As dunas recuperan o seu espazo na praia viguesa de Samil
- O retanqueo dunha parte do paseo marítimo permite recuperar 25 metros de areal
- Os sistemas dunares actúan coma barreiras naturais fronte aos temporais
Nos anos 70, o formigón gañaba terreo á natureza na praia máis longa de Vigo e desdebuxaba a paisaxe dunar. Agora, co proxecto de retranqueo concluido en setembro do ano pasado, conseguiuse recuperar 25 metros de areal tirando abaixo case medio quilómetro do vello paseo marítimo.
“Debajo apareció arena. Aquellos bárbaros, que eran unos bárbaros, pusieron un muro encima de una duna“
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lembra que "el paseo tenía un muro de tres metros de alto. Cuando lo tiramos", engade o alcalde, "debajo apareció arena. Aquellos bárbaros, que eran unos bárbaros, pusieron un muro encima de una duna".
O antigo asfalto deixa paso a novas zonas verdes, vexetación e unha senda peonil máis ampla e integrada. Conseguíronse recuperar 5.000 metros cadrados de espazo natural.
O Concello confirma a rexeneración das dunas
Caballero confirma que "la duna está extendida y se está regenerando. Cualquier día que venga un poquito de viendo, se ve como la duna se regenera y crece casi casi que por días".
Os visitantes habituais da popular praia de Vigo valoran a rexeneración de parte da praia: "Yo conocí Samil antes de que estuviera el paseo hecho y la playa llegaba hasta la carretera". "El espacio natural siempre prevalece ante otras cosas". "Que tengamos esta belleza de paisaje y lo sigan conservando... Excelente".
Protección fronte aos temporais
Sistemas dunares como o de Argazada, o recuperado, actúan coma barreiras naturais fronte aos temporais e albergan fauna e flora autóctona.
O proxecto conseguiu que a duna xa superara o metro de altura. As zonas con vexetación consolidada conseguen reter uns 70 centímetros de área.
A intención do Concello de Vigo é devolver a Samil unha imaxe máis natural e parecida á que tiña a finais dos anos 60, antes da urbanización, polo que continuarán ampliando a rexeneración no resto da fronte marítima.