Son os días de máis actividade nos cemiterios, aínda que a chuvia de esta mañá desanimou os visitantes // As flores estanse a vender como todos os anos, a pesares de que subiron de prezo // En Galicia só un cemiterio ten todas as súas sepulturas en galego. Está en Lugo, no municipio de Paradela // O Celta caeu por 3 goles a 1 ante Almería nun partido moi marcado polas decisións arbitrais // Remata un outubro cun 30 por cento máis de precipitacións do habitual neste mes. 31-10-2022
Son os días de máis actividade nos cemiterios, aínda que a chuvia de esta mañá desanimou algúns visitantes // O que non falta son as flores, que se venden como todos os anos, a pesares de que tamén subiron de prezo // En Galicia só un cemiterio ten todas as súas sepulturas en galego. Está en Lugo, no municipio de Paradela // O Celta volve perder. Caeu por 3 goles a 1 ante Almería nun partido moi marcado polas decisións arbitrais // Remata un outubro especialmente chuvioso en Galicia, cun 30 por cento máis de precipitacións do habitual neste mes. 31-10-2022
Chegou a véspera de Todos os Santos. Hoxe e mañá son os días de máis actividade nos cemiterios galegos para visitar as tumbas dos seres queridos que nos deixaron // En toda Galicia só un cemiterio ten todas as súas sepulturas en galego. Está en Lugo, no municipio de Paradela // Non faltan nos camposantos as flores, que se venden como todos os anos, a pesares de que tamén subiron de prezo. 31-10-2022
Unha fronte moi activa atravesa a comunidade deixando chuvias persistentes e localmente fortes sobre todo na metade oeste e de madrugada. O sábado pola tarde irá amainando algo e xa o domingo agardamos unha pequena tregua con tempo algo máis seco. 28-10-2022
Os investigadores cren que o muro que acabou coa vida do estudante no Instituto Julio Prieto Nespereira de Ourense foi empurrado para caer. //Arestora comenza o operativo especial da ponte de todos os santos, na que a Dirección xeral de tráfico estima que se producirán preto dun millón de desprazamentos nas estradas galegas. // O IPC modera a sua subida, por terceiro mes consecutivo, e queda no 7´3 por cento interanual, a cifra máis baixa dende o mes de xaneiro, grazas a contención dos prezo da enerxía e os carburantes. // A colleita de castaña deste ano será moi escasa e de baixa calidade, debido, sobre todo, a seca extrema deste verán. Os colleitadores lamentan que pragas como a da avespiña sigan afectando aos castiñeiros. 28-10-2022
Os investigadores cren que o muro que acabou coa vida do estudante no Instituto Julio Prieto Nespereira de Ourense foi empurrado para caer. O informe dos bombeiros non detecta deficiencias na estrutura. //Arestora comenza o operativo especial da ponte de todos os santos, na que a Dirección xeral de tráfico estima que se producirán preto dun millón de desprazamentos nas estradas galegas. // O IPC modera a sua subida, por terceiro mes consecutivo, e queda no 7´3 por cento interanual, a cifra máis baixa dende o mes de xaneiro. // A colleita de castaña deste ano será moi escasa e de baixa calidade, debido, sobre todo, a seca extrema deste verán. Os colleiteiros lamentan que pragas como a da avespiña sigan afectando aos castiñeiros, ao igual que o cambio climático. 28-10-2022
O informe dos bombeiros non detecta fallo estrutural no muro de máis de mil quilos de peso que acabou coa vida dun rapaz no Instituto Julio Prieto Nespereira de Ourense. Os investigadores cren que alguén tivo que empurralo para que caera. // Apagado simbólico dos fornos este mediodía en moitas panaderías galegas, en protesta pola suba do custe da luz, e das materias primas que utilizan. // No río Lérez, en Pontevedra, hai neste momento despregado un amplo dispostitivo para tentar localizar a un piragüista desaparecido. Tratase dun home de 49 anos, que practicaba este deporte coma afeccionado. 28-10-2022
O meteorito de Traspena (Baralla, Lugo) foi atopado por un veciño despois de que os cálculos dos investigadores delimitasen a zona de caída
Pais e alumnos do Instituto Prieto Nespereira de Ourense falan de mal estado do muro que provocou a morte dun rapaz e deixou ferido a outro. A Xunta asegura que non consta ningunha denuncia ao respecto. // No xuizo polo accidente do Alvia, o xefe de maquinistas asegura que xa antes do sinistro tiña advertido aos responsables de seguridade da perigosidade da curva de Angrois. // O paro baixou en Galicia en 4.600 persoas no terceiro trimestre, e subiu case o dobre a ocupación segundo a EPA. Datos mellores que os conxunto de España pero en comparación co ano pasado, a nosa comunidade sitúase á cabeza da destrución de emprego. // Investigadores de Lugo calculan a traxectoria do primeiro meteorito rexistrado en Galicia, que iluminou en xaneiro do ano pasado. Os cálculos permitiron delimitar a zona de Baralla, onde posteriormente foi localizado por un veciño. 27-10-22
As borrascas que se desprazan polo Atlántico seguen enviando frontes con chuvascos máis frecuentes na metade oeste e máis illados e ocasionais nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas sen cambios e O vento, forte de compoñente sur. 27-10-22
Pais e alumnos do Instituto Prieto Nespereira de Ourense falan de mal estado do muro que provocou a morte dun rapaz e deixou ferido a outro. A Xunta asegura que non consta ningunha denuncia ao respecto. // No xuizo polo accidente do Alvia, o xefe de maquinistas asegura que xa antes do sinistro tiña advertido aos responsables de seguridade da perigosidade da curva de Angrois. // O paro baixou en Galicia en 4.600 persoas no terceiro trimestre, e subiu case o dobre a ocupación segundo a EPA. // Investigadores de Lugo calculan a traxectoria do primeiro meteorito rexistrado en Galicia, que iluminou o ceo nocturno en xaneiro do ano pasado. Os cálculos permitiron delimitar a zona de Baralla, posteriormente foi localizado por un veciño. 27-10-22
Minuto de silencio en Ourense, para amosar a dor e a consternación polo accidente ocorrido no Instituto Julio Prieto Nespereira, no que un rapaz resultou morto pola caída dun muro e outro está ferido. Os alumnos regresaban hoxe a clase con axuda sicolóxica. //A Xunta di que se pon a disposición da investigación xudicial, para facilitar toda información sobre o suceso e destaca que non hai ningún informe de mal estado desa instalación. // Nova xornada de xuizo do accidente do Alvia, Hoxe coa declaración de veciños de Angrois e do xefe dos maquinistas de RENFE en Galicia, que se considera clave para avaliar ata que punto a via era segura tal como estaba configurada no momento do sinistro. 27-10-22
Falecemento un estudante, de 15 anos, pola caída dun muro no vestiario do Instituto Julio Prieto Nespereira na cidade de Ourense. Hai outro rapaz ferido no suceso. Ata o lugar desprazáronse efectivos de bombeiros e policía que manteñen acordoada a zona. // A conversa entre o interventor e o maquinista, xusto segundos antes do sinistro do Alvia, seguíu a centrar a atención no xuizo. O invertentor lamentou que o seu compañeiro non rexeitase a chamada. // As industrias do metal anuncian plans de recurte de quendas e peches en instalacións, que poden afectar a 1.200 traballadores, a causa da suba do prezo da electricidade. // En Galicia, hai mais de 35.000 persoas con dano cerebral adquirido. No día nacional desta doenza, as asociacións de afectados piden que se recoñeza o dereito a unha atención integral que inclúa ás familias como soporte fundamental. 26-10-22
Segue a influencia das borrascas e os refachos fortes de vento de compoñente sur. Ceos parcialmente cubertos con chuvascos que pola mañá caeron sobre todo na franxa atlántica e a partir do mediodía van chegando a toda a Comunidade. As temperaturas máximas terán un lixeiro ascenso. 26-10-22
Falecemento un estudante, de 15 anos, pola caída dun muro no vestiario do Instituto Julio Prieto Nespereira na cidade de Ourense. Hai outro rapaz ferido no suceso. // A conversa entre o interventor e o maquinista, xusto segundos antes do sinistro do Alvia, seguíu a centrar a atención no xuizo.// As industrias do metal anuncian plans de recurte de quendas e peches en instalacións, que poden afectar a 1.200 traballadores, a causa da suba do prezo da electricidade. // En Galicia, hai mais de 35.000 persoas con dano cerebral adquirido. No día nacional desta doenza, as asociacións de afectados piden que se recoñeza o dereito a unha atención integral que inclúa ás familias como soporte fundamental. 26-10-22
O interventor do Alvia da explicacións sobre a chamada que mantivo co seu compañeiro maquinista tan só segundos antes de producirse o sinistro na curva de Angrois. Hoxe no xuizo, as partes preguntáronlle por qué non contou antes que houbo esa conversa. // Apoio unánime da comisión de peticións do Parlamento Europeo á solicitude das familias dos falecidos no Villa de Pitanxo para que o Goberno español envíe unha expedición ó pecio para recabar datos sobre as causas do afundimento. // Hoxe é o Día Nacional do dano cerebral adquirido. En Galicia, hai mais de 35.000 persoas afectadas por esta doenza, segundo o último censo, que e do ano 2012. 26-10-22
Alerta por ventos fortes en todo o litoral atlántico e zonas altas neste martes no que continuamaos baixo a influencia das borrascas que nos envian unha nova fronte con chuvascos localmente fortes na metade sur e serán máis frecuentes nas horas centrais do día. 25-10-2022
Os policías que interviñeron no atestado do accidente do Alvia aseguran, no xuizo, que o maquinista e o interventor ocultaron, nas suas primeiras declaracións, a chamada que mantiveran minutos antes do sinistro. // enviado a prisión o home que se declarou autor da morte en Vigo dunha muller de 56 anos, acoitelada na sua casa. Está acusado dun delicto de asasinato. // Ourense mantén a sua candidatura para albergar a sede da Axencia Española de Intelixencia artificial, pese á decisión da Xunta de apostar por A Coruña. Políticos, empresarios e académicos consideran que a sua proposta e a que ten máis opcións de ser finalmente elexida. // O grupo Fuxan os Ventos cumpre 50 anos dende o seu primeiro concerto. Unha traxectoria que Repasamos con eles, A través do arquivo de TVE. 25-10-2022
Os policías que interviñeron no atestado do accidente do Alvia aseguran, no xuizo, que o maquinista e o interventor ocultaron, nas suas primeiras declaracións, a chamada que mantiveran minutos antes do sinistro. // enviado a prisión o home que se declarou autor da morte en Vigo dunha muller de 56 anos, acoitelada na sua casa. Está acusado dun delicto de asasinato. // Ourense mantén a sua candidatura para albergar a sede da Axencia Española de Intelixencia artificial, pese á decisión da Xunta de apostar por A Coruña. Políticos, empresarios e académicos consideran que a sua proposta e a que ten máis opcións de ser finalmente elexida. // O grupo Fuxan os Ventos cumpre 50 anos dende o seu primeiro concerto. Unha traxectoria que Repasamos con eles, A través do arquivo de TVE. 25-10-2022
O axente de policía que falou co maquinista do Alvia xusto cando acababa de ocorrer o sinistro na curva de Angrois testifica que o primeiro que lle dixo foir para recoñecer o exceso de velocidade // O home detido en Vigo por matar á súa veciña está investigado por un presunto delicto de asasinato. A maxistrada que instrue a causa, ven de decretar o seu ingreso provisional no cárcere sen fianza. // O Celta conseguiu un empate no último minuto na visita do Getafe ao estadio de Balaídos. Premio á insistencia nun partido no que os celestes amosaron de novo a súa falta de acerto de cara a portería. 25-10-2022