Enlaces accesibilidad

Paolo Roversi: a dúbida como orixe da creatividade, na Fundación MOP da Coruña

  • Roversi é un dos fotógrafos de moda máis influentes das últimas décadas
  • Doubts, a nova exposición da Fundación Marta Ortega, aberta ata setembro
Paolo Roversi: a dúbida como orixe da creatividade, na Fundación MOP da Coruña
Marta Landeira | RTVE Galicia

A dúbida. O azar. O inesperado. Paolo Roversi leva máis de cinco décadas convertendo todo iso nun motor de inspiración. Agora, ese universo íntimo e creativo chega á Coruña da man de Doubts a nova exposición da Fundación de Marta Ortega.

Clara Belleville, comisaria da mostra, explica que ao fotógrafo "le gusta trabajar sin saber a dónde va a ir. Y le encantan los accidentes, cuando cosas llegan de forma que no había previsto. Las dudas son una parte muy importante de su trabajo".

Entrar na mente do artista

Nada aquí está pensado para explicar unha carreira cronolóxica. A mostra propón adentrarse na mente do artista. Percorrer as súas obsesións, a súa relación coa luz, coa moda, coa beleza…, e tamén cos accidentes que marcan a súa maneira de crear.

"Creo que a Paolo le encantan los accidentes" –indica a comisaria da exposición– "y no controlarlo todo, y eso es muy fértil para un fotógrafo, porque, cuando quiere algo, puede cambiar de idea y esta flexibilidad le da..., recibe mucho de la gente".

Imaxes nunca expostas

Retratos que xa forman parte da historia da fotografía con imaxes nunca vistas. Máis da metade da exposición é de obras inéditas. Fotografías recuperadas para descubrir un Roversi máis persoal e máis descoñecido.

Hemos intentado poner en palabras temas del trabajo de Paolo para que la gente pueda viajar en su obra, en su mente

Belleville di que o comisariado desta mostra foi un traballo de investigación: "En los archivos hemos buscado nuevas imágenes que nunca se había visto antes. Hemos intentado poner en palabras temas del trabajo de Paolo para que la gente pueda viajar en su obra, en su mente, de alguna manera".

Aberta todo o verán

Para Paolo Roversi, unha fotografía nunca remata cando dispara a cámara. Só cobra sentido cando alguén a observa.

A comisaria Clara Belleville conclúe: "Y si alguien mira una imagen y está sintiendo algo para él, es lo mejor".

Ata o 20 de setembro, Doubts convida a mirar máis alá da imaxe. A entrar no universo dun fotográfo que nunca buscou respostas. Porque, como el defende, ás veces, é precisamente na dúbida onde se atopa a beleza.