A mirada crítica de Colita sobre muller da España franquista móstrase en Santiago
- Antifémina, publicado hai 50 anos, considérase o primeiro libro gráfico feminista da Transición
- O Auditorio de Galicia acolle a exposición do arquivo persoal de Isabel Steva, Colita
Tiña 22 anos cando colleu a cámara, nunha época na que non había mulleres fotógrafas, e foi quen de cuestionar os estereotipos da feminidade da España franquista.
Colita denunciou a cousificación da muller, inmortalizou as que traballaban nas fábricas e tamén as que utilizaron a relixión como refuxio para escapar do que as rodeaba. Sempre cunha mirada humanista e empática.
Colita retrata un grupo de prostitutas de costas, con dignidade
Chus Busto, responsable cultural do Auditorio de Galicia, mostra unha imaxe concreta: "Fotografía un grupo de postitutas de costas, pero o fai cunha dignididade absoluta. Hai, na parte dereita da fotografía, o que mira e o que paga, e elas camiñan polo medio. Quizais facendo tamén referencia a Catalá Roca, ese maestro dela que fotografía en Madrid, neste caso, a las señoritas bien, paseando pola Gran Vía".
Unha mirada propia
Foi á voda dunha amiga e sacouna sentada no váter. Colleu un traballo de fotógrafa de figuración e volveu con primeiros planos de xitanas.
“Ela non quere retratar a miseria, pero a miseria estaba alí“
Xosé Antón Serén é guía da exposición no Auditorio de Galicia: "Ela non quere retratar a miseria", asegura Serén. "A miseria estaba alí. Ela quere retratar as persoas, a xente, e retrátaas na súa cotidianidade, en festas, de paseo ou traballando".
“Titulárono Antifémina porque representa todo o contrario ao que se esperaba naquel momento das mulleres“
Un libro inapropiado
Moitas exposicións rematan convertidas en libro. Neste caso foi ao revés. A exposición nace dun libro publicado en 1977 que foi retirado pouco despois porque a editorial considerou que era inapropiado. Titulárono Antifémina porque representa todo o contrario ao que se esperaba naquel momento das mulleres. "Sumisa, dócil, ama de casa, mona"..., explica Chus Busto, "que nun momento da súa vida, cando envellecía, desaparecía, porque xa non estaba no canon".
Colita haciendo fotos
"Un home vello é aínda home, aínda que sexa vello. Unha muller vella non é nada". Os textos que acompañan ás fotografías son da súa amiga a escritora María Aurelia Capmany. As dúas tiñan un mesmo obxectivo, amosar a diversidade.
Cóntao Xosé Antón Serén: "Nós estamos aquí e somos así de diversas. Por iso é unha impugnación a esa España de Carmen Polo e Carmen Martínez Bordiú".
A mostra está no Auditorio de Galicia, en Santiago, ata agosto.