Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Condenado en lugo un mozo ó que a sua ex parella acusaba de malos tratos // Diminuen os asentamentos chabolistas de xitanos en Galicia segundo o valedor do pobo // O Celta visita esta noite ao Granada e o Deportivo recibe en Riazor ao colista, o Córdoba. 08/04/15

Cinco afectados por participacións preferentes sentaron hoxe no banco dos acusados en Pontevedra onde foron xulgados por alterar a orde pública. Están acusados de saltar o cordón policial para acceder ao concello do Rosal durante unha protesta. Entre os encausados figura unha muller de 82 anos que percisa da axuda dun andador para desprazarse // Un xulgado da Coruña iniciou os trámites para encausar á compañía Vodafone España polo presunto cobro indebido do desbloqueo de teléfonos móbiles para que poidan ser usados con outras compañías da competencia // O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo foi dos poucos dirixentes autonómicos do PP que falou cos medios de comunicación, logo da Xunta directiva Nacional do Partido Popular na que Mariano Rajoy defendeu o logros na recuperación económica e lle pediu unidade ao partido. Feijóo dixo que o PP debe aprender dos erros. 07/04/15

Cinco afectados por participacións preferentes sentaron hoxe no banco dos acusados en Pontevedra onde foron xulgados por alterar a orde pública. Están acusados de saltar o cordón policial para acceder ao concello do Rosal durante unha protesta. Entre os encausados figura unha muller de 82 anos que percisa da axuda dun andador para desprazarse // Un xulgado da Coruña iniciou os trámites para encausar á compañía Vodafone España polo presunto cobro indebido do desbloqueo de teléfonos móbiles para que poidan ser usados con outras compañías da competencia // Pechadas ao marisqueo as Rías de Vigo, Pontevedra e Muros-Noia pola alta presenza de tóxina amnesica. Afecta a máis de mil bateas de mexillón e aos bancos marisqueiros de ameixa, berberecho, navalla e longueirón.Un episodio habitual na primavera que vixía o Intecmar, o instituto para o control do medio mariño. 07/04/15

Cinco afectados por participacións preferentes sentaron hoxe no banco dos acusados en Pontevedra onde foron xulgados por alterar a orde pública // Un xulgado da Coruña iniciou os trámites para encausar á compañía Vodafone // Pechadas ao marisqueo as Rías de Vigo, Pontevedra e Muros-Noia pola alta presenza de tóxina amnesica. 07/04/15

Xornada hoxe sen grandes cambios, respecto ás anteriores, seguen os ceos con poucas nubes. As temperaturas subirán na mitade norte e baixarán algo no sur. 07/04/15

O paro baixou en marzo en Galicia. 5.412 persoas borráronse das listas do desemprego o mes pasado.  Supoñen un descenso do 2 coma un por cento respecto ao mes anterior.

Boas cifras as  do turismo en Galicia, nesta Samana Santa. Os establecementos hostaleiros falan de ocupacións superiores ao 75 ou o 80 por cento en xeral.

  A organización de produtores de leite reclama que a Xunta medie ante a crítica situación do sector que cobra en Galicia os prezos máis baixos por litro de toda España, en torno os 30 céntimos. (06/04/15)

Boas cifras as  do turismo en Galicia, nesta Samana Santa.

 O paro baixou en marzo en Galicia. 5.412 persoas borráronse das listas do desemprego o mes pasado. 

  A organización de produtores de leite reclama que a Xunta medie ante a crítica situación do sector. (06/04/15)

Boas cifras as  do turismo en Galicia, nesta Samana Santa. Os establecementos hostaleiros falan de ocupacións superiores ao 75 ou o 80 por cento en xeral. Pero hai zonas coma Santiago, a Ribeira Sacra ou a Mariña de Lugo onde foi superior e rexistrou porcentaxes de máis do 90 por cento.

  O paro baixou en marzo en Galicia. 5.412 persoas borráronse das listas do desemprego o mes pasado.  Supoñen un descenso do 2 coma un por cento respecto ao mes anterior. Datos algo mellores que os da media de España onde o descenso foi do  un coma 33 %. 

  A organización de produtores de leite reclama que a Xunta medie ante a crítica situación do sector que cobra en Galicia os prezos máis baixos por litro de toda España, en torno os 30 céntimos. Segundo esta organización, a industria está a pagarlles  aos gandeiros galegos por debaixo dos custes de producción, entre seis céntimos e dez céntimos menos cós gandeiros do resto de España e Europa. (06/04/15)

As temperaturas baixaron durante a noite pero polo día han subir sobre todo no suroeste da Coruña e as Rías Baixas. As máximas hanse mover entre os dezasete e os 25 graos. (01/04/15)

Servizos turísticos coma os barcos das Cíes teñen xa garantida a ocupación de 70 de cada cen prazas dispoñibles. Unhas previsións similares ás do sector  en Xeral que, en toda Galicia agarda superar nun 20 por cento a ocupación rexistrada na Semana Santa do ano pasado.

   Máis de 700 mil desprazamentos agardanse nas estradas galegas nos vindeiros días, serán maioritariamente CURTAS. Por iso os responsables de trafico piden precaución ó volante e que non baixar a garda por exceso de confianza.

  A xunta acordou conxelar, un un ano mais, as taxas universitarias para o proximo curso, 2015-2016. o presidente Nuñez Feijoo destacou que Galicia  seguirá así coas taxas mais baixas de toda España. Beneficiaranse  64.000 alumnos. (01/04/15)

Servizos turísticos coma os barcos das Cies teñen xa garantida a ocupación de 70 de cada cen prazas dispoñibles.

 Máis de 700 mil desprazamentos agárdanse nas estradas galegas nos vindeiros días, serán maioritariamente curtas. 

 A xunta acordou conxelar, un un ano mais, as taxas universitarias para o proximo curso, 2015-2016.  (01/04/15)

O sector productor de leite de Galicia, o máis importante de España, vive horas decisivas. A cota láctea que limita a producción das granxas dende hai 25 anos  e que viña establecendo quen podía dedicarse a esta actividade e quen non, desaparece hoxe.  Unha liberalización que pode ter consecuencias positivas, e negativas porque  se teme que poida provocar  unha notable baixada dos prezos. 

  O ano pasado morreron 110 persoas en acidentes de tráfico en Galicia, 12 máis ca no 2013. Nese aumento pode influir o avellentamento do parque automobilístico xa que 40 de cada cen coches   teñen máis de 10 anos.  A idade dos conductores tamén conta e, por exemplo, en Ourense,a metade das vítimas ó volante tiña máis de 65 anos 

O sector turístico agarda que o bo tempo anime as reservas de última hora. O cluster de turismo de galicia dí de que cumprirse as expectativas poderían aumentar ata un 20% con respecto a 2014. (31/03/15)

O sector productor de leite de Galicia, o máis importante de España, vive horas decisivas. A cota láctea que limita a producción das granxas dende hai 25 anos  e que viña establecendo quen podía dedicarse a esta actividade e quen non, desaparece hoxe.  Unha liberalización que pode ter consecuencias positivas, e negativas porque  se teme que poida provocar  unha notable baixada dos prezos. 

  O ano pasado morreron 110 persoas en acidentes de tráfico en Galicia, 12 máis ca no 2013. Nese aumento pode influir o avellentamento do parque automobilístico xa que 40 de cada cen coches   teñen máis de 10 anos. A idade dos conductores tamén conta e, por exemplo, en Ourense, a metade das vítimas ó volante tiña máis de 65 anos 

O sector turístico agarda que o bo tempo anime as reservas de última hora.O cluster de turismo de galicia dí de que cumprirse as expectativas poderían aumentar ata un 20% con respecto a 2014. (31/03/15)

A cota láctea que limita a producción das granxas dende hai 25 anos  e que viña establecendo quen podía dedicarse a esta actividade e quen non, desaparece hoxe.  

  O ano pasado morreron 110 persoas en acidentes de tráfico en Galicia, 12 máis ca no 2013. 

O sector turístico agarda que o bo tempo anime as reservas de última hora. (31/03/15)

O tren de alta velocidade entre a Coruña e Vigo empeza a ser realidade.  A  ministra de Fomento e mais o Presidente da Xunta realizan  a viaxe inaugural dun servizo ferroviario que vai estar  a disposición de todos a partir deste próximo mes de abril. Acurtará á metade a duración dos traxectos. Entre a Coruña e Vigo pasará a durar 7o mimutos, entre Santiago e Vigo, 45; e entre Vigo e Pontevedra, un cuarto de hora.

Entran en servizo os primeiros treitos da autovía entre Santiago e Lugo. Son pouco máis de 20 quilómetros que transcorren integramente pola provincia lucense, entre Gutín e Nadela, no entorno da capital provincial.

 Mañá remata a prórroga para a reantenización para adaptarse o cambio de frecuencias das canles da TDT. O 31 de marzo é data prevista para o apagón das que se emitían nas vellas frecuencias que agora van ser utilizadas para a telefonía 4G. (30/03/15)

O tren de alta velocidade entre a Coruña e Vigo empeza a ser realidade.  A ministra de Fomento e mais o Presidente da Xunta realizan  a viaxe inaugural dun servizo ferroviario que vai estar  a disposición de todos a partir deste próximo mes de abril.   Acurtará á metade a duración dos traxectos entre cidades coma a Coruña, Santiago, Pontevedra  e Vigo.

Entran en servizo os primeiros treitos da autovía entre Santiago e Lugo. Son pouco máis de 20 quilómetros que transcorren integramente pola provincia lucense, entre Gutín e Nadela, no entorno da capital provincial.

 Mañá remata a prórroga para a reantenización para adaptarse o cambio de frecuencias das canles da TDT. O 31 de marzo é data prevista para o apagón das que se emitían nas vellas frecuencias que agora van ser utilizadas para a telefonía 4G. (30/03/15)