Enlaces accesibilidad

Montserrat Torrent, organista aos cen anos: "Si no siguiera tocando, moriría de tristeza. Tocando me rejuvenezco"

  • Torrent clausurou o ciclo de órgano e música antiga de Xunqueira de Ambía, en Ourense
  • En abril cumpriu cen anos e desde hai tres décadas está completamente xorda
Montserrat Torrent, organista centenaria, prepárase para tocar na Colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense, dentro do Ciclo de Música de Órgano
Domingo Bobillo | Jorge Salvador

A organista en activo máis lonxeva do mundo, a barcelonesa Montserrat Torrent, foi a encargada de clausurar a trixésimo séptima edición do ciclo de órgano e música antiga da colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense. Era a terceira vez que tocaba o órgano desta igrexa, o máis antigo de Galicia, e escolleu para a ocasión un repertorio de obras barrocas. O caso desta muller é excepcional porque en abril cumpriu cen anos e dende hai más de tres décadas está xorda total.

Ensaios no mosteiro de San Paio

Para preparar o concerto, Montserrat Torrent estivo aloxada no mosteiro de San Paio de Santiago de Compostela. Desde alí lembra que última vez que tocou o órgano de Xunqueira de Ambía chorou da emoción, porque levaba 41 anos sen facelo. "Puede ser que vuelva a emocionarme", di Torrent, "porque la morriña de estos lares la tengo a flor de piel. Me encanta Galicia".

Montserrat Torrent, a organista máis lonxeva do mundo, clausura o ciclo de Xunqueira de Ambía

Este ano, Montserrat Torrent vai dar trinta e cinco concertos en España e Europa, un dato que non sería extraordinario se non fose porque ten cen anos. Para ela, tocar o órgano dalle vida: "Si yo no sigo tocando, pienso que moriría de tristeza", asegura: "disfruto tocando, me rejuvenezco".

Máis de 1.700 concertos

Comezou a estudar piano con cinco anos e con nove xa daba concertos. Namorouse do órgano tras tocar por primeira vez unha coral de Bach. En case setenta anos de carreira como organista profesional deu máis de 1.700 concertos. Érguese cada día ás cinco da mañá para tocar un mínimo de cinco horas.

Voy a estudiarlo a ver si lo puedo mejorar, esta búsqueda constante de perfeccionamiento... Esto para mí, es vida

Esa paixón pola música e polo órgano explica a súa lonxevidade: "Porque es la ilusión tan grande todas la mañanas al madrugar. Ponerme a estudiar... Esto que ayer no salía tan bien como yo quiero, voy a estudiarlo a ver si lo puedo mejorar, esta búsqueda constante de perfeccionamiento... Esto para mí, es vida", resume Moserrat Torrent.

A veterana organista sempre tivo un ouvido privilexiado. Ata que hai máis de trinta anos quedou xorda total. Aínda así, asegura que sinte a música no seu interior. Para comunicarse con ela hai que usar unha aplicación que convirte a voz en texto.

Oigo las notas en mi interior. Y también en mi oído. Los otorrinos no se creen ésto

Agora, a súa é outra maneira de ouvir: "Oigo las notas en mi interior. Y también en mi oído. Los otorrinos no se creen ésto, se enfadan mucho conmigo. Bueno, no se enfadan, creo que más bien se compadecen. Se miran unos a otros diciendo pobre mujer, ha envejecido, ha quedado sorda y quizá su entendimiento..."

Despois de cumprir o seu soño de ver rematada a construción do novo órgano do Oratorio de San Felipe Neri de Barcelona, a súa máxima ilsusión é que os seus alumnos continén o seu legado pondo en valor o repertorio organístico ibérico.