Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Dende Ribadeo ata A Guarda, Galicia xa está conectada por unha ruta de máis de 1.300 quilómetros a través da costa. É o Camiño do Litoral, 52 etapas para percorrer a nosa comunidade, a que ten máis quilómetros de costa de España. Hoxe comezaron a instalarse en Soutomaior as primeiras sinais para informar das rutas.

Aprobouse nun consello de ministros presidido polo rei Xoán Carlos e celebrado na Coruña, aproveitando a primeira visita institucional a Galicia dos monarcas.

A medida beneficiou a tódolos presos condenados por delitos políticos ou de opinión excepto integrantes de grupos terroristas.

Outra excepción foi a dos membros da Unión Militar Democrática xa que non puideron reintegrarse no exército.

Os sindicatos UGT, CCOO e CIG denuncian que os salarios están conxelados dende hai ano e medio e os empresarios queren eliminar o complemento do 100% durante as baixas laborais. A patronal acusa ós sindicatos de levantar da mesa de negociación, e aseguran que están abertos ao diálogo. Patricia Liste e Carlos Purriños

Familiares de persoas asasinadas na Guerra Civil asisten á escavación nunha foxa da igrexa de Santa Marina de Beira, en Carral. Apareceron restos de catro persoas, pendentes de identificación. Buscan 18 persoas máis nos arredores da igrexa. É una cata arqueolóxica do grupo de investigación Histagra da Universidade de Santiago.

Santiago acolle unha exposición con obras do arquivo persoal da fotógrafa Isabel Steva, coñecida como Colita, que retratou a muller da España franquista cunha mirada crítica. Antifémina é considerado o primeiro libro gráfico feminista da Transición. As súas páxinas cobran vida nas paredes do Auditorio de Galicia.

O Festival do Mundo Celta de Ortigueira volve consolidarse como unha das grandes citas culturais do verán en Galicia. Celebrado de maneira case ininterrompida desde 1978, reúne na vila coruñesa milleiros de seguidores da música folk. Agárdase a asistencia de preto de 100.000 persoas.

A multinacional chinesa SAIC culmina o primeiro desembarco dun buque con 700 coches no porto de Ferrol. A operación serve para comprobar a capacidade das instalacións de cara a implantación nesa cidade da súa primera fábrica europea.

A superficie de zonas verdes nas cidades condiciona a calidade de vida. Regulan a temperatura, reducen ruídos e diminúen a contaminación, ademais de axudar ao benestar físico e mental. Un estudio realizado en varias cidades conclúe que Ourense está nos últimos postos en superficie e accesibilidade a espazos verdes mentres que Santiago é un exemplo en positivo.

O artista Carlos Pazos presenta unha nova mostra na sede da súa fundación en Oza-Cesuras. A peza estrela é unha guillotina de cinco metros feita de metal. O autor puxo na estrutura a súa ironía máis xenuína e os primeiros en observar a instalación foron os propios veciños da aldea de Trasanquelos.