Probas de acceso á universidade para 13.200 alumnos
- A diferenza doutras comunidades, en Galicia non se poden presentar con asignaturas suspensas.
- Dentro dunha semana saen as notas, en xullo terán outra oportunidade se as cousas non lle sairon ben neste primeiro intento
Historia de España, e Lingua e Literatura Castelá. Así comezaban as probas de Avaliación para o Acceso á Universidade, para 13.200 alumnos repartidos en 43 sedes. As probas durarán tres días.
“Nerviosa, pero xa está todo. Agora, a redactar“
Aa horas previas aos exames son as peores. "Estou nerviosa", di unha alumna. "Nerviosa, pero xa está todo. Agora, a redactar", confesaba momentos antes de poderen entrar na aula.
Notas altas
A gran maioría dos estudantes aproba os exames. Outra cousa é sacar nota alta, a que piden en determinados graos, como lembra Pedro Armas, Vicepresidente da CIUG, comisión interuniversitaria de Galicia."Medicina, fisioterapia, algunhas enxeñarías...."
Se agora non lles saen ben as notas, terán outra oportunidade a mediados de xullo, se as cousas non lle sairon ben neste primeiro intento
Dentro dunha semana saen as notas.