Enlaces accesibilidad

Gonzalo Suárez, Calpurnia de Honra do OUFF pola súa traxectoria e o éxito das tres adaptacións de novelas galegas

  • O Festival de Cine Internacional de Ourense estreará as súas películas de animación
  • Reescribe o guión de “Operación Dobre Dous”, que fixera con Sam Peckinpah, e que agora se vai converter en longametraxe

Por
Gonzalo Suárez no OUFF

"Ás de tebra" é o último traballo do director de cine Gonzalo Suárez,  unha película debuxada polo ilustrador alacantino Pablo Auladell e que está baseada nun conto chinés traducido por Anne Hélène Suárez Girard, a filla do cineasta.

A curtametraxe de dez minutos proxectarase por primeira vez en Galicia no Festival de Cine de Ourense.

("Ás de tebra") son grandes dibujos por los que se desliza la cámara tratando de conferirle una cadencia y un ritmo

Gonzalo Suárez di dela que “no es dibujo animado, más bien es dibujo desanimado, son grandes dibujos por los cuales se desliza la cámara tratando de conferirle una cadencia y un ritmo”.

Adaptacións de novelas galegas

Gonzalo Suárez visita por primeira vez Ourense para recibir o premio Calpurnia de Honra.

É o único cineasta español que adaptou a obra de tres escritores galegos: “Los pazos de Ulloa” de Emilia Pardo Bazán; “Beatriz” de Valle Inclán e “A Esmorga”, de Eduardo Blanco Amor, que titulou “Parranda”.

La adaptación de "A esmorga" tiene algo muy especial, tiene esto que también busco en el cine

Esta adaptación é da que se sinte máis orgulloso porque “tiene algo muy especial, tiene esto que también busco en el cine, que haya como una fuerza interior más allá de la descripción cinematográfica, más allá de las imágenes”.

Máis de 50 anos de cineasta

O cineasta asturiano rodou 29 filmes, guionizou outros dous e escribiu 22 libros.

Os premios a súa traxectoria, como o de Ourense, son incontables.

Ós seus 87 anos segue pensando en dirixir películas.

Agora está reescribindo o guión da súa novela “Operación Dobre Dous” que xa escribira en 1974 co director estadounidense Sam Peckinpah e que por fin se vai converter nunha longametraxe.