Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Segunda xornada do xuízo pola catástrofe do Prestige. // Dez anos despois da marea negra do Prestige, os estudos científicos confirman que a costa galega e as poboacións mariñas están recuperadas. // Últimos días na carreira para pedir o voto. // Chuvia e vento na terra e mar bravo no litoral. // Amal, o festival de cine árabe de Santiago, cumpre unha década. // Ángel Llanos: Desaparece un dos fotógrafos que documentaron o Vigo do século XX. (17/10/12)

Primeiro día do xuízo do Prestige. // Centos de persoas concentráronse pedindo que os responsables políticos non queden impunes. // Promesas dos candidatos a cinco días das eleccións. // Fomento negocia rebaixas nas peaxes da AP-9. // Alerta laranxa por chuvia no oeste da Coruña e ondas de cinco metros no litoral. // ¿A balea negra¿, a exposición do décimo aniversario do MARCO de Vigo. 16/10/12

Primeiro día do maior xuízo de Galicia. Cos responsables da navegación do Prestige e o daquela director xeral da Mariña Mercante ante o tribunal, no banco dos acusados, comezou esta mañá un proceso que se vai prolongar uns oito meses. // Coincidindo co inicio do xuízo varios centos de persoas concentráronse na Coruña pedindo que os responsables políticos daquel sinistro non queden impunes. // Promesas dos candidatos a cinco días das eleccións. // O Ministerio de Fomento negocia coa Autoestrada do Atlántico a gratuidade da viaxe de volta dos traballadores que habitualmente se desprazan entre Pontevedra e Vigo. // Alerta laranxa por chuvia no oeste da Coruña e ondas de cinco metros no litoral. // ¿A balea negra¿, a exposición do décimo aniversario do MARCO de Vigo. 16/10/12

Ceo moi anubrado ou cuberto e chuvias xeneralizadas de intensidade moderada, localmente fortes e persistentes nas provincias atlánticas. Vento moderado do Sueste, aumentando a forte no litoral e nas zonas altas co avance do día. Temperaturas mínimas en moderado ascenso e máximas sen cambios. 16/10/12

Primeiro día do xuízo do Prestige. // Centos de persoas concentráronse pedindo que os responsables políticos non queden impunes. // Promesas dos candidatos a cinco días das eleccións. // Fomento negocia rebaixas nas peaxes da AP-9. // Alerta laranxa por chuvia no oeste da Coruña e ondas de cinco metros no litoral. // ¿A balea negra¿, a exposición do décimo aniversario do MARCO de Vigo. 16/10/12

As malas condicións do mar obrigan a suspender a busca dos dous posibles desaparecidos no naufraxio do Orzán, na Coruña. // Campaña electoral: Mensaxes enfrontadas sobre o control do déficit. // Mariscadoras e redeiras de Cambados, premiadas pola súa faceta coma guías turísticas. // O Blusens Mombús Obradoiro comeza a temporada na Liga ACB encadeando tres vitorias. (15/10/12)

As malas condicións do mar obrigan a suspender a busca dos dous posibles desaparecidos no naufraxio que se producía onte á tarde no Orzán, na Coruña. Salvamento Marítimo rescataba pouco despois do sinistro a un dos tripulantes, xa cadáver. // Campaña electoral: Mensaxes enfrontadas sobre o control do déficit e o éxito na loita contra a crise. // Mariscadoras e redeiras de Cambados son recoñecidas a nivel nacional pola súa faceta coma guías turísticas, amosando aos visitantes como é o seu traballo no mar. // O Blusens Mombús Obradoiro comeza a temporada na Liga ACB encadeando vitorias, e xa van tres consecutivas. (15/10/12)

Bancos de néboa matinais que darán paso a ceos anubrados en xeral. Temperaturas mínimas en moderado descenso e máximas sen cambios.

Ventos frouxos de dirección variable pola mañá, tomando dirección sudoeste pola tarde e aumentando a intensidade moderada entre Bares e Fisterra. (15/10/12)

As malas condicións do mar obrigan a suspender a busca dos dous posibles desaparecidos no naufraxio do Orzán, na Coruña. // Campaña electoral: Mensaxes enfrontadas sobre o control do déficit. // Mariscadoras e redeiras de Cambados, premiadas pola súa faceta coma guías turísticas. // O Blusens Mombús Obradoiro comeza a temporada na Liga ACB encadeando tres vitorias. (15/10/12)

Todo listo no pazo de congresos da Coruña para acoller a partir do próximo martes o maior proceso xudicial de Galicia. Comeza o xuízo do Prestige. // Na campaña, tras os debates, os principais candidatos retoman o contacto cos electores. // Xunta aproba un plan para darlle pulo á tecnoloxía en Galicia coa creación de 300 empresas innovadoras. // Científicos de Vigo estudan novas especies de peixes para a acuicultura. // A Banda Crebinsky presenta novo disco, ¿Jet Lag¿. 11/10/12

Todo listo no pazo de congresos da Coruña, transformado en tribunal, para acoller a partir do próximo martes o maior proceso xudicial de Galicia. Comeza o xuízo do Prestige. Agárdase que a vista se prolongue uns oito meses. // Na campaña, tras os debates, os principais candidatos retoman o contacto máis directo cos electores. // Xunta aprobou un plan para darlle pulo á tecnoloxía en Galicia coa creación de 300 empresas innovadoras. O programa está dotado con 80 millóns de euros, que aportará maioritariamente a iniciativa privada. // Científicos de Vigo estudan novas especies de peixes adecuadas para a acuicultura. // A Banda Crebinsky presenta novo disco, ¿Jet Lag¿, con temas de "folclore imaxinario". 11/10/12

Ceos cubertos e chuvias xeneralizadas e puntualmente moderadas, máis frecuentes pola mañá. Vento frouxo de compoñente Oeste, con intervalos moderados no litoral Norte. Temperaturas en lixeiro descenso. 11/10/12

Todo listo no pazo de congresos da Coruña para acoller a partir do próximo martes o maior proceso xudicial de Galicia. Comeza o xuízo do Prestige. // Na campaña, tras os debates, os principais candidatos retoman o contacto cos electores. // Xunta aproba un plan para darlle pulo á tecnoloxía en Galicia coa creación de 300 empresas innovadoras. // Científicos de Vigo estudan novas especies de peixes para a acuicultura. // A Banda Crebinsky presenta novo disco, ¿Jet Lag¿. 11/10/12

Ourense ten desde hoxe novo alcalde. O socialista Agustín Fernández substitúe a Francisco Rodríguez, que dimitiu tras ser imputado na Operación Pokemon. // Campaña: Núñez Feijóo advirte contra a posibilidade de poñer o goberno nas mans de políticos que deixan as facturas a deber. // En Galicia, máis de 40.000 persoas sofren unha enfermidade mental grave. // Kalandraka obtén o premio nacional á mellor labor editorial. 10/10/12

Ourense ten desde hoxe novo alcalde. O socialista Agustín Fernández, inspector de facenda de 51 anos, foi elixido cos votos do PSOE e do BNG. Substitúe a Francisco Rodríguez, que dimitiu tras ser imputado na Operación Pokemon. // Campaña: Núñez Feijóo advirte contra a posibilidade de poñer o goberno nas mans de políticos que deixan as facturas a deber. Os candidatos seguen pendentes dos debates. // Día Mundial da Saúde Mental: En Galicia, máis de 40.000 persoas sofren unha enfermidade mental grave, e unha de cada catro vai padecer un trastorno deste tipo ao longo da súa vida. // Bos libros para alimentar a imaxinación dos nenos. Isto é o que publica Kalandraka, e polo que lle acaban de conceder o premio nacional á mellor labor editorial. // San Froián: Milleiros de persoas gozan cada día das barracas, do polbo e da música. 10/10/12

Ourense ten desde hoxe novo alcalde. O socialista Agustín Fernández substitúe a Francisco Rodríguez, que dimitiu tras ser imputado na Operación Pokemon. // Campaña: Núñez Feijóo advirte contra a posibilidade de poñer o goberno nas mans de políticos que deixan as facturas a deber. // En Galicia, máis de 40.000 persoas sofren unha enfermidade mental grave. // Kalandraka obtén o premio nacional á mellor labor editorial. 10/10/12

Ceos anubrados e chuvias durante a mañá na franxa atlántica e pola tarde, máis xeneralizadas, localmente moderadas e acompañadas de aparato eléctrico. Vento frouxo do Sueste, con intervalos moderados na Costa da Morte. Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro descenso as máximas, localmente moderado no interior. 10/10/12

Máis do 99 por cento das uvas da comarca ourensá do Ribeiro xa están recollidas. Este ano a produción reduciuse un 40 por cento.// As distintas valoracións sobre a situación económica e os xeitos de encarar a crise centraron o primeiro cara a cara entre os principais candidatos á Presidencia da Xunta.//Cinco empresas colaboran para inventar un xerador que permite ós barcos apagar o motor e reducir emisións contaminantes.// A Universidade de Santiago reconstrúe a traxectoria dun bólido de máis de cen quilos que atravesou o ceo de Galicia e rematou afundíndose no mar Cantábrico. 09/10/12

Máis do 99 por cento das uvas da comarca ourensá do Ribeiro xa están recollidas. Este ano a produción reduciuse un 40 por cento. Sen embargo, a calor que fixo no verán e durante a vendima contribuiu a que a maduración das uvas fose a óptima.// As distintas valoracións sobre a situación económica e os xeitos de encarar a crise centraron o primeiro cara a cara entre os principais candidatos á Presidencia da Xunta.// Cinco empresas galegas e a Universidade únense para inventar un xerador que lle permita aos barcos apagar os motores cando están en porto, reducindo así as emisións contaminantes. Vaise poñer en marcha en Vigo.// A Universidade de Santiago reconstrúe a traxectoria dun bólido de máis de cen quilos que atravesou o ceo de Galicia e rematou afundíndose no mar Cantábrico. A rocha celeste deixou unha estela que puideron ver máis dun cento de testemuñas pouco antes da posta do sol. 09/10/12