Enlaces accesibilidad

Navalia reúne en Vigo a estaleiros e industrias auxiliares buscando recuperar o peso perdido nos últimos anos

  • As fragatas F-110 de Navantia e a compra do estaleiro vigués Barreras por parte de Armón son dous piares da reactivación
  • Mercouno para ampliar espazo porque ten 40 buques contratados para construír

Por
O sector naval móstrase en Vigo

Os novos propietarios de Barreras contan colocar alí primeira quilla a final de ano. O director comercial de Armon, Ricardo García, fala da expansión que o converte no primeiro estaleiros privado de España. "Por suposto que queremos fomentar os mercados que tiña antes Barreras, pero esa transición no se vaifacer de inmediato. Vaise facer moi gradualmente, pouco a pouco". En canto a Navantia, quere exportar as fragatas F-110. Contruirá cinco en Ferroal ata o 2031.

Chegaremos a case dúas mil persoas ao ano en postos de traballo no estaleiro

O director de sistema e servizos, Donato Martínez, preve crear varios centos de emprego. "Chegaremos a case dúas mil persoas ao ano en postos de traballo no estaleiro".

Tecnoloxía punteira

Os compradores buscan a experiencia do naval español, a calidade do deseño e a tecnoloxía punteira que emprega. Á súa vez, os estaleiros andan detrás de novos nichos de mercad, como a eólica mariña.

Nese mercado entra a factoría Nodosa. "Construímos buques para a montaxe, para o mantemento dos parques. Pero tamén hai outra vía, como é a propia fabricación dos aeroxeradores, dos muiños, a fabricación dos parques", sinala Rafael Outeiral, do estaleiro de Marín.

Contratempos

Moitos armadores prefiren agardar a ver se os prezos se volven estabilizar

A guerra de Ucraína atrasa contratos e provocou o aumento dos prezos de subministros, como o aceiro. "Temos que revisar os contratos cos clientes e moitos armadores prefiren agardar a ver se os prezos se volven estabilizar para poder levar a cabo os contratos nos prezos que xa tiñamos acordados", sinala Germán Varela, de Metalships.

Por outro llado, o naval galego está sofrindo unha forte competencia de Turquía en buques de pesca e acuicultura. Pode ofertar mellores prezos porque ten salarios moi baixos, de 330 euros mensuais, solo industrial gratis e unha boa formación profesional.