Enlaces accesibilidad

O Museo do Pobo Galego duplica as súas dependencias

  • Remata a rehabilitación da ala sur do conxunto de Santo domingo de Bonaval
  • Engade 1600 metros cadrados para completar o percorrido pola historia de Galicia

Por
O Museo do Pobo Galego amplía as súas dependencias
Fachada do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela

Fachada do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela

A cabeceira dos museos antropolóxicos de Galicia prepárase para poñer en uso as novas salas, despois dunha rehabilitación e adaptación da denominada “ala sur” de Bonaval, na que o consorcio de Santiago investiu preto de 3 millóns de euros.

Agora o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar, prepárase para enchelas de contido: “imos darlle continuidade á sala de historia de Galicia, e as plantas baixas serán salas de exposicións temporais”.

Máis espazo para exhibir o legado dos galegos

Un novo capítulo para un museo no que os galegos se senten identificados como pobo, segundo Anxo Lorenzo, secretario xeral de cultura

Este proxecto vai moito máis alá da cidade de Santiago, por tratarse dun proxecto de país

O Museo do Pobo Galego viu a luz hai máis de corenta anos. Hoxe ven imprescindible a súa ampliación para seguir gardando e exhibindo o tesouro colectivo da galeguidade.

Máis de corenta anos de historia

O director lembra que este proxecto xa estivo na mente do Seminario de Estudos Galegos, como un lugar “onde houbera representación non só dos artistas, senón tamén das mulleres de Camariñas que facían encaixe, da xente que facía cerámica, dos obxectos agrarios…”

Escaleira do Museo do pobo Galego

Triple escaleira helicoidal do Museo do Pobo galego

Cada paso en Bonaval axuda a ir conformando o puzzle do que somos e de onde vimos. Con paradas obrigadas, coma a hipnótica tripla escaleira de caracol ideada por Domingos de Andrade. E o carón do Museo, o Panteón de Galegos Ilustres, onde descansan para sempre Rosalía de Castro ou Castelao.