitario. 30-10-2024
Institucións e forzas políticas galegas trasladan a súa solidariedade coas vítimas das inundacións nas comunidades de Valencia e Castela a Mancha. A Xunta envía efectivos para colaborar nos traballos de rescate |Os grandes recintos de vacinación volven abrir, dende hoxe, para administrar a inmunización conxunta contra a gripe e a covid. O primeiro grupo en ser convocado é o das preto de 300.000 persoas de entre 70 e 79 anos | Descubriu con só tres anos a súa paixón pola música, e agora, aos 32, é unha das pianistas españolas con maior proxección internacional. A compostelá Isabel Dobarropresenta un primeiro álbum en solitario. 30-10-2024
O escritor galego Manuel Rivas, galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas 2024 que concede o Ministerio de Cultura. O xurado destaca a sua extraordinaria calidade narrativa que aúna forza emocional e beleza formal. Tamén que o compaña o seu activismo, cunha pluma que induce á reflexión | Arranca oficialmente, en Santiago, o Observatorio da Lusofonía. Un organismo que leva o nome de Valentín Paz Andrade, impulsado pola Xunta para reforzar as relacións culturais e económicas cos países de fala portuguesa. Unha comunidade de máis de 270 millóns de persoas con presenza en catro continentes | Os libros electrónicos non melloran a aprendizaxe do alumnado nin a súa competencia dixital. Así o conclúe a enquisa realizada polas Anpas galegas, entre case catro mil familias sobre o uso dos recursos educativos dixitais na escola. O setenta por cento non quere que continúe o ensino mediante o programa Edixgal | Por aprendizaxe ou imitación, máis do 20 por cento dos menores de 18 anos, recoñecen actualmente que practican algún tipo de xogo de azar, apostas deportavas, poker en liña ou rascas. Os expertos advirten de que os videoxogos son unha porta ás ludopatías. Por eso no Día Nacional adicado a concienciar sobre estas condutas, piden programas preventivos nas escolas
Seguimos baixo a influencia anticiclónica, con ceos moi abertos e tan so algunha nubosidade de tipo alto. Pola tarde entrarán nubes polo sueste con posibilidade dalgunha precipitación feble e ocasional. As temperaturas con lixeiros ascensos, sobre todo as máximas, que van dende os 20 graos en Santiago ou a Coruña ata os 26 en Pontevedra
Arranque oficial, en Santiago, do Observatorio da Lusofonía. Un organismo que leva o nome de Valentín Paz Andrade, impulsado pola Xunta para reforzar as relacións culturais e económicas cos países de fala portuguesa. Unha comunidade de máis de 270 millóns de falantes con presenza en catro continentes | A transición cara as enerxías renovables xenera tensións nos territorios. En Galicia o sector está paralizado pola xustiza e agora a Xunta obriga a repotenciar aqueles parques eólicos que cumpren 25 anos| Os delictos de violencia contra a muller e os informáticos aumentaron un 12 por cento no último ano. Así o indica a memoria da Fiscalía presentado hoxe polo fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, no Parlamento
O escritor galego Manuel Rivas, galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas 2024 que concede o Ministerio de Cultura | Arranca oficialmenteo Observatorio da Lusofonía. Un organismo impulsado pola Xunta para reforzar as relacións cos países de fala portuguesa. Unha comunidade de máis de 270 millóns de falantes | Os libros electrónicos non melloran a aprendizaxe do alumnado nin a súa competencia dixital. Así o conclúe a enquisa realizada polas Anpas galegas | Os delictos de violencia contra a muller e os informáticos aumentaron un 12 por cento no último ano. Así o indica a memoria da Fiscalía presentado hoxe | Máis do 20 por cento dos menores de 18 anos recoñece actualmente que practica algún tipo de xogo de azar. Os expertos advirten de que os videoxogos son unha porta ás ludopatías
Amploseguemento en Galicia da folga do transporte de viaxeiros, segundo os sindicatos convocantes. Din que tan so están a funcionar os servizos mínimos, que son do cen por cen no transporte escolar |O pai de Samuel Luizcre que houbo odio no asasinato do seufillo. Díxoohoxe, emocionado, n a sesión do xuízo na que declaraba como testemuña. Taméndeclarou un antigo amigo dun dos acusados. E asegurou que éste llerecoñeceranunhamensaxe que é posible que mataran a Samuel por ser gai|Imanol Idiakezdeixa de ser adestrador do Deportivo. A directiva do club coruñés anuncia a súa destitución,despois de caer onte por 1-2 fronte o Racing de Santander...Outro mal partido dos coruñeses que en 25 minutos xa perdían 0-2. 28-10-2024
Seguemento masivo en Galicia, segundo os sindicatos convocantes, da folga do transporte de viaxeiros|O Pai de Samuel Luiz acude a declarar no xuízo que está a ter lugar na Audiencia da Coruña. En medio dunha gran emoción, refíreseao odio que ve no xeito en que acabaron coa vida do seufillo|A parella de Díaz Ayuso e a de Paula Prado, entre as propostas dos grupos da oposición para que comparezan na comisión de investigación sobre contratos da Xunta nos que sospeitan de irregularidades| A Xunta persoarase ante o Tribunal Superior da Unión Europea, respecto da consulta formulada polo Alto tribunal Galego sobre o proceso de concesión duns 70 parques eólicos, que contan actualmente con licenza aprobada pola administración autonómica, pero que están paralizados polaxustiza| O Deportivo da Coruña anuncia a destitución de Imanol Idiakez como adestrador. 28-10-2024
Seguemento masivo en Galicia, segundo os sindicatos convocantes, da folga do transporte de viaxeiros. Din que tan so están a funcionar os servizos mínimos, que son do cen por cen no transporte escolar. Nasliñas urbanas e sobre todo interurbanas, AlgunhasCancelacións e atrasos puntuais|O Pai de Samuel Luiz acude a declarar no xuízo que está a ter lugar na Audiencia da Coruña. En medio dunha gran emoción, refíreseao odio que ve no xeito en que acabaron coa vida do seufillo... Novas testemuñas apuntan á homofobia como mobil do crime|A parella de Díaz Ayuso e a de Paula Prado, entre as propostas dos grupos da oposición para que comparezan na comisión de investigación sobre contratos da Xunta nos que sospeitan de irregularidades. O plan de traballo final deberá ser aprobado contando coa maioría do PP| O Deportivo da Coruña anuncia a destitución de Imanol Idiakez como adestrador. A derrota ante o Racing de Santander por 1 a 2, nun mal partido, precipitou a decisión, co equipo en antepenúltimo lugar da clasificación, e tras cinco partidos seguidos sen gañar. 28-10-2024
A semana arranca cun aumento da influencia anticiclónica, coas altas presións entrando en forma de cuña polo nororeste. Ceos con nubes e claros en xeral e temperaturas en lixeiro ascenso. Máximas que van dende os 19 graos na Coruña e Lugo ata os 23 en Pontevedra e Vigo. 28-10-2024
Comeza a fin de semana con inestabilidade atmosférica. Tralo paso dunha fronte, quedamos na zona de chuvascos, que poderán ser localmente treboentos e acompañados de sarabia, e de neve a partir dos 1.200 metros, e con aire frío. As temperaturas, xa o notarían, baixaron. As máximas non pasarán dos 16 graos nascidades. 25-10-2024
Isabel Díaz Ayuso, nun acto institucional no Porriño, tras rexeitar a xuntanza á que estaba convocada con Pedro Sánchez|Galicia suma case 24.000 empregos máis durante o verán, segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada hoxe. O desemprego baixou en 7.300 persoase a taxa de paro sitúase no 8´8|O Primeiro exoesqueleto do mundo que se adapta ao peso e tamaño dos nenos, desde agora está dispoñible na asociación AmencerAspace de Pontevedra| Ofrenda floral, en Santiago, a Federico García Lorca, para conmemorar a data na que o escritor visitou por primeira vez a cidade| En busca da mellor tortilla de pataca de Galicia, con ou sen cebola. É o concurso no que participan Cociñeiros de Establecementos das catro provincias en Xantar, o Salón Gastronómico que se celebra en Ourense. 25-10-2024
Isabel Díaz Ayuso, nun acto institucional no Porriño, tras rexeitar a xuntanza á que estaba convocada con Pedro Sánchez. A presidenta madrileña chega a Galicia en medio das revelacións de irregularidades económicas da sua parella e a conmoción polas denuncias que fixeron abandonar a politica a Íñigo Errejón|Galicia suma case 24.000 empregos máis durante o verán, segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada hoxe. O desemprego baixou en 7.300 persoas e a taxa de paro sitúase no 8´8 por cento, fronteao 11´2 por cento de media do conxunto de España, que é o mellor dato dende o ano 2008|O Primeiro exoesqueleto do mundo que se adapta ao peso e tamaño dos nenos. Desde agora está dispoñible na asociación Amencer Aspace de Pontevedra grazas a un doador anónimo | En busca da mellor tortilla de pataca de Galicia, con ou sen cebola. É o concurso no que participan Cociñeiros de Establecementos das catro provincias en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. Entre os participantes, Ramón Rodríguez, do restaurante O Cabo da Coruña, gañador do último campinato de España. 25-10-2024
Isabel Díaz Ayuso, nun acto institucional no Porriño, tras rexeitar a xuntanza á que estaba convocada con Pedro Sánchez. A presidenta madrileña chega a Galicia en medio das revelacións de irregularidades económicas da sua parella e a conmoción polas denuncias que fixeron abandonar a politica a Íñigo Errejón|A enquisa de poboación activa, fala dun aumento da ocupación en Galicia no terceiro trimestre do ano. A taxa de paro baixaao 8´8 por cento. Os expertos indican que se camiña cara ao pleno emprego|Ofrenda floral, en Santiago, a Federico García Lorca, para conmemorar a data na que o escritor visitou por primeira vez a cidade, unha viaxe que, tal como el mesmo recoñeceu, influiría fondamente na sua vocación literaria. 25-10-2024