TVE
Televisión Española (TVE) é a cadea máis veterana do panorama audiovisual español. Comezou as súas emisións regulares en 1956, dende os estudos de Madrid. En 1959 sumouse a produción dende Barcelona e en 1966 naceu a segunda canle de TVE (La 2, coñecida como UHF). Hoxe os seus centros de produción están en Madrid (Prado del Rey, Torrespaña), Barcelona (San Cugat) e Canarias, ademais de contar cunha rede de centros territoriais presentes en todas as comunidades e delegacións en todo o mundo. O sinal de TVE chega aos cinco continentes a través da TVE Internacional.
Entre 1969 e 1973 avánzase na innovación tecnolóxica con emisións en color, que chegaron definitivamente en 1978. O compromiso coa tecnoloxía evidenciouse de novo cando TVE lanzou as primeiros canles temáticas, onde xa estaba Teledeporte (actual TDP) e máis tarde pola aposta coa alta definición (HD).
Composición
A oferta actual inclúe:
- La 1: canle televisiva de referencia de RTVE. Conta cunha programación de servizo público, responsable, de calidade e diversa, na que teñen cabida todos os espectadores. Abarca información, entretemento, o mellor da ficción nacional e estranxeira e a máis ampla cobertura de acontecementos de interese xeral.
- La 2: canle xeneralista que combina novos formatos con programas tradicionais con vocación de servizo público. A súa programación é un referente da cultura, con especial atención á música, o cinema, as novas tecnoloxías e o medio ambiente.
- Canal 24h: primeira e única canle todo noticias en español as 24 horas do día os sete días da semana. A canle incorpora, a través de distintos espazos informativos, todos os xéneros xornalísticos e repasa o último da actualidade de España e do estranxeiro.
- Clan: canle infantil de referencia para os nenos entre os catro e os doce anos. Destaca polo seu carácter educativo e respectuoso coa infancia. Os códigos que se inclúen na programación garanten a seguridade dos nenos e a confianza para os pais. A súa programación conxuga entretemento con defensa de valores como a amizade, o respecto, a non discriminación, defensa do medio ambiente e hábitos de vida saudables.
- Teledeporte: canle integramente dedicada ao deporte, onde se atenden os deportes de masas pero onde se presta especial atención ás prácticas deportivas que non se ofrecen en ningún outro lugar, como o atletismo, a ximnasia, o esquí, a natación, etc.
- TVE Internacional: está composto por catro sinales que integran unha oferta de programación de calidade, completa e diversa, que atende a demandas da audiencia internacional, con especial atención aos españois residentes no estranxeiro. Permite potenciar a presenza de España no mundo, divulgando o idioma español e a realidade actual do país, así como o seu legado histórico, cultural e lingüístico.
- Star TVE: canle temática en alta definición dirixida ao público americano e familiar. A súa programación está composta por programas de entretemento e series de ficción de calidade que conseguiron éxito nacional e internacional.