Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Anticiclón que deixa mañás con néboas nos vales do interior e ceos despexados no resto con algunhas nubes baixas na Marina. As temperaturas soben agás polo norte. As máximas oscilan entre os 11 graos previstos en lugo aos 17 que agardan en Pontevedra. 01-12-2022

Pasa a disposición do xulgado o acusado de matar a coiteladas a Cristina Cabo. O detido, de 32 anos e orixinario de Colombia, acolleuse a o seu dereito a non declarar. // O ex xefe de seguridade da Axencia Ferroviaria europea acusa, no xuízo polo accidente do Alvia, as autoridades españolas de non adoptar medidas para reducir o risco na curva nin investigar correctamente o sinistro. // No día en que se cumpren 20 anos da gran manifestación polo Prestige, a Plataforma Nunca Máis pide ao Goberno que determine cales son os portos refuxio en caso de perigo. // A Unesco analiza, en Rabat, a candidatura do programa escolar Ponte nas Ondas, que difunde a cultura transfronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal, como modelo de boas práticas do patrimonio inmaterial. 01-12-2022

A Xunta abre a posibilidade de reordenar algúns centros de atención primaria, ante a carencia de profesionais dispoñibles. Mentres, aumentan as protestas dos usuarios pola saturación e o deterioro, din, dos servizos. // A policía destaca como fundamental a colaboración da comunidade colombiana en Lugo para esclarecer o asasinato de Cristina Cabo. O acusado, un home de 32 anos, de orixe colombiana, que coñeceu á vítima esa mesma noite. // Sustituir o actual desconto de 20 céntimos por litro por unha baixada do IVE dos combustibles ao 5 por cento. É a proposta dos empresarios de estacións de servizo. // Os videoxogos son a principal afección dos adolescentes galegos e ata un catro por cento son adictos a eles. É unha das conclusións do estudo realizado pola universidade de Santiago, con máis de 10.000 rapaces participantes. 30-11-2022

Un embolsamento de aire frío en altura móvese ó oeste de Portugal cara ó sur. Con esta situación, abundantes nubes e chuvias, máis frecuentes e intensas canto máis ó oeste. As temperaturas mínimas experimentaron un ascenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas seguen sen cambios significativos. 30-11-2022

O Conselleiro de Sanidade asegura que non se pechará ningún centro de saúde, anque estuda a proposta dos colexios médicos de reestructurar algún servizo, ante a falla de profesionais. // A policía destaca como fundamental a colaboración da comunidade colombiana en Lugo para esclarecer o asasinato de Cristina Cabo. O acusado, un home de 32 anos, de orixe colombiana, que coñeceu á vítima esa mesma noite. // Sustituir o actual desconto de 20 céntimos por litro por unha baixada do IVE dos combustibles ao 5 por cento. É a proposta dos empresarios de estacións de servizo. // Os videoxogos son a principal afección dos adolescentes galegos e ata un catro por cento son adictos a eles. É unha das conclusións do estudo realizado pola universidade de Santiago, con máis de 10.000 rapaces participantes. 30-11-2022

A Policía detén a un home en relación co asasinato da muller que apareceu acoitelada na sua casa de Lugo. O sospeitoso foi identificado nas últimas horas a partir da investigación no entorno da vítima. // No xuizo polo accidente do Alvia, o que era director de seguridade de Renfe atribuíu á Comisión de Accidentes Ferroviarios a responsabilidade de non establecer mellores medidas de seguridade na curva de Angrois. // Confírmase a moderación dos prezos no mes de novembro, e o IPC interanual manténse no 6´8 por cento, pola baixada dos carburantes e a electricidade, // Caras coñecidas da cultura galega, como Iolanda Castaño ou Benedicta Sánchez, colaboran no calendario en lingua de signos para a Federación de Asociacións de persoas Xordas de Galicia. 29-11-2022

Nubes e claron nunha xornada na que o ceo vaise ir cubrindo máis cara a noite coa entrada dunha nova fronte. Deixará chuvias primeiro polo oeste e xa de forma máis xeralizada durante a madrugada. As temperaturas con mínimas por baixo de cero no interior de Ourense e máximas que oscilarán entre os 11 graos previstos en Lugo aos 16 da Coruña. 29-11-2022

Un home detido en relación co asasinato da muller que apareceu acoitelada na sua casa de Lugo. O sospeitoso foi identificado nas últimas horas a partir da investigación no entorno da vítima. // Confírmase a moderación dos prezos no mes de novembro, e o IPC interanual manténse no 6´8 por cento, pola baixada dos carburantes e a electricidade. // Caras coñecidas da cultura como Iolanda Castaño ou Benedicta Sánchez, colaboran no calendario en lingua de signos para a Federación de Asociacións de persoas Xordas de Galicia. // Os visitantes do campamento romano de Bande, en Ourense, xa poden comprobar cales eran as súas dimensións reais grazas ao achado e reconstrución da porta principal. É un dos campamentos militares romanos máis completos da península ibérica. 29-11-2022

Toda a costa galega segue en alerta laranxa por ondas de ata 6 metros. Comezamos semana co aire frío que trouxo a fronte do domingo polo que as temperatura sofren un lixeiro descenso. Luns de nubes e claros con chuvascos intermitentes durante todo o día aínda que en xeral de pouco intensidade. 28-11-2022

Cristina Cabo, de 42 anos, é a muller asasinada a puñaladas na sua casa de Lugo, cidade na que rexentaba unha tenda de agricultura ecolóxica, e pertencía á plataforma feminista. // Aumenta a incidencia da gripe, con case 800 casos por 100.000 habitantes. O Sergas intensifica a campaña para inmunizar aos menores de cinco anos nos hospitais. // As luces e atraccións de Nadal inaguradas dende hai una semana en Vigo volven xerar polémica entre os veciños do centro, que recollen sinaturas para esixir unha solución ás molestias que din que lles provocan. // Aprenden a elaborar instrumemtos musicais a partir de froitos de carballo. Una iniciativa para defender a preservación do carballo de Santa Margarida de Pontevedra, e apoiar a sua candidatura como árbore do ano. 28-11-2022

Ceos despexados, ainda que comezou con néboas e nubes baixas. As temperaturas mínimas descenderon lixeiramente. O sábado estaremos baixo esta influencia anticiclónica, con ceos con intervalos de nubes. Pola tarde aumentará a nebulosidade desde o oeste. E o domingo chegará unha nova fronte fría, asociada a unha borrasca. 25-11-2022

Noelia Míguez, que se define como sobrevivinte da violencia de xénero, relata a agresión que lle provocou graves lesións das que ainda se recupera. // Actos institucionais, minutos de silencio, lectura de manifestos e concentracións en toda Galicia, no Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres. // Tendas pechadas en pleno Black Friday, na Coruña, Ferrol e Santiago, pola folga de dependentas do grupo Inditex. Os sindicatos din que o seguemento é maioritario. // Traballadores do sector naval protestan en Vigo trala morte dun operario de 42 anos nun accidente laboral. Denuncian a precariedade das condicións nas industrias auxiliares e piden que se retome a negociación sobre prevención de riscos laborais. 25-11-2022

No Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres, Noelia Miguez relata a agresión que a levou a unha UCI con oito puñaladas. // En toda Galicia sucédense hoxe actos institucionais, minutos de silencio, lectura de manifestos e concentracións para suliñar a necesidade dun esforzo que debe comprometer a todos. // Tendas pechadas en pleno Black Friday, na Coruña, Ferrol e Santiago, pola folga de dependentas do grupo Inditex. Os sindicatos din que o seguemento é maioritario. // Traballadores do sector naval protestan en Vigo trala morte dun operario de 42 anos nun accidente laboral. Denuncian a precariedade das condicións nas industrias auxiliares e piden que se retome a negociación sobre prevención de riscos laborais. 25-11-2022

Seguen as chuvias, que serán algo máis intermitentes durante a tarde. Continua a alerta laranxa en toda a costa por ondas de ata sete metros e para mañá agardamos unha xornada de transición cara un tempo algo máis seco. 24-11-22

Dependentas de Inditex da Coruña fan escoitar a sua protesta, no arranque da folga nalgúns establecementos, que adiantan os descontos do Black Friday, e que se extenderá mañá as tendas de toda a provincia. // O Colexio de Médicos de Pontevedra anuncia a ruptura de relacións coa consellería de Sanidade polo que consideran deficientes condicións laboráis. // Cerca de mil vítimas de violencia de xénero conseguiron algunha medida de protección en Galicia na primeira metade do ano. Os xulgados reclaman máis salas especializadas neses casos, que ata agora so existen na Coruña e Vigo. // Un branco de crianza elaborado con uvas de treixadura, pola adega do Ribeiro Ramón do Casar, é o elixido como mellor viño de 2021, na gala dos premios Alimentos de España, que concede o Ministerio de Agricultra. 24-11-2022

Arranque a folga de dependentas de Inditex nalgúns establecementos, que adiantan os descontos do Black Friday. Piden equiparar as suas condicións as dos compañeiros de categorías similares. // O Colexio de Médicos de Pontevedra anuncia a ruptura de relacións coa consellería de Sanidade polo que consideran deficientes condicións laboráis. // Cerca de mil vítimas de violencia de xénero conseguiron algunha medida de protección en Galicia na primeira metade do ano. // Un branco de crianza elaborado con uvas de treixadura, pola adega do Ribeiro Ramón do Casar, é o elixido como mellor viño de 2021, na gala dos premios Alimentos de España, que concede o Ministerio de Agricultra. 24-11-22

Comienzo de las excavaciones en la fosa del cementerio de San Breixo en Celanova (Ourense), emitido el 23 de noviembre de 2022 en el informativo territorial Telexornal - Galicia. Siete asturianos fueron asesinados al acabar la Guerra Civil, entre ellos Marcelino, mecánico de Mieres de 21 años, y Abelardo, albañil de Gijón de 28.

Los trabajos están siendo realizados por tres equipos de arqueólogos coordinados por historiadores de la Universidad de Santiago de Compostela. Se sabe que la fosa está enfrente de esta sepultura de una víctima del bando nacional, según Julián Bustelo, director de los trabajos arqueológicos. Fueron detenidos y recluidos en el campo de concentración de Camposancos, en La Guardia, y después juzgados y ejecutados.

Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias

Comezan en Celanova os traballos para exhumar os restos de sete mozos fusilados en 1939, tralo remate da Guerra Civil. // No xuízo a José Enrique Abuín pola presunta violación a sua cuñada, declara a outra rapaza que foi agredida por él, en Boiro, cun relato similar de modus operandi. // O Sergas ofrecerá este sábado a posibilidade de vacinar contra a gripe a tódolos nenos de entre seis meses e cinco anos nos hospitais. // O Pazo, en Padrón, e Ceibe, en Ourense, recíben por primeira vez unha estrela Michelín. E o restaurante de Pepe Vieira, en Poio, logra a segunda. Con eles, Galicia suma xa un total de 16 establecementos co prezado distintivo. 23-11-22

Situación de transición ante a chegada dunha nova fronte. Cara á noite, comezarán os chuvascos pola franxa atlántica, que poden deixar ata 50 litros por metro cadrado en 12 horas. No mar mantense o aviso laranxa por ondas entre 5 e 6 metros e rachas fortes de vento. 23-11-22