Triplo crime en Valga, Pontevedra. Un home mata a tiros á súa ex-muller, a súa ex-sogra e a súa ex-cuñada // Máis dun cento de camións de transporte de carbón percorreron en caravana o treito entre As Pontes e A Coruña, en protesta polo paro da central térmica // 148 mil alumnos comezaron hoxe o curso en secundaria, bacharelato e ensinanzas do réxime especial, nun total de 592 centros de toda Galicia. 16/09/19
Triplo crime en Valga, Pontevedra. Un home mata a tiros á súa ex-muller, a súa ex-sogra e a súa ex-cuñada // Máis dun cento de camións de transporte de carbón percorreron en caravana o treito entre As Pontes e A Coruña, en protesta polo paro da central térmica // 148 mil alumnos comezaron hoxe o curso en secundaria, bacharelato e ensinanzas do réxime especial, nun total de 592 centros de toda Galicia // As industrias do atún de 40 paises analizan en Vigo os gustos e tendencias do mercado. Tamen a situacion dos bancos pesqueiros // Polémica derrota do Celta en Balaidos por 0-2 ante o Granada, con dous xogadores celestes expulsados, na primeira media hora de partido // Abriu en Mondoñedo o Museo da imprenta, un espazo expositivo con antigas máquinas de impresión, cedidas polos descendentes de Mancebo, un coñecido impresor desa vila de Lugo. 16/09/19
Segue a inestabilidade atmosférica. Galicia está baixo influencia anticiclónica en superficie, pero con aire frío en capas altas da atmósfera. Ceos parcialmente anubrados e chuvascos treboentos, máis probables no interior. Unha situación semellante á de onte, cando houbo 610 raios. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. As máximas nas cidades oscilarán entre os 32 graos de Ourense e os 23 da Coruña. 16/09/19
Triplo crime en Valga, Pontevedra. Un home mata a tiros á súa ex-muller, a súa ex-sogra e a súa ex-cuñada // Máis dun cento de camións de transporte de carbón percorreron en caravana o treito entre As Pontes e A Coruña, en protesta polo paro da central térmica // 148 mil alumnos comezaron hoxe o curso en secundaria, bacharelato e ensinanzas do réxime especial, nun total de 592 centros de toda Galicia // As industrias do atún de 40 paises analizan en Vigo os gustos e tendencias do mercado. Tamen a situacion dos bancos pesqueiros // Polémica derrota do Celta en Balaidos por 0-2 ante o Granada, con dous xogadores celestes expulsados, na primeira media hora de partido // Abriu en Mondoñedo o Museo da imprenta, un espazo expositivo con antigas máquinas de impresión, cedidas polos descendentes de Mancebo, un coñecido impresor desa vila de Lugo. 16/09/19
A Fundación de Amancio Ortega doa 90 millóns para financiar a construcción das sete residencias para maiores proxectadas pola Xunta nas principais cidades galegas // Os transportistas afectados pola paralización da Central Térmica das Pontes levaron hoxe as súas protestas a Santiago cunha concentración diante da Xunta // Os xabaríns fozan e causan desperfectos no Parque Botánico de Montealegre en Ourense. 13/09/19
A Fundación de Amancio Ortega doa 90 millóns para financiar a construcción das sete residencias para maiores proxectadas pola Xunta nas principais cidades galegas // Os transportistas afectados pola paralización da Central Térmica das Pontes levaron hoxe as súas protestas a Santiago cunha concentración diante da Xunta // Agustín Hernández toma posesión como novo presidente do Consello Económico e Social, onde releva a Corina Porro // Os xabaríns fozan e causan desperfectos no Parque Botánico de Montealegre en Ourense // O Celta prepárase para recibir ao Granada o domingo en Balaídos. O Dépor viaxa a Xixón, para enfrontarse ao Sporting, e o Lugo recibe ao Fuenlabrada // O Teatro Colón da Coruña prepárase para acoller esta noite a estrea mundial dunha nova versión da ópera Do Giovanni de Mozart, co cineasta Carlos Saura como director escénico. 13/09/19
Seguimos con sol e calor. Galicia continúa baixo influencia anticiclónica. Ceos despexados, salvo na Mariña de Lugo. Pola tarde medrarán nubes de evolución no sur e no leste, con probabilidade dalgún chuvasco illado á noite. Temperaturas en ascenso, superando os 30 graos en moitas localidades da metade sur. 35 graos se agardan en Ourense, 33 en Pontevedra e Vigo. Na Coruña poden chegar aos 25. Xa durante a fin de semana irá aumentando a probabilidade de treboadas. 13/09/19
A Fundación de Amancio Ortega doa 90 millóns para financiar a construcción das sete residencias para maiores proxectadas pola Xunta nas principais cidades galegas // Os transportistas afectados pola paralización da Central Térmica das Pontes levaron hoxe as súas protestas a Santiago cunha concentración diante da Xunta // Agustín Hernández toma posesión como novo presidente do Consello Económico e Social, onde releva a Corina Porro // Os xabaríns fozan e causan desperfectos no Parque Botánico de Montealegre en Ourense // O Celta prepárase para recibir ao Granada o domingo en Balaídos. O Dépor viaxa a Xixón, para enfrontarse ao Sporting, e o Lugo recibe ao Fuenlabrada // O Teatro Colón da Coruña prepárase para acoller esta noite a estrea mundial dunha nova versión da ópera Do Giovanni de Mozart, co cineasta Carlos Saura como director escénico. 13/09/19
Medio milleiro de empresas galegas con relacións comerciais co Reino Unido prepáranse para un Brexit duro // O consello da Xunta aprobou hoxe 7 millóns de euros para mellorar e crear albergues nos camiños de Santiago e para a Ribeira Sacra // Universidades e industrias forestais galegas investigan novos usos da madeira, como obter tecidos ou fertilizantes da biomasa forestal. 12/09/19
Medio milleiro de empresas galegas con relacións comerciais co Reino Unido prepáranse para un Brexit duro // O consello da Xunta aprobou hoxe 7 millóns de euros para mellorar e crear albergues nos camiños de Santiago e para a Ribeira Sacra // Universidades e industrias forestais galegas investigan novos usos da madeira, como obter tecidos ou fertilizantes da biomasa forestal // Morre un motorista en pleno centro de Vigo tras bater contra un contedor do lixo que estaba na beirarrúa // Arranca a vendimia na comarca ourensá do Ribeiro e coincidindo con ela tres autobuses turísticos promocionarán os valores patrimoniais desta zona de producción vitivinícola // Afundación, a obra social de Abanca, lanza o seu programa de actividades extraescolares para este curso, para o que xa recibiron 37.500 solicitudes. 12/09/19

Comeza o curso no segundo ciclo de Infantil e en Primaria e preto de 200.000 nenos volven ás aulas, con vinte colexios aínda en obras // Os 700 millóns da débeda que a Xunta lle reclama ao Goberno central centraron a primeira sesión de control ao goberno neste incio de curso no Parlamento galego // O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anuncia que vai investigar a "mafia" na policía local da cidade tras un xuízo cun axente // Inditex bate o seu teito histórico de facturación e beneficio: gaña un 10% máis e aumenta as vendas nun 7% no primeiro semestre // Comezan a instalar o alumeado de Nadal en Vigo, con dez millóns de luces led, un millón máis que o ano pasado // A Vía Láctea é protagonista nunha mostra itinerante de fotografías que estes días pode verse no compostelán Pazo de Fonseca. 11/09/19

O anticiclón está a entrar en forma de cuña desde as Azores. As nubes e brétemas foron desaparecendo durante a mañá e agardamos ceos despexados á tarde. Tamén comeza o ascenso térmico, que se notará especialmente a partir de mañá. As temperaturas máximas hoxe oscilarán entre os 29 graos de Ourense e Pontevedra e os 21 da Coruña. 23 e 24 graos acadarán os termómetros en cidades como Lugo e Santiago. 11/09/19
Máis de 200 expositores amosan en Vigo a tecnoloxía aplicada ao sector do metal na Feira Mindtech // A tecnoloxía de última xeración, a do 5G, vai ter presenza en 8 proxectos que se van desenvolver en Galicia, por un valor de 11 millóns de euros // A ministra de defensa en funcións presidiu na base da Brilat en Figueirido a entrega de condecoracións aos soldados que tiveron unha intervención decisiva na súa misión en Mali. 10/09/19
Máis de 200 expositores amosan en Vigo a tecnoloxía aplicada ao sector do metal na Feira Mindtech // A tecnoloxía de última xeración, a do 5G, vai ter presenza en 8 proxectos que se van desenvolver en Galicia, por un valor de 11 millóns de euros // O conselleiro de Cultura presenta no Parlamento os plans da Xunta para o Xacobeo 2021 e confirma o investimento de 247 millóns de euros // Expertos de 17 países buscarán no balneario ourensán de Lobios fórmulas para loitar contra o despoboamento aproveitando os recursos termais // Carlos Mouriño asegura que o actual equipo do Celta é o máis ilusionante desde que é presidente do club // A ministra de defensa en funcións presidiu na base da Brilat en Figueirido a entrega de condecoracións aos soldados que tiveron unha intervención decisiva na súa misión en Mali. 10/09/19

Xornada de transición. O aire frío irase desprazando progresivamente cara ao leste da península e será substituído polas altas presións. Ceos parcialmente anubrados, con chuvias febles e intermitentes na metade norte pola mañá e que irán remitindo conforme avance o día, abríndose grandes claros no sur. Lixeiro descenso das temperaturas. En Lugo, A Coruña, Santiago ou Ferrol non pasarán hoxe dos 19 graos. En Ourense poden chegar aos 26. 10/09/19
Limpeza do monte contra os incendios na primeira "aldea modelo" de Galicia: Osmo, no concello ourensán de Cenlle // Segue controlado o incendio forestal de Monforte e foron extinguidos os do Parque Natural do Xurés e o de Ribeira // Unhas trinta adegas da denominación de orixe Rías Baixas comezaron hoxe unha vendima na que se agarda recoller algo menos de uva que o ano pasado, pero de gran calidade. 09/09/19