Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ás portas de entrar no outono os termómetros seguen disparados. Hoxe de novo será un día de moitísima calor. A Xunta mantén activada a alerta vermella por temperaturas de ata 36 graos en 17 concellos do interior da provincia de Pontevedra, que establece a restrición de actividades escolares no exterior. O aviso é de nivel amarelo no interior da Coruña, a montaña de Ourense e nas Rías Baixas.

A organista en activo máis lonxeva do mundo, a barcelonesa Montserrat Torrent, clausurou a trixésimo séptima edición do Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense. Para a terceira vez que tocaba o órgano máis antigo de Galicia escolleu un repertorio de obras barrocas. O caso desta muller é excepcional porque en abril cumpriu cen anos e dende hai más de tres décadas está xorda total.

É unha muller excepcional non só por ter cen anos senón tamén porque está completamente xorda.

Ensaia no monsteiro de San Paio, en Santiago, as obras barrocas que vai tocar no Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía.

Comezou a estudar piano con cinco anos e con nove xa daba concertos.

Sempre tivo un ouvido privilexiado pero hai trinta anos quedou xorda e asegura que sente a música no interior.

O concello ourensán de Avión conta con máis dun milleiro de hórreos, a maioría moi ben conservados. Máis do sesenta por cento concéntranse en case un cento de eiras, o que o converte no municipio galego co de maior número de agrupacións.

No aniversario dos grandes lumes que arrasaron Galicia e en especial a provincia de Ourense conversamos con Brais Lorenzo.

O fotoxornalista leva máis dunha década documentando os incendios.

Foi premiado co World Press Photo polo traballo "Terra queimada".

O seu traballo reflicte a súa preocupación polo medio ambiente.

Os incendios que arrasaron a provincia de Ourense e parte da de Lugo en 2025 foron os peores da historia de Galicia. Un ano despois, mentres moitos seguen pendentes de que non ocorra algo similar nas próximas semanas, os veciños da zona aínda afrontan as súas consecuencias. Riadas con fortes arrastres do monte, aldeas sen auga potable, viñedos que tardarán anos en recuperarse, unha paisaxe desolada...

Visitamos o festival internacional de xardíns de Allariz. Un paisaxista da Coruña cunha obra inspirada nunha bolboreta, un xardín decorado con espellos... O tema deste ano é a liberdade. As vagas de calor favorecen a floración das plantas, pero obrigan a regar os xardíns con moita frecuencia.

A Ribeira Sacra terá que agardar para ser declarada Patrimonio Mundial. O comité da Unesco, reunido en Corea do Sur, decidiu hoxe devolver a candidatura para que os seus promotores a xustifiquen mellor. Tamén lle pide a España que traballen cos asesores do Comité de Patrimonio Mundial para que a candidatura cumpra os requisitos da declaración.

Música, gastronomía, viño e unha paisaxe única é o menú do Festival 17 graos.

Está declarado como o mellor evento musical de pequeno formato de toda a península.

Nesta décima edición ten como cabezas de cartel a Sidoní e aos británicos The Divine Comedy.

A superficie de zonas verdes nas cidades condiciona a calidade de vida. Regulan a temperatura, reducen ruídos e diminúen a contaminación, ademais de axudar ao benestar físico e mental. Un estudio realizado en varias cidades conclúe que Ourense está nos últimos postos en superficie e accesibilidade a espazos verdes mentres que Santiago é un exemplo en positivo.