Santiago limitará os prezos dos alugueiros os próximos tres anos coa declaración de zona residencial tensionada
- O Concello de Santiago agarda que a declaración de zona residencial tensionada entre en vigor antes de xullo
- Serán grandes propietarios os que teñan cinco ou máis vivendas, pero non afectará aos contratos de temporada
- ESPECIAL | 'Para entrar a vivir': retrato do acceso á vivienda en España
Durante os próximos tres anos o prezo do alugueiro en Santiago non poderá superar, en xeral, o do contrato anterior, máis a actualización do IPC. E terá que axustarse ao índice oficial de referencia en vivendas que leven cinco anos baleiras ou no caso de grandes posuidores, que en Santiago serán os que teñan cinco ou máis, a diferenza da Coruña que as eleva a dez. O que supón, segundo o último catastro, case dous mil trescentos inmobles en Compostela.
Case 2.300 inmobles de Santiago poder ter limitacións na suba dos alugueiros
Iago Lestegás, o concelleiro de Urbanismode Santiago, explica que "dos 307 municipios declarados zona de mercado residencial tensionado ata agora, só dous optaron por non incluir esta particularización. Todos os demais incluiron os titulares de cinco ou máis inmobles urbanos de uso residencial no propio municipio na definición de gran posuidor, porque isto incrementa a efectividade da declaración".
A declaración de zona residencial tensionada afectará a todo o termo municipal. Pero queda fóra desta regulación o alugueiro de tempada, o que podería excluir os pisos de estudantes.
"Non se poden utilizar os contratos de tempada", asegura o concelleiro de Urbanismo, "é un fraude de lei para evitar a aplicación das medidas de contención de prezos".
O concello dispón de dous meses para aprobar o plan de medidas correctoras que se amparan na declaración, para o que xa traballa en tres programas diferenciados.
“Será una medida de alivio esencial para moitos inquilinos e vainos permitir acceder a máis recursos“
Iago Lestegás, indica que permitirá conter a escalada do prezo dos alugueiros: "Será, por tanto, una medida de alivio esencial para moitos inquilinos e así mo transmitiron estes días algunhas persoas. Ademais vainos permitir acceder a máis recursos para implementar a nosa folla de ruta".
A declaración como zona tensionada entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOE. O goberno municipal compostelán confía en que sexa antes do verán cando a capital se converta na segunda cidade galega en aplicala, trala Coruña.