Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, aos dous equipos galegos de Primeira división. Os dous equipos chegan a este enfrontamento nun bo momento de xogo e resultados. As afeccións apostan por un partido igualado // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños. Hoxe continúan os traballos para a súa instalación, baixo unha discreta vixilancia policial, logo de que, na tarde de onte, unha nova manifestación protestara polo gasto que supuxo a súa colocación alí // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. Un mercado que suma 270 millóns de consumidores en Europa, América e África e tamén en  enclaves da China e da India. 20/02/15

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, aos dous equipos galegos de Primeira división. Os dous equipos chegan a este enfrontamento nun bo momento de xogo e resultados.  As afeccións apostan por un partido igualado // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños. Hoxe continúan os traballos para a súa instalación, baixo unha discreta vixilancia policial, logo de que, na tarde de onte, unha nova manifestación protestara polo gasto que supuxo a súa colocación alí // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. Un mercado que suma 270 millóns de consumidores distribuidos por Europa, América, África e con enclaves na China e na India. 20/02/15

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, a Celta e Deportivo // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. 20/02/15

O anticiclón retirouse xa cara as Azores, e Galicia queda no radio de acción das borrascas atlánticas, con ceos cubertos e chuvias xeneralizadas, sobre todo no litoral e as zona altas. 20/02/15 

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña. Presidirán a entrega das medallas de ouro do Eixo Atlántico, a entidade de colaboración transfronteiriza máis antiga da Unión Europea // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade. O barco, de 27 metros  e casco de aceiro foi trasladado de madrugada ata o seu emprazamento definitivo pese as protestas dun grupo de veciños que se opoñen ao gasto que supuxo // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato.

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña. Presidirán a entrega das medallas de ouro do Eixo Atlántico, a entidade de colaboración transfronteiriza máis antiga da Unión Europea.  Os Reis abrirán tamén oficialmente a exposición "El Primer Picaso" que lembra a etapa de formación do pintor universal na cidade Galega, na que viviu entre os 9 e os 13 anos // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade. O barco, de 27 metros e casco de aceiro foi trasladado de madrugada ata o seu emprazamento definitivo pese as protestas dun grupo de veciños que se opoñen ao gasto que supuxo // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato. Esta mañá foi xulgado na Coruña e aceptou esa pena que non suporá ingreso en prisión nin a perda do seu posto de traballo. 19/02/15

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato. 19/02/15

Condenado a dez anos de cárcere o ladrón do Códice Calixtino da Catedral de Santiago, Manuel Fernández Castiñeiras // Últimos retoques na Coruña para a posta en marcha dos actos e as exposicións que van servir para lembrar a época de formación que pasou Pablo Picaso na cidade, onde viviu entre os 9 e os 13 anos // O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro, non se vai presentar ás eleccións municipais e deixará, polo tanto, á presidencia da Deputación de Lugo. 18/02/15

Últimos retoques na Coruña para a posta en marcha dos actos e as exposicións que van servir para lembrar a época de formación que pasou Pablo Picaso na cidade, onde viviu entre os 9 e os 13 anos. Unha desas exposicións vai ser inaugurada mañá polos Reis e conta con 81 obras do pintor, chegadas dende París, Barcelona e Málaga // O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro, non se vai presentar ás eleccións municipais e deixará, polo tanto, á presidencia da Deputación de Lugo. Besteiro dixo que se vai centrar na política autonómica pero non aclarou aínda se vai ser o candidato á Presidencia da Xunta // Aumenta a expectación polo derbi galego de Primeira. Os xogadores do dépor e o Celta recoñecen que é un partido especial que agardan que sexa moi igualado. Os dous chegan o derbi do sábado en Riazor na zona media da táboa e nun bo momento de xogo. 18/02/15

Últimos retoques na Coruña para a posta en marcha dos actos e as exposicións que van servir para lembrar a época de formación que pasou Pablo Picaso na cidade, onde viviu entre os 9 e os 13 anos // O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro, non se vai presentar ás eleccións municipais e deixará, polo tanto, á presidencia da Deputación de Lugo // Aumenta a expectación polo derbi galego de Primeira. 18/02/15 

As borrascas deixaron paso hoxe o anticiclón que nos trouxo de volta o sol neste martes de entroido. Pouco a pouco os ceos foron despexando na meirande parte do pais nun día no que as temperaturas se manteñen ou baixan lixeiramente. As máximas han oscilar entre os 10 graos previsto en Lugo aos 14 de Pontevedra ou Vigo. (17/02/15)

Martes de entroido, e  na parroquia de Cobres, no concello pontevedrés de Vilaboa, celébrano deste colorista xeito. Son os chamados MADAMAS E GALÁNS. Unha tradición que se conserva e que parece que non vai desaparecer porque, din os veciños, hai relevo xeracional. 

   A xornada festiva levou a moitas familias ás montañas de Lugo e Ourense moi concurridas este martes de entroido. No Cebreiro,   Esta mañá rexistráronse  temperaturas moi baixas, de ata tres graos baixo cero. 

  Rosario Porto, a nai da nena Asunta Basterra, da que o cadáver aparecera perto de Santiago, foi trasladada dende o cárcere de teixeiro á súa casa en Teo co fin de tratar de aclarar un roubo que se produciu na vivenda, o pasado día 5. A intención do traslado era que identificara os obxectos que faltaron no presunto asalto. (17/02/15)

Martes de entroido, e  na parroquia de Cobres, no concello pontevedrés de Vilaboa, celébrano coa danza de madamas e galáns.

  A xornada festiva levou a moitas familias ás montañas de Lugo e Ourense. 

  A Asociación pola Memoria Histórica do 36 de Vigo, renuncia á vía xudicial para conseguir a demolición da Cruz do Castro. (17/02/15)

Martes de entroido, e  na parroquia de Cobres, no concello pontevedrés de Vilaboa, celébrano deste colorista xeito. Son os chamados MADAMAS E GALÁNS. Unha tradición que se conserva e que parece que non vai desaparecer porque, din os veciños, hai relevo xeracional. 

   A xornada festiva levou a moitas familias ás montañas de Lugo e Ourense moi concurridas este martes de entroido. No Cebreiro,   Esta mañá rexistráronse  temperaturas moi baixas, de ata tres graos baixo cero. 

  A Asociación pola Memoria Histórica do 36 de Vigo, renuncia á via xudicial para conseguir a demolición da Cruz do Castro. Creen que un recurso non vai prosperar, pero din que van  seguir tratando de que a presión social obrigue a retirala. (17/02/15)

A farrapada deulle este mediodía a saída ao entroido de Laza, un dos máis ancestrais do denominado triángulo máxico ourensán e onde esta tarde se revivirá  de novo a denominada "baixada da morena". Un personaxe ancestral que desfillará polas rúas e camiños da localidade.

  A estrada entre o aeroporto de Santiago e Curtis, en dirección a Lugo, estivo cortada varias horas por mor dun aparatoso  accidente de tráfico no que resultaron feridas moi graves as conductoras dos dous turismos implicados.

  O celta volveu esta mañá aos adestramentos, logo de derrotar ao Atlético de Madrid nun partido memorable no que os vigueses anularon o xogo e a estratexia do actual campión de Liga. (16/02/15)

A farrapada deulle este mediodía a saída ao entroido de Laza, un dos máis ancestrais do denominado triángulo máxico ourensán e onde esta tarde se revivirá  de novo a denominada "baixada da morena".

O recentemente elixido líder de Podemos en Galicia, Breogán Riobóo anuncia que a formación non concurrirá nas próximas municipais como partido senón integrados noutras candidaturas de unidade popular. Dixo no seu primeiro acto como secretario xeral da formación en Galicia despois de conseguir o respaldo da maioría de militantes con 3.800 votos.

   O celta volveu esta mañá aos adestramentos, logo de derrotar ao Atlético de Madrid nun partido memorable no que os vigueses anularon o xogo e a estratexia do actual campión de Liga. (16/02/15)

O entroido xa está en marcha. En Xinzo de Limia, unha das localidades do chamado triángulo máxico ourensán, os nenos escenificaron hoxe o futuro desta celebración tradicional. Fixérono acompañados dos seus profesores e cos disfraces que eles mesmos elaboraran // O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo inicia hoxe unha viaxe institucional a México, Perú e Colombia. Nos tres países latinoamericanos reunirase con empresarios e responsables de sectores importantes das economías deses países. Con eles busca impulsar a internacionalización das empresas galegas // O Deportivo xoga mañá contra o Real Madrid. Un partido no que os coruñeses tratarán de confirmar a súa recuperación e de aproveitar o actual nerviosismo dos brancos. E o Celta recibe en Balaídos ao Atlético de Madrid. Un equipo que chega coa moral moi alta despois de derrotar, precisamente ao Real Madrid. 13/02/15