ECIMAT, 20 anos de investigación mariña na ría de Vigo
- A infraestrutura científica da illa de Toralla, única en Europa, celebra dúas décadas de historia
- Un laboratorio natural para estudar os efectos do cambio climático, as mareas vermellas ou a saúde dos océanos
Entramos nun dos poucos laboratorios do mundo especializados en criobioloxía mariña. Aquí conservan organismos do mar conxelándoos a temperaturas extremas, sendo pioneros en facelo con mexillóns xuvenís e larvas de medusa.
A investigadora da Estación de Ciencias Mariñas Estefanía Paredes cóntanos en qué consiste: "Preservar en frío células vivas a menos 200 grados centígrados para poder almacenarlas en nitrógeno líquido y utilizarlas en el futuro para diferentes tipos de cosas. Desde aplicaciones en la acuicultura o conservación de la biodiversidad de animales en peligro de extinción".
Centro de referencia internacional
A investigación criobiolóxica é unha das moitas que se levan a cabo na ECIMAT. Na illa de Toralla, en plena ría, atópase a Estación de Ciencias Mariñas da Universidade de Vigo, unha infraestrutura de referencia internacional que celebra 20 anos.
“Ao longo dos últimos 20 anos foi crecendo ata converterse nunha das infraestuturas máis importantes en Europa“
"Empezou cunha instalación relativamente modesta", indica Daniel Rey, o director do centro, "que ao longo dos últimos 20 anos foi crecenco, crecendo, crecendo, ata converterse nunha das infraestuturas máis importantes nacionais e internacionais en Europa".
Este é un dos poucos laboratorios do mundo nos que se traballa coa captación directa da auga do mar, grazas aos sistemas de filtración e bombeo.
Ángel Pérez, investigador da ECIMAT, traballa con mexillóns: "El objetivo final es generar líneas de mejillón unisex, o monosexo, debido a que hay una asociación importante y bastante fuerte entre el color y el sexo del mejillón".
No mesocosmos desenvolven investigacións internacionais
O mesocosmos
Neste centro desenvolven as súas investigacións máis de cen profesionais. Investigacións que buscan respostas fronte ao cambio climático e solucións para protexer os recursos mariños. Unha das súas instalacións estrela é o mesocosmos, que están desenvolvendo un estudo de carácter internacional. José González é un dos seus responsables. "El objetivo que tenemos", indica, "es evaluar el efecto de medidas de mitigación sobre el plancton marino".
A ECIMAT consolídase así como un dos lugares onde xa se investiga como serán os mares do futuro e como protexelos.