50 anos sen Cecilia: A cantante faleceu nun accidente de tráfico logo dun concerto en Vigo
- Evangelina Sobredo Galanes, Cecilia, foi unha das cantautoras máis importantes da primeira parte dos anos setenta
- A súa música era distinta á que se facía na época. Mestra da palabra non puido evitar a man da censura
O 1 de agosto de 1976 Cecilia actúa na sala Nova Olimpia de Vigo. Logo do concerto a cantautora, acompañada pola súa banda, abandona Vigo para regresar a Madrid.
Tiña que estar en Madrid a primeiras horas da mañá
Fixeron o traxecto en coche, por díante varias horas de camino, de noite, e polas estradas da época.
Manuel Orío coñecía á cantante a través dunha amiga en común, foi unha das persoas que estivo no concerto de Vigo.
“Quedádevos ata mañá e saídes cedo, pero non houbo forma“
Na despedida recomendoulles que agardasen ao amencer para collelo coche pero decidiron viaxar de noite.
Unha artista "rompedora" para a época
Cecila con luvas de boxeo
Carlos Mateo é compositor e concidiu con Cecilia na mesma compañía discográfica. Cóntanos que tiña un gran talento e que a súa música era distinta ao que se facía na época. Da mesma opinión é Orío que lembra a portada dun dos seus discos onde Cecilia aparece cunhas luvas de boxeo, "é unha proxección do seu carácter (...) trataba de penetrar coa súa mensaxe nunha sociedade española que estaba inmersa no tardofranquismo".
A súa nai era de Vigo e o seu pai de Ferrol
Unha das confesións que lle fixo a Manuel Orío foi o desexo de mercar unha casa en Vigo, “con vistas ás illas Cíes”.
Cecilia, aínda que naceu en Madrid, os seus país eran galegos, de Ferrol e de Vigo.
Polo traballo do seu pai, diplomático, viviu no estranxeiro e cando regresou a España, lembra Orío, “sabía falar mellor inglés que castelán".
“Démonos unha aperta e quedamos en volver a vernos“
50 anos despois Manuel Orío segue tendo moi presente ese concerto en Vigo e a despedida na porta da sala Nova Olimpia: “sospeito que fun o último que lle din un bico e una aperta a Cecilia, démonos una aperta e quedamos en voltar a vernos en Madrid”.