Enlaces accesibilidad
Coronavirus

Volta ás aulas con 13.000 baixas por covid nos colexios

  • Oitocentos profesores deron positivo. A maioría, 700, xa están cubertos con mestres substitutos
  • As cifras no reinicio das clases multiplican por catro as de antes das vacacións de Nadal

Por
Volta ás aulas con 13.000 baixas por covid nos colexios

O curso retómase con 13.000 baixas pola covid entre a comunidade educativa, das que oitocentas son de profesores. Unhas cifras que multiplican por catro as de antes das vacacións de Nadal.

A consellería de Educación apunta a que, previsiblemente, sigan aumentando nos próximos días. E asegura que están facendo un gran esforzo para cubrir as baixas de xeito inmediato.

Os centros estrean o novo protocolo que reduce os tempos de corentena e eleva a cinco casos positivos para decidir pechar unha aula. A volta chega coa maioría dos alumnos de máis de 12 anos vacinados coa pauta completa.

Atención a infantil e primaria

Cos datos de contaxios en máximos da pandemia, os ollos están postos especialmente nos centros de infantil e primaria. Onde os alumnos están entre os 5 e os 11 anos, a franxa onde menos poboación está vacinada.

Pero a maioría dos pais e nais están tanquilos: “Sei que no colexio seguen moi ben os protocolos e, ao fin e ao cabo, tamén é un pouco cuestión de sorte”. “Os meus", comenta outra nai, "xa están os dous vacinados. Ademais nunca houbo ningún contaxio no cole, estamos moi tranquilos”.

Seguridade e tranquilidade tamén entre os pequenos. A gran maioría dos de máis de 12 anos teñen xa as dúas doses e, nos de menos de 11 teñen a primeira.

Outros 36.000 vana recibir esta mesma semana, coas doses que chegan hoxe a Galicia.

Unha nena, á porta do colexio, ya se está preparando: “Estou citada o martes, mércores ou xoves, porque onte non podiamos”.

Test gratis nas farmacias

E, mentres non chega a vacina, a Xunta puxo a dispor destes nenos e nenas de entre 5 e 11 anos, test que poden recoller nas farmacias para descartar casos de contaxios.

María Saludina Fernández, farmacéutica en Santiago, asegura que os test non son suficientes: “Soamente nos serven 15 por día nos días laborais. Imaxínate, nun colexio hai moitos mais nenos. E aínda que somos moitas farmacias na contorna, necesitariamos moita máis cantidade”.

Novo protocolo

A volta ao cole chega cun novo protocolo que alivia as condicións e os días de illamento e corentena, sobre todo para os adultos e para os nenos que xa teñen a pauta completa e, por exemplo, establece en 5 o número de casos positivos para pechar unha aula.

“Paréceme una medida acertada", indica un pai, "porque, ao fin e ao cabo, teremos que acabar pasando todos por iso”. Outro apunta: “Moi de acordo non estou, pero... Como andan dando bandazos de cada nova onda, a ver se damos coa clave por fin”.

Normas para volver ás aulas despois de Papa Noel e Reis e algúns teñen moito que contarlles aos compañeiros.

Noticias

anterior siguiente