O home natural de lugo que perdeu á súa exmuller aunha filla e a unha neta no accidente aéreo dos Alpes, agradece os esforzos das autoridades francesas para devolverlles os corpos dos seus seres queridos pero di que as novas informacións sobre o papel do copiloto que estrelou o avión, non lle serven de consolo
A loita contra a corrupción e o terrorismo son os obxectivos que fixou para a súa xestión o novo Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suances. Tomou posesión a primeira hora desta tarde, na Coruña, nun acto presidido pola Fiscal Xeral do Estado, Consuelo Madrigal.
Tráfico prevé máis dun millón de desprazamentos esta semana Santa, algo máis de 300 mil só nesta primeira fin de semana de vacacións para moitos. Mentres Renfe colgou o cartel de non hai billetes para viaxar dende Madrid e Barcelona ata Galicia hoxe e mañá. (27/03/15)
O home natural de lugo que perdeu á súa exmuller aunha filla e a unha neta no accidente aéreo dos Alpes, agradece os esforzos das autoridades francesas para devolverlles os corpos dos seus seres queridos pero di que as novas informacións sobre o papel do copiloto que estrelou o avión, non lle serven de consolo
Os concelleiros do PP de Santiago absoltos pola Audiencia Provincial defenden a súa actuación no Concello que a Audiencia ve axustada á lei. O partido popular considérase prexudicado pola sentenza que inhabilitara aos seus concelleiros e dilles aos grupos da oposición que pidan perdón. O BNG insiste en que a decisión dos edís populares, pola que agora foron absoltos, foi incorrecta.Os socialistas preguntan se agora o Alcalde vai repoñer aos concelleiros demitidos nos seus postos.
Tráfico prevé máis dun millón de desprazamentos esta semana Santa, algo máis de 300 mil só nesta primeira fin de semana de vacacións para moitos. Mentres Renfe colgou o cartel de non hai billetes para viaxar dende Madrid e Barcelona ata Galicia hoxe e mañá. (27/03/15)
O home natural de lugo que perdeu á súa exmuller aunha filla e a unha neta no accidente aéreo dos Alpes di que as novas informacións sobre o papel do copiloto que estrelou o avión, non lle serven de consolo
Os concelleiros do PP de Santiago absoltos pola Audiencia Provincial defenden a súa actuación no Concello que a Audiencia ve axustada á lei.
Tráfico prevé máis dun millón de desprazamentos esta semana Santa, algo máis de 300 mil só nesta primeira fin de semana de vacacións para moitos. (27/03/15)
Lugo é unha das cidades onde se vive con especial intensisdade a dor polas vítimas da traxedia aérea dos Alpes. A exmuller, a filla e a neta de Juan Pardo Yáñez, un veciño da cidade, figuran entre os 50 españois que pereceson no sinistro. Os últimos datos sobre a acción voluntaria do copiloto para estrelar o avión, non axudan a aliviar o sofrimento.
As cámaras de comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcia fusionanse para reducir custes. Fano pola caída de ingresos ao deixar de ser obrigatorio o pagamento das cotas por parte das empresas. A nova entidade agrupará a 80 mil empresas da provincia de Pontevedra
A xunta aproba o decreto para aumentar a sua competencia no sector dos hidrocarburos co obxectivo de conseguir unha rebaixa nos prezos, dos mais altos de españa. Para que haxa mais competencia entre as empresas, o goberno galego pretende que ningunha operadora controle mais do 30 pero cento do mercado en cada provincia. (26/03/15)
Seguimos con ceos cubertos á espera de que cara a fin de semana vaia mellorando o tempo nun día no que subiron as temperaturas sobre todo polo norte. (26/03/15)
Lugo é unha das cidades onde se vive con especial intensisdade a dor polas vítimas da traxedia aérea dos Alpes. A exmuller, a filla e a neta de Juan Pardo Yáñez, un veciño da cidade, figuran entre os 50 españois que pereceson no sinistro. Os últimos datos sobre a acción voluntaria do copiloto para estrelar o avión, non axudan a aliviar o sofrimento.
Absoltos os sete exconcelleiros do Partido Popular de Santiago, que foran condenados a nove anos de inhabilitación por acordar pagarlle a defensa xurídica a un compañeiro. A Audiencia Provincial da Coruña revoga a sentenza condenatoria, ao non apreciar intento de delinquir na actuación dos sete exedís que xa dimitiron dos seus cargos.
As cámaras de comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcia fusionanse para reducir custes. Fano pola caída de ingresos ao deixar de ser obrigatorio o pagamento das cotas por parte das empresas. A nova entidade agrupará a 80 mil empresas da provincia de Pontevedra. (26/03/15)
Entre os 51 españois, vítimas do accidente do avión de GermanWings atópase un veciño da Coruña. Josep Sabaté, un catalán, extraballador de Inditex que vivía aquí, xunto coa súa muller, a piques de dar a luz, e os tres fillos pequenos da parella.
O instructor do sumario xudicial contra a deputada popular Paula Prado conclue que non atopa indicios de que teña cometido delito ningun . nun auto do tribunal Superior de Xustiza de Galicia estima que a causa aberta a éx portavoz do PP de Galicia por tráfico de influencias debe ser arquivada.
David Cal, o único deportista español con cinco medallas olímpicas, pensa na sua retirada cando falta só un ano para os xogos de Río de Xaneiro. O piragüísta pontevedrés de 32 anos levaba dende había dous anos en Brasil preparando a cita olímpica co seu adestrador , Suso Morlán, pero algo fallou. (25/03/15)
Os ceos seguirán parcialmente anubados , con risco de precipitacións, na mitade norte, que serán de neve por riba dos 900 metros. As temperaturas con tendencia a baixar, sobre todo, as mínimas. (25/03/15)
Entre os 51 españois, vítimas do accidente do avión de GermanWings atópase un veciño da Coruña.
O instructor do sumario xudicial contra a deputada popular Paula Prado conclue que non atopa indicios de que teña cometido delito ningun .
David Cal, o único deportista español con cinco medallas olímpicas, pensa na sua retirada cando falta só un ano para os xogos de Río de Xaneiro. (25/03/15)
As principais institucións da comunidade gardaron este mediodía minutos de silencio, en lembranza dos falecidos no accidente aéreo dos Alpes e a xunta ofreceu os seus medios para as labores de identificación dos cadáveres.
O instructor do sumario xudicial contra a deputada popular Paula Prado conclue que non atopa indicios de que teña cometido delito ningun . nun auto do tribunal Superior de Xustiza de Galicia estima que a causa aberta a éx portavoz do PP de Galicia por tráfico de influencias debe ser arquivada.
David Cal, o único deportista español con cinco medallas olímpicas, pensa na sua retirada cando falta só un ano para os xogos de Río de Xaneiro. O piragüísta pontevedrés de 32 anos levaba dende había dous anos en Brasil preparando a cita olímpica co seu adestrador , Suso Morlán, pero algo fallou. (25/03/15)
Seguimos no límite da influencia do anticiclón, situado sobre as Illas Azores. Por eso seguen os fortes ventos de compoñente norte e as temperaturas relativamente baixas. As nubes son máisi abondosas,canto máis ao norte, onde mesmo pode chover algo. (24/03/15)
Pendentes, coma toda España e toda Europa, do accidente de aviación, rexistrado esta mañá, nos Alpes Franceses. Entre os pasaxeiros atopábase un extraballador de inditex que vive na Coruña coa súa muller e tres fillos.
Potenciar a asignatura de matemáticas e engandir novas materias como finanzas ou xadrez serán novidades no novo curriculo do ensino secundario e bacharelato no que traballa o goberno Galego para adaptalo á Lomce.
Milleiros de estudantes universitarios protestan contra a reforma das titulacións superiores proposta polo goberno. Creen que deixar os graos universitarios en tres anos e completalos con masters de dous encarecerá o ensino superior. (24/03/15)
Pendentes, coma toda España e toda Europa, do accidente de aviación, rexistrado esta mañá, nos Alpes Franceses. No avión viaxaban 142 pasaxeiros e seis tripulantes. Entre os pasaxeiros atopábase un extraballador de inditex que vive na Coruña coa súa muller e tres fillos.
Potenciar a asignatura de matemáticas e engandir novas materias como finanzas ou xadrez serán novidades no novo curriculo do ensino secundario e bacharelato no que traballa o goberno Galego para adaptalo á Lomce.
Milleiros de estudantes universitarios protestan contra a reforma das titulacións superiores proposta polo goberno. Creen que deixar os graos universitarios en tres anos e completalos con masters de dous encarecerá o ensino superior. (24/03/15)
A Garda Civil trata de esclarecer o accidente ocorrido esta fin de semana en Vila de Cruces no que morreron duas persoas e feridas moi graves a unha terceira. Sospeitase que o turismo sinistrado, no que viaxaban as tres vítimas, podería estar participando nunha competiciòn ilegal con outro vehículo .
Os ministros de Fomento e Asuntos Exteriores, Ana Pastor e José Manuel García Margallo asisten en Santiago a un foro sobre a marca España. A titular de fomento destacou que entre os factores que máis potencian a imaxe do noso país no exterior están ademais do turismo e o aumento das exportación a calidade das infraestructuras.
En liberdade os dez detidos na operación Cóndor contra delitos económicos despois de prestar declaración durante a fin de semana. O principal imputado Raúl López, propietario de Monbus terá que comparecer os luns e mércores no xulgado e tén retirado o pasaporte. (23/03/15)