Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As estacións de autobuses, practicamente inactivas, polo seguemento masivo da Folga dos conductores, en demanda de mellores condicións de traballo. // Moitos turistas adiantan a sua chegada e as reservas de última hora non paran de medrar. O sector conta en toda Galicia con ocupacións superiores ao 85 por cento e chegar ao completo nos días festivos. // Controlados ou extinguidos os incendios rexistrados nas últimas horas. Entre eles o de Baleira, en Lugo, onde arderon máis de 1.400 hectáreas. Foi causado, segundo a Garda Civil, pola neglixencia dun veciño nunha queima forestal non autorizada. // Case 3.000 novos casos de cancro de cólon son detectados cada ano en Galicia. O diagnóstico precoz, a alimentación e o exercicio son as claves para previr a doenza, tal como como destacan os especialistas no día adicado a esta enfermidade.

31-03-23

Toda a costa en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 8 metros con refachos fortes que irán amainando durante a tarde. Tenden a desaparecer as chuvias que en xeral están a ser febles, con algús chuvascos illados. 30-03-23

Amplo seguemento da Folga dos traballadores do transporte de viaxeiros por estrada, en demanda de mellores condicións laborais. A Xunta fala de incumplimento dos servizos mínimos, que inclúen o transporte escolar. // O ambiente para este inicio da Semana Santa xa se fai notar en Santiago. Multitude de turistas que adiantaron a súa chegada e as reservas de última hora non paran de medrar. //Exito da película Matria dende a sua estrea nos cines. As paisaxes da Ría de Arousa complementan unha película baseada na asfixiante vida dunha muller de clase traballadora do Salnés.//31-03-23

Máis de 1.400 hectáreas levan ardido en en Baleira. Nas últimas horas os equipos de extinción conseguiron estabilizar o lume e foi desactivado o nivel 2 ao no haber zonas habitadas en risco. // O IPC de marzo sitúase no 3´3 por cento respecto ao ano pasado. É a menor suba dende que comenzara a guerra de Ucraína. // Hoxe é o Día Internacional das Traballadoras do Fogar. Un sector desempeñado principalmente por mulleres migrantes, e no que se estima que a precariedade chega ao 60 por cento. // O debuxante Miguelanxo Prado renuncia a dirixir o salón internacional do cómic Viñetas desde o Atlántico, da Coruña. Denuncia que levaba anos co presuposto conxelado 30-03-23

Continúa a arreciar o vento con refachos moi fortes de máis de 80 km por hora na metade norte e nas montañas. Unha borrasca centrada ao suroeste de Irlanda deixa nubes na franxa atlántica e máis claros canto máis ao interior. 30-03-23

Máis de 1.400 hectáreas levan ardido en en Baleira. Nas últimas horas os equipos de extinción conseguiron estabilizar o lume e foi desactivado o nivel 2 ao no haber zonas habitadas en risco. // O IPC de marzo sitúase no 3´3 por cento respecto ao ano pasado. É a menor suba dende que comenzara a guerra de Ucraína. // O debuxante Miguelanxo Prado renuncia a dirixir o salón internacional do cómic Viñetas desde o Atlántico, da Coruña. Denuncia que levaba anos co presuposto conxelado 30-03-23

Segue a loita contra o lume en Baleira, onde levan ardido xa máis de 1.400 hectáreas. Nas últimas horas os equipos de extinción conseguiron estabilizalo. // Os traballadores de Navantia, en Ferrol, en pé de guerra contra a empresa. Tras diferentes paros internos, esta mañá manifestáronse polas rúas da cidade esixíndo avances no convenio e no plan industrial. // Case un millón de persoas en Galicia teñen dificultades para a acceder a unha vivenda digna. As organizacións do terceiro sector poñen en marcha unha campaña para pedir as administracións que faciliten alugueiros e novas vivendas sociais. // 30-03-23

Retírase o anticiclón e chega unha fronte que traerá un progresivo aumento das nubes, e chuvias. Trae tamén vento forte no litoral da Coruña, na Mariña e nas zonas altas, que están en alerta amarela. As temperaturas mínimas suben e as máximas baixan un chisco.29-03-23

Os fortes refachos fan avanzar o lume no incendio de Baleira, na montaña de Lugo. Medio Rural estima en 120 hectáreas a superficie queimada, nunha zona de difícil acceso. // A administración de xustiza recupera a actividade unha vez rematada a folga de letrados, que deixa 10.000 vistas suspendidas e unhas 300.000 demandas sen tramitar en Galicia. // Hoxe, Día do Transplante, as asociacións saen á rúa co fin de incrementar a cifra de doazons e reducir as negativas familiares, para salvar máis vidas. // A estreita Relación de Carmen Martín Gaite con Galicia e o quere poñer en valor o concello de Barbadás a partir dos lugares onde transcorrian os veraneos familiares da escritora.

29-03-23

O forte vento fai avanzar o lume no incendio de Baleira, na montaña de Lugo. Medio Rural estima en 120 hectáreas a superficie queimada, nunha zona de difícil acceso. // Os colexios médicos demandan ao Sergas polo novo sistema de citación para consultas. Din que supón un risco para a saúde dos pacientes porque as citas as decide unha aplicación informática e non persoal sanitario. // A estreita Relación de Carmen Martín Gaite con Galicia e o quere poñer en valor o concello de Barbadás a partir dos lugares onde transcorrian os veraneos familiares da escritora. 29-03-23

Unhas 100 hectáreas leva queimadas o incendio forestal que avanza, nunha zona de montaña de difícil acceso, no concello de Baleira, en Lugo. // Hoxe incorpóranse de novo aos seus postos os letrados xudiciais, logo do acordo que pón fin a máis de dous meses de folga. Estiman que ata, polo menos, finais de ano, os xulgados non volverán á normalidade. // Presentado un plan para que os maiores que viven nas residencias públicas deixen de ser atados ás súas camas ou cadeiras. De momento, vaise poñer en marcha nun centro da Coruña e outro de Pontevedra. 29-03-23

Soben aínda máis as temperaturas. Notámolo esta mañá, coas mínimas moito máis suaves ca onte. Durante a tarde as máximas oscilarán entre os 21 graos da Coruña e os 26 previstos en Ourense. Aumentan as nubes altas e tamén o vento do sur, que pode deixar refachos fortes no noroeste 28-03-23

O novo ministro de Sanidade, José Miñones, comprometeuse a defender o sistema sanitario público e abriuse ao diálogo con todos os sectores implicados. Hoxe participou no seu primeiro Consello de Ministros // Xosé Ramón Gómez Besteiro, nomeado delegado do Goberno en Galicia. Vai selo seu regreso á vida política despois de sete anos // Dous irmáns morreron intoxicados por fume na súa vivenda de Meilán, moi preto da cidade de Lugo // Vigo lembra a expulsión do exército napoleónico da cidade en 1809. É a festa da Reconquista, que se celebra especialmente no casco vello vigués 28-03-23

O novo ministro de Sanidade, José Miñones, comprometeuse a defender o sistema sanitario público e abriuse ao diálogo con todos os sectores implicados // Gómez Besteiro, nomeado delegado do Goberno en Galicia // Dous irmáns morreron intoxicados por fume na súa vivenda de Lugo // Vigo lembra a expulsión do exército napoleónico da cidade en 1809. É a festa da Reconquista 28-03-23

José Miñones participa no seu primeiro Consello de Ministros do Goberno de Pedro Sánchez, logo de prometer o cargo e tomar posesión da carteira de Sanidade // O Consello de Ministros nomeou o sucesor de José Miñones na Delegación do Goberno en Galicia. O cargo será ocupado por Xosé Ramón Gómez Besteiro // As Illas Atlánticas convértense nunha das opcións de visita favoritas para a Semana Santa. O Parque Nacional quere desestacionalizar a afluencia de turistas e ofrece novas rutas ás illas de Sálvora e Cortegada 28-03-23

José MIñones asumirá o MInisterio de Sanidade no que queda de lexislatura. O ata agora delegado do goberno en Galicia é o elexido por Pedro Sánchez para substituir a Carolina Darias, e gaña peso entre os socialistas galegos cara as autonómicas. // Os traballadores do transporte de viaxeiros de toda a comunidade anuncian unha folga, en protesta polas condición laborais. Din que os seus salarios apenas chegan ao mínimo interprofesinal, con xornadas excesivas. //Galicia aspira a converterse nun dos destinos favoritos durante a Semana Santa, e obter unha ocupación media que ronde o 80%. // Volve a A Coruña o Encontro Mundial de Humorismo, con figuras destacadas da comedia como Eva Hache, Dani Rovira, Touriñán ou Luis Piedrahita, director do evento. 27-03-23

Predominio do anticiclón ata o mércores. Altas presións que nos deixaron unha mañá con néboas e moito máis fría. Día de forte contraste térmico porque esta tarde os termómetros roldaran os 20 graos en moitos puntos. 27-03-23

José MIñones é o elexido por Pedro Sánchez para substituir a Carolina Darias no Ministerio de Sanidade, e gaña peso entre os socialistas galegos cara as autonómicas. // Os traballadores do transporte de viaxeiros de toda a comunidade anuncian unha folga, en protesta polas condición laborais. Din que os seus salarios apenas chegan ao mínimo interprofesinal, con xornadas excesivas. //Galicia aspira a converterse nun dos destinos favoritos durante a Semana Santa, e obter unha ocupación media que ronde o 80%. // Volve a A Coruña o Encontro Mundial de Humorismo, con figuras destacadas da comedia como Eva Hache, Dani Rovira, Touriñán ou Luis Piedrahita, director do evento. 27-03-23

Pedro Sánchez anuncia a remodelación do seu goberno, que contempla o nomeamento do ata agora Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, como sustituto de Carolina Darias no Ministerio de Sanidade. // Os letrados xudiciais debaten hoxe a proposta de acordo presentada polo Ministerio de Xustiza, para poder asinar mañá un acordó que poña fin á folga. // Bota a andar a segunda edición do tunel do viño para identificar o potencial vitivinícola galego e poñelo en valor. Os visitantes poden degustar unhas catrocentas referencias de mais de oitenta adegas.27-03-23

O visor somerxido Nautilus, premiado como mellor infraestrutura sostible, abre hoxe ao público en Vigo. Permite observar a fauna e a flora do entorno do porto, e comprender cómo funciona o ecosistema mariño. // Galicia é unha das comunidades coas cifras de suicidios máis altas, A provincia de Lugo cunha taxa de 15 casos por cada cen mil habitantes ten os datos máis preocupantes. O expertos animan a previr as conductas suicidas e coidar a quen as sufre. // Un concurso de talentos busca os mellores chefs mozos do norte de España. A final celebrouse hoxe en Santiago e competiron seis estudantes das principais escolas de hostalaría de Galicia, Asturias e Cantabria. // Esta fin de semana temos que cambiar de hora, co debate xenerado na rúa e tamén entre os físicos e biólogos, con argumentos cientificos.

24-03-23