José Manuel Pérez Tornero
Nado en Almería en 1954, é catedrático de Xornalismo da Universidade Autónoma de Barcelona, xornalista en prensa escrita, radio e televisión, e creador e director de programas de televisión en RTVE, como ‘La Aventura del Saber’, entre outros.
Doutor en Ciencias da Comunicación, licenciado en Filoloxía Hispánica, catedrático UNESCO en Media and Information Literacy e Quality Journalism (con especial incidencia en Europa, países árabes e América Latina), catedrático director da cátedra RTVE-UAB e membro do Observatorio para a Innovación dos Informativos na sociedade da información.
Tamén é director do Grupo de Investigación Scientific Research Group -Gabinete de Comunicación e Educación-, responsable do departamento de Cursos masivos en liña da UAB e director do Programa de Doutoramento de Xornalismo.
Foi vicepresidente da AITED (Asociación Internacional de Televisións Educativas e do Descubrimento). Na actualidade, é membro do Consello Directivo de ATEI (Televisións Educativas e Culturais Iberoamericanas). Foi membro do grupo de expertos da Unión Europea de Radiodifusión en materia de programas culturais e educativos e forma parte do grupo de Expertos da UNESCO e da Comisión Europea en Alfabetización dos medios.