Enlaces accesibilidad

50 anos da morte dun dos secuestradores do trasatlántico Santa María, para protestar contra Franco e Salazar

  • Loitador antifranquista, o celanovés Xosé Velo exiliouse en Venezuela e Brasil tralo rapto do buque
  • O seu fillo Víctor conservaba o arquivo do pai, que agora custodia a Deputación de Pontevedra

Por
Xosé Velo. Memoria do exilio

Exilio

A marcha ao exilio de Xosé Velo, por tempo indefinido, comeza en setembro de 1948. Daquela este mestre celanovés, casado e pai de tres fillos, pasara xa por varios cárceres franquistas e mesmo tivera que fuxir a Portugal pola súa actividade de resistencia contra a ditadura.

Viviu sempre no exilio, primeiro en Venezuela e máis tarde no Brasil, despois do secuestro do transaltántico Santa María, co pretendía chamar a atención da opinión pública internacional contra as ditaduras de Franco e Salazar. Episodios que é posible documentar agora grazas ao arquivo persoal de Xosé Velo que se publica en parte nun libro editado con material doado pola familia á Deputación de Pontevedra.

El morre lonxe da súa amada Celabora, está soterrado no cemiterio de Getsemaní, en Sao Paulo

Aser Álvarez é o autor da publicación e estudoso de Velo. "De feito el morre lonxe da súa amada Celabora, está soterrado no cemiterio de Getsemaní, en Sao Paulo, e é un home que sempre tivo que ir empezando de cero."

Empezou de cero en Caracas, onde ao tempo que daba clases seguía na loita activa contra o franquismo.

DRIL

Xosé Velo urde durante anos unha das principais accións de propaganda internacional contra as ditaduras de Franco e a de Salazar en Portugal.

Crea o DRIL, o Directorio Revolucionaro Ibérico de Liberación, co que dúas ducias de militares secuestraron en 1961 un transatlántico que cubría a ruta entre La Guaira, en Venezuela, e Vigo. Un episodio que rematou co ofrecemento de asilo político por parte do Brasil.

Grazas aos coñecementos de Pepe Velo sobre dereito marítimo aquela acción nunca foi considerada piratería.

Janio Quadros recíbeos como heroes e a operación nunca foi considerada una operación de piratería

"Cando no ano 61 o presidente de Brasil, Janio Quadros, que acaba de gañar as eleccións, os recibe como heroes, iso xustifica que toda esa operación tan ben diseñada por Pepe nunca fora considerada una operación de piratería, como pretendían Franco e Salazar, senón que en todo o momento se considera unha operación política de reivindicación contra dúas ditaduras", sinala Aser Álvarez.

Víctor Velo, 17 anos

Xosé Velo, que se sentía vixiado polo réxime, subiu naquel barco cun billete a nome do seu fillo Lino. Víctor, o outro irmán, o máis novo da familia, decide acompañalo e embarca no Santa María con apenas 17 anos. Alí seu pai era coñecido cun nome inventado, Carlos Xunqueira de Ambía.

Para intentar pasar desapercibido, mesmo amigos, coma Celso Emilio Ferreiro, escriben a Pepe Velo cartas que envían a un enderezo profesional pero nunca á súa propia casa.

Había unos tíos que o seguían aínda en Brasi, membros do Dril morren en estrañas circunstancias.

Velo era vixiado "aínda en Brasi, eran xente da ditadura que lle pisaban os talóns a este home ata o final da súa vida. De feito, varios membros do Dril morren en estrañas circunstancias", precisa Álvarez.

Datos que se poden extraer do arquivo de Xosé Velo. Nel gardou dende os seus poemas aos escritos máis combativos ou mesmo un xornal de barrio que editou no Brasil. Papeis, fotos e todo tipo de obxectos, coma os galóns de militar que se resitiu a usar no asalto ao Santa María.