Enlaces accesibilidad

Seleccionan as tres mellores variedades de millo para recuperar o pan tradicional galego

  • A Misión Biolóxica, de Pontevedra, conclúe tres anos de ensaios en colaboración cunha panadería de Carral
  • Os agricultores sementarán esas variedades destinadas a producir pan tamén para fóra de Galicia

Por
Pan de millo autóctono

Tres cores, tres variedades de millo: Oubiña, Tui e Rebordáns. Foron seleccionadas pola súa calidade, rendemento e sabor como as de máis potencial para recuperar o pan autóctono, o de toda a vida.

A selección fíxose entre as dez castes máis prometedoras á hora de facer o pan

Na Misión Biolóxica de Galicia, con sede en Pontevedra, consérvase o banco de xermoplasma coas variedades que se cultivaban antigamente e que se foron perdendo coa entrada de millo foráneo. A selección fíxose entre as dez castes máis prometedoras á hora de facer o pan. "Cos resultados totais vimos que agronómicamente había tres variedades que parecían idóneas para recuperar o sabor do pan tradicional, do pan de millo. Ademáis comprobouse que a calidade do millo e do pan era boa. Eso fixérono na cátedra do pan da Universidade de Santiago de Compostela", sinala Rosana Malvar, xefa de xenética do millo na Misión Boiolóxica.

E comprobaron que as tres se poden cultivar en distintas zonas de Galicia. "Pódense cultivar en zonas tan diferentes coma Pontevedra ou Carral, porque fixemos avaliacións precisamente para comprobalo", engade a responsable da Misión Biolóxica.

Panadería de Carral

Xunto cos investigadores participou no proxecto a panadería Da Cunha, de Carral, e con establecementos en distintos puntos de Galicia. Da Cunha da conta da escaseza do millo galego para producir pan.

Esta empresa gasta 60 toneladas de millo ao ano, vai ao mercado galego, busca ese millo e non o atopa

“Temos empanada de berberechos, riquísima, con millo. Temos broas. Nós por exemplo, esta empresa que gasta 60 toneladas de millo ao ano, vai ao mercado galego, busca ese millo e non o atopa. Temos que recorrer a mercados como o portugués, o francés... Xa que temos a tendencia na gastronomía, por que non o temos no campo¡”, sinala Roberto López, enxeñeiro da panadería Da Cunha.

O dono da empresa, Manuel Da Cunha, é consciente da necesidade de abrirse a novos mercados. "Sabemos que imos por un mundo de consumir produtos con menos glute, menos glucémicos. Hai una tendencia no mercado por eses produtos".

Produciremos nós a semente para venderllela aos agricultores que nos van producir

Manuel apunta á segunda fase do proxecto, perfeccionar o sistema de semente en grandes terreos. "Produciremos nós a semente para venderllela aos agricultores que nos van producir".

A panaficadora busca vender o pan tamén fóra de Galicia. "Falamos do mercado nacional pero podemos falar do mercado europeo e doutros mercados. Temos un pan de moita moita calidade, está ben que o consumamos os galegos... pero tamén que o consuman todos os españois".