Enlaces accesibilidad

O 80 por cento dos contaxios de VIH seguen a producirse por relacións sexuais sen protección

  • Afectados e expertos destacan a importancia das probas rápidas como ferramenta para previr a transmisión
  • En Galicia non baixa o número de transmisións, que é de 183 ao ano de media

Por
O 80% dos contaxios de VIH seguen a producirse por relacións sexuais sen protección

No Día Mundial da loita contra a Sida, as asociacións de afectados saen á rúa para que se visibilice un problema que leva connosco 40 anos. Na actualidade, en Galicia hai unha media de 183 infeccións ao ano.

O 80 por cento delas prodúcense por vía sexual, o 43 por cento en relacións de home con home, sen protección, e o resto, o 37 por cento, en relacións entre persoas de distinto sexo. A metade dos infectados decátanse do que lles pasa anos despois, cando desarrollan a enfermidade porque os diagnósticos se fan tarde.

A metade dos diagnósticos son tardíos

Un día coma hoxe, os especialistas fan fincapé na importancia da prevención, o diagnóstico temperá e o tratamento farmacolóxico, os tres pés do banco. Sobre prevención din dende o comité antisida da CoruñaCasco, que aínda hai moito camiño por percorrer, que "hai moita información pero pouca educación", en opinión da súa directora, Sonia Valbuena.

Sobre o diagnóstico resaltan que, sendo temperá e aplicando medicación, pódese conseguir en meses que o afectado teña unha carga viral en sangue tan baixa que sexa indetectable e polo tanto non contaxiar. E canto a tratamento farmacolóxico, hai tanto avance que a sida se converteu nunha enfermidade crónica. Isto ten unha consecuencia negativa, din os que loitan en primeira liña de batalla: o risco de que se lle perda o respecto ó VIH e á Sida. "Cuando en los institutos les hablas del sida te dicen que es una enfermedad crónica, que sólo te tienes que tomar una pastillita al día y ya está", resalta Valbuena.

Corenta anos e aínda sen vacina

Outra asignatura pendente é a loita contra o estigma social que supón padecer sida ou estar infectado. Traballar cun seropositivo ou ter un alumno no colexio que o é convértese nun problema moitas veces. Rachar con esa barreira é petición das asociación de afectados que tamén claman por unha vacina, sobre todo agora que parece que está próxima a da covid.