Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Media frota galega do cerco, amarrada por mor do veto á pesca do xurelo entre Fisterra e o Bidasoa. A situación é límite para moitos tripulantes e empresas que dependen destas capturas. // A Xunta quere implantar xa a próxima semana medidas como a limitación de 33 pacientes diarios para cada médico de primaria. // En Lugo queda visto para sentenza o xuízo do dobre crime do Cash Record, celebrado 29 anos despois dos feitos. A fiscalía mantén que non hai probas directas para pedir a condena do único acusado. // As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen, gran favorita para os premios Goya, con 17 nominacións. Recrea o crime cometido na aldea ourensá de Santoalla hai 13 anos, e foi grabada en espazos naturais de Galicia e o Bierzo. 10-02-2023

Seguiremos toda a fin de semana con tempo seco e solleiro. Temperaturas semellantes as de hoxe, con grandes oscilacións entre a noite e o día. As mínimas en puntos do interior rondarán os cero graos e máximas pode chegar aos 15 en Lugo e aos 20 no litoral de Pontevedra. 10-02-2023

Tripulantes da frota do cerco, á espera dunhas axudas que o Ministerio de Pesca, ante o paro da actividade provocado polo veto á pesca do xurelo // A Xunta quere implantar xa a próxima semana medidas como a limitación de 33 pacientes diarios para cada médico de primaria. // En Lugo queda visto para sentenza o xuízo do dobre crime do Cash Record, celebrado 29 anos despois dos feitos. A fiscalía mantén que non hai probas directas para pedir a condena do único acusado. // As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen, gran favorita para os premios Goya, con 17 nominacións. Recrea o crime cometido na aldea ourensá de Santoalla hai 13 anos, e foi grabada en espazos naturais de Galicia e o Bierzo. 10-02-2023

A metade da frota do cerco, amarrada por mor do veto á pesca do xurelo entre Fisterra e o Bidasoa. A situación é límite para moitos tripulantes e empresas que dependen destas capturas. // A Xunta quere implantar xa a próxima semana na área sanitaria de Pontevedra as medidas que acaba de aprobar para paliar a falta de facultativos. // O Grupo Inditex e sindicatos chegan a un acordo de salario mínimo de 18.000 euros para todos os seus empregados de tenda. Culminan así unas reivindicacións laborais que comezaron na provincia da Coruña. 10-02-2023

Ence anuncia novos investimentos en Pontevedra, unha vez que o Tribunal Supremo avala a sua permanencia nos terreos da Ría. Os traballadores reclaman unha fábrica de papel para pechar o ciclo produtivo. // A Xunta pon en marcha unha bolsa de persoal voluntario para cubrir gardas nos PAC que teñen ata un 20 por cento de vacantes. Os profesionais que se apunten serán compensados cunha remuneración por horas extras de ata 5.000 euros brutos ao mes. // Dende medir a presión arterial a facer un electrocardiograma. A asistencia sanitaria por videoconferencia está xa dispoñible para as embarcacións civis de altura. // Alumnas ucraínas do Conservatorio de Música de Vigo dan un concerto para visibilizar a situación do seu país e buscar un futuro para o próximo curso. 09-02-2023

Ceos despexados e temperaturas con poucos cambios. As mínimas subiron no litoral norte e as máximas oscilarán entre os 12 graos previstos en Lugo aos 17 de Ourense ou Pontevedra. Sopra nordés con refachos máis fortes na costa entre Fisterra e Estaca de Bares. 09-02-2023

Ence anuncia novos investimentos en Pontevedra, unha vez que o Tribunal Supremo avala a sua permanencia nos terreos da Ría. Os traballadores reclaman unha fábrica de papel para pechar o ciclo produtivo.. // a Xunta pon en marcha unha bolsa de persoal voluntario para cubrir gardas nos PAC que teñen ata un 20 por cento de vacantes. Os profesionais que se apunten serán compensados cunha remuneración por horas extras de ata 5.000 euros brutos ao mes. // Dende medir a presión arterial a facer un electrocardiograma. A asistencia sanitaria por videoconferencia está xa dispoñible para as embarcacións civis de altura. // Alumnas ucraínas do Conservatorio de Música de Vigo dan un concerto para visibilizar a situación do seu país e buscar un futuro para o próximo curso. 09-02-2023

Angel Rodriguez da Costa, comparece, de novo ante a xuíza de violencia de xénero, en Vigo, para declarar sobre o asasinato da sua ex muller en Baiona tras ser examinado polos servizos de siquiatría. // O xuízo do dobre crime do Cash Record encara a súa recta final. Un axente da Policía nacional ratifica que todos os indicios apuntan ao acusado. // Na categoría de animación dos premios Goya, unha das películas nomeadas é Unicorn Wars, de produción galega. Estivemos co director, Alberto Vázquez, no seu estudio da Coruña. 09-02-2023

Satisfacción e alivio entre os traballadores, decepción dos grupos contrarios á permanencia da fábrica de celulosa en Pontevedra. A decisión do Tribunal Supremo que da a razón á ENCE. // O exmarido de Beatriz Lijó comparece ainda no xulgado de Vigo para declarar sobre o asasinato da muller, cometido en Baiona, diante dos seus fillos menores. // O presidente da Xunta anuncia un plan para reducir o numero de pacientes que os médicos poden atender na consulta cada día, que serán 33. // Primeiro día sen máscara obrigatoria no transporte público. Moitos usuarios aproveitaron para quitala, pero comprobamos que outros prefiren manter a protección. 08-02-23

As temperaturas recuperanse despois dunha noite na que chegou a nevar en cotas de 500 a 700 metros. Neve que só queda agora nas zonas altas de montaña de Lugo e Ourense. O vento tamén é protagonista un día máis, con refachos que serán moi fortes entre Fisterra e Ortegal. 08-02-23

Satisfacción e alivio entre os traballadores, decepción dos grupos contrarios á permanencia da fábrica de celulosa en Pontevedra. A decisión do Tribunal Supremo que da a razón á ENCE. // O exmarido de Beatriz Lijó comparece ainda no xulgado de Vigo para declarar sobre o asasinato da muller, cometido en Baiona, diante dos seus fillos menores. // A Xunta anuncia un plan para reducir o numero de pacientes que os médicos poden atender na consulta cada día, que serán 33. // Primeiro día sen máscara obrigatoria no transporte público. Moitos usuarios aproveitaron para quitala, pero comprobamos que outros prefiren manter a protección. 08-02-23

Angel Rodríguez da Costa, o exmarido de Beatriz Lijó, comparece no xulgado para declarar sobre o asasinato da muller, cometido en Baiona, diante dos seus fillos menores. // En Pontevedra, sucédense as reaccións á decisión do Tribunal Supremo de avalar a permanecia de Ence na Ría ata o ano 2073. // Hoxe dicimos adeus á obriga de levar máscaras no transporte público, tras case 3 anos en vigor. A maioría dos usuarios deciden non levala mentres que outros manteña, din, por precaución. 08-02-23

O Tribunal Supremo estima o recurso de ENCE e permite a fábrica de Celulosa seguir na sua actual ubicación na Ría de Pontevedra ata 2073. // Mostras de condena e solidariedade en toda Galicia cos familiares de Beatriz Lijó, a muller asasinada en Baiona, diante dos seus fillos menores. // A Plataforma SOS Sanidade Pública presenta no Parlamento máis de 50 mil sinaturas en apoio dunha iniciativa lexislativa popular de medidas urxentes para a Atención Primaria. // Case a metade dos peregrinos que fan o Camiño de Santiago teñen como principal motivo a busca de espiritualidade e de novas experiencias, segundo un estudo elaborado pola Universidade de Santiago, por encargo da diócese compostelá. 07-02-23

Seguimos con sol e ceos despexados que poden cubrirse na segunda metade do día con probabilidade dalgún orballo na Mariña . As temperaturas en descenso e poden caer folerpas por enriba dos 400 a 600 metros. Na Costa arreciará o nordés con refachos moi fortes na litoral noroeste. 07-02-23

Os traballadores de Ence celebran a decisión do Tribunal Supremo, que permite a fábrica de Celulosa seguir na sua actual ubicación na Ría de Pontevedra ata 2073. // Sucédense en toda Galicia mostras de condena e solidariedade cos familiares de Beatriz Lijó, a muller que foi asasinada en Baiona, diante dos seus fillos menores. // A Plataforma SOS Sanidade Pública presenta no Parlamento máis de 50 mil sinaturas en apoio dunha iniciativa lexislativa popular de medidas urxentes para a Atención Primaria. // Case a metade dos peregrinos que fan o Camiño de Santiago teñen como principal motivo a busca de espiritualidade e de novas experiencias, segundo un estudo elaborado pola Universidade de Santiago, por encargo da diócese compostelá. 07-02-23

Axentes da Garda Civil rastrexan o escenario do crime, en busca do obxeto co que foi asasinada Beatriz Lijó, diante da sua casa en Baiona. // No xuízo polo dobre asasinato do Cash Record, os familiares das vitimas ven contradicións e mentiras nas declaración do único acusado. // En Pontevedra, todas as miradas postas no Tribunal Supremo. Os maxistrados deciden hoxe se a autorización de Ence para permanecer na Ría ata 2073 é ou non legal. 07-02-23

Consternación en Baiona polo asasinato de Beatriz Lijó, de 47 anos, cometido diante dos seus fillos. O seu ex marido acodíu esta mañá, coa roupa ensanguentada, a comisaría de Ourense, onde foi detido. // Arranca en Lugo o xuízo polo crime do Cash Record, cometido hai case trinta anos. É a causa máis antigua en España pendente de ser xulgada. // Traballadores de Ence intensifican as mobilizacións un día antes de que Tribunal Supremo decida sobre a anulación da prórroga para permanecer ata 2073 na Ría de Pontevedra. // O LUgo perde a oportunidade de sair dos postos de descenso e queda a cinco puntos da permanencia logo dun empate sen goles fronte ao Ibiza, colista da categoría, en medio de protestas da afección. 06-02-23

Segue a influencia das altas presións que deixa durante a mañá bancos de néboa e xeadas no interior. As temperaturas que esta fin de semana rozaron os 20 graos nalgúns puntos baixan lixeiramente aínda que de novo se repite esa marca en puntos de Pontevedra. 06-02-23