Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O proxecto Sensoxenoma cumpre cinco anos convertendo a música en ciencia e anuncia un novo concerto experimental en Santiago dentro de dúas semanas. Os últimos resultados desta investigación, liderada polo IDIS de Santiago, revelan que a estimulación sonora modificaos xenes das persoas con autismo e tamén que a música deixa pegadas medibles nas nosas proteínas.

A etapa universitaria pode pasar factura á saúde mental dos estudantes. Ansiedade, problemas de sono ou sensación de bloqueo son algúns dos síntomas que os levan a pedir axuda profesional. Os campus galegos contan cun servizo de atención psicolóxica e acaban de desenvolver un protocolo común.

Os roubos ocorridos nas últimas semanas en museos como o de Villena ou Albacete están a causar preocupación na rede museística galega. A Deputación de Lugo pediu á Subdelegación do Goberno que reforce a seguridade na contorna do museo provincial.

Vigo será a terceira cidade galega en aplicar a taxa turística trala Coruña e Santiago. Entrará en vigor a partir do próximo 1 de outubro tras a súa aprobación en pleno. Os prezos irán dende os 80 céntimos aos dous euros por persoa e día, dependendo do tipo de aloxamento.

A organista en activo máis lonxeva do mundo, a barcelonesa Montserrat Torrent, clausurou a trixésimo séptima edición do Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense. Para a terceira vez que tocaba o órgano máis antigo de Galicia escolleu un repertorio de obras barrocas. O caso desta muller é excepcional porque en abril cumpriu cen anos e dende hai más de tres décadas está xorda total.

Baiona comeza a recibir subministro de auga para abastecemento do encoro vigués de Zamáns. Ante o estado crítico da presa de Baíña, por debaixo de 30 por cento da súa capacidade, o Concello mantén as medidas estritas de aforro como prohibición de echer piscinas, regar xardíns ou o peche de duchas nas praias.

É unha muller excepcional non só por ter cen anos senón tamén porque está completamente xorda.

Ensaia no monsteiro de San Paio, en Santiago, as obras barrocas que vai tocar no Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía.

Comezou a estudar piano con cinco anos e con nove xa daba concertos.

Sempre tivo un ouvido privilexiado pero hai trinta anos quedou xorda e asegura que sente a música no interior.

A Xunta activa ata o sábado unha alerta vermella por calor no interior de Pontevedra e laranxa na montaña de Ourense, interior da Coruña e centro de Lugo, por risco para a saúde. As máximas en boa parte de Galicia superarán os 30 graos. Cómpre buscar sombra, beber auga e evitar o exercicio físico nas horas de máis calor.

Educación dálle a benvida aos máis dun milleiro de novos profesores que se incorporan este curso aos centro educativos da Xunta, destacando a renovación que supoñen do cadro docente do ensino público. Estréanse como funcionarios en prácticas, teñen 32 anos de idade media e o 70 por cento son mulleres.