Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A policía nacional investiga a aparición dun cadáver nun contedor de cartón na planta de reciclaxe de na Coruña. Trátase do corpo dun home de 41 años de nacionalidade marroquina, e con antecedentes policiais | Queda visto para sentenza na Audiencia Provincial de Ourense o xuízo contra o editor e dono do xornal La Región por agredir ao alcalde da cidade. Os feitos ocorriron hai quince meses, antes dun concerto | Preocupación dos armadores do Gran Sol porque o próximo ano deberán capturar un 20 por cento menos de pescada nese caladoiro. Así o pactaron a Union Europea e o Reino Unido e deberá refrendalo agora o Consello de Ministros de Pesca que se reune en Bruxelas

Ademáis da neve, Hoxe hai tamén aviso amarelo por vento costeiro e por forte ondada en todo o litoral norte. Un vento nordés que achega aire frío e chuvascos, que son máis probables e intensos na metade norte. As temperaturas sen grandes cambios, con mínimas en valores negativos nas comarcas de montaña e máximas de 13 graos

Primeira neve da tempada en Pedrafita do Cebreiro, que deixa algunhas incidencias no transporte e na asistencia aos centros escolares | O BNG pide amparo ao Tribunal Constitucional pola negativa do Partido Popular a que comparezan altos cargos, como o ex presidente Alberto Núñez Feijóo, na Comisión parlamentaria que investiga supostos contratos irregulares durante a pandemia | Dende hoxe poden descargarse de novo os bonos activa comercio da Xunta | A vila ourensá de Ribadavia gaña o concurso "Xuntos brillamos máis”, que convoca a marca de bombóns Ferrero Rocher | A ocupación hoteleira superou en Galicia o 80% durante a ponte de decembro. Unha afluencia turística que tivo o seu principal reclamo en Vigo onde os establecementos hoteleiros colgaron o cartel de completo

Primeira neve da tempada en Pedrafita do Cebreiro, coa cota situada arredor dos mil metros de altitude, que deixa algunhas incidencias no transporte e na asistencia aos centros escolares | O BNG pide amparo ao Tribunal Constitucional pola negativa do Partido Popular a que comparezan altos cargos, como o ex presidente Alberto Núñez Feijóo, na Comisión parlamentaria que investiga supostos contratos irregulares durante a pandemia e o sobrecuste do Álvaro Cunqueiro. Di que se están a vulnerar os dereitos dos deputados e acusa ao goberno popular de repartir 4.000 millóns de euros a dedo | Dende hoxe poden descargarse de novo os bonos activa comercio. A Xunta amplía o crédito con outros dous millóns e medio de euros, ante a alta demanda da actual convocatoria, que esgotou esa mesma contía en só dous días a primeiros de novembro. Agarda mobilizar máis de once millóns de euros en vendas en negocios de proximidade | A ocupación hoteleira superou en Galicia o 80% durante a ponte de decembro. Unha afluencia turística que tivo o seu principal reclamo en Vigo onde os establecementos hoteleiros colgaron o cartel de completo. E coas rúas ateigadas volven as queixas de grupos de veciños do centro da cidade, que din que os ruidos e a iluminación condicionan a sua vida cotiá

Primeira nevada da tempada nas montañas orientais de Galicia. A comarca dos Ancares está en alerta amarela por acumulación de ata dez centímetros que xa se rexistraron nas zonas máis altas. Recoméndase precaución nas estradas, sobre todo nas secundarias | Volven os bonos activa comercio. A Xunta reactiva con outros dous millóns e medio de euros estas axudas, despois do éxito conseguido e de que se esgotase o crédito inicial en só dous días | A vila ourensá de Ribadavia gaña o concurso "Xuntos brillamos máis”, que convoca a marca de bombóns Ferrero Rocher. Ribadavia foi o pobo máis votado polo público derrotando na final á localidade alacantina de Biar. O premio é unha iluminación especial de Nadal que se vai inaugurar o próximo xoves

Seguimos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con ventos húmidos que deixan ceos cubertos e algún orballo na franxa atlántica, e temperaturas suaves. A partir do sábado, chega unha masa de aire moi frío de orixe polar a Galicia. Fará que descendan as temperaturas, quedando en valores baixos a partir do domingo. E neve nos mil metros

Entran encapuchados nun bar de Carballo e matan dun tiro na cabeza a José Luís Alvarado, dominicano de 33 anos, e cun amplo historial delictivo | A ponte festiva arranca cunhas previsións de ocupación turística especialmente altas en Vigo e a sua contorna, coas luces de nadal como atractivo | Cúmprese un ano da vertedura de diminutas bolas de plástico que chegaban de forma masiva ás praias da ría de Noia, procedentes do buque Toconao | Festa rachada en Pasarón tras gañarlle o Pontevedra a todo un equipo de primeira división como é o Villarreal | A Orquestra Sinfónica de Galicia, con sede na Coruña, e considerada como unha da mellores de España, denuncia estar a atravesar unha difícil situación económica

Entran encapuchados nun bar de Carballo e matan dun tiro na cabeza a José Luís Alvarado, dominicano de 33 anos, e cun amplo historial delictivo, que se atopaba alí como cliente. A Garda Civil busca aos autores, que, sospeitan, actuaron por encargo | A ponte festiva arranca cunhas previsións de ocupación turística un tres por cento por riba do ano pasado no conxunto de Galicia, e que son especialmente altas en Vigo e a sua contorna, coas luces de nadal como atractivo. Os hoteis sen apenas prazas libres e cos restaurantes reforzando persoal | Cúmprese un ano da vertedura de diminutas bolas de plástico que chegaban de forma masiva ás praias da ría de Noia, procedentes do buque Toconao. A Xunta mantén a reclamación ao goberno central de case dous millóns e medio de euros que, di, custou a limpeza dunhas cinco toneladas de material| A Orquestra Sinfónica de Galicia, con sede na Coruña, e considerada como unha da mellores de España, denuncia estar a atravesar unha difícil situación económica. Din que teñen conxelado dende hai más de 20 anos o seu presuposto de 9 millóns de euros, aportados entre a Xunta, o concello e a Deputación. Advirten de que se non se incrementan eses fondos non poderán asumir unha programación de calidade

Entran encapuchados nun bar de Carballo e matan dun tiro na cabeza a José Luís Alvarado, dominicano de 33 anos, e cun amplo historial delictivo, que se atopaba alí de cliente. A Garda Civil busca aos autores, que, sospeitan, actuaron por encargo | O tirón das luces de Vigo leva a superar o 90% de ocupación hoteleira na ponte, beneficiando a establecementos espallados polas Rías Baixas. Turismo, sobre todo nacional e portugués | Festa rachada en Pasarón tras gañarlle o Pontevedra a todo un equipo de primeira división como é o Villarreal. En Ourense, alegría contida para os equipos galegos. No derbi, o Ourense impúxose ao Deportivo da Coruña. Hoxe é a quenda do Racing de Ferrol que visita ao Barakaldo

Xornada de tempo moi tranquilo, nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Pola mañá nebulosidade con algunha chuvia no oeste, pero co avance do día o ceo queda máis aberto. As temperaturas soben ata valores suaves para esta época, con máximas arredor dos 16 graos

O Bono Comercio terá una nova edición para o nadal. A Xunta reactívao a partir do luns, cunha dotación de dous millóns e medio de euros, logo de que a edición anterior, a principios de novembro, quedase esgotada | Malestar entre os responsables dos establecementos hoteleiros ante a obriga de incluir novos datos persoais no rexistro de viaxeiros, como a relación de parentesco | Máis de Cen máquinas quitaneves, e preto de vinte toneladas de sal forman parte do dispositivo do plan invernal de estradas | Xa está na casa, en Vilagarcía, Abraham, o neno prematuro que pesou menos de 400 gramos, o bebé máis pequeno nacido en España | A Unión Europea acordou rebaixar a protección do lobo, que pasará de estar estrictamente protexido a simplemente protexido. A Xunta reclama un cambio na protección do lobo no noso país tralo acordó da UE

O Bono Comercio terá una nova edición para o nadal. A Xunta reactívao a partir do luns, cunha dotación de dous millóns e medio de euros, logo de que a edición anterior, a principios de novembro, quedase esgotada en so dous días. As persoas que non puideron utilizalo daquela, poderán facelo agora, sen ter que descargalo de novo | Malestar entre os responsables dos establecementos hoteleiros ante a obriga de incluir novos datos persoais no rexistro de viaxeiros, como a relación de parentesco. Din que supón máis burocracia e menos privacidade. Os usuarios, en cambio, din que apenas están a notar a diferenza | Máis de Cen máquinas quitaneves, e preto de vinte toneladas de sal forman parte do dispositivo do plan invernal de estradas, que abangue máis de 2.000 quilómetros en Galicia. As intervencións levaranse a cabo seguindo as alertas da Aemet en portos de montaña e durante as nevadas en cotas baixas | A Unión Europea acordou rebaixar a protección do lobo, que pasará de estar estrictamente protexido a simplemente protexido. En Galicia a Xunta reclama que eso supoña tamén un cambio de lexislación no noso país. O goberno central, polo momento, di que manterá a especie na listaxe de protección especial

Máis burocracia e menos privacidade. É o que din dende o sector hoteleiro ante a normativa que amplía os datos persoais a incluir no rexistro de viaxeiros, como a relación de parentesco, e que é obrigatoria dende esta semana. Os usuarios, en cambio, din que apenas están a notar a diferenza | A Xunta anuncia unha nova edición do bono comercio para a festiva do 8 de Decembro. No Parlamento, o presidente Rueda destacou os dous millóns e medio de euros que engadirá á última edición do pasado mes de novembro | Hoxe coñecemos a Abraham que naceu de xeito prematuro, e pesou menos de 400 gramos, o bebé máis pequeno nacido en España. Pasou este tempo nunha incubadora pero por fin, está xa na casa cos seus pais

Chega unha fronte pouco activa, entrando polo noroeste. Trae chuvias febles que irán estendéndose de norte a sur. Serán máis intensas no oeste e zonas altas e máis concentradas na segunda metade do día. As temperaturas baixan e as máximas quedan en xeral por baixo dos quince graos

Desarticulada unha organización adicada a extraer ilegalmente ameixa da Ría de Ferrol | Novembro remata con catrocentas setenta persoas menos no paro na nosa comunidade | A Xunta aprobará unha lei de meteoroloxía propia, se o goberno central non lle traspasa as competencias. Así o anunciaba a Conselleira de Medio Ambiente nunha comparecencia no Parlamento | O número de incendios forestais rexistrados ao longo de 2024 é o máis baixo dos últimos dez anos. En total 105 incendios, que queimaron algo máis de 2.600 hectareas | Ao Club Atlos de Ourense pertencen os catro xogadores galegos cos que conta a selección española de parabádminton. Un deporte que está a medrar en popularidade entre as persoas con diversidade funcional

Desarticulada pola policía nacional unha organización adicada a extraer ilegalmente ameixa da Ría de Ferrol. Os axentes retiraron unha tonelada de molusco non apto para o consumo humano. Un ano de traballo de investigación que remata con 14 persoas detidas, unha delas de nacionalidade portuguesa. Pasaron xa a disposición xudicial | Novembro remata con catrocentas setenta persoas menos no paro na nosa comunidade. Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo, o desemprego baixa especialmente nos sectores da construcción e os servizos, onde se inclúe a hostelería. No último ano o descenso é do sete por cento e concéntrase sobre todo nos maiores de 45 anos | O número de incendios forestais rexistrados ao longo de 2024 é o máis baixo dos últimos dez anos. Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, en total foron 105 os incendios contabilizados, que queimaron algo máis de 2.600 hectareas. Delas, 1.800 corresponden ao período de alto risco, entre xullo e setembro, e supón a menor superficie de toda a serie histórica | No día internacional das Persoas con discapacidade, achegámonos ao Club Atlos de Ourense, ao que pertencen os catro xogadores galegos cos que conta a selección española de parabádminton. Un deporte que está a medrar en popularidade entre as persoas con diversidade funcional. Eles din que practicalo cambioulles a vida e aspiran a participar nos próximos xogos paralímpicos

Desarticulada pola policía nacional unha organización criminal que se dedicaba a extraer ilegalmente ameixa da Ría de Ferrol. Os axentes retiraron unha tonelada de molusco non apto para o consumo humano. Un ano de traballo de investigación que remata con 14 persoas detidas | A Xunta aprobará unha lei de meteoroloxía propia, se o goberno central non lle traspasa as competencias. Así o anunciaba a Conselleira de Medio Ambiente nunha comparecencia no Parlamento, onde ademáis presento a creación dun mercado voluntario de créditos de carbono| O paro baixa en novembro en 470 persoas en Galicia. O número de afiliados á seguridade social baixa tamén en máis de dous mil douscentos. No último ano o desemprego descendeu un sete por cento na comunidade

Tralo paso da treboada, entra o vento do norte que deixa os ceos parcialmente nubrados, con algún chuvasco illado na metade norte. Pola tarde abriránse máis claros. As temperaturas, xa o notarían, baixaron e son máis frescas. As máximas entre os 14 graos de Lugo e os 18 de Pontevedra e Vigo

Ana Pontón, aposta por conseguir un goberno nacionalista na Xunta, tralas próximas eleccións autonómicas, despois de ser reelexida con algo máis do 84 por cento dos apoios na Asamblea Nacional do BNG | Renuncia, por sorpresa, de Carlos Tavares ao frente do grupo Stellantis. O presidente da Xunta amosaba a sua inquedanza | A Xunta aproba o plan sanitario deste inverno para atender a gripe e outras patoloxías respiratorias | O número de persoas afectadas polo VIH mantense estancado en Galicia por riba dos 6.000, dende hai unha década | As estancias en aloxamentos extra-hoteleiros descenden case un 20 por cento en outubro en comparación co mesmo mes do ano anterior, ata situarse nun total de 209.000 | Cociñeiros con estrelas michelin ensinan a personas maiores de 60 anos que viven soas a facer un menú completo con alimentos sinxelos

Ana Pontón, aposta por conseguir un goberno nacionalista na Xunta, tralas próximas eleccións autonómicas, despois de ser reelexida con algo máis do 84 por cento dos apoios na Asamblea Nacional do BNG. A sua lista consigue 16 representantes na nova executiva, mentres a candidatura Arredista de NOa Presas faise con dous, e un vai para a de Gustavo Barcia | O grupo Stellantis designará un novo Conselleiro delegado despois de aceptar a renuncia, por sorpresa, de Carlos Tavares. O principal executivo do grupo tiña contrato ata 2026 pero a súa saída acelerouse nun momento de caída da rendabilidade, e no que o sector debe afrontar dificultades pola competencia das marcas chinesas. O presidente da Xunta amosaba a sua inquedanza | O número de persoas afectadas polo VIH mantense estancado en Galicia por riba dos 6.000, dende hai unha década. Os expertos destacan a dificultade de baixar a cifra, anque os novos tratamentos permiten que os afectados podan facer unha vida prácticamente normal | Cociñeiros con estrelas michelin ensinan a personas maiores de 60 anos que viven soas a facer un menú completo con alimentos sinxelos. E unha iniciativa posta en marcha en distintas cidades pola Fundación de Axuda a Maiores. Consello para para cociñar rápido, con baixo presuposto e de xeito saudable